Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Uso, a nivel básico, das interaccións intermoleculares como modo de explicar e predicir a estructura e propiedades de sistemas materiais sinxelos. Extrapolar, de forma cualitativa, estes contidos a sistemas máis complexos (concretamente sistemas biolóxicos).
- Coñecemento da natureza dos fenómenos de transporte e en particular da difusión. Tratamento elemental deste fenómeno de transporte e a súa aplicación en ámbitos afíns ao Grao de Farmacia (Bioquímica, Farmacoloxía e Tecnoloxía Farmaceútica).
- Coñecemento da Cinética Química Formal, orientado á súa posterior utilización en Bioquímica, Farmacoloxía e Teconoloxía Farmaceútica.
- Lograr unha adaptación dos alumnos ao manexo de conceptos abstractos, do tipo dos utilizados na termodinámica clásica, e a súa utilización para o estudio de fenómenos de carácter químico.
BLOQUE I:
Lección 1: Acción dun campo eléctrico sobre moléculas polares e apolares: momento dipolar e polarizabilidade. Forzas intermoleculares de atracción: interaccións dipolo-dipolo, dipolo-dipolo inducido e forzas de dispersión. Enlaces de hidróxeno. Forzas intermoleculares repulsivas. Potencial de Lennard-Jones. Relación coas propiedades termodinámicas. Características xerais dos polímeros.
BLOQUE II:
Lección 2: Obxectivos da Termodinámica. Variables de estado e funcións de estado. Terminoloxía termodinámica: tipos de sistemas e procesos. Estados de equilibrio e de non equilibrio. Calor e traballo: criterio de signos e unidades. Procesos termodinámicamente reversibles e irreversibles.
Lección 3: Primeiro Principio da Termodinámica; concepto de enerxía interna. Intercambios de calor a volume e presión constante: concepto de entalpía. Variacións de enerxía interna e entalpía coa temperatura: concepto de capacidade calorífica: capacidades caloríficas a presión e a volume constante. Variación das capacidades caloríficas coa temperatura
Lección 4: Termoquímica: calor de reacción. Ecuacións termoquímicas. Leis Termoquímicas. Calor normal de reacción: entalpías convencionais. Variación da calor de reacción coa temperatura: Ecuación de Kirchoff.
Lección 5: Procesos espontáneos. Enunciados do Segundo Principio da Termodinámica. Establecemento do concepto de entropía. Variación de entropía en procesos reversibles e irreversibles: desigualdade de Clausius. A variación de entropía como criterio de espontaneidade. Significado molecular da entropía. O Terceiro Principio da Termodinámica e entropías absolutas.
Lección 6: Funcións de Gibbs e de Helmholtz: o seu significado físico. A súa utilización como criterio de espontaneidade. Variación da enerxía libre de Gibbs coa presión e a temperatura: ecuación de Gibbs-Helmholtz.
BLOQUE III:
Lección 7: Magnitudes molares parciais. A ecuación fundamental da termodinámica química e o concepto de potencial químico. Significado físico do potencial químico. Variación do potencial químico coa presión e a temperatura. Condición xeral de equilibrio material.
BLOQUE IV:
Lección 8: Cinética química: xeneralidades. Velocidade de reacción. Ecuación de velocidade. Orde de reacción. Constante de velocidade: unidades. Integración das ecuacións cinéticas máis simples. Tempo necesario para alcanzar un certo grao de avance: tempo de semirreacción. Métodos de cálculo dos parámetros cinéticos. Efecto da temperatura: ecuación de Arrhenius.
Lección 9:Reaccións elementais. Reaccións opostas. Reaccións paralelas. Reaccións consecutivas: aproximación do estado estacionario. Catálise: xeneralidades.
Lección 10: Fenómenos de transporte: xeneralidades. Difusión: leis de Fick. Viscosidade: lei de Newton. Fluídos non newtonianos. Propiedades reolóxicas dos polímeros.
"Química ´Física”. T. Engel y P. Reid. Ed. Addison-Wesley
"Fisicoquímica para Farmacia y Biología". P. Sanz y otros. Ediciones Científicas y Técnicas S.A., SALVAT.
"Fisicoquímica". I. N. Levine. Ed. McGraw-Hill.
"Fisicoquímica". P. W. Atkins. Ed. Addison-Wesley Iberoamericana.
"Fisicoquímica". D.W. Ball. Ed. Thomson.
- FM01.-Aplicar os coñecementos de Física e Matemáticas ás ciencias farmacéuticas.
- Q05.- Coñecer as características físico-químicas das sustancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
- Q06.- Coñecer e comprender as características das reaccións en disolución, os diferentes estados da materia e os principios da termodinámica e a súa aplicación ás ciencias farmacéuticas.
- TF03.- Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e factores que condicionan a absorción e disposición en función das súas vías de administración.
- TF05.- Coñecer as propiedades físico-químicas e biofarmacéuticas dos principios activos e excipientes así como as posibles interaccións entre ambos.
- MF01.-Utilizar de forma segura os medicamentos tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.
-CP01.- Capacidade crítica e autocrítica.
- CI01.-Capacidade de análise e síntese
- CP05.-Capacidade de comunicarse con expertos doutras áreas
Utilizaranse:
- Clases expositivas en grupo grande: leccións impartidas polo profesor de maneira presencial, nas que se expoñen os contidos teóricos fundamentais da materia e propóñense e realizan problemas básicos de aplicación dos mesmos.
Tamén plantéxanse actividades complementarias que debe realizar o alumno: estudo de contidos adicionais de teoría non incluídos nestas clases, realización individual de problemas numéricos e outras actividades individuais ou en grupo.
- Clases interactivas en grupo reducido: clase teórico/práctica presencial na que se propóñen e resolven dúbidas e aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas maneiras: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, sesións relativas a algunha aprendizaxe cooperativa proposta, etc. A asistencia a estas clases interactivas en grupo reducido será obrigatoria.
- Titorías de “pizarra” en grupos moi reducidos: Titorías presenciais programadas polo profesor. Propóñense actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas programadas.
A cualificación global na 1ª oportunidade do curso, será a resultante de sumar a obtida no exame de teoría e problemas máis a correspondente á avaliación continua.
O exame de Teoría constará de varias cuestións aplicadas con varios apartados. O exame de Problemas constará de dous problemas con diversos apartados. Faránse os exames de maneira presencial.
A cualificación máxima que se pode alcanzar no exame de teoría e problemas será de 8 puntos, correspondendo 5,5 puntos á teoría e os 2,5 restantes á nota de problemas. Un requisito indispensable para aprobar a materia será obter unha nota igual ou superior a 2 en teoría e igual ou superior a 1 en problemas.
A cualificación máxima correspondente á avaliación continua é de 2 puntos e establecerase tendo en conta: a participación activa do alumno nas clases interactivas, a realización de actividades propostas, a asistencia a titorías, as notas correspondentes ás probas escritas que sobre apartados específicos póidanse realizar, etc. Para que o alumno poida acceder á cualificación correspondente á avaliación continua, é requisito indispensable a asistencia do alumno ás clases interactivas.
Os alumnos repetidores que o desexen, poden manter a calificación da evaluación continua correspondente ao curso anterior sen ter que asistir as clases interactivas, sendo requisito indispensable ter firmado, ao principio do cuadrimestre, un documento acreditativo de dito compromiso co profesor encargado da asignatura.
Na segunda oportunidade do curso académico, só se realizará o exame de teoría e
problemas, conservándose a cualificación correspondente á avaliación continua obtida
durante o curso. As notas máximas sobre as que se calificarán estas duas partes do examen e os mínimos requeridos en cada unha serán os mesmos que os da primera convocatoria. Manterase tamen o requisito de ter cuberta a asistencia obrigatoria ás clases interactivas durante o curso.
A evaluación das competencias adquiridas na asignatura realizarase a través das seguintes vías:
No exame: as competencias específicas: FM01, Q05, Q06, TF03, FT05 e as transversais: CP01 y CI01.
Nas clases interactivas: as específicas: FM01, Q05, Q06, TF03, FT05 y MF01 e as transversais: CP01, CI01 Y CP05.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (60 HORAS)
- Clases expositivas : 30 horas
- Clases interactivas: 24 horas
- TItorías (grupo moi reducido): 2,5 horas
- Exames de teoría e problemas e a sua revisión: 3,5 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (90 HORAS)
- Clases expositivas (estudio autónomo individual ou en grupo): 45 horas
- Clases interactivas(resolución de exercicios ou outros traballos): 33 horas
- Titorías (orientación e resolución de dúbidas): 3 horas
- Preparación do exámen de teoría e problemas: 9 horas.
Repaso ou posta ao día dun conxunto mínimo de coñecementos de matemáticas (cálculo infinitesimal e xeometría analítica), física (mecánica, electricidade, sistemas de unidades) e química xeral.
Dedicación regular ao estudio da materia (períodos curtos diarios ou cada dous días, mellor que semanais).
Evitar introducirse nun capítulo sen alcanzar un certo grao de comprensión do anterior.
Adicar un esforzo especial á comprensión do significado ou natureza dalgúns contidos teóricos estratéxicos, así como aos métodos xerais de resolución dos problemas.
A plataforma virtual da USC utilizarase como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante de comunicación co alumno.
Juan Crugeiras Martinez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814430
- Correo electrónico
- juan.crugeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Matilde Casas Parada
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881815255
- Correo electrónico
- matilde.casas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Carmen Bujan Nuñez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814228
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.bujan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Carlos Garcia Monteagudo
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814915
- Correo electrónico
- juancarlos.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
16:30-17:30 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
16:30-17:30 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
16:30-17:30 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
16:30-17:30 | Grupo C /CLE_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Edafoloxía |