Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1 Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade a fin de que o individuo e a sociedade en xeral poidan comprender o presente.
2 Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica.
3 Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análises do historiador.
A aprendizaxe mediante a ACTIVIDADE DOCENTE EXPOSITIVA e o traballo persoal iníciase coa presentación dun longo período de 1200 anos (INTRODUCIÓN Á IDADE MEDIA) fundamental para entender a estrutura diacrónica xeneral do pasado (Obxectivo 1).
A continuación abórdanse dous bloques temporais, nos que o tempo histórico segue ritmos diferentes. Ao facer fincapé na relación coas coordenadas espaciais, o estudante pode adquirir conciencia das coordenadas espazo-temporais e un coñecemento preciso dos acontecementos e procesos de cambio e continuidade desde unha perspectiva diacrónica (Obxectivo 2).
A actividade expositiva e o traballo persoal asociado contribuirán a que o estudante desenvolva especialmente dúas competencias xerais: coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia (CG-1) e usar, ordenar e interpretar as fontes históricas (CG2).
O primeiro bloque de ANTIGÜIDADE TARDÍA E TEMPERÁ IDADE MEDIA (ss. IV-VIII) desenvólvese en cinco leccións:
1.- A herdanza bajoimperial no mundo mediterráneo: o cristianismo, os pobos xermánicos e o fin do mundo antigo
2.- Economía e sociedade nos primeiros séculos medievais
3.- Os reinos bárbaros e as súas estruturas políticas
4.- A Igrexa romana como factor de unidade en Occidente
5.- A cultura no Occidente bárbaro
O segundo bloque, dedicado á Alta Idade Media (ss. VIII-X) en seis:
6.- A Europa de Carlomagno
7.- As segundas invasións e a crise política carolingia
8.- Europa occidental nos séculos VIII-X. Economía e sociedade
9.- Consolidación eclesiástica e vida relixiosa na Alta Idade Media
10.- Do renacemento carolingio ao otoniano
11.- A ampliación e estabilización política do espazo europeo
Bibliografía básica:
ÁLVAREZ PALENZUELA, V. Á. (coord.), Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2013 (1ª ed. 2002).
CLARAMUNT, S., PORTELA, E., GONZÁLEZ, M. y MITRE, E., Historia de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 1992 (1ª ed.), 1995 (2ª ed.), 2006 (7ª reimp. de 2ª ed.), 2008.
GARCÍA DE CORTÁZAR, J. A., SESMA MUÑOZ, J. A., Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza, 2008 (revisión de Historia de la Edad Media. Una síntesis interpretativa, Madrid, 1997).
LADERO QUESADA, M.A., Historia Universal. Edad Media. Barcelona, 1992 (2ª ed.).
LE GOFF, J., La civilización del occidente medieval. Barcelona, 1999.
MITRE FERNÁNDEZ, E., Textos y documentos de época medieval. Barcelona, 1998.
MACKAY, A., DITCHBURN, D. (eds.), Atlas de Europa Medieval. Madrid, 1999.
COLLINS, R., La Europa de la Alta Edad Media: 300-1000, Akal, Madrid, 2000 (1ª ed. 1991).
McKITTERICK, R., La Alta Edad Media, Barcelona, Crítica, 2001.
MITRE, E., La primera Europa: Romanos, cristianos y germanos 400-1000. Madrid, 2000.
MITRE, E., GARCÍA MORENO, L. A., LADERO, M. A., GONZÁLEZ, M., SARASA, E. y BELTRÁN, F., Manual de Historia Medieval Universal. 3. Alta Edad Media, Madrid, Historia 16, 1994.
KAPLAN, M. (dir.), Edad Media. Siglos IV-X, Granada, Universidad de Granada, 2004.
PICARD, C. y ZIMMERMANN, M., Edad Media: Siglos IV-X, Granada, 2004.
VERGER, J., La Alta Edad Media, Madrid, Sarpe, 1986.
WALLACE-HADRILL, J. M., The Barbarian West, 400-1000, Oxford, Basil Blackwell, 2000.
WICKHAM, C., Una historia nueva de la Alta Edad Media: Europa y el mundo mediterráneo (400-800 d.C.), Barcelona, Crítica, 2008.
Bibliografía complementaria:
GARCÍA MORENO, L., Los bárbaros y los orígenes de las naciones europeas, Cuadernos de Historia de España, 80 (2006), 7-23.
BROWN, P., El mundo en la Antigüedad tardía, Madrid, 1989.
GOFFART, W., Barbarians and Romans, A.D. 418-584. The techniques of accommodation, Princeton, 1980.
BONNASSIE, P., Del esclavismo al feudalismo en la Europa Occidental, Barcelona, 1993
MIDDLETON, Neil, Early medieval port customs, tolls and controls on foreign trade, EME, 13:4 (2005), 313-358.
WICKHAM, C., Space and society in early medieval peasant conflicts, en Uomo e spazio nell’Alto Medioevo, Spoleto, 2003, 551-587.
HERRIN, J., The formation of Christendom, Princeton, 1987.
RICHÉ, P., Ecoles et enseignement dans le haut Moyen Âge. Fin du Ve siècle – debut du XIe siècle, 2ª ed., París, 1989.
BOUGARD, F. (dir.), Le Christianisme en Occident du début du VIIe au milieu du XIe siècle, Paris, 1997.
COUPLAND, S., The Carolingian army and the struggle against the Vikings, Viator, 35 (2004), 49-79.
Nascita dell’Europa ed Europa carolingia: un equazione da verificare, Spoleto, 1981.
RICHÉ, P., Les Carolingiens. Une famille qui fit l’Europe, París, 1983.
ISLA, A., La Europa de los carolingios, Madrid, 1993.
HENNING, J., Slavery or freedom? The causes of early medieval Europe’s economic advancement, EME, 12:3 (2003), 269-277
FREEDMAN, P., Siervos, campesinos y cambio social, en Señores, siervos, vasallos en la Alta Edad Media, Pamplona, 2002, 127-146.
Xenerais:
1. Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia.
2. Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
3. Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas.
Específicas:
1. Coñecer, analizar e transmitir a historia xeral e a historia propia do territorio.
2. Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade.
3. Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua.
Transversais:
1. Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
2. Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa.
4. Comunicar información e ideas de xeito claro e efectivo en público.
o obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da materia, utilizaranse as seguintes técnicas:
Escenario 1.
-Clases expositivas nas que, preferentemente, farase a explicación dos contidos teóricos básicos da materia. Trátase dunha actividade presencial en aula.
-Clases interactivas: dedicaranse a sesións de traballo en cada grupo reducido. As sesións estarán adicadas á discusión de lecturas e textos previamente seleccionados polo profesor e realizadas polos alumnos, así como por un pequeno traballo final. O contido das clases interactivas terá como obxectivo o afondamento no coñecemento de temas de especial relevancia para a comprensión da evolución de diferentes aspectos de Alta Idade Media.
- Abrirase un curso no Campus Virtual no que se contará con diversos materiais de apoio e con programación de actividades.
-Tutorización personalizada para o seguimento das actividades programadas.
Escenario 2.
Dado que a docencia presencial convivirá coa virtual e lle corresponde ao centro definir as fórmulas de convivencia de ambas modalidades de docencia, unha vez coñecidas estas, utilizaranse os medios telemáticos ou doutro tipo que nos proporcionen as autoridades académicas e levarase a cabo sempre de xeito síncrono tanto nas explicacións dos contidos como nas prácticas da materia.
Escenario 3.
A docencia será totalmente de carácter virtual. Levarase a cabo de forma síncrona utilizando os medios proporcionados pola USC. As sesións de titorías serán por vía telemática e tamén se poderá utilizar o e-mail para o seu desenrolo.
Prévese como criterio de avaliación a avaliación contínua combinada cunha proba final. Esta proba final celebrarase na data fixada pola Facultade de Xeografía e Historia para ese efecto.
A avaliación contínua da parte expositiva consistirá na resolución individual de duas ou tres tarefas ou probas, que nos casos dos escenarios 2 e 3 serán propostas a través do curso virtual.
A avaliación contínua da parte interactiva no escenario 1 realizarase pola participación nas clases. Nos escenarios 2 e 3 a avaliación continua consistirá na resolución individual de duas ou tres tarefas ou probas, que serán propostas a través do curso virtual.
Cómputo da cualificación final:
- No primeiro escenario a proba final escrita será presencial.
A proba escrita (tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria) suporá o 40% da cualificación final. O alumno poderá sustituir a proba escrita por as tarefas ou probas da evaluación continua da parte expositiva.
As clases interactivas suporán o 60% da cualificación final. No escenario 1 a participación na aula suporá o 20% da cualificación final e o 40% o traballo final.
A cualificación final da materia resultará da integración proporcionada dos elementos sinalados: proba escrita ou tarefas (40%) e parte interactiva ou tarefas (60%).
Dado que a avaliación é continuada e a asistencia ás clases é obrigatoria, unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, (tanto en interactivas como en expositivas) suporía a imposibilidade de que o alumno/a poida ser avaliado.
A cualificación da convocatoria de segunda oportunidade se obterá a partir de unha proba escrita de todos os contidos da asignatura. En canto á parte correspondente ás clases interactivas, o/a alumno/a terá que entregar todos os traballos e actividades desenvolvidos nas clases. Os/as alumnos/as que ao longo do curso entregasen todos os traballos prácticos non teñen obrigación de volver a presentar os devanditos traballos, tendo que superar, unicamente, o exame da convocatoria correspondente. Non obstante poderán, se así o desexan, reelaborar o traballo para mellorar a cualificación.
Para as personas con dispensa únicamente computarán o traballo (50%) e o examen (50%) e tendrán a obriga de acudir a unha tutoría personalizada ao menos unha vez cada mes, previa cita co profesor da materia.
- No segundo e terceiro escenario as probas, as tarefas e a proba final serán telemáticas.
Cada hora de docencia expositiva deberá ir acompañada por un traballo complementario do alumno/a de unhas dúas horas coa axuda do material bibliográfico, co fin de leer atentamente os contados teóricos e asimílalos.
Paralelamente, para cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno/a deberá empregar como mínimo unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da asignatura e as previsións antes indicadas, considerase que o tempo de traballo persoal do alumno/a debería rondar as 150 horas.
Aínda que no é necesaria ningunha formación previa específica, para o ingreso no grado en historia en xeral e a matrícula desta asignatura en particular, é recomendable que a formación do alumno/a sexa de perfil humanístico.
Plan de continxencia:
Metodoloxía
Escenario 2. Dado que a docencia presencial convivirá coa virtual e lle corresponde ao centro definir as fórmulas de convivencia de ambas modalidades de docencia, unha vez coñecidas estas utilizaranse os medios telemáticos ou doutro tipo que nos proporcionen as autoridades académicas e levarase a cabo sempre de xeito síncrono tanto as explicacións dos contidos como as cuestións prácticas da materia.
Escenario 3.
A docencia que será totalmente de carácter virtual levarase a cabo de forma síncrona utilizando os medios proporcionados pola USC. As sesións de titorías serán por vía telemática e tamén se poderá utilizar o e-mail para o seu desenrolo.
SISTEMA DE AVALIACIÓN.
Prévese como criterio de avaliación a avaliación contínua combinada cunha proba final. Esta proba final celebrarase na data fixada pola Facultade de Xeografía e Historia para ese efecto.
A avaliación contínua da parte expositiva consistirá na resolución individual de duas ou tres tarefas ou probas, que nos casos dos escenarios 2 e 3 serán propostas a través do curso virtual.
A avaliación contínua da parte interactiva nos escenarios 2 e 3 consistirá na resolución individual de duas ou tres tarefas ou probas, que serán propostas a través do curso virtual.
Cómputo da cualificación final:
- Nos escenarios 2 e 3 a proba final escrita será telemática.
A proba escrita (tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria) suporá o 40% da cualificación final. O alumno poderá sustituir a proba escrita por as tarefas ou probas da evaluación continua da parte expositiva.
As clases interactivas suporán o 60% da cualificación final. Nos escenarios 2 e 3 a evaluaciñon continua suporá o 20% da cualificación final e o 40% o traballo final.
A cualificación final da materia resultará da integración proporcionada dos elementos sinalados: proba escrita ou tarefas (40%) e parte interactiva ou tarefas (60%).
Salvo nos escenarios 2 e 3, dado que a avaliación é continuada e a asistencia ás clases é obrigatoria, unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, (tanto en interactivas como en expositivas) suporía a imposibilidade de que o alumno/a poida ser avaliado.
A cualificación da convocatoria de segunda oportunidade se obterá a partir de unha proba escrita de todos os contidos da asignatura. En canto á parte correspondente ás clases interactivas, o/a alumno/a terá que entregar todos os traballos e actividades desenvolvidos nas clases. Os/as alumnos/as que ao longo do curso entregasen todos os traballos prácticos non teñen obrigación de volver a presentar os devanditos traballos, tendo que superar, unicamente, o exame da convocatoria correspondente. Non obstante poderán, se así o desexan, reelaborar o traballo para mellorar a cualificación.
Para as personas con dispensa únicamente computarán o traballo (50%) e o examen (50%) e tendrán a obriga de acudir a unha tutoría personalizada ao menos unha vez cada mes, previa cita co profesor da materia.
Fernando Maria Lorenzo Lopez Alsina
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812623
- Correo electrónico
- fernando.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Emilio Sanjurjo Durán
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- emilio.sanjurjo [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:15-11:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Xoves | |||
09:15-11:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
11:15-13:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Venres | |||
11:15-13:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
15.01.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
25.06.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |