Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Dotar o alumno/a dunha visión plural e integradora da arte e a cultura contemporánea.
- Saber diferenciar as características básicas dos diversos movementos artísticos do período obxecto de estudo.
- Comprender as diferentes linguaxes formais e visuais que se dan neste período.
- Saber enmarcar a obra de arte nos contextos apropiados en que se formou e relacionala con outras formas de expresión cultural.
- Coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas ao longo de época contemporánea e saber deducir como estas condicionan e actúan sobre a obra de arte.
- Que o alumno/a adquira os fundamentos metodolóxicos e críticos básicos que lle permitan introducirse no exercicio da actividade investigadora.
SECULOS XIX E XX
A fin do Antigo Réxime. As orixes da Arte Contemporánea. Ilustración e Neoclasicismo. Arquitectura historicista e ecléctica. Arquitectura do ferro. Escola de Chicago. As artes plásticas no Neoclasicismo. O ideal romántico e a súa materialización na arte. O Realismo. O Impresionismo. Os postimpresionistas.
SECULO XX
Da 'Sezession' ao protoracionalismo. Arquitectura racionalista. Fauvismo. Expresionismo. Cubismo. Futurismo. Dada. Construtivismo Ruso. De Stijl. Bauhaus. Surrealismo. Volta á orde. Novas propostas escultóricas. O estilo internacional en arquitectura. Arquitectura dos anos 50. A posmodernidade en arquitectura. Arquitectura para un novo milenio. A abstracción americana e europea. Arte e consumo: Neo Dada e Pop Art. Minimalismo. Land Art. Corpo e arte. Arte e acción. Arte Conceptual. A arte de xénero. As novas tecnoloxías na arte.
ARACIL, A. e RODRIGUEZ, D.: "El siglo XX. Entre la muerte del arte y el arte moderno". Madrid, 1988. ARGAN, G. C.: "El arte moderno. Del Iluminismo a los movimientos contemporáneos". Madrid, 1991. BOIME, A: "Historia social del arte moderno". Madrid, 1994. BOZAL, V.: "Los primeros diez años. 1900-1910, los orígenes del arte contemporáneo". Madrid, 1991. BRYSON, N.: "Tradición y deseo. De David a delacroix". Madrid, 2002. BUENDIA, J. R. e GALLEGO, J.: "Arte europeo y norteamericano del siglo XIX". Madrid, 1990. CABANNE, P.: "El arte del siglo XX". Barcelona. 1983. CIRLOT, L.: "Primeras vanguardias artísticas. Textos y documentos". Barcelona, 1993. CROW, T.: "El esplendor de los sesenta". Madrid, 2001. DAIX, P.: "Historia cultural del arte moderno. De David a Cézanne". Madrid, 2002. DE DIEGO, Estrella: “Arte Contemporáneo II”, Historia 16, Madrid, 1996. FER, B. BATCHELOR, D. WOOD, P.: "Realismo, racionalismo, surrealismo. El arte de entreguerras (1914-1945)". Madrid, 1999. FERRIER, J. L. y otros: "El arte del siglo XX: 1900-1949". Barcelona, 1990. FOSTER, H.: “Diseño y delito. Y otras diatribas”. Madrid, 2004. FOSTER, H. (et al.): "El arte desde 1900", Madrid, 2011. FRAMPTON, K.: "Historia crítica de la arquitectura moderna", Barcelona, 2002. FUSCO, R. de: "Historia de la arquitectura contemporánea". Madrid, 1991. GUBERN, R.: "Historia del cine". Barcelona, 2006. HARRISON, C. e outros: "Primitivismo, cubismo y abstracción. Los primeros años del siglo XX". Madrid, 1998. HITCHCOCK, H-R.: "Arquitectura de los siglos XIX y XX". Madrid, 2002. HONOUR, H.: "El Neoclasicismo". Madrid, 1982. HONOUR, H.: "El Romanticismo". Madrid, 1984. JOEDICKE, J.: "Arquitectura contemporánea. Evolución y tendencias". Barcelona, 1990. PEVSNER, N.: "Los orígenes de la arquitectura moderna y del diseño". Barcelona, 1992. PICO, J.: "Modernidad y postmodernidad". Madrid, 1992. REYERO, C.: "El arte del siglo XIX". Madrid, 1992. ROSENBLUM, R.: "El arte del siglo XIX". Madrid, 1992. SÁNCHEZ NORIEGA, J. L.: "Historia del cine : teoría y géneros cinematográficos, fotografía y televisión" Madrid, 2006. STANGOS, N.: "Conceptos de arte moderno". Madrid, 1986. TAYLOR, B.: "Arte hoy". Madrid, 2000. THOMAS, K.: "Hasta hoy. Estilos de las artes plásticas en el siglo XX". Barcelona, 1994.
O alumno/a será capaz de:
- Desenvolver unha metodoloxía científica propia da Historia da Arte Contemporánea e utilizar as ferramentas historiográficas máis axeitadas.
- Analizar e sintetizar os coñecementos adquiridos.
- Capacidade para ler, analizar e interpretar unha obra de arte no período obxecto de estudo, incardinándoa nos contextos apropiados no que se formou e conectandoa con outras formas de expresión cultural.
- Implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural.
- Adquirir habilidades no manexo das novas tecnoloxías.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a docencia da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas, nas que a través da lección maxistral e contando co apoio de imaxes, que ben poden ser por medio do power point, vídeos ou CDs, explicaranse os distintos temas que figuran no programa.
- Clases interactivas, nelas o alumnado, en grupos reducidos, realizará traballos académicamente dirixidos sobre temas do programa; analizará aspectos/obras de arte representativa dos distintos movementos artísticos; así como de textos, vídeos e realizará visitas exposicións.
- Tutorización personalizada.
Todo iso distribuirase da seguinte maneira:
TIPO DOCENCIA TOTAIS HORAS/MATERIA
Doc. Expositiva........................... 32
Doc. Interactiva.......................... 16
Tutorización personalizada.......... 3
Todo isto permitiralle ao alumnado adquirir os coñecementos necesarios para poder realizar unha avaliación entre o pensamento teórico da Arte Contemporánea e a súa expresión formal.
A cualificación global da materia obterase mediante avaliación continua, polo que a asistencia a clase é obrigatoria. Unha ausencia superior ao 20% suporá a imposibilidade de ser avaliado na primeira oportunidade.
A avaliación levarase a cabo ao longo do curso mediante as seguintes fórmulas: control ou controis escritos, prácticos e teóricos, dos contidos das clases expositivas e interactivas. As actividades vinculadas coas sesións interactivas terán unha valoración do 30% da cualificación final, mentres que os contidos da materia valoraranse co 70% da devandita cualificación final. A nota definitiva alcanzarase unha vez superado o 50% de cada unha das partes.
Segunda oportunidade (convocatoria de xullo):
1.- Quen realice e aprobe as actividades correspondentes á docencia interactiva poderá conservar esta cualificación e só terá que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.
2.- Aqueles alumnos que non realizasen as actividades correspondentes á docencia interactiva, ou non as aprobaran, terán que realizar un exame no que terá cabida tanto a materia correspondente ás clases expositivas como ás clases interactivas.
3.- O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun examen final específico que suporá o 100% da cualificación.
TEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: ..... 51 horas
Asistencia ás clases expositivas: ..... 32 horas
Asistencia ás clases interactivas: .... 16 "
Titorías: ...................................... 3 "
TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PERSOAL:................. 103 horas
Estudo da materia impartida nas clases expositivas:..... 60 "
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, etc: .. 35 "
Preparacion de presentacións, debates, etc ................... 8 "
- Preparación da materia impartida a través dos apuntamentos e completalos valéndose da bibliografía recomendada.
- Asistencia ás sesións interactivas, algo imprescindible para a superación da materia.
- Lectura detida dos textos que se indiquen na aula.
Programaranse actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: visitas a museos e exposicións temporais, asistencias a conferencias, etc.
Poderanse programar actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: visitas a museos e exposicións temporais, asistencias a conferencias, etc., dependendo da oferta cultural existente.
PLAN DE CONTINXENCIA. ESCENARIO II DE DISTANCIAMENTO.
Obxectivos:
Manteranse iguais que no escenario I de presencialidad.
Competencias:
Manteranse iguais que no escenario I de presencialidad.
Metodologia:
Docencia expositiva: Nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico prácticos dos contidos, apoyandose en presentacioes dixitais escritas e/ou multimedia. A aula virtual tomára maior protagonismo para a comunicación co alumando e a distribución de material de contidos da materia. Respecto ao material para o seguimento da materia, ademais da bibliografia recomendada, o alumnado dispoñerá do material docente complementario na aula virtual. Ou horario e frecuencia será a mesma que no caso do escenario I de presencialidad.
Docencia interactiva: As sesións de docencia interactiva levarán a cabo de maneira presencial ou a través da aula virtual e correo electrónico do profesor no horario fixado polo centro.
Sistema de avaliación.
A avaliación de aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido. O rendemento do estudante na materia cursada depende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio estudante. O exame avalía o resultado obtido pero non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Este proceso, a través dos créditos ECTS, axústase a unha avaliación continua que debe contribuír de forma decisiva a estimular ao alumnado para seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación.
A avaliación levaráse a cabo mediante tres actuacións conxuntas e complementarias: avaliación continua, proba final e traballo de grupo voluntario.
A primeira desenvolverase coa avaliación periódica das interactivas.
Esta porcentaxe distribuirase do seguinte modo:
1.- Participación na aula: 20%.
2.- Realización de traballo: 20%.
A proba final terá unha valoración do 60% da valoración final. Nesta proba deberase conseguir unha cualificación superior a 2 sobre 6. Dita proba consistirá nun exame a través aula virtual con 90 minutos de duración.
A valoración do traballo en grupo equivalerá; 20 % dá nota final acadada polo/a estudante.
Dispensa:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase, avaliaráselle cun exame final específico que supoñerá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PLAN DE CONTINXENCIA. ESCENARIO III DE PECHE.
Obxectivos:
Mantéñense iguais que no escenario I de presencialidade
Competencias:
Mantéñense iguais que no escenario de I de presencialidade
Docencia expositiva:
Nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións dixitais escritas e/ou multimedia. A aula virtual tomará maior protagonismo para a comunicación co alumnado e a distribución de material de contidos da materia. Respecto ao material para o seguimento da materia, ademais da bibliografía recomendada, o alumnado dispoñerá; do material docente complementario na aula virtual. O horario e frecuencia será a mesma que no caso do escenario I de presencialidad.
Docencia interactiva: As sesións interactivas levarán a cabo a través da aula virtual con sesión de videoconferencia ou probas escritas.
Traballo fin de curso:
Traballo a desenvolver en grupo.
Sistema de avaliación:
20% da nota final da materia será coa suma dos exercicios e probas de interactividade realizadas durante o curso.
20% da nota final corresponderá á parte correspondente de cada alumno do traballo en grupo de curso.
O 60% restante liquidarase coa proba final. Nesta proba deberá conseguir o alumno polo menos unha cualificación superior de 2 sobre 6 puntos.
Dispensa:
O alumnado que teña concedida dispensa de asistencia a clase, avaliarase cun exame final específico que supoñerá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Carme Lopez Calderon
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- carme.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:15-13:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
Martes | |||
11:15-13:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Xoves | |||
09:15-11:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
Venres | |||
11:15-13:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
24.05.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
24.05.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
24.05.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
12.07.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
12.07.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |