Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos principais son coñecer a xeración e desenvolvemento dos sistemas onomásticos e adquirir coñecementos metodolóxicos para realizar un traballo de recollida toponímica.
1. Conceptos básicos de onomástica
1.1. Posición da disciplina na lingüística
1.2. Clasificación
2. Conformación e desenvolvemento do sistema toponímico e do sistema antroponímico
2.1. Trazos fundamentais da toponimia galega
2.2. A conformación do corpus antroponímico: a Idade Media
2.3. A consolidación definitiva do nome complexo, a influencia da igrexa católica e a castelanización (ss. XVI a XX)
2.4. A situación actual: o marco legal de nomes, apelidos e topónimos
2.5. A antroponimia non oficial (hipocorísticos, alcumes, nomes de casa, nicks)
3. Aspectos sociolingüísticos (deturpacións, cambios, estandarización)
4. Métodos de investigación toponímica (fontes, enquisa, transcrición, tipoloxía, interpretación)
Básica
Santamarina, Antón (2005): “Viaxe pola onomástica galega”, A Trabe de Ouro 62 11-38.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2009): “Sobre a estandarización da antroponimia: proposta para os apelidos”, Boletín da Real Academia Galega 370, 117-152. <http://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/…>
Navaza, Gonzalo (2009): “Parroquias e toponimia”, en F. García Pazos (coord.): A parroquia en Galicia. Pasado, presente e futuro. Xunta de Galicia: Santiago de Compostela, 181-201.
Complementaria
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2008): “250b. Historia interna del gallego: onomástica”, en Gerhard Ernst et al. (eds.): Romanische Sprachgeschichte: ein internationales Handbuch zur Geschichte der romanischen Sprachen = Histoire linguistique de la Romania: manuel international d’histoire linguistique de la Romania. Berlin / New York: Walter de Gruyter, vol. 3, 3168-3177.
Machado, José Pedro (1984): Dicionário Onomástico Etimológico da Língua Portuguesa. Lisboa: Confluéncia, 3 vols.
Antroponimia
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2003): “Onomástica persoal”, en Silverio Cañada (editor): Gran Enciclopedia Galega, vol. 33, 118-120.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007a): “A escolla dos nomes en Galicia a finais do século XX”, en Luz Méndez / Gonzalo Navaza (eds.): Actas do I Congreso Internacional de Onomástica “Frei Martín Sarmiento”. Santiago de Compostela, 2, 3 e 4 de setembro de 2002. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica / Instituto da Lingua Galega, 99-114.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007b): “Aproximación á configuración lingüística dos apelidos en Galicia”, Verba 34, 285-309.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007c): “Farruco, Paco, Fran: datos históricos e evolución dos hipocorísticos en Galicia”, Revista Galega de Filoloxía 8, 11-56.
Boullón, Ana (2008): “Galician and the Spanish Language in Twentieth-Century Galician Personal Names”, Onomastica Canadiana 90, 1, 21-44.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2016): “Os nomes galegos no século XXI”, en Manuel González González (ed.): Lingua, pobo e terra. Estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruibal. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 191-212. <https://www.academia.edu/31061659/Os_nomes_galegos_no_s%C3%A9culo_XXI>
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2017): “La antroponimia en Galicia en el siglo XVIII”, Namenkundliche Informationen 109/110, 78-107.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (ed.) (2018): Estudos de Onomástica Galega III. Os alcumes. Xornada de estudo, Pontevedra, 30 de setembro de 2017. Real Academia Galega.
Boullón Agrelo, Ana Isabel / Luz Méndez (eds.) (2017): Estudos de Onomástica Galega II. Os nomes e os apelidos: aspectos legais, sociais e lingüísticos. Xornada de estudo, Pontevedra, 30 de setembro de 2017. Real Academia Galega. <https://academia.gal/documents/10157/704901/Estudos+de+Onomastica+Galeg…>
Ferro Ruibal, Xesús (dir.) (1992): Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo.
Méndez Ferrín, Xosé Luís (2007): Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Vigo: Xerais.
Navaza, Gonzalo (2012): “A grafía do fonema prepalatal fricativo xordo en topónimos e apelidos galegos”, Estudos de Lingüística Galega 4, 169-185. [Inclúe estudo sobre os apelidos Feixoo e Raxoi] http://www.usc.es/revistas/index.php/elg/article/view/409/406
Tato Plaza, Fernando R. (1992): “Notas de onomástica a propósito dos alcumes en A taberna do galo”, en Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro, vol. I. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, 361-374.
Toponimia
Ares Vázquez, Nicandro (2012, 2013): Estudos de toponimia galega. A Coruña: Real Academia Galega. 2 vols. [Compilación dos seus estudos toponímicos publicados ata o momento]
Bascuas, Edelmiro (2002): Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Anexo 51 de Verba. Universidade de Santiago de Compostela: Santiago de Compostela.
Bascuas, Edelmiro (2005): Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia. Sada [A Coruña]: Ediciós do Castro.
Bascuas, Edelmiro (2014): Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega. Vigo: Universidade de Vigo.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2010): “Toponimia de Galicia. Estado da cuestión”, en Mª Dolores Gordón Peral (ed.): Toponimia de España. Estado actual y perspectivas de la investigación. Berlin / New York: Walter de Gruyter, 31–58.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2013): “Variación e estandarización na toponimia galega”, en María Dolores Gordón Peral (coord.): Lengua, espacio y sociedad. Investigaciones sobre normalización toponímica en España. Berlín: Walter de Gruyter, 37-59.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2017): “Nomes, topónimos e apelidos: camiños de ida e volta”, Guavira Letras. Universidade Federal de Mato Grosso do Sul, n. 25, 34-49. http://websensors.net.br/seer/index.php/guavira/article/view/480
Boullón Agrelo, Ana Isabel (ed.) (2017): Estudar toponimia. Aproximacións metodolóxicas e interpretativas. Anexo 75 de Verba. Anuario Galego de Filoloxía. Universidade de Santiago de Compostela. [Contén: Antón Santamarina: A historiografía da toponomástica na Romania 9; Paulo Martínez Lema: A clasificación semántica da toponimia 37; Carlos Búa: Veigha: léxico e fonética da Galicia prelatina? 57; Gonzalo Navaza: Toponimia miñorá: Miñor, Nigrán, Gondomar, Baiona. 81; Antón Palacio Sánchez: Antropónimos en topónimos galegos 115; Gonzalo Hermo González: Achegas metodolóxicas para a investigación lingüística en; toponimia medieval 137; Alba Nogueira López: O réxime xurídico da toponimia en Galicia: distribución; competencial, organización e conflitos xudiciais 157; Bibliografía esencial da toponimia galega 169]
Boullón-Agrelo, Ana Isabel (2019): “O artificio das etimoloxías: elementos constitutivos da toponimia galega”, en Estudos Linguísticos e Filológicos Oferecidos a Ivo Castro. Lisboa: Centro de Linguística da Universidade de Lisboa, 277-319. http://hdl.handle.net/10451/39619
Boullón Agrelo, Ana Isabel / Luz Méndez (eds.) (2019): Estudos de Onomástica Galega IV. Os nomes das rúas. Xornada de estudo, Pontevedra, 19 de outubro de 2019. Real Academia Galega. 212 pp. DOI: 10.32766/rag.360. <http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/360>
Cabeza Quiles, Fernando (2014): A toponimia celta de Galicia. Noia: Toxosoutos.
Cabeza Quiles (2018): Toponimia da Estrada. A Coruña: Real Academia Galega/Asociación Galega de Onomástica. Colección Terra Nomeada. https://academia.gal/documents/10157/704901/Toponimia+A+Estrada.pdf
Ferro Ruibal, Xesús (ed.) (2016): Estudos de onomástica galega, Microtoponimia: experiencias de recolla, didáctica e documentación. Xornada de estudo, Pontevedra, 17 de setembro de 2016. A Coruña: Real Academia Galega. https://academia.gal/documents/10157/704901/Estudos+de+Onomastica+Galeg…
Hermo González, Gonzalo (2017): “Arredor do topónimo como signo lingüístico”, Guavira 25, 15-22. http://websensors.net.br/seer/index.php/guavira/article/view/489
López Boullón, Xosé Ramón (2018): Toponimia de Ames. A Coruña: Real Academia Galega/Asociación Galega de Onomástica. Colección Terra Nomeada. http://www.concellodeames.gal/media/documentos/Toponimia_de_Ames.pdf
Marqués Valea, Xulia (2003): A toponimia na escola. Guía para a recollida, catalogación e estudio dos nomes tradicionais de lugar. [Santiago de Compostela]: Xunta de Galicia. https://toponimia.xunta.gal/gl/node/175
Marqués Valea, Xulia (2004): A toponimia de Trabada. Xunta de Galicia.
Martínez Lema, Paulo (2018): Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega/Asociación Galega de Onomástica. Colección Terra Nomeada. https://academia.gal/documents/10157/704901/Toponimia+Begonte+e+R%C3%A1…
Méndez Fernández, Luz (2000): ¿Por que se chama así este sitio? O significado dos nosos nomes de lugar. Santiago de Compostela: Ed. Lea.
Méndez, Luz (2016): Toponimia de Agolada. A Coruña: Real Academ ia Galega/Asociación Galega de Onomástica. Colección Terra Nomeada. https://academia.gal/documents/10157/704901/Toponimia+de+Agolada.pdf
Moralejo Álvarez, Juan José (2008): Callaica Nomina: estudios de onomástica gallega. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Moralejo Lasso, Abelardo (1977): Toponimia gallega y leonesa, Santiago: Pico Sacro.
Navaza, Gonzalo (2006): Fitotoponimia galega. A Coruña: Fundación Barrié. Biblioteca Filolóxica Galega do Instituto da Lingua Galega.
Navaza, Gonzalo (2007): Toponimia de Catoira. Catoira: Concello de Catoira.
Piel, Joseph M. (1947): “Nomes de ‘possessores’ latino-cristãos na toponimia asturo-galego-portuguesa”, Biblos 23, 143-202, 283-407. Coimbra. 19502.
Piel, Joseph M. (1949/1950): “Os nomes dos santos tradicionais hispânicos na toponímia peninsular”, Biblos 25 (1949), 287-353, 26 (1950), 281-314.
Piel, Joseph M. / Dieter Kremer (1976): Hispano-gotisches Namenbuch. Heidelberg: Carl Winter. [=HGN]
Rivas, Elixio (1982): Toponimia de Marín. Anexo 18 de Verba. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela.
Santamarina, Antón (1988): “Efectos do contacto lingüístico na toponimia galega”, en Homenaxe a Joseph Piel. Tübingen: Niemeyer, 87-96.
Terrado Pablo, J. (1999): Metodología de la investigación en toponimia, Zaragoza: INO Reproducciones.
Vázquez García, Carlos (2014): Toponimia do concello de Lugo. Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela. http://dspace.usc.es/handle/10347/12006
Sobre o Proxecto Toponimia de Galicia
Informe sobre o Nomenclátor e o Proxecto Toponimia de Galicia. Xunta de Galicia, 2005. http://toponimia.xunta.es/gl/publicacions/amosar/id/80
Méndez, Luz / Gonzalo Navaza (eds.): Actas do I Congreso Internacional de Onomástica “Frei Martín Sarmiento”. Santiago de Compostela, 2, 3 e 4 de setembro de 2002. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica / Instituto da Lingua Galega, 2007. http://ilg.usc.es/agon/indice-das-actas-do-i-congreso-internacional-de-… [véxanse as pp. 773-793, sobre experiencias e metodoloxía da recolla de microtoponimia]
Ferro, Ruibal Xesús (ed.) (2016): Estudos de onomástica galega. Microtoponimia: experiencias de recolla, didáctica e documentación. Xornada de estudo, Pontevedra, 17 de setembro de 2016. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/documents/10157/704901/Estudos+de+Onomastica+Galeg…>
Repertorios toponímicos
Madoz, Pascual (1845-1850): Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Madrid: Est. Literario Tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti. [Galicia: 6 vols.]
Carreras Candi, Francisco (dir.) (1862-1937): Geografía general del Reino de Galicia. Rep. facsímile: Barcelona: Edit. Alberto Martín, 1936. 13 vols.
Catastro de Ensenada (CME). http://pares.mcu.es/Catastro/servlets/ServletController
Nomenclátor de Galicia. 2003. Xunta de Galicia. https://www.xunta.gal/nomenclator
Recursos en internet
AGOn (Asociación Galega de Onomástica): http://ilg.usc.es/agon/presentacion/
Aquén (http://sli.uvigo.es/toponimia)
Cartografía dos apelidos de Galicia (ILG-USC): https://ilg.usc.es/cag/
Ficha de investigación toponímica: https://www.edu.xunta.es/polomonte/protocolos_pdf/18_toponimia.pdf
Galicia nomeada: aplicación para a recolla de microtoponimia. https://dev04.sixtema.es/sixtop (provisional)
Información xeográfica de Galicia (Xunta de Galicia): http://mapas.xunta.es/visores/basico/
Instituto Galego de Estatística (IGE) [nomes e apelidos]: http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=es&codi… (distribución municipal, por concello)
Nomenclátor de Galicia. Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, 2003 (NG). http://www.xunta.es/toponimia
Proxecto Toponimia de Galicia (PTG): http://sitgaideg.xunta.es/buscadoravanzado/ [xa non confecciona mapas]; http://toponimia.xunta.es/gl/Buscador [localiza topónimos no mapa]
Sistema de información xeográfica de identificación de parcelas agrarias: http://emediorural.xunta.es/visorsixpac/
Talasonimia: https://nova.iem.gal/tag/talasonimia/
Competencias xerais:
-de tipo instrumental (pois terán que utilizar ordenadores e diversos corpora en internet, exercitar a súa comunicación verbal e a escrita na redacción e exposición dos seus exercicios),
-sistémicas (pois demostrarán a súa creatividade e os seus estándares de calidade na realización dos seus traballos individuais)
-interpersoais (pois terán que actuar cos seus compañeiros na exposición pública dos traballos e fomenta-las habilidades sociais ó faceren as enquisas toponímicas).
Nas aulas teóricas exporanse os contidos que proporcionarán as ferramentas básicas para coñece-los sistemas onomásticos, a partir das fontes respectivas e das posibilidades en internet. Nas aulas interactivas comentaranse os traballos de recollida e/ou interpretación onomástica, que terán como culminación a realización dun traballo final. Os exercicios propostos iranse comentando na aula para compartir problemas comúns e propor solucións. Utilizaranse recursos dispoñibles na aula virtual.
Primeira oportunidade
A avaliación será continua e terá en conta os seguintes aspectos:
a) Asistencia e participación activa nas aulas (nas que se terá en conta a calidade lingüística oral) e en foros do campus virtual. Valorarase a asistencia a actividades formativas sobre a onomástica recomendadas pola profesora: 20%
b) Exercicios: 1) Toponimia: 25%. 2) Hodonimia: 12,5%. 3) Antroponimia 12,5%.
c) Realización dun traballo obrigatorio que se acordará conxuntamente coa profesora (30%).
Avaliaranse, amais dos contidos, a estrutura (presentación, desenvolvemento, conclusións, bibliografía), a calidade lingüística, a utilización dos materiais bibliográficos e as convencións de ortografía técnica.
Segunda oportunidade
No caso de o alumnado non superar a materia por avaliación continua, para a segunda oportunidade poderá repetir traballos non superados (dos epígrafes b e c). A nota de a permanecerá inalterable.
Dispensa de asistencia
O alumnado con dispensa oficial de asistencia axustarase ás condicións anteriormente expostas, coa única diferenza de que o apartado a será substituído por un traballo escollido conxuntamente coa profesora.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Parte das horas presenciais, 54 horas, calculadas do xeito seguinte:
-Lecturas, 15 horas.
-Estudio e preparación de actividades programadas no seminario, 9 horas.
-Realización do traballo de iniciación á investigaciónn, 30 horas.
Plan de continxencia curso 2020-2021
Escenario 2
Metodoloxía da ensinanza
Se existen restricións parciais á presencialidade física, a docencia que non poida ser presencial pasará a ser telemática a través de Teams, no mesmo horario, igual cás titorías.
Sistema de avaliación
Dado que a avaliación é continua, non haberá cambios.
Escenario 3
Metodoloxía da ensinanza
A docencia pasará a ser telemática a través de Teams, no mesmo horario, igual cás titorías.
Sistema de avaliación
Dado que a avaliación é continua, non haberá cambios.
Ana Isabel Boullon Agrelo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811812
- Correo electrónico
- ana.boullon [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C05 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
15.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
15.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
10.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
10.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |