Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais:
• Acadar o nivel B2.2 do Marco Común Europeo de Referencia (MCER). Isto implica acadar un nivel de competencia que permita ao alumno comprender e expresarse con certa fluidez en distintos contextos comunicativos e en distintos rexistros, especialmente, no rexistro formal e académico onde o alumno debe expresarse con corrección gramatical, fonética e textual e mostrar certo grado de sofisticación léxica.
Obxectivos específicos:
• Desenvolver a capacidade de REFLEXIONAR sobre a lingua e de explicar e describir a gramática dende o punto de vista instrumental.
• Practicar as 4 destrezas (Reading, Writing, Speaking and Listening).
(i) Comprensión oral e escrita: entender as ideas principais de textos/discursos/conversacións complexos/as que tratan de temas tanto concretos como abstractos incluso se son de carácter técnico sempre que estean dentro do campo de especialización (linguaxe académica).
(ii) Expresión e interacción oral: conversar con falantes nativos cun grado suficiente de FLUIDEZ e naturalidade de modo que a comunicación se leve a cabo sen esforzo por parte dos interlocutores. CONTROL da corrección gramatical de xeito que non se cometan erros que provoquen problemas de comprensión. Capacidade para autocorrexir a maioría de erros.
(iii) Expresión escrita: producir textos claros e detallados sobre temas diversos así como defender un punto de vista sobre temas xerais indicando os pros e os contras das distintas opcións. CONTROL ELEVADO da corrección gramatical.
• Desenvolver a competencia lingüística:
1. Competencia léxica: manexar un amplo vocabulario sobre asuntos relativos á especialidade e sobre temas máis xerais.
2. Competencia gramatical: usar a lingua cun grado relativamente alto de control gramatical aínda que existan despistes esporádicos, errores non sistemáticos e pequenos erros na estructura da frase.
3. Competencia fonolóxica: falar cunha pronunciación e entonación naturais, aínda que poida haber todavía influencia da lingua materna.
4. Competencia ortográfica: producir unha escritura que siga os modelos de organización e de distribución de párrafos, e acadar un razoable grado de corrección ortográfica.
• Desenvolver a competencia sociolingüística: expresarse nunha lingua sociolingüísticamente axeitada ás situacións de comunicación; comprender distintos dialectos, adaptarse ás diferencias entre lingua oral e escrita, e usar e comprender distintos rexistros (neutro, solemne, informal e profesional).
• Desenvolver a competencia pragmática: usar eficazmente o turno de palabra e unha variedade de elementos de cohesión e de organización textual: conectores, estructuras de tematización e marcadores de opinión.
O contido concreto (gramática, vocabulario e destrezas) será extraído do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas ( B2.2).
1) GRAMÁTICA:
Os contidos gramaticais, ademais das cuestións básicas, incluirán aspectos máis avanzados relacionados co uso do inglés en contextos académicos (por exemplo a agrupación e a organización da información). Devanditos contidos estarán baseados na gramática de Hewings (Advanced Grammar in Use). En concreto trataranse os seguintes aspectos:
1. Aspectos básicos (repaso; autoaprendizaxe): repaso de tempos verbais, auxiliares, modais, artigos, determinantes, cuantificadores, preposicións, preguntas, complementación verbal, etc.
2. Cohesión e coherencia (uso de pronomes e ‘summary nouns’)
3. Sustantivos: concordancia; nominalizacións
4. Puntuación e uso de parágrafos (problemas comúns: fragmentos, uso incorrecto de comas, oracións mal construídas)
5. Como indicar relacións entre ideas:
5.1. Cláusulas de relativo (revisión*)
5.2. Cláusulas adverbiais (causa, concesividade, contraste, condición, resultado…); Uso de conectores adverbiais vs. conxuncións.
6. Organización da información:
6.1. Pasiva (aspectos xerais e avanzados)
6.2. ‘Clefting’
6.3. Inversión
6.4. Extraposición
7. A linguaxe da predición: a expresión verbal e non verbal (substantivos/adxectivos) do futuro; verbos de intención
8. Estilo directo e indirecto; expresión do estilo indirecto mediante substantivos e adxectivos.
9. Verbos frasales e preposicionais.
2) PRÁCTICA DAS 4 DESTREZAS
Os temas que se tratarán na práctica das 4 destrezas anunciaranse a principios do cuadrimestre e poderían incluír algúns dos seguintes: diversidade; comunicación e redes sociais; viaxar, vivir e/ou estudar no estranxeiro; globalización; migración.
- Escoita/visionado de material auténtico (diferentes acentos e rexistros).
- Lectura comprensiva de textos de diferentes xéneros (ficción, prensa, académicos).
- Práctica oral: conversación informal, entrevistas, debates, reportaxes
- Redacción: descricións, narracións, artigos.
BÁSICA
Manual de gramática obrigatorio:
Hewings, M. 2013. Advanced Grammar in Use with Answers 3rd Edition.
ISBN: 9781107697386
(** NOTE that this title is also available as an ebook:
Advanced Grammar in Use Book with Answers and Interactive eBook. 3rd Edition.
A Self-study Reference and Practice Book for Advanced Learners of English.
ISBN: 9781107539303
Publication date: June 2015)
COMPLEMENTARIA:
Gramáticas:
Biber, D.; Johansson, S.; Leech, Geoffrey; Conrad, S.; Finegan, E. 1999. Longman grammar of spoken and written English. London : Longman.
Biber, D.; Johansson, S.; Leech, Geoffrey; Conrad, S.; Finegan, E. 2002. Longman Student Grammar of Spoken and Written English. London : Longman,
Carter, R. & M. McCarthy. Cambridge Grammar of English: A comprehensive guide. Cambridge: Cambridge University Press, 2006. x + 973 pp., optionally with CD-ROM.Hashemi, L. & B. Thomas. 2003. Cambridge Grammar for First Certificate. Cambridge: C.U.P.
Raimes, A. 2004. Grammar Troublespots: A guide for Student Writers. Cambridge: Cambridge University Press.
Swan, M. & C. Walter. 2011. Oxford English Grammar Course. Advanced. Oxford: O.U.P.
Dicionarios:
Cambridge Advanced Learner’s Dictionary (with CD ROM).. Cambridge: C.U.P.
Oxford Spanish-English, English-Spanish Dictionary. Oxford: O.U.P.
Cambridge International Dictionary of Phrasal Verbs. Cambridge: C.U.P.
Collins Cobuild English Dictionary. London: Harper Collins.
Cowie, A.P. & R. Mackin. 1993. Oxford Dictionary of Phrasal Verbs. Oxford: O.U.P.
Oxford Advanced Learner’s Dictionary (with CD ROM). 2000. Oxford: O.U.P.
Online Oxford Collocations Dictionary (http://www.freecollocation.com/)
Oxford Learner’s Wordfinder Dictionary. 1997. Oxford: O.U.P.
Outros materiais:
MacCarthy, M. & F. O'Dell. 2016. Academic Vocabulary in Use Edition with Answers.
ISBN: 9781107591660
MacCarthy, M. & F. O'Dell. 2017. English Collocations in Use: Advanced. Book with Answers.
ISBN: 9781316629956
MacCarthy, M. & F. O'Dell. 2017. English Phrasal Verbs in Use Advanced Book with Answers.
ISBN: 9781316628096
Publication date: July 2017
MacCarthy, M. & F. O'Dell. 2017. English Vocabulary in Use: Advanced. Book with Answers and Enhanced eBook.Third Edit
O estudante que cursa esta asignatura debería acadar un nivel B2.2 (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas). Esto implica o desenvolvemento das competencias lingüísticas, sociolingüísticas e pragmáticas e das destrezas (comprensión auditiva e lectora; expresión e interacción oral; expresión e interacción escrita), prestando especial atención ao uso da lingua en contextos académicos.
Ver CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1,CG7, CG8, CG9, CE1, CE5 na Memoria de Verificación do Grao en Lingua e Literatura Inglesas (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/mem…).
En xeral, o noso enfoque didáctico será comunicativo e práctico, o que non pretende nen moito menos restarlle importancia ao compoñente de reflexión gramatical, esencial para formar a futuros expertos en lingua inglesa.
