Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento de modalidades textuais menos atendidas pola historiografía literaria.
- Analizar de maneira específica algunhas manifestacións literarias representativas do teatro, o xornalismo literario e a literatura dixital.
- Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega nos distintos períodos da súa historia e as diferenzas a respecto das literaturas do seu contorno.
- Proporcionar información complementaria sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega contemporánea.
- Entender a literatura como unha produción viva e dinámica, e comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.
1.- A literatura dramática e o teatro
- O teatro nos inicios do século XX
- A “Xeración Abrente”
- Os anos oitenta e noventa
2.- O ensaio e o xornalismo literario
- O nacemento do ensaio. Problemas de definición
- O ensaio da posguerra
- O ensaio no período democrático
- O xornalismo literario
- Outras modalidades de prosa non ficcional
3.- A literatura dixital
- Concepto
- Desenvolvemento e soportes
- Manifestacións relevantes
a) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Carballo Calero, R. Historia da literatura galega contemporánea, 1808-1936. Vigo: Galaxia, 1963, 3ª ed.
Biblioteca Virtual Galega, www.bvg.udc.es
Pena, X. R., Historia da literatura galega, vols. I, II e III. Vigo: Xerais, 2013, 2015 e 2016.
Tarrío Varela, A. Literatura galega (aportacións a unha historia crítica). Vigo: Xerais, 1994.
Vilavedra, D., Dicionario de literatura galega.Vigo: Galaxia, 1995-2004, vols. 1 (Autores), 3 (Obras) e 4 (Termos e institucións).
Vilavedra, D. Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1999.
Villanueva Prieto, D. (coord.). Galicia. Literatura. A Coruña: Hércules de Ediciones, 2001-2002.
VV. AA., Historia da literatura galega. Vigo: A Nosa Terra, 1996.
Nota:
Nestas materias estabelécense ademais as seguintes obras de lectura obrigatoria:
Roberto Vidal Bolaño, Días sen gloria
Cándido Pazó, Raíñas de pedra
Teresa Moure, A palabra das fillas de Eva
Fran Alonso, Poétic@
Escolmas preparadas pola profesora e dispoñíbeis na aula do Campus Virtual da USC,na carpeta ‘Materiais’ de cada tema.
b) BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Biblioteca Virtual Galega, www.bvg.udc.es
López Silva, Inma. Resistir no teatro. Cara a unha historia institucional do teatro galego. Santiago: Xunta de Galicia/USC, 2016.
López Silva, Inma e Dolores Vilavedra. Un abrente teatral. Vigo: Galaxia, 2002.
Monteagudo, Henrique. “Nación/creación. Estética e política no agromar do ensaio galego (1916-1920). Anuario de Estudios Literarios Galegos 1995, 1996.
Nicolás, Ramón. “Unha perspectiva sobre o ensaio galego”. Luís Alonso Girgado (coord.), Actas das I Xornadas de Letras Galegas en Lisboa. Xunta de Galicia, 1998, 249-268.
Poesíagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP/Consello da Cultura Galega, http://www.poesiagalega.org/
Rivas, Manuel. “La educación sentimental de un periodista”. El periodismo es un cuento. Madrid: Alfaguara, 1997, 19-24.
Vieites, Manuel Francisco. Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-1995). Vigo: Xerais, 1998.
Vieites, Manuel Francisco. A configuración do sistema teatral galego (1882-1936). Santiago: Laiovento, 2000.
Vieites, Manuel Francisco (coord.). Literatura dramática. Unha aproximación histórica. Vigo: Galaxia, 2007.
Vilariño Picos, M. Teresa (coord.). Textos a escape. A literatura e a cultura na era dixital. Boletín galego de Literatura, 46, 2011.
VV. AA. Da tinta á pegada dixital. Actas VI Encontro de novos escritores/as. A Coruña: AELG, 2011.
- Coñecemento da evolución da literatura galega contemporánea
- Comprensión das particularidades que caracterizan o discurso literario galego contemporáneo nas súas diferentes manifestacións
- Coñecemento de autores e obras significativas da literatura dramática, o ensaio e o xornalismo literario contemporáneos.
- Coñecemento da textualidade dixital e de novas formas de expresión baseadas na hibridación xenérica
- Coñecemento das principais claves da literatura galega actual
AS NORMAS QUE SE INDICAN NAS LIÑAS QUE SEGUEN SERÁN APLICABLES UNICAMENTE NUN CONTEXTO DOCENTE LIBRE DE CORONAVIRUS (ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA). NO CASO DE QUE A SITUACIÓN SEXA OUTRA, APLICARANSE OS PROTOCOLOS QUE SE RECOLLEN NO APARTADO DE OBSERVACIÓNS (EPÍGRAFE “PLAN DE CONTINXENCIA”).
As clases expositivas estarán dedicadas á explicación de contidos centrais da materia. Apoiaranse en lecturas de textos, presentacións en powerpoint, vídeos e internet.
As sesións de seminario dedicaranse ao comentario produtos literarios de distinta natureza.
As titorías programadas teñen carácter obrigatorio e dedicaranse a facer un seguimento personalizado do alumnado.
Utilizarase a aula do Campus Virtual da USC.
Empregarase tamén, como ferramenta de comunicación e de discusión, un grupo pechado en Facebook. A participación será volutaria.
A profesora encargará tres actividades relacionadas coas modalidades textuais estudadas. Distribuiranse a través da aula virtual e deberán ser enviadas a través desta nun calendario que se dará a coñecer no seu momento.
Ao inicio de cada tema distribuirase a través da aula virtual un guión de traballo no que figuren os contidos que se van desenvolver, así como unha bibliografía de consulta específica e unha escolma de textos.
AS NORMAS QUE SE INDICAN NAS LIÑAS QUE SEGUEN SERÁN APLICABLES UNICAMENTE NUN CONTEXTO DOCENTE LIBRE DE CORONAVIRUS (ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA). NO CASO DE QUE A SITUACIÓN SEXA OUTRA, APLICARANSE OS PROTOCOLOS QUE SE RECOLLEN NO APARTADO DE OBSERVACIÓNS (EPÍGRAFE "PLAN DE CONTINXENCIA").
A avaliación será continua e levarase a cabo conforme os seguintes puntos
1. Na primeira oportunidade terase en conta:
1.1. Asistencia e participación activa do alumnado nas sesións de clase e nos foros da aula virtual. Para a avaliación esíxese un mínimo dun 80% de asistencia e a nota obtida suporá un 25% da cualificación final.
2. Realización en prazo de tres actividades propostas a través da aula virtual (plataforma Moodle). A nota deste apartado será a resultante da media da obtida nas actividades encargadas e suporá un 75% da cualificación final.
As persoas con dispensa de asistencia á clase e o alumnado repetidor que así o desexe serán avaliados no punto 1 por traballos complementarios acordados coa profesora; a avaliación dos puntos 2 e 3 realizarase conforme os criterios máis arriba indicados.
Na segunda oportunidade, o alumnado terá dúas posibilidades:
a) Solicitar que se lle manteña a cualificación obtida no punto 1, na porcentaxe indicada (sempre que tivese unha asistencia regular e enviase os traballos ao longo do curso nos prazos establecidos), e realizar un traballo escrito proposto pola profesora cun valor do 75% da cualificación final. Non se contempla a posibilidade de admitir traballos recibidos fóra de prazo nin tampouco de repetilos unha vez cualificados.
b) Realizar un traballo escrito proposto pola profesora cuxo valor suporá o 100 % da cualificación final.
Os traballos dos apartados a) e b) deberán ser entregados na data do exame oficial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesións expositivas: 38 horas
Sesións de seminario: 6 horas
Sesións de titoría programadas: 4 horas
Sesións de avaliación: 2 horas
Horas de traballo dirixido: 40
Horas de traballo autónomo: 60
- Levar ao día as lecturas obrigatorias, que se detallan na Guía Docente, para un maior aproveitamento das sesións de clase.
- Levar á clase os materiais cos que se está a traballar en cada momento.
- Participar de maneira activa tanto na clase como nos foros.
Observacións
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía
Escenario 2 (DISTANCIAMENTO POR CORONAVIRUS)
Adoptaranse os seguintes cambios:
1) Os contidos serán impartidos a través de tres canles:
a) Sesións presenciais, conforme as normas esixidas pola situación sanitaria do momento.
b) Sesións síncronas (no horario de clases da materia) a través da plataforma institucional Teams e da ferramenta ‘Conversa’ do Campus Virtual da USC.
c) Presentacións en powerpoint con audio e outros materiais de apoio.
2) Manterase contacto constante co alumnado mediante a ferramenta ‘Foros’ para a planificación das sesións e outras cuestións relacionadas co desenvolvemento da docencia.
3) As titorías serán atendidas a través da plataforma institucional Teams e, no caso de que fose imprescindíbel, de maneira presencial, sempre nun horario acordado previamente.
Escenario 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS POR CORONAVIRUS)
1) Os contidos serán impartidos a través de dúas canles:
a) Sesións síncronas (no horario de clases da materia) a través da plataforma institucional Teams e da ferramenta ‘Conversa’ do Campus Virtual da USC
b) Presentacións en powerpoint con audio e outros materiais de apoio.
2) Manterase contacto constante co alumnado mediante a ferramenta ‘Foros’ para a planificación das sesións e outras cuestións relacionadas co desenvolvemento da docencia.
3) As titorías serán atendidas a través da plataforma institucinal Teams nun horario acordado previamente.
Avaliación
Escenario 2 (DISTANCIAMENTO POR CORONAVIRUS)
Na primeira oportunidade, a avaliación levarase a cabo conforme o estabelecido nos seguintes puntos:
1. Avaliación continua da asistencia e participación activa do alumnado nas sesións de clase (presenciais e virtuais) e nos foros. Suporá un 25% da cualificación final.
2. Realización en prazo de tres actividades propostas a través da aula virtual. A nota deste apartado será a resultante da media da obtida nas actividades encargadas e suporá un 75% da cualificación final.
Na segunda oportunidade, o alumnado ten dúas posibilidades:
a) solicitar que se lle manteña a cualificación obtida na participación no punto 1, na porcentaxe indicada, e realizar un traballo proposto pola profesora cun valor do 75%. Non se contempla a posibilidade de admitir traballos recibidos fóra de prazo nin tampouco de repetilos unha vez cualificados.
b) realizar un traballo final proposto pola profesora cuxo valor suporá o 100 % da cualificación final.
Os traballos dos apartados a) e b) deberán ser entregados na data do exame oficial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenario 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS POR CORONAVIRUS)
Na primeira oportunidade, a avaliación levarase a cabo conforme o estabelecido nos seguintes puntos:
1. Avaliación continua da asistencia e participación activa do alumnado nas sesións de clase virtuais e nos foros. Suporá un 25% da cualificación final.
2. Realización en prazo das actividades propostas a través da aula virtual. A nota deste apartado será a resultante da media da obtida nas actividades encargadas (corrixidas nunha escala de 0 a 3 puntos) e suporá un 75% da cualificación final.
3. Realización dun traballo final dirixido pola profesora cuxo valor suporá o 50% da cualificación final.
Na segunda oportunidade, o alumnado ten dúas posibilidades:
a) solicitar que se lle manteña a cualificación obtida na participación no punto 1, na porcentaxe indicada, e realizar un traballo proposto pola profesora cun valor do 75%. Non se contempla a posibilidade de admitir traballos recibidos fóra de prazo nin tampouco de repetilos unha vez cualificados.
b) realizar un traballo final proposto pola profesora valor suporá o 100 % da cualificación final.
Os traballos dos apartados a) e b) deberán ser entregados na data do exame oficial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Xesus Nogueira Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- mariaxesus.nogueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C10 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D14 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B10 |
18.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
18.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |
21.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
21.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |