Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecemento práctico da lingua latina por medio da lectura de textos.
- Fincapé no dominio da morfoloxía e sintaxe latina.
- Memorización dun léxico básico para a comprensión dos textos e para a súa confeción.
- Iniciación á lectura e comprensión de textos latinos de dificultade sinxela e media.
-GRAMÁTICA: os aspectos que se traballarán serán:
1.- Morfoloxía nominal: Declinacions. Pronomes
2.- Morfoloxía nominal: Declinación e graos do adxectivo
3.- Sintaxe nominal: funcións dos casos
4.- Sintaxe nominal: concordancia dos elementos flexivos
5.- Morfoloxía verbal: Conxugación regular. Verbos irregulares. Tema de presente e perfecto. Voz activa e pasiva. Verbos deponentes
6.- Morfoloxía verbal: formas nominais do verbo (infinitivo, xerundio, xerundivo, participio e supino)
7.- Sintaxe das formas verbais nominais
-ADQUISICIÓN DE VOCABULARIO:
Traballarase así mesmo especialmente o dominio dun léxico básico que permita a comprensión fluída dos textos, sen recurso ao dicionario.
-TRADUCIÓN: Selección de pasaxes de César, Cicerón e Nepote (ou Suetonio)
-CONTEXTO HISTÓRICO E LITERARIO DA BAIXA REPÚBLICA (79-29 a.C). A figura de Nerón
-LECTURAS EN TRADUCIÓN:
C. Suetonius Tranquillus, De Vita Caesarum
Lectura das biografías de César, Augusto, Nerón, Perico e Domiciano
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
MARINER BIGORRA, Sebastián, et alii: Lengua latina I, Madrid (UNED) 1999.
MÉNDEZ-ROCAFORT AREA, Pilar: Gramática Latina, Granada (ed. Comares) 2001.
RUBIO FERNÁNDEZ, Lisardo-Tomás GONZÁLEZ ROLÁN: Nueva gramática latina, Madrid (Editorial Coloquio) 1996.
SEGURA MUNGUÍA, Santiago, Gramática latina, Bilbao (univ. de Deusto) 2004.
VALENTÍ FIOL, Eduardo: Primer libro de Latín, Barcelona (ed. Bosch) 1981.
----------------------- : Ejercicios latinos, Barcelona (ed. Bosch) 1984.
----------------------- : Gramática de la lengua latina. Morfología y nociones de sintaxis, Barcelona (ed. Bosch) 1986.
DICIONARIOS: (algúns destes pódense consultar online).
BLÁNQUEZ FRAILE, Agustín: Diccionario latino-español, 3 vols., Barcelona (Sopena) 1985.
CARRACEDO FRAGA, José: Diccionario latín-galego, Vigo (Galaxia)1999.
GAFFIOT, F.: Dicionnaire larin-français, Paris (Hachette) 1995.
SEGURA MUNGUÍA, Santiago: Diccionario etimológico latino-español, Madrid (Anaya) 1985.
Ademais deles, dende A PLATAFOMRA Perseus underPhiloLogic, pódese acceder ao repositorio de diccionarios Logeion
https://logeion.uchicago.edu/suavis
CONTEXTUALIZACIÓN HISTÓRICA:
A.A.V.V. (1961/2000): The Cambridge Ancient History, vol. IX, 10, 11, 12 y 13, Cambridge.
Christol, M. & D. Nony (1974/1991): De los orígenes de Roma a las invasiones bárbaras, Madrid.
Dotar aos estudantes da capacidade suficiente para entender un texto latino de dificultade básica ou media.
Dotar aos estudantes cun notable nivel de autonomía á hora de afrontar un texto escrito en latín, sen facelos depender dos dicionarios.
Contribuír a un mellor uso do dicionario, desvinculándoo da comprensión inmediata do texto.
Contribuír á aquilatación dun comparatismo lingüístico propiciado pola heteroxeneidade do grupo de estudantes, tanto dentro das linguas romances como fóra delas.
