Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Estudo xeral e global dos principais elementos da Xeografía da Sociedade Humana, das súas relacións internas e dos seus elementos significativos.
Lección 1.- A Xeografía Humana. Obxecto. Evolución
Lección 2.- Xeografía da Poboación. A poboación mundial: evolución
Lección 3.- Xeografía da Poboación. A distribución da poboación mundial
Lección 4.- Xeografía da Poboación. O movemento natural
Lección 5.- Xeografía da Poboación. A mobilidade espacial
Lección 6.- Xeografía da Poboación. A estrutura demográfica
Lección 7.- Poboación. Recursos e medio ambiente
Lección 8.- Cartografía. Evolución histórica da representación territorial.
Lección 9.- Sistemas de organización territorial. Elementos para un modelo.
Lección 10.- O espazo Rural
Lección 11.- O espazo Urbano
Lección 12.- A paisaxe e os servizos ecosistémicos. Liñas de traballo para a xestión adaptativa da sociedade.
Organizarase unha saída de campo si os recursos dispoñibles o permiten e sempre no marco das Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura curso 2020-2021.
ZÁRATE MARTÍN, M.A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2005): Geografía Humana. Sociedad, economía y territorio. Madrid, Ed. Universitaria Ramón Areces.
AGUILERA ARILLA, Mª J. et al (2000): Geografía General, T. II: Geografía Humana. Madrid, UNED.
BIELZA, V. (ed.): Geografía General, Tomo II. Madrid, Ed. Taurus.
CARRERAS VERDAGUER, C. (1998): Geografía Humana. Barcelona, Universitat.
CHARVET, J.P. (dir) (2002): Géographie Humaine. Paris, Armand Colin.
FELLMANN, J. et al. (1990): Human Geography. Dubuque, C. Brown.
MERLIN, P. (1997): Géographie Humaine. Paris, P.U.F.
PUYOL, R. et al.: Geografía Humana. Madrid, Ed. Cátedra.
ROMERO, J. (coor.) (2007): Geografía Humana. Procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Barcelona, Ariel.
SEGRELLES SERRANO, J.A. (dir) (2002): Geografía humana. Fundamentos, métodos y conceptos. Alicante, Ed. Club Universitario.
WACKERMANN, G. (2000): Géographie Humaine. Paris, Ellipses.
ZÁRATE MARTÍN, M.A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2006): Glosario y prácticas de Geografía Humana. Madrid, Ed. Universitaria Ramón Areces.
O obxectivo principal é que o alumno, que cursa o Grao de Historia, obteña o coñecemento dos conceptos básicos dunha materia interesante para os historiadores. Especialmente, incidirase no valor da dimensión espacial dos feitos. Para iso farase un estudio xeral e global dos principais elementos da Xeografía humana, das relacións entre estes e o seu territorio, así como dos seus elementos significativos coa finalidade de que os alumnos aprendan a buscar, elaborar e interpretar informacións de interese xeográfico.
Estará adaptada a cada un dos escenarios sinalados nas Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura.
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada, combinando a docencia presencial (clases expositivas, interactivas e titorías) coa non presencial, orientada mediante bibliografía, todo iso complementado cunha parte práctica (gráficos, mapas, textos, etc.).
Potenciarase a innovación, creatividade e as habilidades informacionais a través de Internet.
Empregarase a Aula Virtual para docencia síncrona e asíncrona.
Pontenciarase a aprendizaxe autónoma e colaborativa do alumnado.
Programarase un calendario de entregas de informes e traballos.
A avaliación será continua e dependerá do rendemento mostrado polo alumno ao longo do curso en todas as actividades levadas a cabo. Basearase na programación dun calendario de entrega de informes e traballos a través da Aula Virtual.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que entregar todos os informes e traballos programados de acordo coas indicacións do profesor.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia consta de 6 créditos ECTS, repartidos equilibradamente entre clases expositivas, interactivas e titorías, con desenvolvemento de prácticas. O alumno deberá dedicar a cada unha destas actividades a parte alícuota do total de créditos do curso.
Asistencia regular a clases con participación nestas. Consulta de bibliografía. Realización das actividades que se programen. Acudir ás titorías.
A programación está adaptada nos apartados de metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3 do “Plan de Continxencia” das Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura curso 2020-2021.
Carlos Ferras Sexto
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812704
- Correo electrónico
- carlos.ferras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Borobio Sanchiz
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- manuel.borobio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Luns | |||
---|---|---|---|
15:15-17:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
Mércores | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Xoves | |||
17:15-19:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
Venres | |||
17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
20.01.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
25.06.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |