Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Conseguir un coñecemento panorámico das principais etapas da historia da narrativa galega da posguerra aos nosos días, da singularidade da súa configuración discursiva e do seu contexto de produción e recepción.
-Coñecer en profundidade un conxunto de obras consideradas canónicas ou que permiten unha reflexión máis ampla sobre cuestións específicas do desenvolvemento da narrativa galega.
O ALBOREXAR DA PROSA FICCIONAL GALEGA
Antonio López Ferreiro: "Ou castelo de Pambre". Recoméndase esta edición; Santiago, Sotelo Blanco, 2005.
Francisco Álvarez de Nóvoa e a súa alternativa modernizadora: análise do prólogo " Dous parrafeos" e dalgún conto de " Pé dás burgas" en clase.
As coleccións de narrativa breve: un proxecto estratéxico no programa ideolóxico-cultural das Irmandades e Nós.
DA POSGUERRA Á ACTUALIDADE
1. A RECONSTRUCIÓN DO DISCURSO NARRATIVO NA GALICIA DO FRANQUISMO, UNHA TAREFA DE INDIVIDUALIDADES.
Álvaro Cunqueiro e "Merlín e familia". A tradición artúrica como punto de partida.
Ánxel Fole: a ficción etnográfica
2. A NARRATIVA DO EXILIO:
"A esmorga", de Eduardo Branco Amor (aconséllase unha edición recente, na que aparezan restaurados os cortes impostos pola censura na de 1959)
A asimilación das novidades técnicas e formais en " Remuíño de sombras" de Xosé Neira Vilas (1973)
3. A " NOVA NARRATIVA GALEGA":
" Percival e outras historias" de XL Méndez Ferrín (1958)
4. A DÉCADA DOS 70:
A novela de iniciación sentimental. "Adiós, María" (1971) de Xohana Torres.
5. DE 1980 Aos nosos DÍAS. A NARRATIVA, á PROCURA DA súa MAIORÍA DE IDADE
Aspectos sistémicos e socioliterarios.
-Ilustrísima (1980) de Carlos Casares
- Polaroid de Suso de Toro (1986)
-Un millón de vacas de Manuel Rivas (1989)
NOTA. Enténdese que os estudantes coñecen xa as obras literarias de lectura obrigatoria nas materias de literatura galega de cursos anteriores.
Ademais da bibliografía básica (manuais de historia da literatura galega, diccionarios, etc.), recoméndase a seguinte bibliografía selecta:
Carro, X.: A obra literaria de E. Blanco-Amor, Vigo, Galaxia, 1993.
Forcadela, M.: Manual e escolma da Nova Narrativa Galega, Santiago, Sotelo, 1993.
Franco Grande, X. L.: Os anos escuros.I. A resistencia cultural da xeración "da noite" (1954-60), Vigo, Xerais, 1985.
González-Millán, X.: A narrativa galega actual (1975-84), Vigo, Xerais, 1996.
González-Millán, X.: Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación, Vigo, Galaxia, 1991.
González-Millán, X.: Literatura e sociedade en Galicia (1975-90), Vigo, Xerais, 1994.
Monteagudo, H.: Carlos Casares, un contador de historias. Vida e obra. Vigo, Galaxia, 2017.
Noia, C.: A nova narrativa galega, Vigo, Galaxia, 1992.
Rodríguez, Francisco, Eduardo Blanco Amor. O desacougo da nación negada, Pontevedra, Cumio, 1993.
Tarrío, A.: Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía, Vigo, Galaxia, 1989.
Vilavedra, D.: “De Polaroid a Tic-tac ou como ser posmoderno pasando por Otero Pedrayo”, En Grial nº 127, 1995. pp. 333-43.
Vilavedra, D.: "La narrativa gallega de los 80, una década de búsqueda", Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca IV, UNED, 1996.
Vilavedra, D.: Sobre narrativa galega contemporánea, Vigo, Galaxia, 2000.
Vilavedra, D.: "Introducción" a O castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro. Santiago, Sotelo Blanco, 2005. pp. XLII-LXVII.
Vilavedra, D.: “Cartografiando la narrativa gallega contemporánea: la posición de Manuel Rivas y Suso de Toro en el sistema literario actual”. En Voces de Galicia: Manuel Rivas y Suso de Toro, Sadi Lakhdari coord., París, Indigo, 2012. pp. 20-41
Vilavedra, D.: “Valencias identitarias e canon literario: o caso de Manuel Rivas”. En Antípodas. Journal of hispanic and galician studies, XVIII, 2007.
Vilavedra, D.: A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010. Vigo, Galaxia, 2010
Vilavedra, D.: "La obra literaria de Manuel Rivas: notas para una lectura macrotextual”, En Romance notes nº 51, I, 2011, pp. 87-96.
Vilavedra, D.: “Cartografiando la narrativa gallega contemporánea: la posición de Manuel Rivas y Suso de Toro en el sistema literario actual”. En Voces de Galicia: Manuel Rivas y Suso de Toro, Sadi Lakhdari coord., París, Indigo, 2012. pp. 20-41
VVAA: Carlos Casares, a semente aquecida da palabra. Santiago, Consello da Cultura Galega, 2003.
VVAA: Grial nº 196. ·Carlos Casares, nun país de palabras". 2012
VVAA: Grial nº 213."Seis achegas a Carlos Casares". 2017
O alumnado debe, ao final do curso:
-ter un coñecemento panorámico do proceso por medio do cal se foi constituíndo o discurso narrativo galego, desde as orixes ata o punto de inflexión que supuxo a chegada da autonomía política.
- ser quen de identificar as singularidades, e os principais fitos, que caracterizan ese proceso.
-ter lidos os textos obrigatorios, ser quen de formular propostas interpretativas sobre eles e hipóteses sobre calquera outro texto da época, a partir do seu coñecemento global desta
-ser quen de ler, entender, sintetizar e valorar críticamente textos críticos sobre a narrativa da época
Combinaranse as sesións expositivas co comentario das obras que figuran como obrigatorias no programa (vide, supra) e outros textos que a profesora lle proporcione ao alumnado.
É IMPRESCINDIBLE, para un correcto aproveitamento das clases, ter realizadas as lecturas literarias cando se expliquen eses textos e autores na aula ou, cando menos, realizalas en paralelo.
Aplicable tanto na 1ª como na 2ª oportunidade. O alumnado será avaliado por:
1. Exame teórico-práctico no que se terá que demostrar que o coñecemento do programa. Realizaranse nas datas que marque o centro.
Entre un 80% e un 100% da nota final (vid.infra)
2. Participación na clase e valoración do aproveitamento por medio de comentarios das obras de lectura obrigada, da bibliografía que se lles mande ler ou de traballos que puntualmente se lles poida encomendar nas sesións interactivas.
Ata 2 puntos (20% da avaliación total). Esta porcentaxe terá efectos positivos na cualificación final só cando a nota do exame sexa como mínimo un 5
Enténdese que a realización e a entrega deses traballos é voluntaria. Polo tanto, se finalmente a profesora non tivese outros materiais a avaliar para obter o 20%, o exame final suporía o 100% da nota final.
O alumnado que obteña unha dispensa de asistencia a clase, ou que por circunstancias persoais sobrevidas (que deben ser comunicadas á profesora nas primeiras semanas do curso ou no momento en que se produzan, NON ao final) deberá realizar o exame final que suporá o 100% da súa cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases co fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula.
Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases co fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula.
Respecto á asistencia, aplicarase a normativa xeral da USC.
Dolores Vilavedra Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811884
- Correo electrónico
- dolores.vilavedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C09 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C11 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | C01 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | C01 |
24.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
24.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
24.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
24.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
24.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D12 |
24.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D12 |
28.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
28.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
28.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |