Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Os obxetivos xerais da asignatura diríxense cara a adquisición dunha visión da futura saída profesional como Especialista en Análises Clínicas e en Bioquímica Clínica, cunha formación en dous eixos:
a) Coñecemento das tarefas do funcionamento dun laboratorio clínico, con especial atención á descripción das diferentes fases da determinación analítica, da producción de valores de referencia e dos sistemas de control e da calidade do laboratorio.
b) Comprende-lo sigñificado clínico e fundamentos das análisis de biomarcadores en diferentes enfermidades endocrinas e no cancro. Así como a información clinica util das analises sobre materiais biolóxicos distintos do sangue e da urina.
Clases Expositivas:
En calquera dos escenarios dos previstos nas Directirces para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura por acordo do Consello de Goberno da USC do 19 de xuño so 2020, hanse de cubri-los seguintes grupos temáticos e temas:
Grupo Temático I: O Laboratorio Clínico por Dentro
Tema 1. Fases das determinacións analíticas
Tema 2. A Fase Preanalítica.
Tema 3. A Fase analítica. Automatización no Proceso Analítico
Tema 4. A fase Postanalítica. Garantía de Calidade
Tema 5. Producción dos Valores de Referencia. Utilidade Clínica
Tema 6. Estratexias de Diagnóstico Molecular
Grupo Temático II: Semioloxía Bioquímico-Clínica
Tema 7. Utilidade clínica dos Líquidos Biolóxicos
Tema 8. TDM: Monitorización Bioquímica de Fármacos
Tema 9. Consideracións Preanalíticas no estudo dos Síndromes Endocrinos
Tema 10. Avaliación da función hipofisaria
Tema 11. Avaliación da función tiroidea
Tema 12. Avaliación da función suprarrenal
Tema 13. Avaliación da función gonadal
Tema 14. Marcadores Tumorais no Laboratorio Clínico-Bioquímico
Programa de Clases Interactivas:
aS Sesións que se impartirán en calquera dos escenarios previstos nas Directirces dunha Docencia Presencial Segura son:
CI-1: Cálculos estadísticos. Límites de Referencia. Control de Calidade
CI-2: Diseño dunha estratexia de diagnóstico molecular.
CI-3: Escenarios Clínicos: Outros líquidos biolóxicos, Síndromes endocrinos ou o Cancro.
A clases prácticas previstas para un escenario presencial (escenario-1) son:
Práctica 1. Garantía de Calidade. Estudio da Imprecisión.
Práctica 2. Estudio das Interferencias análiticas por Medicamentos.
Práctica 3. Diagnóstico Molecular: Detección dun fragmento xénico.
Práctica 4. Visita virtual ól Laboratorio de Bioquímica Clínica do CHUS.
Estas sesións prácticas necesariamente hanse de adaptar ó calendaro e distribución del alumnado que faga o Centro.
No caso de que se impoñan outros escenarios de docencia, as Prácticas -1,- 3 y- 4 son abordables en modos non presenciais (escenario-3) con simuladores informáticos, e si o escenario fose o segundo, a práctica-2 e 3 prácticas desenvolveranse semipresencialmente diferenciando a realización experimental (presencial) dos cáculos, manexo de datos e interpretaciones (telemático-sincrono) a través de MS Teams.
Básica:
a) Principios de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Alvaro González Hernández. 3ª edición. Elsevier. Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-389-6
Libro con alto grao de coincidencia en temas e no enfoque que se lle da a materia, axeitado como libro de texto para o estudo da materia.
b) Laboratorio Clínico: Indicaciones e Interpretación de los resultados. Kathleen Pagana, Timothy Pagana. Primera Edición en Español. Traducido por Martha Elena Buschbeck para Editorial El Manual Moderno S.A. Mexico-2015. ISBN 978-607-448-508-0
Texto traducido de la versión inglesa Mosby's Manual of Diagnostic and Laboratory Tests, 5th edition. Elsevier-2014.
c)Tietz Fundamentals of Clinical Chemistry and Molecular Diagnostics. Rifai N, Horvath A, Wittwer C. 8ª Edicion. Elsevier-2019. ISBN: 978-0-323-53044-6.
Considerado a Biblia das Análise Clinicas e diagnósticos de Laboratorio. Revisa os procedementos analíticos e desglosa as probas diagnósticas por órganos e tecidos en diferentes situacions fisiopatolóxicas.
d) Bioquímica Clínica. William J. Marshall; Stephen K Bangert and Márta Lapsley. 7ª Edicion. Elsevier; Barcelona-2013. ISBN 978-84-902-2115-0
Centrado nos aspectos máis bioquímicos e fisiopatolóxicos da función dos diferentes órganos e tecidos.
Complementaria .
a) Henry’s Clinical Diagnosis and Management by Laboratory Methods. 23rd Ed. Richard A. McPherson & Matthew R. Pincus. Elsevier-Saunders, 2017. ISBN 978-0-323-29568-0
b) Bioquímica Médica. John W. Baynes & Marek H. Dominiczak. 5ª Edición. Elsevier. –Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-406-0
Para o repaso dos coñecemntos da Bioquímica xeral
c) Best & Taylor: Bases Fisiológicas de la Práctica Médica. MA Dvorkin, DP Cardinali y RH Iermoli. 14ª edición. ED. Médica Panamericana-Buenos Aires -2010. ISBN: 978-950-06-0253-2
Para repaso da Fisioloxía e Fisiopatoloxía
Con esta asignatura dase formación nas competencias xerais e específicas contempladas na Orden CIN/2137/2008, e que a continuación se destacan.
Competencias xerais CG1 y CG2, que en relación ó módulo MF fan referencia a:
• Desenvolve-las análises clínicas e emiti-los correspondentes dictámenes de diagnótico de laboratorio.
• Coñecer e comprende-la estructura do corpo human, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracions moleculares e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaura-la saude.
• Desenvolver habilidades de comunicación e información con outros profesionais sanitarios ou pacentes.
• Levar a cabo as actividades da atención farmacéutica.
• Recoñece-las propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a sua competencia profesional.
Competencias específicas .
• Diseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas. Coñecementos dos fundamentos básicos das análises bioquímicas (B01; Q02, MF02; MF03).
• Coñece-las técnicas analíticas relacionadas cós diagnósticos de laboratorio (Q03, Q10, MF02, MF03, MF14 ).
• Intervir nas actividades de promoción da saude e prevención da enfermidade nos ámbitos individual, familiar e comunitario; dende unha visión do laboratorio clínico-bioquímico.
• Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita con pacentes e outros profesionais do se lugar de traballo (LS08).
Competencias transversales.
Entre as posibles competencias transversales a desenvolver dáselle máis importancia as seguintes:
• Habilidades de xestión da información (CI08).
• Resolución de problemas (CI09).
• Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas (CP05)
• Habilidade para o traballo autónomo (CS08).
Esta programación para o curso académico 2020-21 adáptase ós tres posibles escenarios previstos nas Directirces para o Desesnvolvemeno dunha Docencia Presencial Segura, por Acordo do Consello de Goberno da USC do 19 de xuño do 2020.
A) Clases Expositivas. Sesións de 55 min de duración que se impartiran axustadas ó calendario e horarios aprobados polo Centro. Pensadas para ser impartidas na aula e respetando as medidas de sanitarias que se establezan (escenario 1-presencial), son perfectamente reproducibles nun entorno virtual sincrono por MS Teams nos escenarios 2 e 3.
As explicacións do profesor usarán proxeccións ou presentacións dixitalizadas en calesquera escenario. O alumno participa siguindo as explicacións, plantexando as suas dúbidas e respondiendo individualmente e por un tiempo acotado, a alguhna cuestión puntuable que xurda durante a explicación, ou en relaión á sesión anterior. Para respostar se lle permitirá o acceso a suas anotacións, pero non á dos compañeros. As resposta entréganse en notas manuscritas ou usando ferramentas interactivas da plataforma MS Teams
B) Clases interactivas. Son sesións que duran duas horas cada unha, e axustadas ó calendario aprobado polo Centro.
O profesor fará unha pequena contextualización dun claso clínico y datos analíticos plantexaados para que o alumno resolva durante a sesión, aplicando os coñecementos teóricos explicados nas clases expositivas.
Diante dos posibles escenarios que prevee as Directrices para unha Docencia Segura, estos seminarios poderán ser adaptados parcialmente (escenario 2) o na sua totalidade (escenario 3) a una docencia en remoto sincrona ó calendario e horario aprobado polo Centro, a través da plataforma MS Teams.
Finalmente, esta actividade docente contepla que se plantexen cuestións puntuables para que os alumnos respondam durante un tempo acotado, e relacionadas có caso clínico estudado. Nos escenarios 2 e 3, as sesión impartidas a través de Teams se utilizará para o rexistro das entregas dos alumnos.
C) Clases prácticas de laboratorio: Pensadas como unha actividade presencial nas instalacións dos laboratorios de prácticas que usa ó Departamento de Bioquímica na Facultade de Farmacia (escenario-1), seguirán o calendario e distribución do alumnado elaborado polo Centro. Para a sua realización disponse dos protocolos de traballo.
Diante dun escenario de semipresencialidade (escenario-2) limitase a permanencia á obtención experimental dos datos nas prácticas-2 e -3, mentras que os respectivos desenlaces (cálculos e interpretacións) se farían en modo non presencial, e con apoyo telemático en sesión programada en MS Teams. A práctica -1 tamén podería desenvolverse no laboratorio o bloque experimental, ou se as condiións o requiren seria realizada nun modo en remoto.
Se o escenario a seguir fose o de non-presencialidade (escenario -3), as tres prácticas serán supervisada en sincrono medio de MS Teams, e a sua realización seria con simuladores informáticos.
A práctica 4 sólo se executa presencialmente no escenario 1, para os escenarios 2 e 3 sustituirase por unha visita virtual comentada.
No último día de cada turno de prácticas, e para calquera dos escenarios desenvolvera seunha proba de avaliación individual específica (presencial ou telemática segundo o caso) que consistirá na reproducción de etapas concretas das prácticas realizadas ou do recoñecemento de procesos, cálculos e interpretacións, dispoñendo dun tempo máximo de 20 min.
D) Tutorías de pizarra. Concebidas como sesións para clarexar dúbidas sobre os contidos teóricos ou prácticos, en grupos reducidos nun escenario presencial. Tamén serven para asesorar e aconsellar individualmente ó alumno que pretenda melloralo rendemento académico.
Están planificadas no calendario docente del Centro como actividad nun aula no escenario 1, pero chegado o caso desenvolveranse en entornos virtuais sincronos a través de MS Teams en cualquiera dos outros dous escenarios previstos nas Directrices para unha Docencia Segura.
As titorías individuais serán solicitadas polo alumno por medio de cualquer canle de comunicación có profesor, e poderán desenvolverse de modo presencial ou virtualmente.
A avaliación, en calquera dos tres escenarios plantexados nas Directrices acordadas para el curso 2020-21, recurre a tres bloques formativos:
a) Formación Continua (FC). Conseguida durante as actividades, presenciais ou virtuais, que contemplan cuestións puntuables nas sesións Expositivas e Interactivas . A resposta correcta outorga unha calificación numérica acumulable, mientras que carece de valor si no é correcta. Neste caso xera un comentario que informa ó alumno do problema ou fallo de formación detectado.
A calificación numérica da materia asígnase por transformación dos puntos que conseguidos durante o curso en unha nota (0.0-10.0) segundo a seguinte táboa de equivalencia: 60% dos puntos ofertados= 5.0 e 100% dos puntos ofertados=10.0.
Os alumnos que superen a puntuaión 5.0 (60% da FC) terán a opción de mellora-la sua calificación presentandose á proba de Coñecementos Adquiridos.
b) Conocimientos Adquiridos (CA). Está concebida como unha proba alternativa á FC na 1ª-Oportunidade para os alumnos de Dispensa de Docencia (outorgada polo Centro), ou tamén como única proba puntuable na 2ª Oportunidad.
Os alumnos coa materia superada (5.0) pola FC teñen a opción de mellora-la sua calificación con esta proba.
A proba desenvolverase preferentemente de modo presencial, aplicable no escenario 1 e 2, pero prevese a realización dunha versión telemática sincronica supervisada por Teams para o escenario 3.
Consistirá na resolución de casos clínicos-analíticos, con diferentes cuestiones sobre la obtención ou interpretación dos resultados. A duración da proba estimase en 30 a 45 min puntuable de 0 a 10.
c) Habilidades Prácticas (HP) que o estudante consigue durante o turno de prácticas. Avaliaranse cunha proba práctica específica y de realización individual, consitente na reproducción ou recoñecemento de procesos, cáculos e interpretacións levados a cabo no turno de prácticas. Permíteselle o acceso ós protocolos de traballo cos que se acompañe para face-la proba.
A cualificación da proba HP podrá ser APTO ou NO-Apto, e neste segundo caso so cabe a posibilidade de repeti-la proba de prácticas na seguinte Oportunidade de avaliación á que decida presentarse.
Para supera-la materia na 1ª OPORTUNIDAD hase de conseguir un APTO no bloque HP e unha puntuación de FC mínima do 60% dos puntos ofertados (5.0). A calificación numérica a consignar no expediente será a mellor entre a resultante da conversión indicada para FC, ou a lograda na proba CA.
En el caso de alumnos con Dispensa de docencia, e do alumnado que repite la materia, se exigirá igualmente un APTO en HP (cunha antigüedade máxima de 5 años) e una calificación de 5.0 na proba CA.
Para a 2ª OPORTUNIDADE, a materia supérase si se acadou un APTO en HP e unha puntuación igual o superior a 5.0 na proba CA para tal ocasión, (tanto sendo presencial como telemática (escenario 3), e atendendo ó calendario do Centro.
Si o alumno foi cualificado como NO-APTO na proba HP, ou a calificación de APTO supera os 5 anos de antigüedade, deberá realizar unha nova avaliación HP, na mesmo data que a proba CA e no horario que se indicará oportunamente.
En todo momento, a realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes y da Revisión de Cualificacións da Institución, mais concretamente o artigo-16.
A avaliación, segundo se describe cobre cada unha das competencias xerais e básicas, específicas y transversais nas que se da formación nesta asignatura segúndo se indica no cadro seguinte:
Proba_____________ Tipo de Competencia____ Código da Competencia___________________________
Avaliación Contínua.... Xeráis e básica............... CB1; CB2; CB3; CB4 e CB5
................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF04; MF11; MF14; LS01; LS03; LS08; B03
....................................Transversais................... CI01; CI05; CI07; CI08; CI09; CI10; CP01; CP05; CS01; CS03; CS11
Destreza Práctica....... Xeráis e básica................ CB1; CB3; CB5; CG1
................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF11; MF14; LS01; Q03; Q10
................................... Transversais................... CI04; CI10; CP01; CS01; CS03; CS11
Exame de Teoría......... Xeráis e básica................ CB1; CB2; CB3; CB5; CG1; CG2
.................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF11; MF12; MF14; LS01; B01; B03; B09; Q10
.................................... Transversais................... CI04; CI09; CI10
TRABALLO PRESENCIAL OU VIRTUAL-SINCRONICO, HORAS
Clases expositivas en grupo grande, ……………………….23
Clases interactivas en grupo reducido…………………..……6
Tutorías en grupo moi reducido……………………………….... 2
Prácticas de laboratorio………………………………………… ....12
Exámenes e revisións……………………………………………….... 2
Total horas de traballo……………………………………………... 45
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO, OU ASINCRONO,...HORAS
Estudio autónomo individual ou en grupo, …………….46
Resolución de ejercicios, outros traballos, …………….10.5
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador,.....….8
Orientación e resolución de dúbidas, ………………..…….1
Realización e revisión do examen, …………………………......2
Total horas traballo personal do alumno, …………………….67.5
Para o estudo desta materia recoméndase ter coñecementos suficentes de Química Analítica e Técnicas Instrumentais, xunto cos de Bioquímica I e II, Inmunoloxía, Fisioloxía Humana I e II, Fisiopatoloxía, Analises Inmunolóxicas e Hematoloxicas. E Moi recomendable haber cursado Análises Bioloxicas e Diagnósticos Bioquímicos.
Tamén se suxire asistir e atender ó conxunto das clases programadas nas distintas modalidades segundo os escenarios os que haxa que adaptarse, e ir revisando a materia cada día, ou no seu defecto cunha periodicidade semanal, por un dobre interés:
1.- Dispoñer da información necesarias para afrontalas actividades de FC
2.- Identifica-los puntos que lle sexan máis problemáticos con vista a solicitar unha t¡toría presencial ou telemática.
Aconséllase, tamén, a visita frecuente ó complemento virtual da asignatura, que xunto coa plataforma MS Teans serviran de canle de comunicación entre o profesor e o alumno.
Para ter éxito coa asignatura requírese entender “o porqué” dunha proba e o “o para qué” e "o cómo" se fai, xa que así resultará máis doado recordar " ónde usala" e "qué información" contén.
Manuel Felix Camiña Darriba
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814933
- Correo electrónico
- felix.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lisa Kay Busch
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- lisa.busch [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |