Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia ten por obxectivo que os futuros farmacéuticos adquiran as habilidades necesarias para interpretar e analizar criticamente os problemas de saúde da comunidade como o resultado de procesos político-sociais, culturais, e biolóxicos.
Programa de clases expositivas:
Tema I: As desigualdades en saúde. (4H)
Lección 1. Concepto de Saúde.
Lección 2. Indicadores de saúde.
Lección 3. Os determinantes da saúde.
Tema II: Ambiente. (5H)
Lección 4. Ecoloxía e saúde.
Lección 5. Contaminación atmosférica.
Lección 6. Auga de consumo e saúde.
Lección 7. Xestión dos residuos.
Lección 8. Contorna humana e saúde.
Tema III: Hábitos de saúde. (6H)
Lección 9. Alcohol.
Lección 10. Tabaco.
Lección 11. Exercicio físico.
Lección 12. Dieta.
Lección 13. Educación para a sáude: métodos.
Tema IV. Xestión sanitaria (2H)
Lección 14. Sistemas sanitarios. Sistema Nacional de Saúde.
Lección 15. A OMS e outras organizacións internacionais.
Tema V: Epidemioloxía e prevención das enfermidades non transmisibles. (2H)
Lección 16. Epidemioloxía e prevención xeral das enfermidades non transmisibles.
Lección 17. Epidemioloxía e prevención da enfermidade cardiovascular.
Tema VI: Epidemioloxía e prevención das enfermidades transmisibles. (4H)
Lección 18. Epidemioloxía xeral das enfermidades transmisibles.
Lección 19. Profilaxe xeral das enfermidades transmisibles.
Lección 20. Epidemioloxía e prevención das enfermidades de transmisión feco-oral e de transmisión aérea.
Lección 21. Epidemioloxía e prevención das enfermidades transmitidas por contacto.
Programa de clases interactivas:
Práctica de Campo 1: Visita Estación Depuradora de Augas Residuais.
Seminario 1. Indicadores de saúde: Fontes
Seminario 2. Cambio Climático.
Seminario 3. Actualidade en alimentación: Marketing e dieta.
Seminario 4. Sistemas Sanitarios.
Seminario 5. As ONGs no campo da saúde: unha ferramenta para a equidade.
Seminario 6. Actuación fronte a un abrocho de toxiinfección alimentaria.
Seminario 7. Individuos enfermos e poboacións enfermas: Estratexias de prevención.
Seminario 8. Desigualdades en saúde.
Fernandez-Crehuet J, Gestal Otero JJ, Delgado Rodríguez M et al. Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª ed. Barcelona:Elsevier- Masson; 2015.
Institute for Health Metrics and Evaluation. The Global Burden of Disease. Generation Evidence, Guiding Policy. Seattle, WA: IHME; 2013.
Martín-Zurro. Atención Familiar y Salud Comunitaria. Barcelona:Elsevier-Masson; 2011
Martínez González. Concepto de Salud Pública y Estrategias Preventivas. Barcelona: Elsevier-Masson 2013
Servicio Galego de Saúde. Calendario vacunal: https://www.sergas.es/Saude-publica/Calendario-de-vacinacion-infantil-a…
WHO guidelines on tuberculosis infection prevention and control2019 update.
https://apps.who.int/iris/bitstream/handle/10665/311259/9789241550512-e…
U.S. Preventive Services Task Force. Guide to Clinical Preventive Services 2014. https://www.ahrq.gov/professionals/clinicians-providers/guidelines-reco…
Segura Del Pozo J. Desigualdades sociales en Salud: Conceptos, estudios e interpretaciones. Bogotá: Universidad Nacional de Colombia; 2013.
De acordo á Memoria de Verificación as competencias específicas da materia son:
LS01 - Coñecer os fundamentos da saúde publica e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuir á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes da saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
MF10 - Coñecer e comprender a xestión e características propias da asistencia farmacéutica nas Estructuras Asistenciais de Atención Primaria e de Atención Especializada no Sistema Sanitario.
LS03 - Dominar técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de ordenador).
LS04 - Coñecer os principios éticos e deontolóxicos e actuar segundo as disposicións lexislativas, regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional colaborando con outros profesionais da saúde e adquirindo habilidades de traballo en equipo.
LS06 - Coñecer os principios e la metodoloxía científica aplicada ás ciencias farmacéuticas, incluíndo a historia e función social da Farmacia.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección maxistral impartida polo profesor. O profesor contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia.
No caso de que estas clases non puideran levarse a cabo de xeito presencial por encontrarse a USC no escenario 2 ou 3 (Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021), estas clases serán impartidas, tosa ou parte delas, por videoconferencia.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… Aos alumnos faraselle entrega a inicio de curso dun caderno de prácticas. Constituiranse grupos estables de 5-6 alumnos. Os alumnos participará activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor; resolución de exercicios na aula etc. Para poder optar á avaliación continua o alumno deberá asistir ás interactivas.
No caso de que estas clases non puideran levarse a cabo de xeito presencial por encontrarse a USC no escenario 2 ou 3 (Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021), cada unha destas clases será impartidas, todas ou parte delas, do seguinte modo:
1) No horario establecido para cada grupo de interactivas, os alumnos conectaranse por videoconferencia a unha breve sesión de 10 minutos na que o profesor presentará o seminario;
2) Nun segundo tempo os alumnos manteranse en video conferencia unicamente cos seus compañeiros de grupo (5-6) traballando no seminario.
3) Nun terceiro tempo, tódolos alumnos se conectarán nunha videoconferencia única para presentar os traballos realizados.
O profesor estará permanentemente conectado e accesible para contestar as cuestións ou dúbidas dos alumnos.
A Práctica de Campo, Visita á EDAR de Santiago de Compostela, será substituída pola realización de un traballo no que os alumnos deberán ver distintos vídeos e discutir as diferenzas entre dos distintos modos de depuración de augas.
E) Titorías en grupo moi reducido: Aclaración de dúbidas sobre as clases explicativas e interactivas. Estas clases levaranse a cabo por videoconferencia.
1. Exame final
O exame final poderá incluír preguntas tipo test, preguntas curtas e preguntas tema de todos os temas abordados nas clases explicativas e interactivas.
As preguntas tipo test do exame serán corrixidas asegurando o control da probabilidade de acertar por azar. Para isto consideraranse o número de acertos (A), o número de erros (E), o número de opcións (O), así como o número de preguntas (P). A nota sobre 10 vén dada pola seguinte fórmula:
Nota=((A-(E/(O-1))*10)/P
O Exame final cualificarase de 0 a 10.
Se así o determinase a USC por razóns sanitarias (Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021), o exame podería ser telemático.
2. Avaliación continua
Para a avaliación das clases utilizaranse distintos criterios: entrega de traballos realizados na clase, tests en datas non programadas, ou asistencia aos seminarios. A avaliación continua cualificarase de 0 a 10.
A nota global acadada na avaliación continua gardarase por un único ano.
3.A nota do alumno será:
Cualificación do Exame final*0,6 + Cualificación da Avaliación continua*0,4
Na avaliación dos seminarios considerarase en que medida o alumno acadou as seguintes competencias:
LS01 - Coñecer os fundamentos da saúde publica e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuir á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes da saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
MF10 - Coñecer e comprender a xestión e características propias da asistencia farmacéutica nas Estructuras Asistenciais de Atención Primaria e de Atención Especializada no Sistema Sanitario.
LS03 - Dominar técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de ordenador).
LS04 - Coñecer os principios éticos e deontolóxicos e actuar segundo as disposicións lexislativas, regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional colaborando con outros profesionais da saúde e adquirindo habilidades de traballo en equipo.
LS06 - Coñecer os principios e la metodoloxía científica aplicada ás ciencias farmacéuticas, incluíndo a historia e función social da Farmacia.
Na avaliación extraordinaria de Xullo manterase o sistema de avaliación.
TRABALLO NA AULA
Clases expositivas en grupo grande 23h
Clases interactivas en grupo reducido 16h
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido 2h
Titorías en grupo moi reducido 2h
Exames e revisión 2h
Total horas traballo na aula ou no laboratorio 45h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo 50h
Resolución de exercicios, ou outros traballos 10h
Orientación e resolución de dúbidas 2h
Elaboración, presentación e exposición 1h
Realización e revisión do exame 4,5h
Total horas traballo persoal do alumno 67,5h
É importante a asistencia a clase. Valorarase fundamentalmente o grao no que os alumnos entenden a materia, e a súa capacidade de analizar globalmente os problemas de saúde.
Plan de continxencia:
Escenarios 2 e 3 do documento Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021.
No caso de que as Clases Expositivas non puideran levarse a cabo de xeito presencial por encontrarse a USC no escenario 2 ou 3, estas clases serán impartidas, todas ou parte delas, por videoconferencia.
No caso de que as clases Interactivas non puideran levarse a cabo de xeito presencial por encontrarse a USC no escenario 2 ou 3, cada unha destas clases será impartidas, todas ou parte delas, do seguinte modo:
1) No horario establecido para cada grupo de interactivas, os alumnos conectaranse por videoconferencia a unha breve sesión de 10 minutos na que o profesor presentará o seminario.
2) Nun segundo tempo os alumnos manteranse en video conferencia unicamente cos seus compañeiros de grupo (5-6) traballando no seminario.
3) Nun terceiro tempo, tódolos alumnos se conectarán nunha videoconferencia única para presentar os traballos realizados.
O profesor estará permanentemente conectado e accesible para contestar as cuestións ou dúbidas dos alumnos.
A Práctica de Campo, Visita á EDAR de Santiago de Compostela, será substituída pola realización de un traballo no que os alumnos deberán ver distintos vídeos e discutir as diferenzas entre dos distintos modos de depuración de augas.
E) Titorías en grupo moi reducido: Aclaración de dúbidas sobre as clases explicativas e interactivas. Estas clases levaranse a cabo por videoconferencia.
Se así o determinase a USC por razóns sanitarias (Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021), o exame podería ser telemático.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Margarita Taracido Trunk
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812279
- Correo electrónico
- margarita.taracido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Caamaño Isorna
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 981951196
- Correo electrónico
- francisco.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maruxa Zapata Cachafeiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- maruxa.zapata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Antonio Raso Serrano
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- antonio.raso [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
18:30-19:30 | Grupo B /CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
18:30-19:30 | Grupo B /CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
18:30-19:30 | Grupo B /CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
18:30-19:30 | Grupo B /CLE_02 | Castelán, Galego | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
18:30-19:30 | Grupo B /CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |