Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as aplicacións da lingüística computacional e das tecnoloxías da fala.
Comprender a utilidade e as vantaxes das novas tecnoloxías no estudo e o ensino da lingua.
Coñecer as ferramentas informáticas básicas aplicables ao estudo da lingua galega.
Coñecer os corpus textuais do galego e as súas posibilidades de explotación.
1. Introdución ás tecnoloxías lingüísticas
2. Ferramentas básicas para o tratamento da información textual no ensino e na investigación
3. Corpus lingüísticos
4. Os corpus lingüísticos do galego
5. Formas básicas de explotación dos corpus
Bibliografía básica
Barrena García, Manuel (2020): Word para universitarios. Tutorial para la confección de documentos académicos. Cáceres: Sindéresis. http://dehesa.unex.es/bitstream/10662/11684/6/978-84-09-25217-6.pdf
Lavid, Julia (2005): “Las nuevas tecnologías y su imparto en la enseñanza de las humanidades” en Lenguaje y nuevas tecnologías. Madrid: Cátedra.
Martí, M. A. (2003): Las tecnologías de la lengua y la sociedad de la información. En M. A. Martí (Ed.), Tecnologías del lenguaje. Barcelona: Editorial UOC. (pp. 9–29)
Rojo, Guillermo (2021): Introducción a la lingüística de corpus en español. Londres y Nueva York: Routledge. (cap. 1 e 2)
Bibliografía complementaria
Berber Sardinha, T. (2004): Lingüística de Corpus. Barueri: Manole.
Briz Gómez, A. & M. Albelda Marco (2009): “Estado actual de los corpus de lengua española hablada y escrita: I+D”, en El español en el mundo. Anuario del Instituto Cervantes 2009. Madrid: Instituto Cervantes.
Briz, A. & Grupo Val.Es.Co: (2002): Corpus de conversaciones coloquiales. Madrid: Arco Libro.
Fernández Rei, E. & X. L. Regueira (ed.) (2008): Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura e Instituto da Lingua Galega.
González Seoane, E., A. Santamarina & X. Varela (eds.) (2008): A lexicografía galega moderna. Santiago de Compostela: Consello da Cultura e Instituto da Lingua Galega.
Hoffmann, Sebastian, Stefan Evert, Nicholas Smith, David Lee & Ylva Berglund Prytz (2008): Corpus Linguistics with BNCWeb-a Practical Guide. Frankfurt: Lang.
Hunston, S. (2002): Corpora in Applied Linguistics.UK: University Press, Cambridge..
Lavid, Julia (2005): Lenguaje y nuevas tecnologías: nuevas perspectivas, métodos y herramientas para el lingüista del siglo XXI. Madrid: Cátedra.
Rojo, G.; M. S. López Martínez; E. Domínguez Noya e Fco. M. Barcala Rodríguez (2016): “O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA): estado actual e perspectivas” en M. González González (ed.): Lingua, pobo e terra. Estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruíbal. Xunta de Galicia: Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, pp. 445-473.
Domínguez Noya, E.; M. S. López Martínez e Fco. M. Barcala Rodríguez (2019): “Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA): composición, codificación, etiquetaxe e explotación”. Verba: Anuario Galego de Filoloxía, Anexo 79, pp. 179-218.
https://www.usc.gal/libros/es/categorias/909-corpus-y-construcciones-28…
McEnery, Tony, Richard Xiao & Yukio Tono (2006): Corpus-based Language Studies. An advanced resource book. Londres: Routledge.
Moreno Sandoval, Antonio (2019): Lenguas y computación. Madrid: Editorial Síntese
Sierra Martínez, G. E. (2017): Introducción a los corpus lingüísticos. México: UNAM.
Sinclair, John (1991): Corpus, Concordance, Collocation, Oxford: Oxford Univ. Press.
Venegas, R. & Silva, J. (2007): "El Manchador de Textos: Una herramienta computacional para el análisis de textos". En G. Parodi (Ed.), Lingüística de Corpus y Discursos Especializados: Puntos de Mira. Valparaíso: Ediciones Universitarias de Valparaíso, pp. 53-76.
Walter, Melissa (2000): Cómo escribir trabajos de investigación. Barcelona: Gedisa.
Wynne, Martin (ed.) (2005): Developing Linguistic Corpora: a Guide to Good Practice. Oxford: Oxbow Books.
Capacidade para manexar as ferramentas e recursos na rede para a investigación e o estudo do galego.
Adquisición dos métodos e principais aplicacións das tecnoloxías lingüísticas.
Demostrar o coñecemento dos diferentes tipos de corpus e a súa clasificación.
Demostrar o coñecemento dos corpus textuais do galego e as súas aplicacións.
Capacidade para recuperar información dos corpus textuais galegos.
Escenario 1. Normalidade adaptada
A descrición das actividades que se realizarán é a seguinte:
Sesións expositivas. Nelas presentaranse os conceptos teóricos e metodolóxicos fundamentais da materia. O profesor ou profesora ilustrará as explicacións con lecturas, comentarios e exemplos. Tamén ser lle poderá requirir ó alumnado a lectura dunha serie de textos que reforcen e/ou complementen os contidos. Estes textos indicaranse na Aula Virtual e/ou na plataforma Teams ó principio de curso.
Sesións interactivas. traballarase co apoio de ordenadores e terán carácter eminentemente práctico. Nelas levaranse a cabo pequenos traballos que axuden na aprendizaxe do manexo das ferramentas informáticas, no manexo e técnicas para a recuperación de datos lingüísticos a partir dos corpus e o seu aproveitamento para o estudo da lingua. Os materiais empregados nas sesións interactivas estarán dispoñibles na Aula Virtual e/ou na plataforma Teams.
Nas titorías personalizadas o/a profesor/a comentará o seguimento do traballo realizado e tamén os traballos individuais encomendados.
A Aula Virtual e/ou a plataforma Teams. Ofrecerá toda a información relevante do curso, así como o material de lectura e traballo. Así mesmo, tamén se utilizará para a presentación de exercicios, cuestionarios, traballos etc.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenario 1. Normalidade adaptada
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Opción A (avaliación continua). Para seguir este sistema de avaliación, será precisa unha asistencia regular ás clases; os alumnos deberán xustificar as faltas de asistencia.
Actividades na aula (40%). Os alumnos e alumnas deberán realizar nas clases interactivas catro actividades relacionadas co tratado nas clases expositivas e subilas á Aula Virtual e/ou á plataforma Teams, segundo se indique.
Traballo de curso (25%). Este traballo é obrigatorio. Realizarase en grupo e haberá que expoñelo na aula.
En todas estas actividades valorarase a coherencia, a organización e a claridade. As alumnas e alumnos que non presenten estas actividades no prazo indicado serán cualificados cun cero (0), agás que documenten una causa xustificada. Neste caso, indicarase un novo prazo.
Proba escrita (35%). Constará dunha proba escrita na que se valorará o coñecemento dos conceptos propios da materia relacionados coa rede e cos programas de xestión de datos lingüísticos. Valorarase a claridade na definición dos conceptos e o dominio do código normativo.
Opción B. Alumnos e alumnas con dispensa de asistencia a clase
As alumnas e alumnos que obteñan a dispensa de asistencia a clase por parte da xunta do centro e a acrediten debidamente rexeranse polo seguinte sistema de avaliación, tanto na primeira oportunidade coma na segunda:
Proba escrita. A puntuación acadada suporá un 40% da nota final. Ademais do coñecemento dos conceptos propios da materia, valorarase a claridade na definición dos conceptos e o dominio do código normativo.
Actividades. A profesora ou profesor determinará os traballos que deberán realizar, así como os prazos de entrega. Esta parte suporá o 60%. A relación de actividades estará indicada na Aula Virtual. Valorarase a coherencia, a organización e a claridade. Quen opte por este sistema deberá poñerse en contacto cos responsables da materia antes do 30 de setembro.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Recuperación do apartado “actividades na aula”. Os alumnos e alumnas que o precisen para superar a materia ou para compensar a cualificación final deberán presentar por escrito e no prazo indicado pola profesora ou profesor as actividades que, no seu momento, estarán accesibles na Aula Virtual e/ou na plataforma Teams. A puntuación acadada con estes exercicios suporá un 60% da nota final. En todas estas actividades valorarase a coherencia, a organización e a claridade.
Proba escrita. Deberán presentarse aquelas alumnas e alumnos que non superaron a materia na primeira oportunidade. A puntuación acadada suporá un 40% da nota final. Valorarase a claridade na definición dos conceptos e o dominio do código normativo.
OBSERVACIÓNS
Hai que ter en conta que para superar a materia é requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito. En consecuencia, na cualificación tanto dos exames como dos traballos repercutirán negativamente as faltas de ortografía (0'2 por cada falta), así como os problemas de redacción, estilo, coherencia, etc.
Actividades presenciais
Sesións expositivas: 16 horas
Sesións de aula de informática: 32horas
Sesións de titorías programadas: 3 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Total: 54 horas
Actividades non presenciais
Estudo e preparación de actividades programadas nas aulas expositivas: 36 horas
Realización de traballos: 40 horas
Lecturas: 10 horas
Preparación de exames: 10 horas
Total de horas de actividade non presencial: 96 horas
É desexable que os estudantes teñan un certo grao de soltura no manexo do ordenador a nivel de usuario.
Dous terzos da materia son de carácter práctico. Por tanto, recoméndase unha atención continuada para atinxir o mellor aproveitamento dela.
PLAN DE CONTINXENCIA
De acordo coas recomendacións feitas públicas pola Universidade de Santiago de Compostela no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, o programa da materia desenvolverase de acordo co sinalado anteriormente se se dan as condicións do denominado Escenario 1. Normalidade adaptada. Noutro caso realizaranse as adaptacións que a continuación se sinalan para cada escenario.
Escenario 2
Metodoloxía da ensinanza. Será o mesmo sistema de ensino ca no escenario 1, con arranxo ás normas xerais que se establezan. Na medida do posible, para a docencia presencial darase preferencia ás aulas interactivas. A docencia non presencial realizarase a través da Aula Virtual e/ou da plataforma Teams, combinando actividades de carácter síncrono e asíncrono.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Non cambian os valores respectivos de cada parte da avaliación con respecto ó escenario 1, só que a proba escrita de avaliación continua poderá ser telemática (se as normas así o esixen), o “traballo de curso” será presencial e as “actividades na aula” presentaranse coma no escenario 1.
Aqueles alumnos e alumnas que suspendan a materia na primeira oportunidade deberán realizar a proba telemática na data oficial de segunda oportunidade. Non cambian as restantes condicións con respecto ó escenario 1.
Escenario 3
Metodoloxía da ensinanza . Empregarase a Aula Virtual e/ou a plataforma Teams, de acordo coas normas xerais que se establezan no momento. A docencia non presencial realizarase a través da Aula Virtual e/ou a plataforma Teams, combinando actividades de carácter síncrono e asíncrono.
Crearanse tarefas e foros específicos para o ensino interactivo non presencial.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
a) O sistema será idéntico para os alumnos de asistencia obrigatoria e para os alumnos con dispensa.
b) Os valores de cada parte da avaliación serán os seguintes: a proba escrita de avaliación continua que poderá ser telemática (se as normas así o esixen), (30%), O “traballo de curso” será individual e presentado na Aula Virtual (30%). As “actividades na aula” (40%) presentaranse coma no escenario 1.
Aqueles alumnos e alumnas que suspendan a materia na primeira oportunidade deberán realizar a proba telemática na data oficial de segunda oportunidade. Non cambian as restantes condicións con respecto ó escenario 1.
Maria Sol Lopez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811823
- Correo electrónico
- msol.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xulio Sousa Fernández
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811866
- Correo electrónico
- xulio.sousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C09 |
21.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
21.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C10 |
21.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C10 |
21.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C10 |
16.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C10 |
16.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
16.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C10 |
16.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C10 |