Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento fundamental da gramática descritiva do galego no nivel das unidades “morfema” e “palabra”:
-Obter as habilidades básicas para poder describir a estrutura interna das palabras
-Coñecer e identificar adecuadamente as unidades morfolóxicas do galego
-Saber distinguir os compoñentes morfolóxicos da palabra, particularmente os flexivos
-Coñecer a caracterización e clasificación de cada clase de palabras
1. A morfoloxía. Definicións, obxectivos, modelos de análise
2. Unidades e procesos morfolóxicos.
3. Relacións morfolóxicas: Flexión e formación de palabras
4. Relacións entre morfoloxía, sintaxe e fonoloxía
5. Morfoloxía flexiva do galego
Bibliografía básica
Lecturas obrigatorias
Azuaga, L. (1996): “Morfologia”, en Isabel Hub Faria et alii (eds.): Introdução à Linguistica Geral e Portuguesa, Lisboa: Caminho, 215-246.
Bosque, I. (1983): “La morfología”, en F. Abad e A. García Berrio (coords.): Introducción a la lingüística. Madrid: Alhambra.
González Pereira, M. e F. Albertuz Carneiro (2000): “Morfoloxía”, en Ramallo et alii (eds.): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, 585-627.
Textos introdutorios
Lyons, J. (1968): Introduction to theoretical linguistics. Cambridge: Cambridge University Press. Trad. esp.: Introducción en la lingüística teórica. Barcelona: Teide.
Pena, J. (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.
Robins, R. H. (1989): General linguistics: an introductory survey. London / New York: Longmans. Trad. esp.: Lingüística general. Madrid: Gredos.
Spencer, A. (2000): “Morphology”, en M. Aronoff e J. Rees-Miller The Handbook of linguistics. Oxford: Blackwell, 213-237.
Gramáticas
Álvarez, R. e X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Álvarez, R. H. Monteagudo e X. L. Regueira (1986): Gramática galega. Vigo: Galaxia.
Ferreiro, Manuel (2001): Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento.
Freixeiro Mato, X. R. (1999): Gramática da lingua galega, t. III: Semántica. Vigo: A Nosa Terra.
Freixeiro Mato, X. R. (2000): Gramática da lingua galega, t. II: Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra.
Mateus M. H. Mira et alii (2003): Gramática da Língua Portuguesa. Lisboa: Caminho.
Manuais e lecturas de referencia
Bauer, Laurie (2003): Introducing Linguistic Morphology. Edingburg: Edinburg University Press.
Booij, Geert (2012): The grammar of words. An introduction to linguistic morphology. 3rd edition. Oxford: OUP.
Bybee, J. (1985): Morphology: a study of the relation between meaning and form. Amsterdam: John Benjamins.
Fábregas, Antonio (2013): La morfología. El análisis de la palabra compleja. Madrid: Síntesis.
Haspelmath, M. e A. D. Sims (2010): Understanding Morphology. Second Edition. London: Hodder Education.
Hippisley, Andrew e Gregory Stump (2016): The Cambridge handbook of morphology. Cambridge: CUP.
Mateus, M. H. Mira e E. d’Andrade (2000): The phonology of portuguese. Oxford: OUP.
Matthews, P. H. (1991): Morphology. Second Edition. Cambridge: Cambridge University Press. Existe tradución española da primeira edición (1974): Morfología. Madrid: Paraninfo, 1980.
Pena, J. (1990): “Sobre los modelos de descripción en morfología”, en Verba 17, 5-75.
Pöll, Bernhard (2016): “144. Portuguese”, en Peter O. Müller, Ingeborg Ohnheiser, Susan Olsen, Franz Rainer (eds.) Word-Formation. An International Handbook of the Languages of Europe. Volume 4, pp. 2600-2619.
Rio-Torto, Graça et alii (2013): Gramática derivacional do Português. Coimbra: Imprensa da Universidade de Coimbra.
Spencer, A. e A. Zwicky (eds.) (1998): The handbook of morphological theory. Oxford: Blackwell.
Varela, Soledad (2018): Morfología léxica: La formación de palabras. Versión corregida y aumentada. https://morforetem.files.wordpress.com/2018/06/formacic3b3n-de-palabras….
Villalva, A. (2000): Estruturas morfológicas: unidades e hierarquias nas palavras do português. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian.
*Capacidade de recoñecer, caracterizar e clasificar as unidades “palabra” e “morfema” da gramática do galego.
*Capacidade de comprensión e valoración crítica de textos sobre temas de morfoloxía.
*Capacidade para realizar estudos sobre aspectos concretos relacionados coas unidades “palabra” e “morfema”.
*Habilidade no manexo das diferentes gramáticas e descricións morfolóxicas xerais sobre o galego.
· Sesións expositivas. Para a introdución dos conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística, aplicados a datos da lingua galega. A explicación apoiarase moitas veces na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos.
· Sesións de seminario. Traballaranse contidos vistos nas sesións expositivas.
· Titorías programadas. Dedicaranse á resolución das posibles dúbidas sobre os contidos da materia.
· Actividades do curso. Exercicios, traballos, exposicións, comentarios... de carácter obrigatorio que serán recollidos nas aulas. Algúns deles terán carácter non presencial e deberán ser entregados nas datas que no seu momento se indiquen.
· Lecturas: elemento fundamental. Ao longo do curso encargarase unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais.
Nesta materia farase uso del Campus Virtual da USC para traballar. Os alumnos e alumnas deberán atender ó seu correo rai da USC.
Atención: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación da consecución das competencias esixidas terá en conta:
A) A asistencia ás clases é obrigatoria. Quen supere 6 faltas sen xustificar perderá as notas de avaliación continua.
B) Actividades do curso: Esta é a parte de avaliación continua. Ao longo do curso, recolleranse diversos traballos e exercicios, tanto de elaboración presencial como non-presencial. Valorarase a calidade e, no seu caso, a orixinalidade, así como o deseño e presentación. A avaliación destas actividades suporá un 30% da nota final. N.B.: Haberá unha data de entrega para cada traballo; fóra desa data, non se recollerán traballos se xa foron corrixidos na clase; cada traballo non entregado sumará 0 nas notas.
C) Contidos da materia: É obrigatoria a realización do exame de primeira oportunidade. Alén dos contidos teórico-prácticos, valorarase o dominio do código normativo, a coherencia e a cohesión textual. A nota deste exame escrito conta o 70%.
A nota final obterase sumando B e C.
D) Os alumnos que non poidan asistir regularmente á clase deben obter unha dispensa outorgada polo Decanato e deberán realizar unha serie de traballos e lecturas personalizadas, a maiores das que fan os compañeiros que asisten regularmente ás clases. O profesor porá datas límites para a entrega de cada traballo; non se recollerán traballos máis alá do último día das clases; cada traballo non entregado sumará 0 nas notas. Deben comunicar ó profesor esta situación nas dúas primeiras semanas de clase. Neste caso, os traballos sumarán o 30% da nota final; o 70% restante obterase nos exames oficiais correspondentes.
Aqueles alumnos que suspendan a materia na primeira oportunidade deberán realizar o exame oficial de segunda oportunidade. As notas das actividades de curso (B) serán usadas para computar a nota da segunda oportunidade, xunto coa que obteñan no exame oficial. Os que suspendan na primeira oportunidade deberán, polo tanto, repetir só o exame (C) de contidos da materia. Para os alumnos con dispensa de asistencia, o 30% da nota corresponderase coa obtida nos traballos de curso, tanto na convocatoria da primeira coma na da segunda oportunidade.
ATENCIÓN: Os alumnos que superen as faltas de asistencia sen xustificar perderán o dereito á avaliación continua. Isto significa que terán 0 nas notas de traballos de clase (aínda que entregasen traballos e tivesen cualificacións positivas nestes apartados, terán 0 de tódolos xeitos). A súa nota final (tanto no exame da primeira coma no da segunda oportunidade) calcularase co 0 de traballo de clase e o 70% da nota do exame.
A materia desenvólvese coa seguinte distribución:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS: 60 horas
-36 horas de clases expositivas
-16 de sesións de seminario e prácticas
-3 horas de titorías programadas.
-5 horas de avaliación
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS: 110 horas
-60 horas de estudo e preparación do traballo realizado na aula
-30 horas de lecturas e realización do traballo de curso
-20 horas de preparación de probas parciais
Recoméndase levar ó día as lecturas obrigatorias e as explicacións das clases.
Plan de continxencia
Metodoloxía de ensinanza
ESCENARIO 2 DA COVID-19
Será o mesmo sistema de ensino ca no escenario 1, con arranxo ás normas xerais que se establezan. Para a docencia presencial darase preferencia ás aulas interactivas. A docencia non presencial realizarase a través da plataforma Teams e do Campus Virtual da USC, combinando actividades de carácter síncrono e asíncrono.
ESCENARIO 3 DA COVID-19
A docencia realizarase de maneira non presencial a través da plataforma Teams e do Campus Virtual da USC, combinando actividades de carácter síncrono e asíncrono.
Crearanse tarefas e foros específicos para o ensino interactivo non presencial.
Sistema de avaliación
ESCENARIO 2 DA COVID-19
A) As actividades do curso achegarán o 30% da cualificación final da materia.
B) A proba final da materia e será preferentemente presencial e achegará o 70% da cualificación final da materia.
C) Alumnado con dispensa de asistencia. As actividades do curso achegarán o 30% da cualificación final da materia e a proba final da materia achegará o 70% restante.
Quen suspendan a materia na primeira oportunidade deberán realizar o exame oficial de segunda oportunidade. As cualificacións de avaliación continua (actividades de curso) serán as obtidas ó longo do curso.
ESCENARIO 3 DA COVID-19
a) O sistema será idéntico para os alumnos de asistencia obrigatoria e para os alumnos con dispensa.
b) Na primeira oportunidade: Traballo de avaliación continua, 50%; cada traballo non entregado puntuará 0; proba final síncrona, 50%.
Na segunda oportunidade: proba final telemática síncrona, 50%; avaliación continua, 50% (nesta parte, manteranse as notas obtidas ó longos do curso).
Francisco Xosé Dubert García
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811895
- Correo electrónico
- francisco.dubert [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D10 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D10 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | C03 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | C03 |
25.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D09 |
25.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D09 |
25.05.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
30.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
30.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D09 |
30.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D09 |