Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
O obxectivo desta materia é contribuír a que os alumnos estranxeiros cun nivel A2/B1 de español melloren a súa competencia gramatical nesta lingua.
Os obxectivos específicos das materias son os seguintes:
a) Describir as principais propiedades morfosintácticas das tres unidades obxecto de estudo: substantivo, adxectivo e verbo.
b) Proporcionar ao alumnado explicacións sinxelas e comprensibles sobre as cuestións gramaticais examinadas.
c) Resolver dúbidas gramaticais de tipo descritivo ou normativo.
d) Estudar o valor e o funcionamento das categorías sintácticas mediante exemplos representativos do seu emprego en contextos discursivos específicos.
e) Mellorar o nivel de competencia lingüística en español mediante a exercitación gramatical.
O obxectivo desta materia é contribuir a que os alumnos estranxeiros cun nivel A2/B1 de español melloren a súa competencia gramatical nesta lingua.
Os obxectivos específicos das materias son os seguientes:
a) Describir as principais propiedades morfosintácticas das tres unidades obxecto de estudio: sustantivo, adxectivo e verbo.
b) Proporcionar explicación sinxelas e comprensibles sobre as cuestións gramaticais examinadas.
c) Resolver dudas gramaticais de tipo descritivo ou normativo.
d) Estudar o valor e o funcionamento das categorías sintácticas mediante exemplos representativos do seu emprego en contextos discursivos específicos.
e) Mellorar o nivel de competencia lingüística en español mediante a exercitación gramatical.
Para alcanzar este obxectivo, esta materia -que se completará coa de Gramática práctica 2- centrarase nas palabras plenas do español: substantivo, adxectivo e verbo, para explicar a súa estrutura e propiedades morfosintácticas e tamén, en menor medida, como se combinan para formar unidades superiores.
1. O concepto "palabra" en español. As clases de palabras e criterios para clasificalas
2. O substantivo. Definición
- O xénero e o número dos substantivos en español
- Clasificación semántica do substantivo en español
3. O adxectivo. Definición
- Tipos de adxectivos e a súa posición na frase
- Os grados do adxectivo en español
4. O verbo. Definición
- Tempo e modo dos verbos. Usos máís importantes en español
- Verbos que esixen preposición
- As formas nominais
Para alcanzar este obxectivo, esta asignatura -que se completará coa de Gramática práctica 2- centrarase nas palabras plenas do español: sustantivo, adxectivo e verbo, para explicar a súa estructura e as súas propiedades morfosintácticas e tamén, en menor medida, como se combinan para formar unidades superiores.
1. O concepto "palabra" en español. As clases de palabras e os criterios para clasificalas
2. O sustantivo. Definición
- O xénero e o número dos sustantivos en español
- Clasificación semántica do sustantivo en español
3. O adxectivo. Definición
- Tipos de adxectivos e a súa posición na frase
- Os grados do adxectivo en español
4. O verbo. Definición
- Tempo e modo dos verbos. Principais usos en español
- Verbos que se constrúen con preposición
- As formas nominais do verbo
Alonso Raya, R. y otros (2011). Gramática básica del estudiante de español. Barcelona: Difusión, 2ª edición revisada y ampliada. Niveles A1, A2 y B1.
Diccionario de uso del español actual. Clave (2006). Madrid: SM.
Fuentes Rodríguez, C. (2011). Guía práctica de escritura y redacción. Madrid: Arco Libros.
Gómez Torrego, L. (2011). Gramática normativa del español. Madrid: SM.
Jacobi, C., E. Melone y L. Menón (2011). Gramática en contexto (curso de gramática para comunicar). Madrid: Edelsa.
Marín, A. (coord.) (2008). Gramática práctica para comunicarse en español – Edición jóvenes y adultos. Madrid: Edinumen.
Moreno García C., C. Hernández y C. Miki Condo (2007). Gramática: nivel medio B1, Madrid, Anaya.
Pavón Lucero, María Victoria (2007). Gramática práctica del español, Madrid, Espasa-Instituto Cervantes, en http://www.elquaderno.com/blogaula/wpcontent/uploads/2014/01/Gramatica_…
Penadés Martínez I. y M. Martí Sánchez (2009). Gramática española básica, Madrid, Edinumen.
Real Academia Española (2005). Diccionario panhispánico de dudas. Madrid: Santillana.
Real Academia Española (2010). Ortografía de la lengua española. Madrid: Espasa-Calpe.
Romero Dueñas, C. y A. González Hermoso (2011). Gramática del español lengua extranjera. Normas y recursos para la comunicación, Madrid, Edelsa.
Sarmiento, R. y A. Sánchez (2005). Gramática del español actual: español para extranjeros. Madrid: SGEL.

Seguindo as directrices do MCER, ao finalizar o curso, estes estudantes deberían, entre outras competencias, ser capaces de:
a) Demostrar un coñecemento e uso da gramática do español correspondente a un nivel intermedio-alto.
b) Non cometer erros gramaticais que dificulten a comprensión.
c) Argumentar con claridade, defendendo os seus puntos de vista con exemplos adecuados.
d) Construír cadeas argumentadas razoadas.
e) Explicar os seus puntos de vista sobre un tema, propoñendo opcións coas súas vantaxes e desvantaxes.
Seguindo as directrices do MCER, ao finalizar o curso, estes estudantes deberían, entre outras competencias, ser capaces de:
a) Demostrar un control da gramática do español relativamente alto
b) Non cometer erros que provoquen incomprensión
c) Argumentar con claridade, defendendo os seus puntos de vista con exemplos axeitados
d) Construír cadeas argumentadas razoadas
e) Explicar os seus puntos de vista sobre un tema, propoñendo opcións coas súas vantaxes e desvantaxes
A orientación práctica amósase no tratamento de cuestións gramaticais relevantes para o uso da lingua, especialmente naqueles aspectos que revisten maior dificultade para a aprendizaxe da lingua por parte de non nativos. Os estudantes traballarán tanto individualmente como en grupo.
A orientación práctica móstrase no tratamento de cuestións gramaticais relevantes para o uso da lingua, especialmente naqueles aspectos que revisten maior dificultade para a aprendizaxe da lingua por parte de non nativos.
Combinaranse sesións expositivo-descritivas con interactivas, onde os estudantes realizarán prácticas e exercicios, tanto individualmente como en grupo. O ensino apoiarase en diferentes tipos de recursos: impresos, audiovisuais, tecnolóxicos, etc.
A orientación práctica mostrase no tratamento de cuestións gramaticais relevantes para o uso da lingua, especialmente naqueles aspectos que revisten maior dificultade para a aprendizaxe da lingua por parte de non nativos.
Combinaranse sesións expositivo-descriptivas con interactivas, onde os estudantes realizarán prácticas e exercicios, tanto individualmente como en grupo. O ensino apoiarase en diferentes tipos de recursos: impresos, audiovisuais, tecnolóxicos, etc.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Haberá dúas modalidades de avaliación:
1. Avaliación continua
Os alumnos que opten por esta modalidade de avaliación teñen que acreditar, como mínimo, unha porcentaxe do 80% de asistencia á totalidade das horas de clase.
A avaliación será continuada con dous exercicios cualificables ademais do exame final:
a) Exercicios cualificables. As datas concretas nas que se realizarán estes exercicios determinaranse con antelación. Peso: 30%.
b) Exame final de carácter teórico-práctico na data fixada pola Secretaría da Facultade. Peso: 70%.
Se logo de recibir a cualificación dos dous exercicios de avaliación continua, o/a estudante non estivese interesado/a en conservala, deberá indicar a súa renuncia a ela, por escrito, na primeira folla do exame final. Neste caso, será avaliado exclusivamente a través do exame final que supoñerá o 100% da nota.
2. Avaliación final. Soamente un exame final co 100% da nota e que incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa. Este exame realizarase na data fixada pola Secretaría da Facultade. Esta será a modalidade de avaliación para:
a) Alumnado que non acredite, como mínimo, unha porcentaxe do 80% de asistencia á totalidade das horas de clase.
b) O alumnado que aínda tendo realizado os tres exercicios da avaliación continua, renuncien a ela.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
A avaliación farase exclusivamente a través dun exame final que supoñerá o 100% da nota e que incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa. Este exame realizarase na data fixada pola Secretaría da Facultade.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Para os alumnos que teñan dispensa de asistencia a clase e a acrediten debidamente, a avaliación limitarase a un único exame final sobre os contidos do programa que supoñerá o 100% da nota e que se realizará nas datas fixadas pola Secretaría da Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Primeira oportunidade
Haberá dúas modalidades de avaliación:
1. Avaliación continua
Os alumnos que opten por esta modalidade de avaliación teñen que acreditar, como mínimo, unha porcentaxe do 80% de asistencia á totalidade das horas de clase.
A avaliación será continuada con dous exercicios calificables, ademais do exame final:
a) Exercicios cualificables. As datas concretas nas que se realizarán estes exercicios determinaranse con antelación. Peso: 30%.
b) Exame final de carácter teórico–práctico na data fixada pola Secretaría da Facultade. Peso: 70%.
Se despois de ter recibida a cualificación dos dous exercicios de avaliación continua, o alumno non estivera interesado en conservala, deberá indicar a súa renuncia a ela, por escrito, na primeira folla do exame final. Neste caso, será avaliado exclusivamente a través do exame final que suporá o 100% da nota.
2. Avaliación final. Soamente un exame final que suporá o 100% da nota e incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa. Este exame realizarase na data fixada pola Secretaría da Facultade. Esta será a modalidade de avaliación para:
a) Os alumnos que non acrediten, como mínimo, unha porcentaxe do 80% de asistencia á totalidade das horas de clase.
b) Os alumnos que, aínda tendo realizado os tres exercicios da avaliación continua, renuncien a ela.
Segunda oportunidade
Farase exclusivamente a través dun exame final que suporá o 100% da nota e que incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa. Este exame realizarase na data fixada pola Secretaría da Facultade.
Alumnado con dispensa de asistencia
Para os alumnos que obteñan a dispensa de asistencia a clase e a acrediten debidamente, a avaliación limítase a un exame final sobre os contidos do programa que suporá o 100% da nota e que se realizará nas datas fixadas pola Secretaría da Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 61 h
Lecturas: 10 h
Realización de exercicios e prácticas: 10 h
Preparación de exames: 15 h
Total de horas de traballo persoal non presencial: 96 h
Estudio e preparación de actividades programadas na aula: 61 h
Lecturas: 10 h
Realización de exercicios e prácticas: 10 h
Preparación de exames: 15 h
Total de horas de traballo persoal non presencial: 96 h
Recoméndase un nivel de español B1. Recoméndase un nivel de español B1.