Na súa modalidade presencial, que é a prioritaria e desexable, haberá unha parte eminentemente práctica dedicada aos exercicios e á insistencia nos esquemas gramaticais, e outra, dedicada á lectura de pasaxes dos autores que figuran no epígrafe Contidos.
Neste escenario, a participación dos estudantes será requisito inexcusable para o desenvolvemento das aulas. A profesora será quen guíe as lecturas, as interprete e explique aspectos de gramática, historia da lingua, literatura, mitoloxía, relixión e vida cotiá conforme sexan suxeridos polas lecturas.
Véxase tamén no apartado Observacións a planificación da materia para outros escenarios non presenciais.
En calquera caso, sexa cal sexa o escenario de desenvolvemento da docencia, a Aula Virtual será un mecanismo fundamental no desenvolvemento do curso.
O sistema de avaliación, tanto na convocatoria de febreiro como na de xullo, será o seguinte:
1.-30%: participación activa dos alumnos. Iso inclúe:
-a asistencia a clase
-o seguimento da aprendizaxe do vocabulario e dos aspectos gramaticais (morfolóxicos e sintácticos) a través de exercicios orais ou escritos
-o labor de tradución constante
NOTA IMPORTANTE: para que esta porcentaxe poida ser aplicado, o alumno ou alumna ha de obter no exame final unha cualificación superior a 2 sobre 6
2.-10%: control das lecturas das fontes primarias en traducións
3.-60%: exame final de tradución e dos aspectos teóricos vistos ao longo do curso
NOTA IMPORTANTE:
Si por algunha razón, algún alumno ou alumna ten unha dispensa de asistencia, será esencial que se poña en contacto coa profesora a principio de curso (en ningún caso cando o curso estea xa avanzado). O docente indicaralle o modo de proceder. A circunstancia de dispensa posibilitará que ao alumno ou alumna non se lle teña en conta negativamente a non asistencia a clase. En ningún caso, con todo, eximirao da realización do exame final, de carácter teórico-práctico, na data oficial marcada para tal fin. Neste caso, a avaliación será:
1.-90%: exame final do temario
2.-10%: lectura
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Recoméndase ó alumno a revisión diaria da materia explicada. O alumno pode precisar unhas cinco horas semanais de estudo e lectura.
É importante a asistencia ás clases, o traballo de lectura, o estudo dos temas de teoría e a tradución dos textos propostos na clase.
Nun escenario de non presencialidade, é básica a realización dos exercicios que se propoñan e das lecturas guiadas a través dos audios e do material proporcionado na Aula Virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: os traballos propostos nunca serán entregados en soporte papel.
PLAN DE CONTINXENCIA EN CASO DE REBROTE DA COVID-19:
O contido dos ítems precedentes refírese exclusivamente ao suposto do Escenario 1 (“normalidade adaptada”) descrito nas bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021 aprobada pola USC o 19 de xuño de 2020.
Detállanse a continuación, as adaptacións que terán lugar no caso de se dar os Escenarios 2 e 3.
-Escenario 2 (clases presenciais pero con distanciamento e medidas de prevención de contaxios)
-Toda a docencia posible será presencial. As que teñan que ser telématicas realizaranse coa plataforma Teams, de xeito síncrono (respectando o horario de clases presencial).
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas (vía Teams).
-Escenario 3 (peche das instalación)
-A docencia e titorías serán virtuais vía Teams. A docencia realizarase de forma síncrona.
-Usarase a aula virtual para colgar os materiais necesarios. A entrega de traballos e tarefas farase por medio da plataforma Teams.
Para a avaliación nos escenarios 2 e 3 é válido o que se di no apartado "sistema de avaliación", substituíndo as probas presenciais por probas telemáticas. Ditas probas faranse e forma oral ou escrita por Teams.
Cecilia Criado Boado
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811887
- Correo electrónico
- cecilia.criado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Giadás Quintela
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811851
- Correo electrónico
- miguel.giadas.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Galego | D10 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Galego | D10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Galego | D10 |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
24.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
24.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D08 |
24.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D08 |
24.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D08 |
24.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
24.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D09 |
24.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D09 |
24.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D09 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D08 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D08 |
17.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D08 |