Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento fundamental da gramática descritiva do galego no nivel das unidades “morfema” e “palabra”:
-Obter as habilidades básicas para poder describir a estrutura interna das palabras
-Coñecer e identificar adecuadamente as unidades morfolóxicas do galego
-Saber distinguir os compoñentes morfolóxicos da palabra, particularmente os flexivos
-Coñecer a caracterización e clasificación de cada clase de palabras
1. A morfoloxía. Definicións, obxectivos, modelos de análise
2. Unidades e procesos morfolóxicos.
3. Relacións morfolóxicas: Flexión e formación de palabras
4. Relacións entre morfoloxía, sintaxe e fonoloxía
5. Morfoloxía flexiva do galego
Bibliografía básica
Lecturas obrigatorias
Azuaga, L. (1996): “Morfologia”, en Isabel Hub Faria et alii (eds.): Introdução à Linguistica Geral e Portuguesa, Lisboa: Caminho, 215-246.
Bosque, I. (1983): “La morfología”, en F. Abad e A. García Berrio (coords.): Introducción a la lingüística. Madrid: Alhambra.
González Pereira, M. e F. Albertuz Carneiro (2000): “Morfoloxía”, en Ramallo et alii (eds.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 585-627.
Textos introdutorios
Lyons, J. (1968): Introduction to theoretical linguistics. Cambridge: Cambridge University Press. Trad. esp.: Introducción en la lingüística teórica. Barcelona: Teide.
Pena, J. (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.
Robins, R. H. (1989): General linguistics: an introductory survey. London / New York: Longmans. Trad. esp.: Lingüística general. Madrid: Gredos.
Spencer, A. (2000): “Morphology”, en M. Aronoff e J. Rees-Miller The Handbook of linguistics. Oxford: Blackwell, 213-237.
Gramáticas
Álvarez, R. e X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Álvarez, R. H. Monteagudo e X. L. Regueira (1986): Gramática galega. Vigo: Galaxia.
Ferreiro, Manuel (2001): Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento.
Freixeiro Mato, X. R. (1999): Gramática da lingua galega, t. III: Semántica. Vigo: A Nosa Terra.
Freixeiro Mato, X. R. (2000): Gramática da lingua galega, t. II: Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra.
Mateus M. H. Mira et alii (2003): Gramática da Língua Portuguesa. Lisboa: Caminho.
Manuais e lecturas de referencia
Bauer, Laurie (2003): Introducing Linguistic Morphology. Edingburg: Edinburg University Press.
Booij, Geert (2012): The grammar of words. An introduction to linguistic morphology. 3rd edition. Oxford: OUP.
Bybee, J. (1985): Morphology: a study of the relation between meaning and form. Amsterdam: John Benjamins.
Fábregas, Antonio (2013): La morfología. El análisis de la palabra compleja. Madrid: Síntesis.
Haspelmath, M. e A. D. Sims (2010): Understanding Morphology. Second Edition. London: Hodder Education.
Hippisley, Andrew e Gregory Stump (2016): The Cambridge handbook of morphology. Cambridge: CUP.
Mateus, M. H. Mira e E. d’Andrade (2000): The phonology of portuguese. Oxford: OUP.
Matthews, P. H. (1991): Morphology. Second Edition. Cambridge: Cambridge University Press. Existe tradución española da primeira edición (1974): Morfología. Madrid: Paraninfo, 1980.
Pena, J. (1990): “Sobre los modelos de descripción en morfología”, en Verba 17, 5-75.
Pöll, Bernhard (2016): “144. Portuguese”, en Peter O. Müller, Ingeborg Ohnheiser, Susan Olsen, Franz Rainer (eds.) Word-Formation. An International Handbook of the Languages of Europe. Volume 4, pp. 2600-2619.
Rio-Torto, Graça et alii (2013): Gramática derivacional do Português. Coimbra: Imprensa da Universidade de Coimbra.
Spencer, A. e A. Zwicky (eds.) (1998): The handbook of morphological theory. Oxford: Blackwell.
Varela, Soledad (2018): Morfología léxica: La formación de palabras. Versión corregida y aumentada. https://morforetem.files.wordpress.com/2018/06/formacic3b3n-de-palabras….
Villalva, A. (2000): Estruturas morfológicas: unidades e hierarquias nas palavras do português. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian.
*Capacidade de recoñecer, caracterizar e clasificar as unidades “palabra” e “morfema” da gramática do galego.
*Capacidade de comprensión e valoración crítica de textos sobre temas de morfoloxía.
*Capacidade para realizar estudos sobre aspectos concretos relacionados coas unidades “palabra” e “morfema”.
*Habilidade no manexo das diferentes gramáticas e descricións morfolóxicas xerais sobre o galego.
• Sesións expositivas. Para a introdución dos conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística, aplicados a datos da lingua galega. A explicación apoiarase moitas veces na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos.
• Sesións de seminario. Traballaranse algúns contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo. N.B.: as lecturas e traballos que se encarguen son de realización obrigatoria. Escusa vir ós seminarios quen non teña as lecturas e exercicios feitos.
• Actividades do curso. Exercicios, traballos, exposicións, comentarios... de carácter obrigatorio que serán recollidos nas aulas. Algúns deles terán carácter non presencial e deberán ser entregados nas datas que no seu momento se indiquen. Constitúen un elemento fundamental na avaliación e na nota final do curso.
• Lecturas: elemento fundamental. Ao longo do curso encargarase unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais. Haberá probas de lecturaSobre elas traballarase posteriormente nas sesións presenciais.
• Plataforma Moodle. Usarase a Plataforma Moodle da USC para traballar nas aulas. Polo tanto, os alumnos deberán atender ó seu correo que teñan asociado a esta plataforma.
Escenario 2 da Covid-19.
Será o mesmo sistema de ensino ca no escenario 1, con arranxo ás normas xerais que se establezan. Na medida do posible, para a docencia presencial darase preferencia ás aulas interactivas. A docencia non presencial realizarase a través da plataforma Teams e do Campus Virtual da USC, combinando actividades de carácter síncrono e asíncrono.
ESCENARIO 3 DA COVID-19
Empregaranse a plataforma Teams e o Campus Virtual da USC. Poderá haber clases online mediante Teams, durante o horario normal do curso, ou gravacións de vídeo.
Crearanse tarefas e foros específicos para o ensino interactivo non presencial.
Atención: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A) A asistencia ás clases é obrigatoria. Valorarase a asistencia ás clases así coma a participación do alumno nas mesmas a través de comentarios, exercicios, reflexións.... Só se permiten 6 faltas sen xustificar. Esta parte suporá un 10% da cualificación global.
B) Actividades do curso. O profesor recollerá traballos individuais nos que se valorará a calidade, a orixinalidade e a presentación (incluídas redacción e corrección lingüística). A avaliación destas actividades suporá un 20% da nota final. Non se recollerán traballos fóra da data, a non ser que se xustifique a demora; tampouco se recollerán traballos corrixidos na clase; cada traballo non entregado puntuará 0.
C) Contidos da materia. É obrigatoria a realización do exame de primeira oportunidade. Alén dos contidos teórico-prácticos, valorarase a redacción e a corrección. A nota deste exame escrito conta o 70%. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 4 neste exame para superar a materia.
A nota final obterase sumando A, B e C.
D) Os alumnos que non poidan asistir regularmente á clase deben obter unha dispensa outorgada polo Decanato; realizarán unha serie de traballos e lecturas personalizadas, a maiores das que fan os compañeiros que asisten regularmente ás clases. O profesor porá datas límites para a entrega destes traballos; cada traballo non entregado sumará 0 nas notas. Deben comunicar ó profesor esta situación nas dúas primeiras semanas de clase. Neste caso, os traballos sumarán o 30% da nota final; o 70% restante obterase nos exames oficiais correspondentes.
Aqueles alumnos que suspendan a materia na primeira oportunidade deberán realizar o exame oficial de segunda oportunidade. Na segunda oportunidade sumarase a nota do exame (70% do valor final da nota) mailas notas de avaliación continua (B, 20%) e as de asistencia (A, 10%). As notas de avaliación continua e de asistencia serán as mesmas cás da primeira oportunidade.
ATENCIÓN: Os alumnos que superen as faltas de asistencia sen xustificar perderán o dereito á avaliación continua. No primeiro exame terán 0 nas notas de asistencia e de traballos de clase (aínda que entregasen traballos e tivesen cualificacións positivas nestes apartados, terán 0 de tódolos xeitos). O mesmo vale para a segunda oportunidade.
Escenario 2 da Covid-19.
A) A avaliación da asistencia e participación non cambia con respecto ó escenario 1 (dentro dos límites establecidos polo marco xeral) e achegará por tanto o 10% da cualificación final da materia. A participación nos foros de discusión que se poidan crear tamén será tida en conta á hora da avaliación.
B) As actividades do curso achegarán o 50% da cualificación final da materia.
C) A proba final da materia terá carácter telemático e achegará o 40% da cualificación final da materia.
D) Alumnado con dispensa de asistencia. As actividades do curso achegarán o 60% da cualificación final da materia e a proba final da materia achegará o 40% restante.
Aqueles alumnos ou alumnas que suspendan a materia na primeira oportunidade deberán realizar o exame telemático oficial de segunda oportunidade. As cualificacións de avaliación continua (asistencia e participación e actividades de curso) serán as obtidas ó longo do curso.
ESCENARIO 3 DA COVID-19
a) O sistema será idéntico para os alumnos de asistencia obrigatoria e para os alumnos con dispensa.
b) Sistema de avaliación continua sen proba final.
Na primeira oportunidade: Participación nos foros do Campus Virtual da USC, 20%; traballos de avaliación continua, 80%. Cada traballo non entregado puntuará 0.
Na segunda oportunidade: Alén das notas obtidas na participación dos foros da primeira oportunidade (20%, que non se pode cambiar), para o cálculo do 80% restante computaranse os exercicios de avaliación continua aprobados na primeira oportunidade, a corrección e revisión dos traballos suspensos e a realización de novos exercicios.
A materia desenvólvese coa seguinte distribución:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS: 60 horas
-36 horas de clases expositivas
-16 de sesións de seminario e prácticas
-3 horas de titorías programadas.
-5 horas de avaliación
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS: 110 horas
-60 horas de estudo e preparación do traballo realizado na aula
-30 horas de lecturas e realización do traballo de curso
-20 horas de preparación de probas parciais
Recoméndase levar ó día as lecturas obrigatorias e as explicacións das clases.
Plan de continxencia.
Escenario 2 da Covid-19.
Metodoloxía da ensinanza:
Será o mesmo sistema de ensino ca no escenario 1, con arranxo ás normas xerais que se establezan. Na medida do posible, para a docencia presencial darase preferencia ás aulas interactivas. A docencia non presencial realizarase a través da plataforma Teams e do Campus Virtual da USC, combinando actividades de carácter síncrono e asíncrono.
Avaliación:
A) A avaliación da asistencia e participación non cambia con respecto ó escenario 1 (dentro dos límites establecidos polo marco xeral) e achegará por tanto o 10% da cualificación final da materia. A participación nos foros de discusión que se poidan crear tamén será tida en conta á hora da avaliación.
B) As actividades do curso achegarán o 50% da cualificación final da materia.
C) A proba final da materia terá carácter telemático e achegará o 40% da cualificación final da materia.
D) Alumnado con dispensa de asistencia. As actividades do curso achegarán o 60% da cualificación final da materia e a proba final da materia achegará o 40% restante.
Aqueles alumnos ou alumnas que suspendan a materia na primeira oportunidade deberán realizar o exame telemático oficial de segunda oportunidade. As cualificacións de avaliación continua (asistencia e participación e actividades de curso) serán as obtidas ó longo do curso.
ESCENARIO 3 DA COVID-19
Empregaranse a plataforma Teams e o Campus Virtual da USC. Poderá haber clases online mediante Teams, durante o horario normal do curso, ou gravacións de vídeo.
Crearanse tarefas e foros específicos para o ensino interactivo non presencial.
a) O sistema será idéntico para os alumnos de asistencia obrigatoria e para os alumnos con dispensa.
b) Sistema de avaliación continua sen proba final.
Na primeira oportunidade: Participación nos foros do Campus Virtual da USC, 20%; traballos de avaliación continua, 80%. Cada traballo non entregado puntuará 0.
Na segunda oportunidade: Alén das notas obtidas na participación dos foros da primeira oportunidade (20%, que non se pode cambiar), para o cálculo do 80% restante computaranse os exercicios de avaliación continua aprobados na primeira oportunidade, a corrección e revisión dos traballos suspensos e a realización de novos exercicios.
Francisco Xosé Dubert García
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811895
- Correo electrónico
- francisco.dubert [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C08 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C08 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | C01 |
26.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
26.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | D10 |
26.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
26.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | D11 |
29.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
29.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | D11 |