As clases PRESENCIAIS serán de dous tipos:
CLASES EXPOSITIVAS (1 hora á semana): centradas en actividades de gramática e vocabulario. Fomentarase a reflexión activa sobre o uso da gramática inglesa en diferentes contextos, estilos e rexistros (especialmente, inglés académico). Faremos énfasis especial na detección de errores e no uso de vocabulario académico (colocacións e fórmulas).
SEMINARIOS (2 horas á semana): centrados na práctica das 4 destrezas de forma individual ou en grupo. Os temas estarán relacionados con cuestións de actualidade que poidan servir para activar o debate e a discusión. As actividades poden incluír, entre outras:
- Escoita/visionado de material auténtico (diferentes acentos e registros).
- Lectura comprensiva de textos de diferentes xéneros (ficción, prensa, académicos).
- Práctica oral: conversación informal, entrevistas, debates, reportaxes orais.
- Redacción: cartas, descricións, narrativas, artigos
As ACTIVIDADES ONLINE a través do Campus Virtual realizaranse de xeito individual ou en grupos dependendo do caso, e poderán incluír: exercicios de gramática, vocabulario, práctica das 4 destrezas; actividades interactivas a través do foro de discusión, etc.
Esta metodoloxía será de aplicación no "Escenario 1: Normalidade adaptada", según se recolle no ““Plan de continxencia para a organización da docencia no curso 2021-2022" (Consello de Goberno USC, 30 abril 2021).” (“Guidelines for the development of safe face-to-face teaching: Academic Year: 2020-2021”; Consello de Goberno of the USC, 19 June 2020). En caso de cambio de escenario, a metodoloxía será modificada según se indica na sección "Observacións: Plan de Contingencia".
1) AVALIACIÓN CONTINUA (30%):
• Participación en clase e na aula virtual (5%)
• 2 redaccións: realizaranse en clase en datas que se anunciarán a principio de curso (10%)
• Proxecto (15%) consistente na realización de varias e-actividades deseñadas para practicar as 4 destrezas (comprensión oral, comprensión escrita, expresión oral e expresión escrita), así como para desenvolver unha serie de competencias relacionadas coa investigación sobre un tema e a elaboración dunha reportaxe audiovisual que incorpore os resultados da investigación.
2) EXAME FINAL (70%) consistente en:
• Uso do inglés: gramática, vocabulario, listening, reading (30%). Data oficial de exame.
• Redacción (20%) (data oficial de exame).
• Proba oral (20%), (data que será anunciada a principios do cuadrimestre).
Para superar a materia será necesario obter polo menos un 5 de 10 en cada una de las partes do EXAME (Use of English, Redacción e Exame Oral). De non ser así, a máxima nota que se poderá obter será un 4.5 aínda que a media aritmética exacta sexa 5 o más de 5.
IMPORTANTE:
1) Este sistema de avaliación aplícase tanto á primeira como á segunda oportunidade. Aqueles/as alumnos/as que superen unha sección do exame da primeira oportunidade poderán conservar a nota desa parte na segunda oportunidade. Tamén se conserva a nota que obtivesen na avaliación continua. Non se pode repetir ningunha tarea da avaliación continua.
2) Os/as alumnos/as que teñan unha exención oficial de asistencia a clase se evaluarán exclusivamente por medio dun exame final que valerá o 100% da nota, coa seguinte distribución:
• Uso do inglés: gramática, vocabulario, listening, reading (40%) (data oficial de exame)
• Redacción (30%) (data oficial de exame).
• Proba oral (30%), (data que será anunciada a principios de cuadrimestre).
Cómpre recordar que, neste caso, para superar a materia tamén será necesario obter polo menos un 5 de 10 en cada unha das partes do EXAME (Use of English, Redacción e Exame Oral). Pola contra, a máxima nota que se poderá obter será un 4.5 aínda cando a media aritméticca exacta se 5 ou máis de 5.
3) Aqueles alumnos/as que suspendesen a asignatura en cursos anteriores e que repitan a asignatura no curso 2021/22 serán evaluados seguindo o sistema de avaliación xeral descrito máis arriba (é dicir, avaliación continua (30%) exame final (70%)), a menos que lles resulte imposible asistir a clase. Neste caso, terán que informar ao profesor do seu desexo de acollerse ao sistema de avaliación que se aplica no caso de alumnos/as con exención de docencia (é dicir, exame final cun valor do 100% da nota).
4) Debido á natureza dos exames orais, estes terán lugar en hora e data distintas ás do exame oficial. Esta data será anunciada en clase e terá carácter oficial.
5) NON SE CAMBIARÁN As DATAS DE NINGUNHA PARTE DO EXAME SALVO EN CASOS DE ENFERMIDADE DEBIDAMENTE XUSTIFICADOS.
6) En caso de de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
7) Este sistema de avaliación será de aplicación no "Escenario 1". En caso de cambio de escenario, a avaliación será modificada según se indica na sección "Observacións: Plan de Contingencia".
Este curso é de 6 créditos. Un crédito ECTS corresponde a 25 horas de traballo, polo que 6 x 25 = 150 horas. O alumno debe usar 75 horas de traballo individual por si mesmo. O traballo específico necesario para esta actividade serán detallado na "Guía Didáctica"
É altamente recomendable que os estudantes teñen un nivel B2.1. no inicio do semestre e que teñan superadas as materias LINGUA INGLESA 1 e LINGUA INGLESA 2
En xeral, recomendamos que os alumnos aumentan a súa exposición ó idioma inglés non se restrinxindo soamente ao traballo do curso: ver películas, escoitar cancións, ler xornais e revistas, e facer contacto con falantes nativos de inglés son algunhas actividades que son altamente benéficiosas e que pode facer no seu tempo libre
1) PLAN DE CONTINXENCIA
1.1 METODOLOXÍA
En caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3 a metodoloxía será adaptada ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de maneira que aas actividades docentes que non poidan executarse de modo presencial desenvolveranse de modo virtual recurrindo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC, utillizando actividades orais e/ou escritas de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) e/ou asíncrono (principalmente a través de TEAMS ou Moodle) dependendo do tipo de actividade.
1.2. AVALIACIÓN
Na modalidade de docencia semipresencial (escenario 2) manterase, sempre que sexa posible, o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1. En caso de non ser posible, e, obviamente, no caso do escenario 3, as probas presenciais serán substituídas por probas telemáticas (síncronas e/ou asíncronas, orais e/ou escritas) utilizando as ferramientas institucionais”.
2) Os/as estudantes deberán preparar con antelación os exercicios e as lecturas recomendadas para a posterior discusión na aula.
3) Así mesmo, deberán comprobar de forma regular a aula virtual da materia e o seu correo electrónico, medios que se empregarán para o envío de información e para a comunicación de cambios de última hora.
4) Non se contestará ningún correo que proceda dunha conta non institucional. Os/as alumnos/as que desexen contactar coas profesoras deberán facelo utilizando a súa conta de corro da USC e, preferiblemente, via o Campus Virtual.
Susana Maria Doval Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811855
- Correo electrónico
- susanamaria.doval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elsa Maria Gonzalez Alvarez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811860
- Correo electrónico
- elsa.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sergio López Sande
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- sergio.sande [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Eithne Mary Keane
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Idoya Cancelas León
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- idoya.cancelas.leon [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Daisy Teresa Waite
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Inglés | C12 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Inglés | C12 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | Inglés | C01 |
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | Inglés | D08 |
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | Inglés | D10 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | Inglés | C01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | Inglés | D08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | Inglés | D10 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | Inglés | C08 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | Inglés | D08 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | Inglés | D10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | Inglés | C08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | Inglés | D08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | Inglés | D10 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C10 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C10 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C10 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C10 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C10 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C10 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C10 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C10 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C11 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C11 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C11 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C11 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C11 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C11 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |
24.01.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (M-O) | C12 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_06 (S-Z) | C12 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-C) | C12 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (D-F) | C12 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (G-L) | C12 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_05 (P-R) | C12 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |