Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 3ro curso (Si)
Obxectivos xerais: a) coñecer os compoñentes básicos do sistema lingüístico do romanés (dacorromanés) actual e fomentar a capacidade de contrastar o romanés co galego e co castelán e con outros idiomas románicos; b) obter un dominio básico da lingua romanesa para enfrontarse a situacións comunicativas de pouca complexidade, propias da vida cotiá, consonte co Marco Europeo de Referencia (nivel A1-A2).
Obxectivos especiais: a) obxectivo descritivo: familiarizar o alumnado coas realizacións fónicas, as estruturas morfolóxicas, as clases de palabras, as estruturas sintácticas e os principias campos semánticos do léxico fundamental do romanés; b) obxectivo metodolóxico: proporcionar un punto de vista metodolóxico para poder profundar nos estudos de fonética e fonoloxía, morfosintaxe e léxico da materia LINGUA ROMANESA 2.
Obxectivos específicos: a) coñecer o conxunto das realizacións fónicas do romanés actual; b) recoñecer a relación entre variantes e fonemas do romanés; c) adquirir o coñecemento básico da estrutura morfolóxica do romanés (estrutura interna das palabras, a súa clasificación, os mecanismos de formación de palabras – composición e derivación); d) delimitar as clases de palabras (características de cada clase e as súas categorías gramaticais asociadas); e) adquirir elementos do vocabulario fundamental e o seu uso nas estruturas sintácticas básicas para poder usalo en situacións comunicativas.
1. Romanés, lingua románica (presentación xeral)
1.1. O romanés e as súas variedades diatópicas: o dacorromanés.
1.2. Posición do romanés entre as linguas románicas.
2. Fonética e Fonoloxía
a) Clases expositivas:
2.1. As vogais do romanés (fonemas e alófonos); ditongos e tritongos. Transcrición fonética e representación gráfica; normas de pronuncia e normas ortoépicas.
2.2. As consoantes do romanés. Transcrición fonética e representación gráfica; normas de pronuncia e normas ortoépicas.
2.3. O acento.
2.4. Fonética sintáctica: asimilación e elisión e a súa representación gráfica.
2.5. A entoación.
b) Clases interactivas
2.6. Exercicios de fonética articulatoria e transcrición fonética e fonolóxica: a) vogais e grupos vocálicos; b) consoantes e grupos consonánticos; c) estrutura silábica.
2.7. Exercicio global de transcrición fonética.
3. Morfosintaxe:
a) Clases expositivas:
3.1. O compoñente gramatical: morfoloxía.
3.1.1. Análise morfolóxica: raíz, afixo, tema e base.
3.1.2. Formación de palabras: composición e derivación.
3.2. O compoñente gramatical: clases de palabras.
3.2.1. Palabras abertas e fechadas, palabras variables e invariables.
3.2.2. Categorías gramaticais: xénero, número, caso, determinación, persoa, modo e
tempo.
3.2.3. Procesos: sustantivación, afixación, flexión e gradación.
3.3. O compoñente gramatical: sintaxe.
3.3.1. Estruturas: sintagmas, cláusulas e oracións (simples e compostas).
3.3.2. Relacións: concordancia, coordinación e subordinación.
b) Clases interactivas:
3.4. Obxectivos de formación:
3.4.1. Recoñecer os distintos compoñentes das palabras.
3.4.2. Procesos de creación léxica activa no romanés.
3.5. Tipos de prácticas:
3.5.1. Análise morfolóxica.
3.5.2. Identificación de procesos derivativos, flexivos e compositivos que explican a formación de unidades léxicas.
3.5.3. Identificación de sintagmas e de oracións
4. Léxico. Campos semánticos
a) Clases expositiva:s
4.1. Persoa:
4.1.1. Designacións xerais para o individuo.
4.1.2. Formas de relacionarse: o saúdo.
4.1.3. Características físicas.
4.1.4. Características morais.
.
4.2. Familia:
4.2.1. Relacións de parentesco.
4.2.3. Accións.
4.3. O corpo humano e os sentidos.
4.4. Existir e ter.
4.5. Territorio:
4.5.1. Terra e auga.
4.5.2. Países e adxectivos xentilicios.
4.6. Tempo cronolóxico:
4.6.1. Estacións, meses e días da semana.
4.6.2. A data e as partes do día.
4.6.3. A hora (e os numerais).
4.7. Tempo atmosférico.
4.8. Residencia:
4.8.1. Accións xerais.
4.8.2. A casa e a moblaxe.
4.9. Compras:
4.9.1. Na praza (froitas, legumes...)
4.9.2. No supermercado.
4.10. Comidas e bebidas:
4.10.1. No restaurante.
4.10.2. Na cafetaría.
4.11. Viaxar:
4.11.1. Designacións xerais.
4.11.2. Medios de transporte: viaxe en tren.
4.12. Ensino: sistema de ensinanza en Romanía.
4.13. Festas e regalos: a festa do Nadal.
4.14. Medios de comunicación e publicidade.
4.15. Outros campos semánticos.
b) Clases interactivas
4.16. Obxectivos de formación:
Coñecer o vocabulario básico da lingua romanesa para poder presentarse e saudar, facer unha descrición da propia persoa e doutras persoas, pedir a hora ou un enderezo, conversar sobre o tempo atmosférico ou sobre algunha noticia relevante, describir accións cotiás (comprar nun mercado ou nun comercio, xantar nun restaurante, pedir un café, acudir a unha oficina bancaria, facer unha reserva nun hotel ou nunha axencia de viaxes) etc.
4.17. Tipos de prácticas:
4.17.1. Audición de situacións diversas da vida cotiá (no hotel, nunha entidade bancaria, na praza, nun restaurante, nun bar, na rúa...).
4.17.2. Diálogos entre o alumnado (ou entre alumnado e profesor) para reproducir esas situacións cotiás.
4.17.3. Lectura (e audición de ser posible) de textos con campos semánticos e diverso léxico fundamental do romanés actual.
4.17.4. Lectura (e comentario) de noticias de xornais e revistas dixitais.
4.17.5. Redaccións con léxico diverso dun campo semántico determinado.
Nota: márcase con asterisco (*) a bibliografía básica.
1. Presentación xeral
*Avram, M./Sala, M. (2007): Faceti cunostinta cu limba româna. Cluj: Echinox, 2001; Editia a II-a revazuta, 2007. Trad. C. Iliescu Gheorghiu e D. Ionela Prodan: Les presentamos la lengua rumana. Alicante : Universidad, 2013.
González-Barros, J. D. (20042): Esquemas de rumano. Gramática y usos lingüísticos. Madrid: Centro de Lingüística Aplicada Atenea.
*Labraña, S. et. al. (2009): “Minirretrato do romanés”, en Labraña et al.: EuroComRom – As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas. Aachen: Shaker Verlag, 218-230.
Schlösser, R. (2001): “Una lingua con due famiglie: il caso del rumeno”, en R. Schlösser: Le lingue romanze. Bologna: Il Mulino, 109-117.
2.Ortografía
Academia Româna; Institutul de Lingvistica; “Iorgu Iordan” (1995): Îndreptar ortografic, ortoepic i de punctuatie. Bucuresi: Univers Enciclopedic.
Marcu, F. (2002): Mic dictionar ortografic s ortoepic al limbii române. Bucuresti: Saeculum Vizual.
Sosa, E. (1999): Ortografia fără taine. Bucuresti: Saeculum I. O.
3. Gramáticas (e monografías)
Ionescu, Ch. Esbozo de gramática rumana (material inédito).
Rauta, A. (19732): Gramática rumana. Madrid: CSIC [contén textos útiles de escritores romaneses].
Uricaru, L./Goga, M. (1995): Verbes roumains / Romanian verbs / Verbe românesti. Cluj: Echinox.
4. Manuais de lingua
Cazacu, B. et alii (1981): Cours de langue roumaine. Introduction à l’ étude du roumain à l’ usage des étudiants étrangers. Bucureşti: Editura Didactica si Pedagogica.
Fabre, G. (1991): Parlons roumain. Langue et culture. Paris / Condé-sur-Noireau: L’Harmattan / Corlet.
*Kohn, D. (2009a): Puls. Manual de limba româna; pentru straini. Curs. Iasi/Bucuresti: Polirom [libro + 2 CDs].
*Kohn, D. (2009b): Puls. Manual de limba româna pentru straini. Exercitii. Iasi / Bucuresti: Polirom.
*Pop, L. (1993): Le roumain avec ou sans professeur. Romanian with or without teacher. Româna cu sau fara profesor. Cluj: Echinox [explicacións e léxico en francés e inglés + 4 casetes].
Pop, L. (20004): Româna cu sau fara profesor. Cluj: Echinox [edición revisada e aumentada, explicacións e léxico en ruso e inglés + 4 casetes].
5. Textos
Elliott, J./King, C. (1999): Enciclopedie generală pentru copii. [Oradea]: Editura Aquila ’93,
Pop, L. (20004): “Lecturi”, en Româna cu sau fara profesor, pp. 256-287.
6. Dicionarios
Academia Româna Institutul de Lingvistica ‘Iorgu Iordan’ (19982): DEX Dictsionarul Explicativ al Limbii române. Bucuresti: Editura Univers Enciclopedic.
Bucurenciu, I. (2004): Diccionario español-rumano, rumano-español. Madrid: Turpin.
*Calciu, A. et alii (1979): Dictsionar român-spaniol. Bucuresti: Editura Stiintsifica si Enciclopedica.
*Cioranescu, A. (1966).: Diccionario etimológico rumano. La Laguna: Universidad.
Diaconescu, A. Mª (2005): Léxico para situaciones. Español / Rumano Român / Spaniol. Madrid: Centro de Lingüística Aplicada Atenea.
Ghitescu, M. (s. d.): Ditsionar român-spaniol, spaniol-român de uz scolar. Bucuresti: Lucman.
*Mocanu, A. / Mocanu, P. (2000): Dictsionar portughez-român si român-portughez. Bucuresti: Teora [18.000 entradas ca. de portugués e 30.000 ca. de romanés].
Nieto, P. (2000): Diccionario rumano-español español-rumano. Barcelona: Sísifo.
Protopopescu, I.(1959): Ditsionar român--spaniol. Madrid: Editura Carpaţii.
*http:/www.dexonline.ro
http://www.dictionare.com/english/dictionary.htm
http://www.dictionar.ro
- Coñecer aspectos da historia e da situación do romanés no seu dominio lingüístico, así como da sociedade romanesa actual e de contribucións relevantes á cultura universal.
- Adquirir coñecementos xerais e sólidos sobre as principais características do compoñente fónico, da estrutura morfolóxica, das diversas clases de palabras, da súa combinación en unidades sintácticas e das unidades léxicas, así como unha serie de destrezas metodolóxicas e capacidade crítica no estudo da lingua.
- As competencias xerais que se intentan alcanzar son as capacidades comunicativas (na comunicación escrita e oral), a capacidade de análises e sínteses e a capacidade crítica.
- Competencias pragmáticas: Presentarse e saudar. Describirse fisicamente e describir a alguén. Dicir onde se está e dicir onde están as cousas. Dar ou pedir un enderezo. Contar números. Dar as grazas e responder un agradecemento. Dar a data. Dar e pedir a hora. Falar do tempo. Describir actividades cotiás. Preguntar e dicir como se escribe ou como se pronuncia unha palabra ou expresión.
AVISO: As normas que se indican aquí son de aplicación unicamente nun contexto docente libre de coronavirus. De haber novos brotes da pandemia, aplicaranse no seu lugar os protocolos indicados no apartado de observacións.
Corresponden a esta materia 45 clases durante 16 semanas, repartidas en 25 clases expositivas e 18 clases interactivas.
Nas clases expositivas preséntanse mediante o método comparativo os elementos máis importantes de cada tema con material didáctico ofrecido polo profesor, que se poderá completar con actividades complementarias.
Nas clases interactivas trabállanse as competencias lingüísticas con exercicios prácticos, escritos e orais. Realízanse exercicios relacionados cos temas explicados na aula ou analízanse pequenos traballos elaborados fóra do horario de clases, en grupo ou individualmente, como transcrición fonética e fonolóxica de textos romaneses, análise de estruturas silábicas, análise de estruturas morfolóxicas e clases de palabras, análise de estruturas sintácticas e identificación e composición de campos semánticos.
Nas clases interactivas tamén se fan exercicios orais consistentes en recrear situacións da vida diaria, como pode ser a compra no supermercado, pedir un café nun bar ou comer nun restaurante, reservar un cuarto nun hotel ou comprar un billete de tren ou doutro medio de transporte.
O profesor porá a disposición do estudantado un dossier de materiais de traballo para o desenvolvemento esencial do programa e unha escolma de textos para as clases interactivas e para a realización de exercicios fóra das aulas. Eses materiais estarán a dispor do alumnado no Servizo de reprografía da Facultade de Filoloxía, antes de comezaren as clases; en todo caso, total ou parcialmente tamén se poderán pendurar na aula virtual.
Existe un horario de titorías personalizadas para resolver dúbidas suscitadas polas explicacións do profesor ou a preparación dos comentarios e exercicios, aínda que tamén se poden utilizar para consultar calquera aspecto de interese para o alumnado.
AVISO: As normas que se indican aquí son de aplicación unicamente nun contexto docente libre de coronavirus. De haber novos brotes da pandemia, aplicaranse no seu lugar os protocolos indicados no apartado de observacións
1ª oportunidade (xaneiro)
Segundo prevé a normativa, o estudante debe asistir con regularidade ás clases (a porcentaxe mínima que se require é do 80% das horas totais previstas). Ademais, é necesaria a participación activa do alumnado na discusión dos puntos do programa e no comentario de exercicios e textos que propoña o profesor.
A avaliación será continua e realizarase con exposicións de puntos do programa e, sobre todo, con comentarios de exercicios e de textos. Estos poderán realizarse na aula ou fóra dela e terán como finalidade o control do traballo do alumnado ó longo do cuadrimestre. Ademais, deberase realizar un traballo final individual sobre contidos do programa.
Na avaliación final a porcentaxe correspondente a cada actividade é a seguinte:
a) Asistencia regular e participación activa nas aulas: 25%
b) Dominio dos contidos teóricos e prácticos sobre comentarios específicos preparados polo profesor: 25%
c) Pequenos traballos non presenciais preparados por cada estudante, que exporá nas aulas: 25%
d) Traballo final: 25%
O alumnado con dispensa de asistencia ás aulas, e que a acredite debidamente, terá que realizar comentarios escritos (70% da materia), que irá entregando no período lectivo; e tamén fará un traballo monográfico final (30%), que entregará antes de finalizar o período lectivo.
Exame final
O estudantado que asista con regularidade e non acade a nota mínima de 5 na avaliación final (50% do total) e o estudantado con dispensa de asistencia que non obteña esa nota mínima, así coma o alumnado presencial que falte a un 20 % ou máis das clases, ten que realizar un exame final sobre cuestións de temas do programa na data que establece a Facultade de Filoloxía da USC. Suporá o 100% da nota.
2ª oportunidade (xuño)
O alumnado que non supere a materia na 1ª oportunidade ou que conste como non presentado, terá que realizar unha proba escrita na data fixada pola Facultade, que suporá o 100% da nota. Tratará sobre cuestións de temas do programa.
Clases expositivas 25 horas Estudio individual 60 horas
Clases interactivas (clases
e /ou laboratorio de idiomas) 18 horas Realización de traballos 30 horas
Titorías programadas 2 horas Realización do traballo final 15 horas
Total horas de actividade presencial: 45 Total horas de actividade non presencial 105
.
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA
ESCENARIO 2. DISTANCIAMENTO
En principio, manterase o exposto sobre as actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir parcialmente de xeito virtual, tanto o profesor coma o estudantado seguirán pola plataforma Teams as leccións do curso de xeito síncrono, isto é, no horario habitual das clases.
A docencia interactiva deberá impartirse de xeito presencial nun 50% como mínimo; e de ser necesario, o resto impartirase virtualmente pola devandita plataforma. A asistencia ás clases é obrigatoria, calquera que sexa a súa modalidade. As titorías atenderanse por esta plataforma e polo correo electrónico.
Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionaralle ó alumnado por medios telemáticos material necesario para preparar a materia, ben como complemento das clases expositivas e / ou para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas realizaranse tendo en conta un calendario flexible que o profesor establecerá consonte as circunstancias da docencia no escenario de confinamento parcial.
As tarefas interactivas serán fundamentalmente de carácter individual, aínda que tamén se tratará de fomentar no alumnado o traballo colaborativo. En todo caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
En principio, manterase o exposto sobre as actividades expositivas e interactivas indicado no apartado correspondente, pero coas seguintes alteracións: en caso de que a docencia expositiva se deba impartir totalmente de xeito virtual, tanto o profesor coma o estudantado seguirán pola plataforma Teams as leccións do curso, de xeito síncrono, isto é, no horario habitual das clases.
A docencia interactiva deberá impartirse enteiramente nestas mesmas condicións, mentres que as titorías se atenderán por este sistema e polo correo electrónico. A asistencia a clase é obrigatoria, mesmo na modalidade telemática.
Para o desenvolvemento das clases virtuais, o profesor proporcionaralle ó alumnado por medios telemáticos material necesario para preparar a materia, ben como complemento das clases expositivas e / ou para a realización das tarefas interactivas. Estas últimas realizaranse tendo en conta un calendario flexible que o profesor establecerá consonte as circunstancias da docencia no escenario de confinamento total.
As tarefas interactivas serán preferiblemente de carácter individual dada a situación de illamento, aínda que tamén se tratará de fomentar no alumnado o traballo colaborativo. En todo caso, o profesor promoverá e controlará mecanismos de retroalimentación e autoavaliación do alumnado.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
1ª oportunidade (xaneiro)
A nota da materia procederá nun 75% dos traballos (orais e/ou escritos, presenciais ou telemáticos etc) que teña que realizar o alumnado de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal (presenciais e/ou telemáticas) con interese para o desenvolvemento da materia valoraranse co 25% restante da cualificación final.
O criterio de avaliación para o alumnado non presencial consistirá na entrega por correo electrónico de comentarios escritos e breves traballos (70%) durante o período lectivo e na entrega, todo máis tardar na data oficial da 1ª oportunidade, dun traballo monográfico (30%); as súas características comunicaraas o profesor coa antelación suficiente.
2ª oportunidade (xuño)
Tanto o alumnado con dispensa de asistencia coma o presencial que falte un 20% ou máis das clases e o alumnado que asista con regularidade pero non acade unha media de 5 nos comentarios e traballos da avaliación continua terá que realizar un traballo de certa complexidade, que se entregará na data fixada pola Facultade para a 2ª oportunidade e que suporá o 100% da nota.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 3 : PECHE DAS INSTALACIÓNS
1ª oportunidade (xaneiro)
A nota da materia procederá nun 75% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar telematicamente o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita. As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da materia valoraranse co 25% restante da cualificación final.
O criterio de avaliación para o alumnado non presencial consistirá na entrega por correo electrónico de comentarios escritos e breves traballos (70%) durante o período lectivo e na entrega, todo máis tardar na data oficial da 1ª oportunidade, dun traballo monográfico (30%); as súas características comunicaraas o profesor coa antelación suficiente.
.
2ª oportunidade (xuño)
Tanto o alumnado con dispensa de asistencia coma o alumnado presencial que faltou a un 20 % ou máis das clases e o que asistiu pero non acadou unha media de 5 na realización dos diferentes comentarios e traballos da avaliación continua, ten que realizar un traballo de certa complexidade, que entregará na data fixada pola Facultade para a 2ª oportunidade e que suporá o 100% da nota.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.