Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Dotar dun fundamento teórico os coñecementos de química dos alumnos, máis amplo e rigoroso que o procedente da Química Xeral.
- Mostrar a forma na que este fundamento permite abordar problemas de certo nivel de complexidade pertencentes ao ámbito da Química, a Bioloxía, a Medicina e a Farmacoloxía.
- Pór en contacto os alumnos con procedementos experimentais directamente relacionados coa disciplina.
Bloque I
Lección 1: Condición xeral de equilibrio entre fases. Variables intensivas independentes: regra das fases. Equilibrio de fases en sistemas dun compoñente: diagramas de fases. Ecuaciones de Clapeyron e de Clausius-Clapeyron.
Bloque II:
Lección 2: Equilibrio de fases en sistemas multicompoñente. Mesturas líquidas de compoñentes volátiles, miscibles entre si en todas as proporcións, en equilibrio co seu vapor. Disolucións ideais: Lei de Raoult; diagramas presión-composición e temperatura-composición. Disolucións non ideais: Lei de Henry (disolución de gases en líquidos); diagramas presión-composición e temperatura-composición. Destilación. Líquidos inmiscibles en equilibrio cos seus vapores: destilación en corrente de vapor
Lección 3: Interpretación molecular do comportamento das disolucións. Expresións dos potenciais químicos dos compoñentes en mesturas de compoñentes miscibles en disolucións ideais e non ideais: actividade e coeficiente de actividade. Expresións dos potenciais químicos de compoñentes con solubilidade limitada.
Lección 4: Disolucións de soluto non volátil: propiedades coligativas. Descenso da presión de vapor. Aumento da temperatura de ebulición. Descenso da temperatura de conxelación. Osmose e presión osmótica. A osmose en Bioloxía e en Farmacia. Propiedades coligativas en disolucións de electrólitos. Aplicacións das propiedades coligativas á determinación de masas moleculares. Distribución dun soluto entre dous líquidos inmiscibles: coeficiente de repartición ou de reparto.
Bloque III:
Lección 5: Equilibrio químico. Condición termodinámica de equilibrio. Equilibrio químico en fase gasosa. Equilibrio químico en disolución. Equilibrio químico heteroxéneo. Factores que modifican o estado de equilibrio químico: influencia da presión, da temperatura e da adición de compoñentes reactivos e inertes. O cociente de reacción como criterio de espontaneidade e equilibrio: a isoterma de reacción.
Lección 6: Equilibrios en disolucións de electrólitos. Equilibrios de disolución: producto de solubilidade. Coeficiente de actividade iónica media. Ecuación de Debye-Hückel. Forza iónica. Resultados experimentais das medidas do coeficiente de actividade iónica media. Influencia do ión común e de sales neutras sobre a solubilidade de sales pouco solubles. Equilibrios de disociación de ácidos e bases débiles monopróticos. Autodisociación da auga. Disociación de aminoácidos e proteínas: punto isoeléctrico.
"Química ´Física”. T. Engel y P. Reid. Ed. Addison-Wesley
"Fisicoquímica para Farmacia y Biología". P. Sanz y otros. Ediciones Científicas y Técnicas S.A., SALVAT.
"Fisicoquímica". I. N. Levine. Ed. McGraw-Hill.
"Fisicoquímica". P. W. Atkins. Ed. Addison-Wesley Iberoamericana.
"Fisicoquímica". D.W. Ball. Ed. Thomson.
- FM01.- Aplicar os coñecementos de Física e Matemáticas ás ciencias farmacéuticas.
- Q05.- Coñecer as características físico-químicas das sustancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
- Q06.- Coñecer e comprender as características das reaccións en disolución, os diferentes estados da materia e os principios da termodinámica e a súa aplicación ás ciencias farmacéuticas.
- TF03.-Coñecer os procesos de liberación, absorción, distribución, metabolismo e excreción de fármacos, e factores que condicionan a absorción e disposición, en función das súas vías de administración.
- TF05.-Coñecer as propiedades físico-químicas e biofarmacéuticas dos principios activos e e excipientes así como as posibles interaccións entre ambos.
- MF01.-Utilizar de forma segura os medicamentos tendo en conta as súas propiedades físicas e químicas incluíndo calquera risco asociado ao seu uso.
- CP01.-Capacidade crítica e autocrítica.
- CI01.- Capacidade de análise e síntese
- CP05.-Capacidade de comunicarse con expertos doutras áreas
Utilizaránse:
-Clases expositivas en grupo grande: lecións impartidas polo profesor nas que se expoñen os contidos teóricos fundamentais da materia, plantexando e realizando tamén problemas básicos de aplicación dos mesmos.
Ademáis propóñense actividades complementarias que debe facer o alumno: estudo de contidos adicionais de teoría non incluidos nestas clases, realización individual de problemas numéricos e outras actividades individuais ou en grupo.
Escenario 1: impartiránse de forma presencial.
Escenario 2: impartiránse de forma telemática e síncrona.
Escenario 3: impartiránse de forma telemática e de forma síncrona ou asíncrona dependendo dos medios de conexión de profesores e dos alumnos.
- Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven dúbidas e aplicacions da teoría, problemas, exercicios… O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios o profesor (alguns dos propostos nos boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, sesións relativas a algún aprendizaxe cooperativo plantexado, etc. A asistencia a estas clases interactivas en grupo reducido será obligatoria.
Escenario 1: impartiranse de forma presencial.
Escenario 2: impartiranse de forma presencial.
Escenario 3: impartiranse de forma telemática e de forma síncrona ou asíncrona dependendo dos medios de conexión de profesores e alumnos
-Tutorías de pizarra, presenciais, en grupo moi reducido: -Tutorías programadas polo profesor. Propóñense actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, lecturas ou outras tareas propostas.
Escenario 1: impartiranse de forma presencial.
Escenario 2: impartiranse de forma presencial.
Escenario 3: impartiranse de forma telemática e de forma síncrona ou asíncrona dependendo dos medios de conexión de profesores e alumnos
-Clases prácticas de laboratorio: Clases que se levan a cabo nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias do traballo nun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría.
Escenario 1: O alumno deberá de acudir a cada sesión de prácticas de maneira presencial e, logo da realización das experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxetivos das mesmas, recollerá no caderno de laboratorio o desarrollo da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando istes para a súa avaliación.
Escenario 2: O alumno acudirá o 50% das sesiones de prácticas de maneira presencial e recibirá o resto de maneira síncrona virtual. Tras a realización das experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxetivos das mesmas, recollerá no caderno de laboratorio o desarrollo da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando istes para a súa avaliación.
Escenario 3: O alumno recibirá o 100% das prácticas virtuales (síncronas o asíncronas o una combinación de ambas) mediante a visualización de vídeos e actividades a realizar sobre os mesmos.
A calificación global na 1ª convocatoria do curso, será a resultante de sumar a obtida no exame de teoría e problemas máis a correspondente a la avaliación continua e a obtida nas prácticas de laboratorio. O no tener realizadas e aprobadas as prácticas supoñerá que a calificación obtida polo alumno sexa no presentado.
O exame de teoría constará de varias cuestións aplicadas con varios apartados, só ou combinadas cun test. O exame de problemas constará de dous problemas con diversos apartados.
O exame final da materia realizarase de forma presencial ou por vía telemática en función da situación sanitaria na que nos atopemos.
A calificación máxima que se podrá alcanzar no exame de teoría e problemas dependerá do escenario de traballo:
Escenario 1: un máximo de 8 puntos, correspondendo 5,5 puntos a teoría e os 2,5 restantes a nota de problemas.
Escenario 2: un máximo de 6 puntos, correspondendo 4 puntos a teoría e os 2 restantes a nota de problemas.
Escenario 3: un máximo de 5 puntos, correspondendo 3,5 puntos a teoría e os 1,5 restantes a nota de problemas.
Independientemente do escenario de traballo, para aprobar a materia o alumno deberá ter superada alomenos un 35% da nota de teoría (contabilizando só a parte teórica do exame ou a parte teórica do exame mais a da avaliación continua, según escenario de traballo) e alomenos un 40% da nota de problemas (contabilizando só a parte de problemas do exame ou a parte de problemas do exame mais a da evaluación continua, según o escenario de traballo)
A calificación máxima correspondiente a la evaluación continua será de 1,5 puntos (escenario 1), de 3,5 puntos (escenario 2) e de 4,5 puntos no escenario 3
Establecerase tendo en cuenta: a participación activa do alumno nas clases interactivas, a realización de actividades propostas, asistencia a tutorías, notas correspondentes a probas escritas que sobre apartados específicos se poidan facer, etc. Para poder acceder a cualificación correspondente a avaliación continua, é requisito indispensable a asistencia (presencial ou virtual) ás clases interactivas.
Para a avaliación das prácticas, cunha máxima puntuación de 0,5 puntos, realizarase un exame, una vez finalizada a realización das mesmas (presencial nos escenarios 1 ou 2 e telemático se nos atopamos no escenario 3) cunha cualificación máxima de 0,4 puntos, nota a que se sumará como máximo 0,1 puntos, correspondentes a avaliación da libreta de prácticas. Os alumnos que repitan a asignatura no terán que realizalas de novo, se non queren, e en tal caso, os 0,5 puntos máximos de cualificación das prácticas, só lle computarán na nota global do año da suúa realización e nos cursos restantes os 0,5 puntos incorporaranse ao porcentaxe asignado a avaliación continua correspondente según o escenario de traballo. Na 2ª convocatoria do curso académico, só se realizará o exame de teoría e problemas, conservándose a cualificación correspondente ás prácticas e a avaliación continua obtida durante o curso. As notas máximas sobre as que se calificarán estas duas partes do exame e os mínimos requeridos en cada una de elas serán os mesmos descritos para a primeira convocatoria. Manteranse tamén os requisitos de haber realizado e aprobado as prácticas e haber cubierto a asistencia obligatoria (presencial ou telemática según o escenario) ás clases interactivas durante o curso.
A evaluación das competencias adquiridas na asignatura realizarase a través das seguintes vías:
No exame: as competencias específicas: FM01, Q05, Q06, TF03, FT05 e as transversais: CP01 y CI01.
Nas clases interactivas: as específicas: FM01, Q05, Q06, TF03, FT05 y MF01 e as transversais: CP01, CI01 Y CP05.
Nas prácticas de laboratorio: as específicas: Q05, Q06, FT05 e MF01 e as transversais: CP01 y CI01
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (60 HORAS)
- Clases expositivas : 30 horas
- Clases interactivas de "pizarra": 15 horas
- Clases interactivas de prácticas de laboratorio: 9 horas
- Titorías (grupo moi reducido): 2,5 horas
- Exame de teoría e problemas e a súa revisión: 3,5 horas
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO (90 HORAS)
- Clases expositivas (estudio autónomo individual ou en grupo): 48 horas
- Clases interactivas de "pizarra" (resolución de exercicios, ou outros traballos): 24 horas
- Clases interactivas de prácticas de laboratorio (preparación previa e análise posterior dos
resultados obtidos): 6,5 horas
- Titorías (orientación e resolución de dúbidas): 2,5 horas
- Preparación de exames: 9 horas
Repaso ou posta ao día dun conxunto mínimo de coñecementos de matemáticas (cálculo infinitesimal e xeometría analítica), física (mecánica, electricidade, sistemas de unidades) e química xeral.
Dedicación regular ao estudio da materia (períodos curtos diarios ou cada dous días, mellor que semanais).
Evitar introducirse nun capítulo sen alcanzar un certo grao de comprensión do anterior.
Adicar un esforzo especial á comprensión do significado ou natureza dalgúns contidos teóricos estratéxicos, así como aos métodos xerais de resolución dos problemas.
Utilizarase a plataforma virtual da USC como soporte e complemento da docencia teórico-práctica e como un elemento importante da comunicación cos alumnos. Dependendo do escenario de traballo empregaráse máis ou menos
Carlos Vazquez Vazquez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881813011
- Correo electrónico
- carlos.vazquez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Rios Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814210
- Correo electrónico
- anamaria.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Cid Rey
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814911
- Correo electrónico
- luismaria.cid [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Matilde Casas Parada
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881815255
- Correo electrónico
- matilde.casas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Carlos Garcia Monteagudo
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814915
- Correo electrónico
- juancarlos.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo A1/CLIS_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
12:10-13:10 | Grupo B1/CLIS_04 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
18:30-19:30 | Grupo C1 /CLIS_07 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Filioloxía Animal |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo A2 /CLIS_02 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
12:10-13:10 | Grupo B2/CLIS_05 | Castelán, Galego | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
18:30-19:30 | Grupo C2/CLIS_08 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Bromatoloxía |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo A3/CLIS_03 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Química Inorgánica |
12:10-13:10 | Grupo B3/CLIS_06 | Galego, Castelán | 5035 Aula Seminario de Química Inorgánica |
18:30-19:30 | Grupo C3/CLIS_09 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Química Inorgánica |