Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer os distintos niveis de análise gramatical, as diferentes perspectivas de estudo e as correspondentes disciplinas lingüísticas.
• Comprender a complexidade do feito lingüístico e a interrelación entre as distintas compoñentes gramaticais.
• Iniciarse na reflexión lingüística sobre o galego (nas diferentes compoñentes gramaticais) a través da análise de cuestións
concretas e, esencialmente, daquelas nas que o alumnado ten traballado desde un punto de vista descritivo.
• Coñecer conceptos e métodos fundamentais de análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
• Iniciarse na lectura de traballos de investigación lingüística.
• Iniciarse na elaboración de traballos de análise gramatical sobre o galego.
• Consolidar un dominio avanzado na produción de textos galegos orais e escritos.
1. A gramática
1.1. Delimitación das súas disciplinas.
1.2. Orientacións descritiva vs. prescritiva.
2. Morfoloxía
2.1. Unidades e procesos morfolóxicos
2.2. Flexión de palabras vs. creación de palabras.
3. Sintaxe
3.1. Unidades sintácticas e unidades comunicativas.
3.2. Funcións sintácticas, semánticas e informativas.
3.3. Constituíntes sintácticos. Análise sintáctica.
4. Fonética
4.1. Divisións da fonética
4.2. A fonética articulatoria
4.3. O Alfabeto Fonético Internacional e a transcrición fonética.
BÁSICA
REPERTORIOS BIBLIOGRÁFICOS
García Gondar, F. (dir.) (1995): Repertorio bibliográfico da lingüística galega: desde os seus inicios ata 1994 inclusive. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Pódese consultar unha versión actualizada en http://www.cirp.gal/bdo/bil/
RECURSOS LINGÜÍSTICOS
Buscatermos: https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm
Dicionario da Real Academia Galega: http://academia.gal/dicionario#inicio.do
Dicionario de galego (DIGALEGO): https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php
Dicionario de dicionarios: http://sli.uvigo.es/ddd/index.html
Portal das palabras: http://portaldaspalabras.gal/
Regueira Fernández, X. L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega-ILG (http://ilg.usc.es/pronuncia/).
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG) (http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg
GRAMÁTICAS E OBRAS DE REFERENCIA
Álvarez, R. / X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2000): Gramática da Lingua Galega I, II e III. Vigo: A Nosa Terra.
González Rei, Begoña (2004): Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova.
Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
ILG / RAG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG.
Ramallo, F. / X. P. Rodríguez Yáñez (eds.): Manual de ciencias da linguaxe, Vigo: Xerais
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
LECTURAS OBRIGATORIAS
Álvarez, R. (1994): "Gramática descritiva e gramática prescritiva", Cadernos de Lingua 10, 19-36.
Álvarez, R./ X. Xove (2002): “Palabras e morfemas”, en Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia, 221-231.
García-Miguel, L. M. e C. Cabeza (2000): “Relacións sintácticas”, en Ramallo et alii (eds.) Manual de ciencias da linguaxe, Xerais: Vigo, 549-559
Martínez Celdrán, E. (2001): Introducción á Fonética. Vigo: Galaxia, 19-51.
COMPLEMENTARIA
DICIONARIOS DE LINGÜÍSTICA
Alcaraz Varó, E. (2004): Diccionario de lingüística moderna. Barcelona: Ariel.
Crystal, D. (1987): The Cambridge encyclopedia of language. Cambridge : University
Simpson, J. M. Y. (1994): The Encyclopedia of language and linguistics, Oxford: Pergamon Press.
Trask, R. L. (2007): Language and linguistics: the key concepts. London/New York: Routledge.
Xavier, M. F. / M. H. Mateus (1990/1992): Dicionário de termos linguísticos, Lisboa: Cosmos.
MORFOLOXÍA
González Pereira, M. e F. Albertuz Carneiro (2000): “Morfoloxía”, en Ramallo et alii (eds.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 585-627
Matthews, P. H. (1991): Morphology, Cambridge: Cambridge University Press. Existe tradución española da primeira edición (1974): Morfología, Madrid: Paraninfo, 1980.
Pena, J. (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.
SINTAXE
Duarte, I. / A. Mª. Brito (1996): “Sintaxe”, en I. Hub Faria et alii (org.): Introdução à linguistica geral e portuguesa, Lisboa: Caminho, 247-302.
García-Miguel, J. M. (1995): Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes, Santiago de Compostela: USC.
FONÉTICA
Catford, J. C. (1988): A practical introduction to phonetics. Oxford: Clarendon.
Fernández Planas, Ana María (2005): Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española. Apuntes de catalán, gallego y euskara. Barcelona: Horsori.
• Capacidade para distinguir entre descrición e explicación e mais entre descrición e prescrición.
• A un nivel básico, capacidade para realizar análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
• Capacidade para buscar e atopar solucións a distintas cuestións lingüísticas a través de diferentes recursos (dicionarios, gramáticas,
bases de datos...).
• Capacidade para comprender e extraer os obxectivos e as conclusións principais de traballos de investigación con pouco nivel de
dificultade comprensiva.
• Capacidade para elaborar pequenos traballos de análise gramatical, correctamente estruturados. Neste sentido:
• Capacidade para ordenar e plasmar adecuadamente as ideas, tanto no nivel oral como no escrito.
• Capacidade para distinguir entre obxectivos, metodoloxía, análise e conclusións.
• Capacidade para elaborar traballos adecuados desde un punto de vista formal (ortografía técnica, bibliografía...).
• Capacidade para elaborar un discurso coherente e ben cohesionado.
• Capacidade para elaborar un discurso que responda ás características do código normativo galego e aos trazos fónicos e prosódicos
do galego.
Escenario 1
• Sesións expositivas. Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística. As explicacións do profesorado apoiaranse con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos. Tamén se lle poderá requirir ó alumnado a lectura dunha serie de textos que reforcen e/ou complementen os contidos expostos.
• Sesións interactivas. Traballarase en ferramentas e metodoloxía que lle axuden ao alumnado a desenvolver a análise lingüística e as actividades do curso.
• Titorías en grupo. Dedicaranse a facer seguimento do traballo de curso.
• Campus virtual. Ofrecerá toda a información relevante do curso, así como o material de lectura e traballo. Así mesmo, tamén se utilizará para a presentación de exercicios, cuestionarios, traballos etc.
Aviso: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenario 1
1ª OPORTUNIDADE:
Opción A (avaliación continua): para seguir este sistema de avaliación, será precisa unha asistencia regular ás clases; os alumnos deberán xustificar as faltas de asistencia. Se o alumno ou alumna non supera esta avaliación continua, terá que presentarse á segunda oportunidade (xuño /xullo). Consistirá en:
A) 2 traballos (30% da cualificación global): Estes traballos versarán sobre:
• Recursos Lingüísticos (exposición oral). Exposición oral dun traballo en grupo, en que cada alumno debe expor a súa parte. 10%
• Presentación de traballos académicos. Traballo escrito individual. 20%
No Campus Virtual daranse instrucións detalladas para a realización de todas estas actividades.
B) 3 probas escritas (70% da cualificación global): Estas probas realizaranse nas datas que se indican no cronograma que estará no Campus Virtual da USC. Esta porcentaxe só se terá en conta na ponderación da nota final se a media destas probas escritas é de 4 ou superior.
Opción B: poderanse acoller a este sistema de avaliación os alumnos e alumnas que obteñan a dispensa de asistencia a clase e as repetidoras e repetidores que o soliciten antes do 16 de outubro. A avaliación consistirá nun exame do conxunto da materia e supoñerá o 100% da cualificación, que se realizará na data oficial fixada polo centro.
2ª OPORTUNIDADE:
Opción A: poderanse presentar ao exame fixado polo centro para recuperar os parciais aqueles alumnos e alumnas que suspenderon a avaliación continua polos parciais, pero obtiveron unha media de 5 ou superior nos traballos.
Opción B: os alumnos e alumnas que obtiveron dispensa de asistencia á clase, as repetidoras e repetidores que o solicitaron, así como os que obtiveron unha media inferior a 5 nos traballos ou nos traballos e mais nos parciais poderán presentarse ao exame fixado polo centro. A cualificación obtida nesta proba supoñerá o 100%.
Horas presenciais Horas non-presenciais TOTAL
Sesións
Expositivas 24 48 (9 TD) 72
Sesións de
Seminario 24 36 (12 TD) 70
Sesións de
Titoría 3 3 6
Sesións de
Avaliación 3 9 12
TOTAL 54 96 (21 TD) 150
Para poder superar a materia, débese amosar dominio do galego oral. No caso de que se perciban insuficiencias a este respecto nalgún alumno ou alumna, advertiráselle individualmente e daráselle unha serie de indicacións para solucionar a deficiencia. Ao final de curso as profesoras verificarán que adquiriu o nivel requirido. Caso de non ser así, non poderá superar a materia.
É moi importante que o/a estudante consulte regularmente o seu correo institucional así como a aula virtual da materia, pois a través deses medios difúndese información e documentación fundamental para o seu seguimento.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía de ensinanza
Escenario 2
Será o mesmo sistema de ensino ca no escenario 1, con arranxo ás normas vixentes. Na medida do posible, para a docencia presencial darase preferencia ás aulas interactivas. A docencia non presencial realizarase a través das plataformas Moodle e Teams, combinando actividades de carácter síncrono e asíncrono, con preferencia polo primeiro modelo. A entrega de traballos para avaliar realizarase por medio do Campus Virtual da USC.
Escenario 3
Empregaranse as plataformas Moodle e Teams, de acordo coas normas vixentes. A docencia non presencial realizarase a través das plataformas Moodle e Teams, combinando actividades de carácter síncrono e asíncrono, con preferencia polo primeiro modelo. A entrega de traballos para avaliar realizarase por medio do Campus Virtual da USC.
Crearanse tarefas e foros específicos para o ensino interactivo non presencial.
Sistema de avaliación
Escenario 2
Non cambian os valores respectivos de cada parte da avaliación con respecto ó escenario 1, só que as tres probas de avaliación continua serán preferentemente presenciais; a actividade de recursos lingüísticos será presencial; a de presentación de traballos académicos será coma no escenario 1.
Aqueles alumnos e alumnas que suspendan a materia na primeira oportunidade deberán realizar o exame oficial, de modo preferentemente presencial, de segunda oportunidade. Non cambian as restantes condicións con respecto ó escenario 1.
Escenario 3
a) O sistema será idéntico para os alumnos de asistencia obrigatoria e para os alumnos con dispensa.
b) Na primeira oportunidade haberá un sistema de avaliación formativa continua que consistirá na realización de tres probas telemáticas síncronas (70% da nota) e mais os resultados dos dous exercicios dos seminarios, que se presentarán de xeito individual polo Campus Virtual da USC (30% da nota).
Maria Sol Lopez Martinez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811823
- Correo electrónico
- msol.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Xosé Dubert García
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811895
- Correo electrónico
- francisco.dubert [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Varela Barreiro
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811816
- Correo electrónico
- xavier.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Clara Lago Caamaño
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- claralago.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Clara Lago Caamaño
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- claralago.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | Galego | C09 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | Galego | C10 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | Galego | D08 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | Galego | C09 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | Galego | C10 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | Galego | D08 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Galego | C12 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Galego | C12 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C11 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C11 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C11 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C11 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C11 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C11 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
19.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C11 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C11 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C11 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C11 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C11 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C11 |