Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Prehistoria
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Impartir un coñecemento xeral da evolución económica, social e cultural dos grupos humanos durante a Prehistoria Recente e a Protohistoria dende unha perspectiva holística.
-Toma de conciencia por parte do alumnado da relación e interacción entre o pasado e o presente na conformación da sociedade.
1. O Neolítico e a orixe das economías de produción. A Neolitización do Próximo Oriente e outras áreas extraeuropeas.
2. A neolitización de Europa continental e o Mediterráneo.
3. O Neolítico atlántico e o Megalitismo.
4. O Calcolítico: caracterización xeral, metalurxia e xurdimento das sociedades complexas.
5. As primeiras sociedades metalúrxicas de Europa e a Cultura do Vaso Campaniforme.
6. A Idade do Bronce en Europa continental e o Mediterráneo.
7. A Idade do Bronce na Europa atlántica.
8. O Bronce Final e a transición á Idade do Ferro.
9. A Primeira Idade do Ferro: a Cultura de Hallstatt.
10. A Segunda Idade do Ferro: a Cultura de La Tène e os Celtas.
Bibliografía básica:
EIROA, J.J. 2010: Prehistoria del Mundo. Sello Editorial. Barcelona.
MENENDEZ, M.; JIMENO, A.; FERNANDEZ, V.M., 2011: Diccionario de Prehistoria. Alianza Editorial, 2ª ed. Madrid.
Bibliografía complementaria:
AURENCHE, O. y KOZLOWSKY, S. K., 2003: El origen del Neolítico en el Próximo Oriente. El paraíso perdido. Ed. Ariel. Barcelona.
BELEN, M.; CHAPA, T. 1997: La Edad del Hierro. Ed. Síntesis, Madrid.
BERNABEU, J; AURA, J.; BADAL, B. 1995: Al Oeste del Edén: las primeras sociedades agrícolas en la Europa Mediterránea. Ed. Síntesis. Madrid.
BLASCO, Mª C.1993: El Bronce Final. Ed. Sintesis, Madrid.
DELIBES, G.; FERNANEZ MIRANDA, M.: 1993. Los orígenes de la civilización. El Calcolítico en el Viejo Mundo. Síntesis, Madrid.
KRISTIANSEN, K.; LARSSON, Th. B. 2006: La emergencia de la sociedad del Bronce. Bellaterra. Barcelona.
LULL, V.; GONZALEZ MARCEN, P.; RISCH, R.: 1992. Arqueología de Europa, 2250-1200 A.C. Una introducción a la “edad del bronce”. Síntesis, Madrid.
MAZURIE, K., 2007: El origen del neolítico en Europa. Ariel Prehistoria. Barcelona.
MOHEN, J.P., 1992: Metalurgia prehistórica: introducción a la paleometalurgia. Masson. Barcelona.
RODRIGUEZ CASAL, A. A. (ed.) 1997: O Neolítico atlántico e as orixes do Megalitismo. Ed. USC.
RUIZ-GALVEZ, M. 1998: La Europa Atlántica en la Edad del Bronce. Un viaje a las raices de la Europa occidental. Ed. Crítica, Barcelona.
- Coñecer os aspectos esenciais e a dinámica da Prehistoria Recente e a Protohistoria.
- Capacidade crítica de análise e investigación neste dominio.
- Iniciación ao traballo de campo e a investigación básica nesta área.
- Capacidade para localizar información arqueolóxica co emprego da bibliografía especializada e de Internet.
Docencia expositiva.
Semanas 1ª-2ª, 3ª-7ª, 9ª-14ª, 30 horas en total, para cada grupo. Docencia teórica na aula.
Docencia interactiva.
Semanas 3ª-7ª, cinco horas en total, para cada grupo e Semanas 9ª-14ª, seis horas en total, para cada grupo. Prácticas sobre diversos aspectos da Prehistoria Recente, a Protohistoria e a Cultura castrexa, dende unha metodoloxía arqueolóxica e a interdisciplinariedade, con manexo de fontes bibliográficas e documentais, internet, cartografía e estudos de Cultura material.
Semana 8ª, adicada á resolver dúbidas do alumnado.
Semana 15ª, adicada a prácticas de campo, con visita a xacementos e centros arqueolóxicos.
Avaliación contínua, cos seguintes porcentaxes por tipo de actividade:
-Asistencia e participación nas aulas interactivas, titorías e prácticas de campo. Elaboración dun Dossier das aulas de docencia interactiva e prácticas: 30% (3 puntos). O dossier será entregue na aula, o propio día do exame final.
-Exame final nas datas prescritas pola Facultade: 70% (7 puntos). Avaliación sobre os coñecementos adequeridos nas aulas expositivas.
Dispensa de asistencia: o exame final suporá o 100% da calificación.
No caso de problemas que impidan a docencia presencial e a realización de exames na aula, seguiráse un sistema de avaliación continua (sen exame presencial), coas seguintes porcentaxes por tipo de actividade:
-Elaboración dunha memoria/dossier sobre as aulas interactivas realizadas, presenciais ou non presenciais (30%).
-Redacción (sen límite de extensión) sobre os 10 temas do Programa. Valoraráse os contidos científicos da redacción, a capacidade de síntese desde unha perspectiva holística, a estructura e os aspectos formais do documento, a corrección lingüística, a correcta utilización de recursos bibliográficos e inclusión, de ser o caso, de citas, notas a pé de páxina e imaxes. Será valorado negativamente o simple “corta e pega”, así como o plaxio e a non indicación da autoría dos documentos bibliográficos consultados (70%).
Data límite de entrega: o da oficial prescrita pola Facultade.
- Avaliación extraordinaria (2ª oportunidade): mantendo as porcentaxes respectivas, poderase repetir aquela parte non superada e, de ser o caso, entregaranse os traballos demandados na convocatoria ordinaria e non realizados.
Data límite de entrega: o da oficial prescrita pola Facultade.
Actividades docentes de carácter expositivo: 32 horas.
Actividades de docencia interactiva en grupos: 16 horas.
Titorías e avaliación: 2 horas.
Subtotal: 50 horas.
Traballo persoal:
Estudo: 40 horas.
20 horas de elaboración de traballos en grupo
40 horas de elaboración de traballos individuais.
Subtotal: 100 horas.
Total: 150 horas.
Combinar a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas co estudo persoal, procurando levar a materia ao día.
É recomendable o manexo funcional dalgunha das principais linguas estranxeiras.
Nas aulas prestarase unha especial importancia ó Noroeste da Península Ibérica, no marco da Prehistoria europea.
Idioma en que se imparte: galego e castelán.
Anton Abel Rodriguez Casal
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Prehistoria
- Teléfono
- 881812565
- Correo electrónico
- antonabel.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Martes | |||
17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Mércores | |||
17:15-19:15 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 07 |
Xoves | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 07 |
27.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
27.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
08.07.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |