Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tendo en conta os contidos das materias Lingua Italiana 3 e Gramática Italiana 2, nesta materia preténdese que o estudante acade o nivel B2 segundo o Marco Europeo Común de Referencia.
Obxectivo da materia é que o estudante sexa capaz de interactuar cun falante nativo sen excesiva fatiga en situacións formais e informais, comprender contidos de textos técnicos ou literarios, saber producir textos claros sobre moitos temas e expresar opinións sobre temas de actualidade.
I. Contidos
- Si impersonal, Si impersonal + adxectivos
- As frases comparativas
- O subxuntivo nas subordinadas
- O estilo indirecto
- Come se + imperfecto de subxuntivo
- Os verbos transitivos e pronominais para indicar posición e movimentos
- As locucións adverbiais
- A sufixación
- Verbo + preposición
- As preposicións finais con a + infinitivo y da+ infinitivo
- "Congiuntivo trapassato"
- O periodo hipotético da irrealidade
- O verbo fare + infinitivo
- Os conectores de condición: ammettendo che, se è vero che, nel caso in cui
- Os tempos na narración histórica
- Os pronomes demostrativos con valor neutro
- A concordancia dos tempos verbais (I): os conectores: bensì, anziché, perfino, ormai, oltrettutto, quantunque; os indefinidos: chiunque, qualche, ognuno, nulla, troppo, alquanto; os adverbios: ormai/oramai/altrove.
- A concordancia dos tempos verbais (II): o xerundio presente e pasado (revisión); o participio pasado (revisión); o infinitivo presente e pasado (revisión); o uso do condicional.
- Os conectores para organizar un discurso
- A estrutura dun texto argumental
II. Léxico
-O léxico para describir culturas e estereotipos; as artes; a lenguaxe xuvenil e as expresións idiomáticas; léxico para narrar feitos históricos; o mundo da moda (estranxeirismos en italiano); emocións; urbanismo e arquitectura; xornalismo de sucesos; ciencia e fenómenos naturais; léxico universitario e burocrático.
III. Competencias comunicativas
- Discutir e expresar opinións, emitir xuízos
- Describir obras de arte e literarias, explicar o punto de vista do artista/autor
- Comentar textos literarios
- Explicar o significado de palabras e expresións
- Resumir conceptos e elaborar hipóteses
- Contar experiencias
- Falar de noticias da sección de sucesos.
1.- Libros de texto
Birello, M. & Vilagrasa, A., Bravissimo! 4, Casa delle Lingue, Barcelona. (ISBN: 978-84-16057-90-0)
AA., VV., Bravissimo! 4 Quaderno degli esercizi, Casa delle Lingue, Barcelona. (ISBN: 9788416057917)
2.- Textos de consulta
BAILINI, S./ CONSONNO, S., I verbi italiani, Firenze, Alma Edizioni, 2004.
CHIUCHIÙ, A. et alii, Le preposizioni, Perugia, Guerra.
DE GIULI, A. Le preposizioni italiane, Firenze, Alma Edizioni, 2001.
GALASSO, S./ TRAMA, G., Italiano in cinque minuti. Esercizi rapidi sulla grammatica e sul lessico, Alma Edizioni,Firenze, 2010.
NOCCHI, S., Nuova grammatica pratica della lingua italiana, Firenze, Alma Edizioni, 2011.
RENZI, L. – SALVI, G. – CARDINALETTI, A. (dir. da), Grande grammatica italiana di consultazione, Bologna, Il Mulino, 3 voll.
SENSINI, M., Le forme della lingua, Milano, Mondadori, 2010 (consigliata per chi sceglie l'italiano come indirizzo di Maior o Minor).
SERIANNI, L., Grammatica italiana, Torino, UTET.
TARTAGLIONE, R./BENINCASA, A., Grammatica della lingua italiana per stranieri, (A1/A2). Regole, esercizi, letture e test, Alma Edizioni, Firenze, 2015.
3.- Dicionarios
3.1. Dicionarios bilingües
ARQUÉS, R. - PADOAN, A., Grande dizionario Spagnolo-Italiano Italiano-Spagnolo, Bologna, Zanichelli, 2012.
AA.VV., Il Dizionario MEDIO Spagnolo-Italiano Italiano-Spagnolo, Milano, Garzanti.
CALVO RIGUAL C. – GIORDANO, A., Diccionario compacto italiano español español italiano, Barcelona, Herder, 2011.
GONZÁLEZ, I. (dir.), Dicionario Italiano-Galego, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2000 http://www.cirp.es/pub/docs/varios/dicItaGal.pdf
3.2 Dicionarios monolingües
AA.VV., Grande dizionario di italiano, Milano, Garzanti linguistica.
Dizionario Garzanti della lingua italiana
http://www.garzantilinguistica.it/index.html
DE MAURO, T. (dir.), Grande dizionario italiano dell’uso, Torino, UTET, 2000, 6 voll.
Dizionario De Mauro della lingua italiana
https://dizionario.internazionale.it/
SABATINI, F. – COLETTI, V., DISC: Dizionario Italiano Sabatini Coletti, Milano, Rizzoli-Larousse, 2008
http://dizionari.corriere.it/dizionario_italiano/
TRECCANI online
http://www.treccani.it/vocabolario/
ZINGARELLI, N., Lo Zingarelli. Vocabolario della lingua italiana, Bologna, Zanichelli.
Ser quen de comprender as ideas fundamentais de textos complexos sobre temas concretos e abstractos, incluidas as discusións técnicas no propio sector de especialización. Saber producir textos claros e ben artellados sobre unha ampla gama de temas e expresar unha opinión sobre un tema de actualidade, expoñendo pros e contras das diferentes opinións. Ser quen de interactuar con relativa soltura e espontaneidade, sen que isto supoña un esforzo extraordinario.
Clases teóricas combinadas con clases prácticas durante as que se farán exercicios co fin de avaliar a aprendizaxe dos contidos.
Empregarase a aula virtual.
A avaliación realizarase según os seguintes parámetros:
- Proba de comprensión oral: 10%
- Exame escrito: 40%
- Exame oral: 20%
- Avaliación continua mediante a entrega de traballos de carácter argumentativo-expositivo: 30%
Os temas obxecto dos traballos útiles á avaliación continua serán especificados polos profesores durante as clases.
A falta de entrega de ditos traballos implicará a perda da puntuación porcentual na avaliación final
Importante:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
1. Para poder presentarse ao exame oral, o estudante deberá obter unha nota igual ou superior a 5 no exame escrito (nota non ponderada).
2. Para superar o exame oral esixirase unha lectura correcta dun fragmento do libro de lectura obrigatoria e a resposta a preguntas relacionadas cos temas comunicativos previstos no programa.O profesor poderá utilizar o material (textos, fotos, artículos, etc.) que considere mais oportuno para a avaliación oral.
3. Quen supere o exame escrito, pero non o oral, na sesión ordinaria poderá manter a nota e poderá presentarse soamente ao oral na sesión extraordinaria, despois de telo comunicado ao docente.
4. Os criterios de avaliación serán os mesmos para os estudantes con exención oficial de asistencia.
Trátase dunha materia con 6 créditos ECTS que corresponden a 150 horas de traballo (54 horas presenciais e 96 de traballo persoal do alumno).
Esta materia prevé 3 horas de clase semanais.
Por tratarse da continuación da materia Lingua Italiana 3, partirase dun nivel B1 para acadar o nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia.
A competencia lingüística dos alumnos vaise avaliar en todas as probas realizadas.
Os estudantes terán que acadar un nivel de expresión, escrita e oral, que demostre o dominio das competencias esixidas para o nivel que se pretende acadar.
Recoméndase a asistencia a clases e realizar as tarefas que o profesor lle encargue.
Aconséllase a lectura de xornais, o uso de Internet, TV, DVD, etc.
Lémbrase aos alumnos que o profesor poderá porse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha electrónica da USC.
Estado de alarma (plan de continxencia)
Situación 2: distanciamento
Metodoloxía de ensinanza
Ás clases presenciais alternaranse as clases virtuais, de forma síncrona , de acordo coas disposicións propostas polas autoridades universitarias. Se fose necesario, serán utilizados os medios a disposición na aula virtual da materia e a plataforma Teams, tanto para as clases impartidas de forma non presencial coma para a entrega dos traballos válidos para a avaliación final.
O sistema de avaliación non sufrirá modificacións con respecto á situacion 1. Se fose necesario as probas finais levaranse a cabo de forma telemática.
Situación 3: peche das instalacións
Metodoloxía de ensinanza
As clases serán impartidas virtualmente e de forma síncrona. Serán utilizados os medios a disposición na aula virtual da materia e a plataforma Teams, tanto para as clases impartidas de forma non presencial coma para a entrega dos traballos válidos para a avaliación final.
O sistema de avaliación non sufrirá modificacións con respecto á situación 1, pero as probas finais levaranse a cabo de forma telemática.
Marilena Ceccarelli
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- marilena.ceccarelli [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D14 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Italiano | D14 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Italiano | B10 |
25.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
25.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C06 |
25.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
25.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C07 |
28.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
28.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C07 |