Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Prehistoria
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os aspectos esenciais e a dinámica da Prehistoria Recente e a Protohistoria desde unha perspectiva holística, atendendo especialmente aos fenómenos singulares da Península Ibérica
Analizar e investigar no dominio da Prehistoria Recente e a Protohistoria.
Localizar información arqueolóxica co emprego da bibliografía especializada e de Internet
• Proceso de neolitización na Península ibérica. Modelos da neolitización. As transformacións economicas. Lugares de vida e morte. O neolítico no Noroeste
• A primeira metalurxia. A expansión do cobre. O metal: da mina ao útil. Os asentamentos en altura: Los Millares. O fenómeno campaniforme. Os inicios da Idade do Bronce. El Argar.
• Bronce Final-Ferro I. Oeste peninsular: interaccións Atlántico-Mediterráneo. Este peninsular: interaccións continentais-mediterráneas
• Os pobos do Noroeste. Cultura material característica. Territorialidade e desenvolvementos temporais. Sociedade e economía.
• Os pobos célticos. O paradigma: os celtíberos. Os grupos célticos da Meseta e o occidente peninsular.
• Os pobos ibéricos. Os asentamentos. A economía ibera. Sociedade.
Bibliografía básica:
- Almagro Gorbea, M. (coord.) 2014, Protohistoria de la Península Ibérica. Del neolítico a la romanización, Burgos, U. de Burgos-Fundación Atapuerca.
- Barandiarián, I. et al., 2012, Prehistoria de la Península Ibérica, Barcelona, Ariel.
- Belén, M. y Chapa, T., 1997, La Edad del Hierro. Madrid, Editorial Síntesis,
- Blasco, C., 1993, El Bronce Final, Madrid, Editorial Síntesis.
- Celestino Pérez, S. (coord.) 2018, La protohistoria en la Península ibérica. Historia de España II. Historia Antigua. Madrid, Ed. Istmo.
- Menéndez Fernández, M. (coord.), 2012. Prehistoria antigua de la Península Ibérica, Madrid, UNED.
- Menéndez Fernández, M. (coord.), 2013, Prehistoria reciente de la Península Ibérica, Madrid, UNED
- Renfrew, C., e P. Bahn, Arqueología. Teorías, métodos y práctica., Madrid, Akal, varias eds.
- Rojo Guerra, M.A., Garrido Pena, R. y García Martínez de Lagrán, I. (coords.), 2012, El Neolítico en la Península Ibérica y su contexto europeo, Madrid, Cátedra.
- RuizGalvez Priego, M. (coord.), 2001, La Edad del Bronce ¿Primera Edad de Oro de España? Sociedad, economía e ideología. Barcelona, Crítica.
- Salinas De Frías, M. 2006, Los pueblos prerromanos de la Península Ibérica, Madrid, Akal.
Bibliografía complementaria:
Ofrecerase comentada nas clases.
• Coñecer críticamente as sínteses elaboradas sobre a Prehistoria e Protohistoria da Península ibérica.
• Coñecer as diferentes técnicas das que se compón a investigación arqueolóxica que configuran ditas sínteses.
• Comprender, interpretar e elaborar traballos referentes ós contidos da materia.
• Analizar e interpretar críticamente o rexistro arqueolóxico, así como comprender as tarefas prácticas da investigación arqueolóxica.
• Aplicar as capacidades de análise crítica e lóxica ós conceptos traballados na materia.
Clases expositivas
Terán o formato clásico de exposición de contidos. Os alumnos elaborarán apuntes persoais a partir da toma de notas na aula e complementada obligatoriamente con alomenos unha lectura para cada un dos temas, a partir da bibliografía complementaria ofrecida na aula ou ben una elección libre, atendendo sempre a criterios científicos.
Clases interactivas
Coa finalidade de pensar metodoloxicamente as sínteses traballadas nas sesións expositivas, preténdese incidir de maneira práctica nos procedementos que conducen a ditas síntesis. O procedemento consistirá nun traballo práctico individual a partir dunha evidencia material entregada ao principio das clases interactivas, referida á península Ibérica, que servirá de fío conductor para o proceso constructivo de información por parte dos alumnos. A presencialidade das interactivas terá dúas categorías: en laboratorio e en traballo autónomo.
Temáticas:
• A Evidencia Arqueolóxica. Tratamento primario (descripción, dibuxo, fotografía)
• Interpretación da evidencia (tecnolóxica, funcional, cronolóxica, territorial, social, económica, simbólica)
• Exposición/debate
• Entrega da ficha da evidencia arqueolóxica traballada (a través da aula virtual)
Saída de campo
• En función da dispoñibilidade de medios, programarase unha visita non obrigatoria.
1.Entrega dun dos temas dos apuntes elaborados durante o curso: ata 7 puntos. Valorarase: elaboración personal, incorporación das lecturas complementarias. Penalizarase: repetición mecánica do escoitado en clase, elaboración colectiva de apuntes. Entrega o día do exame oficial, mecanografiado, de xeito presencial. As docentes indicarán nese momento o tema solicitado.
2.Entrega da ficha elaborada nas interactivas: ata 3 puntos. Data de entrega: data do exame oficial, presencialmente.
• A cualificación será o resultado da suma das puntuacións obtidas en cada apartado, coas condicións que se expresan no punto seguinte. A non realización da proba escrita ou a non entrega da ficha suporá un “non presentado”.
• Será preciso obter unha nota mínima de aprobado no tema entregado sobre os contidos (alomenos un 3.5) para sumar a nota obtida nas interactivas. No caso de non obtela, a cualificación será "suspenso".
• Na convocatoria de segunda oportunidade repetirase o apartado non realizado ou que non obtivese a cualificación necesaria, nas mesmas condicións que na primeira oportunidade. Neste caso, a ficha do traballo sobre a evidencia arqueolóxica entregada deberá ampliarse para recoller con máis detalle algún dos aspectos sinalados no apartado “Clases interactivas”
• En caso de dispensa oficial a avaliación consistirá nun exame escrito (ata 7 puntos) sobre una bibliografía previamente acordada, e un traballo que equivalerá ás clases interactivas (hasta 3 puntos). Este traballo deberá acordarse coas docentes ao cargo, a inicios do cuatrimestre, non máis tarde do día 1 de octubre de 2021.
• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividades docentes de carácter expositivo: 32 horas.
Actividades de docencia interactiva en grupos: 16 horas.
Titorías: 2 horas.
Subtotal: 50 horas.
Traballo persoal: 70 horas.
Total: 120 horas.
Combinar a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas co estudo persoal, procurando levar a materia ao día. É recomendable o manexo funcional dalgunha das principais linguas estranxeiras.
Plan de continxencia
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2
Clases expositivas
• Formato clásico de exposición de contidos (presencial e a través de Teams nos grupos que estableza a facultade)
• Suministro de materiais a través da aula virtual
• Atención presencial e telemática para supervisar contidos
Clases interactivas
As primeiras sesións, onde o traballo co material é imprescindible, faranse de forma exclusivamente presencial, nos grupos que estableza a facultade. Nas seguintes sesións será posible simultanear a presencialidade co uso de Teams
Escenario 3
Clases expositivas
• Suministro de materiais a través da aula virtual, tanto escritos como orais
• Atención telemática para supervisar contidos
Clases interactivas
Traballo individual con evidencia arqueolóxica en formato virtual.
• Atención telemática para supervisar contidos
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Escenarios 2 e 3:
1.Entrega dun dos temas dos apuntes elaborados durante o curso: ata 7 puntos. Valorarase: elaboración personal, incorporación das lecturas complementarias. Penalizarase: repetición mecánica do escoitado en clase, elaboración colectiva de apuntes. Entregarase na Aula Virtual na data do exame oficial. As docentes indicarán nese momento o tema solicitado e cun tempo de entrega acotado.
2.Entrega da ficha elaborada nas interactivas: ata 3 puntos. Data de entrega: data do exame oficial, na Aula Virtual.
Maria Del Mar Llinares Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Prehistoria
- Teléfono
- 881812571
- Correo electrónico
- mar.llinares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Josefa Rey Castiñeira
- Departamento
- Historia
- Área
- Prehistoria
- Teléfono
- 881812569
- Correo electrónico
- josefa.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
13.01.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
13.01.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
22.06.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |