Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Comprender e coñecer os conceptos e métodos básicos no estudo das variación lingüística.
• Comprender os procesos de variación e cambio lingüístico.
• Coñecer as principais variantes rexionais do galego moderno.
• Identificar e analizar as variables que identifican as variedades xeográficas do galego.
• Poñer en relación a variación lingüística co cambio lingüístico.
• Capacitar o alumnado na análise e interpretación da variación lingüística.
• Iniciarse na investigación da variación dialectal.
1. O estudo da variación lingüística
2. A variación espacial: dialectoloxía e xeografía lingüística.
3. A variación dialectal en galego
3.1. Historia da dialectoloxía galega
3.2. Fontes para o estudo da variación dialectal en galego
3.3. As variedades dialectais do galego
3.3.1. A variación dialectal do galego no panorama románico e ibérico
3.3.2. Caracterización das variedades dialectais galegas: niveis lingüísticos e variación
3.3.3. Propostas de clasificación das variedades
4. Variación e cambio lingüístico
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aitchison, J. 2001. Language change: progress or decay? Cambridge: Cambridge University Press. Versión en español: 1993. El cambio en las lenguas: ¿progreso o decadencia? Barcelona: Ariel.
Álvarez, R. & X. Sousa. 2017. A investigación sobre a variación lingüística do galego: desde o ALGa ata a actualidade. Labor Histórico 3(1), 63-75. PDF.
Cardeira, Esperança e Maria Helena Mira Mateus. 2008. Norma e variaçao. Lisboa: Caminho
Chambers, J. K. & P. Trudgill. 2012 [1998]. Dialectology. Cambridge: Cambridge University Press. Versión en español: 1994. La dialectología. Madrid: Visor.
Fernández Rei, F. 1990. Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.
Ralph Penny. 2000. Variation and Change in Spanish. Cambridge: Cambridge University Press. Versión en español: 2004. Variación y cambio en español. Madrid: Gredos
Sánchez Rei, X. M. 2011. Lingua galega e variación dialectal. Bertamiráns: Laiovento.
Santamarina, A. 1982. Dialectoloxía galega: historia e resultados. En R. Lorenzo & D. Kremer (eds.): Tradición, actualidade e futuro do galego. Actas do coloquio de Tréveris, 153-187. Santiago: Xunta de Galicia.
Sousa, X. 2016. A xeolingüística e o estudo da historia da linguas. En A. Rodríguez Guerra (ed.), Lingüística histórica e dialectoloxía: coordenadas do cambio lingüístico. 35-52. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. PDF.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Álvarez, R. & Dubert García, F. & Sousa, X. (eds.). 2002. Dialectoloxía e léxico. Santiago de Compostela: CCG / ILG. PDF
Álvarez, R. & Dubert García, F. & Sousa, X. (eds.). 2005. Lingua e territorio. Santiago de Compostela: CCG / ILG. PDF
Auer, Peter & J. Schmidt, J. (eds.). 2010. Language and space: an international handbook of linguistic variation. Vol. 1 – Theories and method. Berlin: Mouton de Gruyter.
Boberg, Charles, John Nerbonne & Dominic Watt. 2018. The handbook of dialectology. Malden, MA: Wiley-Blackwell.
Chambers, Jack & Natalie Schilling (eds.). 2002. Handbook of Language Variation and Change. Oxford: Wiley-Blackwell.
Goebl, H. 2016. Romance linguistic geography and dialectometry. En A. Ledgeway & M. Maiden (eds.), The Oxford Guide to the Romance Languages. 73-87. Oxford: Oxford University Press. PDF
Lameli, Alfred & Kehrein, Roland & Stefan Rabanus (eds.). 2010. Language and Space: An International Handbook of Linguistic Variation. Vol. 2: Language Mapping. Berlin: De Gruyter Mouton.
Petyt, K.M. 1980. The study of dialect: an introduction. London: André Deutsch.
Pop, S. 1950. La dialectologie. Aperçu historique et méthodes d’enquetes linguistiques. Gembloux : Duculot
Manzano, Francis. 2018. Romance dialectology: from the nineteenth century to the era of sociolinguistics. En Wendy Ayres-Bennett & Janice Carruthers (eds.), Manual of Romance Sociolinguistics. 134-170. Berlin: De Gruyter Mouton
Veny, Joan & Mar Massanell i Messalles. 2012. Dialectologia catalana. Barcelona: Fundació per a la Universitat Oberta de Catalunya.
Moreno Cabrera, J. C. 2002. La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
• Ampliar os coñecementos sobre a análise e interpretación dos feitos lingüísticos.
• Valorar axeitadamente a variación lingüística e as diferenzas dialectais.
• Aplicar os métodos que axuden a describir a variación lingüística.
• Adquirir coñecementos que permitan deseñar e desenvolver un traballo de investigación.
• Colaborar cos compañeiros no traballo en equipo.
• Coñecer e utilizar os métodos de documentación e análise lingüística.
• Deseñar e elaborar un traballo de investigación.
1. Exposición dos contidos teóricos e metodolóxicos da materia nas aulas expositivas
2. Comentarios de texto e lectura crítica de artigos
3. Actividades escritas e orais sobre as lecturas e sobre textos dialectais
4. Deseño e elaboración dun traballo de documentación lingüística
5. Titorías individuais e en grupo
6. Probas escritas sobre os contidos da materia
7. Traballo independente do alumno.
Na aula virtual ofreceranse as referencias e materiais necesarios para o seguimento destas tarefas.
A avaliación das competencias acadadas realizarase de acordo cos sistemas que se indican.
I. Sistema presencial
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Os alumnos deben realizar todas as actividades correspondentes ós seguintes ítems:
1. Control e comentario das lecturas, actividades de comentario de textos dialectais e probas de coñecemento (30%).
2. Traballo de iniciación á investigación (30%). Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5.
3. Exame final (40%). Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5.
As actividades non entregadas ou entregadas fóra de prazo cualificaranse cun 0. Para superar a materia os alumnos deben obter unha puntuación global igual ou superior a 5.
A asistencia é obrigatoria e número de faltas de asistencia non pode ser superior a 5.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os alumnos deben realizar todas as actividades correspondentes ós ítems sinalados para a primeira oportunidade. No caso de que o desexen poderán repetir aquelas tarefas escritas nas que obtiveron unha cualificación inferior a 5 (deben entregarse 30 días antes da data do exame da 2ª oportunidade). En calquera caso, para superar a materia a nota do traballo (ítem 3) debe ser igual ou superior a 5.
1. Control e comentario das lecturas, actividades de comentario de textos dialectais e probas de coñecemento (30%).
2. Traballo de iniciación á investigación (30%). Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5.
3. Exame final (40%). Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5.
As actividades non entregadas ou entregadas fóra de prazo cualificaranse cun 0. Para superar a materia os alumnos deben obter unha puntuación global igual ou superior a 5.
II. Sistema non presencial
Este sistema aplicarase exclusivamente ós alumnos que xustifiquen documentalmente a dispensa de asistencia a clase e ós alumnos repetidores que tamén xustifiquen a súa situación. En todos os casos os estudantes deben concertar unha cita co profesor da materia antes do 15 de outubro de 2021.
1. Control e comentario das lecturas, actividades de comentario de textos dialectais e probas de coñecemento (15%). As tarefas deben entregarse antes do 15 de decembro.
2. Traballo de iniciación á investigación (25%). Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5. O traballo debe entregarse antes do 15 de decembro.
3. Exame final (60%). Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5.
As actividades non entregadas ou entregadas fóra de prazo cualificaranse cun 0. Para superar a materia os alumnos deben obter unha puntuación global igual ou superior a 5.
Observacións
1. Os alumnos que conten con dúas ou máis cualificacións de tarefas serán avaliados coa nota correspondente (non como non-presentados), independentemente de que non se presente ó exame final.
2. Nas probas orais e escritas terase en conta a adecuación e corrección lingüísticas e a presentación consonte as convencións de estilo dos traballos académicos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (https://cutt.ly/3pBmug3).
50 horas para o estudo e preparación de actividades programadas na clase.
20 horas para as lecturas programadas.
25 horas para a realización de traballos de iniciación á investigación.
15 horas para a preparación de probas.
Plan de continxencia
De acordo coas recomendacións feitas públicas pola Universidade de Santiago de Compostela nas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencia segura para o curso 2021-2022, o programa da materia desenvolverase de acordo co sinalado anteriormente se se dan as condicións do denominado Escenario 1 (normalidade adaptada). Noutro caso realizaranse as adaptacións que a continuación se sinalan para cada escenario.
Escenario 2 (distanciamento)
• Aulas expositivas presenciais con quendas alternas na aula
• Seminarios presenciais con quendas alternas na aula
• Titorías: presencial virtual
• Sistema de avaliación: complementarase con uso do campus virtual para a realización de probas síncronas e asíncronas.
Para o desenvolvemento complementario da docencia utilizaranse as ferramentas postas a disposición pola USC (Campus virtual e MS Teams). Os foros empregaranse como forma preferente de contacto co profesor.
Escenario 3 (peche de instalacións)
• Aulas expositivas presenciais virtuais (en remoto)
• Seminarios presenciais virtuais
• Titorías: presencial virtual
• Sistema de avaliación: utilizarase o Campus virtual para a realización de probas síncronas e asíncronas.
Para o desenvolvemento da docencia utilizaranse as ferramentas postas a disposición pola USC (Campus virtual e MS Teams). Os foros empregaranse como forma preferente de contacto co profesor.
Xulio Sousa Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811866
- Correo electrónico
- xulio.sousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C10 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Galego | D05 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Galego | D07 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Galego | D07 |
17.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D09 |
17.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
17.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | D09 |
17.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | D09 |
10.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | D09 |
10.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D09 |
10.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
10.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | D09 |