Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Este curso é de especial importancia na formación puramente profesional do farmacéutico, dado que e a materia de Farmacognosia aborda o estudo das plantas medicinais, e produtos obtidos delas, en todos os seus aspectos, desde a súa obtención, calidade, composición química, ata as súas accións farmacolóxicas e usos.
Os seus obxectivos son:
- Proporcionar ós alumnos unha visión do illamento de principios activos a partir de produtos naturais
- Formar ós alumnos no recoñecemento de drogas vexetais mediante métodos microscópicos e fitoquímicos
- Relacionar o efecto dos principios activos dos produtos naturais coas súas aplicacións terapéuticas
FARMACOGNOSIA XERAL
XENERALIDADES
Lección 1
Introdución á Farmacognosia. Concepto, historia e obxectivos. Conceptos de droga e principio activo. Fontes bibliográficas.
Lección 2
Fontes de obtención e conservación de drogas.
Obtención e recolección. Desecación. Estabilización. Almacenamento.
Lección 3
Recoñecemento de drogas.
Caracteres organolépticos. Caracteres morfolóxicos. Caracteres histolóxicos: elementos de diagnose. Caracteres químicos. Ensaios biolóxicos.
Lección 4
Extracción de principios activos das drogas.
Métodos. Separación fracionada de constituíntes. Extractos: a súa importancia.
Lección 5
Control de calidade das drogas.
Mostraxe. Contaminación: tipos. Determinación de humidade e cinzas.
FITOQUÍMICA
Lección 6
Rutas biosintéticas dos produtos naturais de orixe vexetal.
Glúcidos: Xeneralidades. Clasificación. Polisacáridos: clasificación, extracción e valoración. Gomas e mucílagos. Importancia en Farmacognosia.
Lípidos e proteínas de interese.
Lección 7
Heterósidos: Concepto. Clasificación. Propiedades xerais. Extracción. Interese en Farmacognosia.
Lección 8
Alcaloides: Concepto Clasificación. Propiedades xerais. Extracción. Interese en Farmacognosia.
Lección 9
Taninos: Concepto. Clasificación Propiedades xerais. Extracción e Valoración. Interese en Farmacognosia.
Lección 10
Compostos Terpénicos: Aceites Esenciais. Concepto. Propiedades xerais. Extracción e Valoración. Resinas. Látex.
Lección 11
Saponósidos. Concepto. Clasificación. Extracción e valoración. Interese en Farmacognosia.
FARMACOGNOSIA ESPECIAL
Drogas con principios activos sobre o Sistema Nervoso Central
Lección 12
Hipnoanalxésicos: Froitos de Adormidera. Opio.
Analxésicos, antipiréticos, antiinflamatorios: Cortiza de Salgueiro.- Harpagofito.
Lección 13
Sedantes: Raíz de Valeriana.-Sumidade de Pasiflora.-Tila.
Antidepresivos: Sumidad de Hipérico.
Lección 14
Estimulantes: Folla de Coca. Drogas con cafeína: Sementes de Café. Folla de Té. Outras drogas.
Lección 15
Psicotomiméticos: Cáñamo indiano. Outras drogas.
Drogas con principios activos sobre o Sistema Nervoso Periférico
Lección 16
Simpaticomiméticos: Sumidade de Efedra.
Simpaticolíticos: Cornezuelo do Centeo.
Parasimpaticomiméticos: Folla de Xaborandi.
Parasimpaticolíticos: Follas de Belladona e Estramonio.
Drogas con principios activos sobre o aparello cardiovascular
Lección 17
Cardiotónicos: Folla de Dixital.
Vasoconstrictores: Folla de Hamamelis. Castiñeiro de Indias. Rusco.
Vasodilatadores: Folla de Vinca. Folla de Ginkgo.
Drogas con principios activos sobre o aparello respiratorio
Lección 18
Antisépticos respiratorios: Filodios de Eucalipto. Esencia de Niaoulí. Tomiños.
Expectorantes e Balsámicos: Bálsamo de Tolú. Raíz de Regaliz. Raíz de Polígala.
Antitusíxenos: Raíces de Ipeca.
Drogas con principios activos sobre o aparello renal
Lección 19
Diuréticos: Drogas con actividade diurética.
Antisépticos urinarios: Folla de Gayuba.
Antiinflamatorios prostáticos: Sabal. Pygeum.
Drogas con principios activos sobre o aparello dixestivo
Lección 20
Clasificación dos laxantes
Laxantes antraquinónicos: Características xerais. Rizoma de Ruibarbo. Follas de Sen. Cortiza de Frángula. Cortiza de casca sacra. Aloes.
Lección 21
Laxantes osmóticos: Sementes de Plantagos.
Antidiarreicos: Raíz de Ratania. Outras drogas.
Lección 22
Eupépticos: Clasificación.
Carminativos: Froitos de Anís verde e Anís estrelado.
Antiespasmódicos: Manzanillas. Menta. Melisa.
Lección 23
Colagogos e coleréticos: Folla de boldo. Rizoma de Cúrcuma.
Hepatoprotectores: Folla de Alcachofa. Froito de Cardo mariano.
Tópicos Cutáneos
Lección 24
Astrinxentes: Folla de Hamamelis.
Emolientes: Sementes de Liño. Flor de Malva. Raíz de Altea.
Cicratizantes: Flores de Árnica. Sumidad de Hidrocotile.
Rubefacientes: Romeu. Alcanfor.
Citotóxicos e outras drogas
Lección 25
Antitumorais de vexetais superiores: Podofilo. Tezo. Vinca.
Antiparasitarios: Pelitres.
Antimaláricos: Cortiza de Quina.
Drogas que actúan sobre o metabolismo
Lección 26
Antigotosos: Bulbo de Cólchico.
Inmunoestimulantes: Equinácea.
Adaptóxenos: Raíces de Ginseng. Eleuterococo.
BÁSICA
Diego Cortés. Metabolitos secundarios activos. 2017.
Herbal Medicines. Pharmaceutical Press. 2013.
Bruneton J.- Farmacognosia, Fitoquímica, Plantas medicinales. Edit. Acribia. (todas las ediciones).
Trease Evans. Farmacognosia Edit. Interamericana-McGraw Hill (todas las ediciones).
COMPLEMENTARIA
Dewick, P.M. Medicinal Natural Products. Ed. Wiley. 2009.
Heinrich, M., Barnes, J., Gibbons, S., Williamson, E.M.- Fundamentals of Pharmacognosy and Phytoterapy. Churchill Livingstone. 2008.
Bravo Díaz, Luis. Farmacognosia. Edit. Elsevier España. 2003.
Cañigueral, S. Vila, R. Wichti, M.-Plantas medicinales y drogas vegetales para infusión y tisana. Edit. OEMF Internacional. 1998
Xerais
- Identificar, deseñar, obter, analizar, controlar e producir fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interés sanitario de uso humano ou veterinario.
- Avaliar os efectos terapéuticos e tóxicos de sustancias con actividade farmacolóxica
- Deseñar, preparar, subministrar e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
- Prestar consello terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así coma no ámbito nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servicios.
- Promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, así coma adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos sanitarios.
- Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
- Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
- Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
Específicas
-Coñecementos básicos acerca da obtención, conservación e análise das materias primas de orixe vexetal, que son utilizadas na elaboración de medicamentos.
-Competencia para determinar elementos de diagnóstico dunha droga.
-Coñecemento básico dos principais grupos fitoquímicos nos que poden englobarse as diferentes sustancias naturais responsables de actividade farmacolóxica.
-Competencia para deseñar procesos de illamento e identificación dun determinado composto natural en función das súas propiedades fisicoquímicas.
-Coñecemento desde o punto de vista químico, farmacolóxico e terapéutico das drogas que entran a formar parte de especialidades farmacéuticas actuais.
-Competencias para determinar a calidade dunha materia prima medicinal de orixe vexetal.
-Coñecementos básicos para a estandarización de produtos medicinais de orixe vexetal.
Ao longo do curso, e sempre a través da materia do CAMPUS VIRTUAL da USC, o alumno seguirá en todo momento as directrices indicadas polos profesores, para a boa coordinación e desenvolvemento da materia.
Esas directrices han de adaptarse á normativa que a Facultade/Universidade estipule segundo sexan as circunstancias (Covid-19) do momento. Son tres os posibles escenarios nos que a docencia ha de situarse.
Clases expositivas:
Exposición presencial, durante 1 hora, dos conceptos fundamentais do tema tratado, con utilización dos elementos didácticos necesarios (vídeos, diapositivas, etc).
Clases interactivas:
Clases presenciais nas que se aplicarán os coñecementos teóricos á hora de abordar hipotéticas situacións no marco desta disciplina. A súa finalidade é fomentar a análise e a discusión sobre un determinado tema ao que se ha de propor unha solución.
Clases prácticas:
Practicas presenciais no laboratorio de recoñecemento de dogas, tanto desde o punto de vista microscópico (observación e diagnóstico de preparacións de pos de drogas incluídas na Farmacopea Española) como fitoquímico (illamento e identificación dalgúns dos principais grupos fitoquímicos aos que pertencen os principios activos).
Para superar a materia é preciso realizar e aprobar as prácticas de laboratorio.
Avaliación de coñecementos teóricos (60% da nota final).
Realizarase un exame o día indicado no calendario oficial de exames elaborado pola Facultade de Farmacia. A proba consistirá nun lote de varias preguntas con diferentes posibles respostas cada unha delas, das que soamente unha é válida. As respostas incorrectas terán penalización; as non contestadas, non. O profesor porá en coñecemento dos alumnos, a nota mínima requirida neste exame, para poder aprobar a materia (dependerá do número de preguntas da proba). A nota máxima alcanzable neste apartado é de 6 puntos
Avaliación de prácticas (15% da nota final).
O exame realizarase con axuda dun microscopio e consistirá na identificación de drogas vexetais pulverizadas, a través dos seus elementos de diagnóstico. Devandito exame cualificarase con 1 punto como máximo. A actitude do alumno en prácticas valorarase sobre 0,5 puntos (máximo).
Avaliación continua e clases interactivas (25% da nota final).
Resolución de cuestións, expostas de forma presencial en clase. A suma total das cualificacións obtidas en diferentes exercicios pode alcanzar un máximo de 2,5 puntos.
O exame de segunda oportunidade será similar ao de primeira oportunidade e utilizaranse os mesmos criterios de avaliación.
A nota final será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das avaliacións antes citadas (10 puntos, máximo). En caso de non alcanzar a nota mínima esixida na avaliación dos coñecementos teóricos, a cualificación final será a suma das notas obtidas nas avaliacións de prácticas e avaliación continua e clases interactivas (15% + 25% da nota final).
Estudo individual 60 h.
Resolución de exercicios 20h.
Preparación do exame de prácticas 6h.
Recomendacións para a avaliación.
Recoméndase a asistencia ás clases expositivas e ás interactivas, xa que nestas últimas faranse unha serie de cuestións e exercicios que facilitarán a aprendizaxe da materia.
Recomendacións para a recuperación.
Recoméndase aos alumnos que comenten co profesor os resultados dos seus exames, que aclaren as súas dúbidas e que revisen os seus apuntamentos.
Alumnos repetidores
A cualificación obtida nas prácticas de laboratorio e na avaliación continua poderá manterse para aqueles alumnos repetidores que así o desexen; han de solicitar ao profesor a convalidación das prácticas que realizaron en cursos anteriores, antes do comezo das mesmas.
Alumnos con dispensa de asistencia a clase
Non verán afectada a súa cualificación final por este feito, aínda que a realización das prácticas de laboratorio é indispensable para aprobar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ezequiel Alvarez Castro
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814981
- Correo electrónico
- ezequiel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jose Manuel Brea Floriani
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- pepo.brea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Araceli Tobio Ageitos
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- araceli.tobio.ageitos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Aitor Picos Martinez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- aitor.picos.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Jesús María González Jartín
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- jesus.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:00-17:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |