Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Os obxetivos desta asignatura están encamiñados a que o futuro farmacéutico sexa quén de interpreta-lo estado de saúde a partires dos resultados de probas do laboratorio clínico de tipo bioquímico, con algunha das seguintes finalidades:
a) Ofrecer información para unha mellor comprensión dun problema de saúde.
b) Orientación de cara a unha pronta recuperación.
c) Recomenda-la visita ó médico/especialista, cando sexa oportuno.
Por elo, os diferentes temas presentan a utilidade das probas bioquímicas, os especímenes axeitado para a análise, a interpretación dos resultados e as limitacións que teñen cando se aplican nas enfermidades máis comúns como unha ferramenta para a detección, diagnóstico, seguemento ou o pronóstico do cadro clínico.
Clases Expositivas:
Supoñen 30 hora lectivas presenciales
Grupo Temático I: Principios Xerais do Funcionamento do Laboratorio de Bioquímica Clínica.
Có obxetivo de dar a coñece-los fundamentos das análises e da interpretación dos resultados. Describe o proceso de solicitude das probas, os tipos de materias biolóxicos máis frecuentes e os informes, o tempo que senta os fundamentos da interpretación dos resultados.
Tema 1. A Solicitude de análise e os Especímenes.
Tema 2. Fontes de Variabilidade nos resultados e Fundamentos de Interpretación .
Tema 3. Análises rápidos : dispositivos de autodiagnóstico POCTs.
Grupo Temático II: Avaliación funciónal de Órganos ou Sistemas.
Aborda a avaliación bioquímica da función dos principales órganos e sistemas. De modo xeral trata aquelas magnitudes bioquímicas máis axeitadas, o material bioloxico a analizar, o fundamento da proba analitica, as limitacións ou problemas coñecidos, o significado clínico seguindo unha estatexia diagnóstica.
Tema 4. Gases sanguíneos: Exploración do Equilibrio Acido-Base
Tema 5. Exploración do Equilibrio Hidroelectrolítico.
Tema 6. Avaliación da Función Renal.
Tema 7. Avaliación da Función e Integridade Hepática.
Tema 8. Utilidade Clínica das Proteínas Plasmáticas.
Tema 9. Diagnóstico e Seguimento da Diabetes Mellitus.
Tema 10. Investigación das Dislipemias.
Tema 11. Exploración Bioquímica da Enfermidade Cardíaca.
Tema 12. Exploración Bioquímica da Enfermidade Osea e do Metabolismo Mineral.
Tema 13. Exploración da Enfermidade pancreática e intestinal
Tema 14. Programa de Detección Precoz de Enfermidades Endocrinometabólicas.
Programa de Clases Interactivas
Representan una carga de 8horas lectivas presenciales
CI-1: Materiais para a Toma do Especímenes. Caso Clínico: Resultados inesperados.
CI-2: Casos Clínicos: A) Avaliación Acido-Base B) Avaliación hidroelectrolítica.
CI-3: Casos Clínicos A) Avaliación da función renal. B) Enfermidade hepática
CI-4: Perfiles Proteicos Normales e Alterados. Perfiles de Isoenzimas.
Programa de Clases Prácticas:
Práctica 1. Realización e Interpretación do Urianálise.
Práctica 2. Cuantificación da actividade enzimática: FAL como exemplo.
Práctica 3. Asignación fenotípica dunha Dislipemia e risco cardiovascular
Práctica 4. HbA1c. Seguimento do doente con Diabete
Estas sesións desenvólvense preferentemente no mes de novembro e atéñense ó calendario e turnos establecidos polo Centro.
Básica:
a) Principios de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Alvaro González Hernández. 3ª edición. Elsevier. Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-389-6
Libro con alto grao de coincidencia en temas e no enfoque que se lle da a materia, axeitado como libro de texto para o estudo da materia.
b) Laboratorio Clínico: Indicaciones e Interpretación de los resultados. Kathleen Pagana, Timothy Pagana. Primera Edición en Español. Traducido por Martha Elena Buschbeck para Editorial El Manual Moderno S.A. Mexico-2015. ISBN 978-607-448-508-0
Texto traducido de la versión inglesa Mosby's Manual of Diagnostic and Laboratory Tests, 5th edition. Elsevier-2014.
c) Lab Test online. (https://labtestsonline.es/acerca-de-esta-web)
Páxina web da Sociedad Española de Química Clínica (SEQC) e consulta gratuíta. Trátase dunha traducción española realizada pola SEQC da homónima orixinaria da American Association for Clinical Chemistry (AACC). Recolle información actualizada sobre as probas dos laboratorios en diferentes escenarios fisiolóxicos e patolóxica, Pode servir como guías clínica das probas diagnósticas do laboratorio clínico en xeral .
Complementaria .
a) Bioquímica Clínica Texto y Atlas en Color. Allan Gaw y col. 5ª Edición. Elsevier. Barcelona-2015. ISBN 978-0-7020-5179-1
b) Henry’s Clinical Diagnosis and Management by Laboratory Methods. 23rd Ed. Richard A. McPherson & Matthew R. Pincus. Elsevier-Saunders, 2017. ISBN 978-0-323-29568-0
c) Bioquímica Médica. John W. Baynes & Marek H. Dominiczak. 5ª Edición. Elsevier. –Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-406-0
Para o repaso dos coñecemntos da Bioquímica xeral
d) Best & Taylor: Bases Fisiológicas de la Práctica Médica. MA Dvorkin, DP Cardinali y RH Iermoli. 14ª edición. ED. Médica Panamericana-Buenos Aires -2010. ISBN: 978-950-06-0253-2
Para repaso da Fisioloxía e Fisiopatoloxía
A asignatura ten un enfoque clínico-asistencial, na que predomina a interpretación dos resultados do laboratorio sobre a producción, de cara a ser quen de elaborar i entender un informe do estado fisiopatolóxico a partires dos resultados dunha análise de rutina.
Con esta asignatura dase formación nas competencias xerais e específicas contempladas na Orden CIN/2137/2008 nos seguintes puntos de interese.
Competencias xerais CG1 y CG2, que en relación ó módulo MF fan referencia a:
• Desenvolve-las análises clínicas e emiti-los correspondentes informes de diagnótico de laboratorio.
• Coñecer e comprende-la estructura do corpo human, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracions moleculares e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaura-la saude.
•Desenvolver habilidades de comunicación e información con outros profesionais sanitarios ou pacentes.
• Levar a cabo as actividades da atención farmacéutica.
• Recoñece-las propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional.
Competencias específicas .
• Diseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas. Coñecementos dos fundamentos básicos das análises bioquímicas (B01; Q02, MF02; MF03).
• Coñece-las técnicas analíticas relacionadas cós diagnósticos de laboratorio (Q03, Q10, MF02, MF03, MF14 ) .
• Intervir nas actividades de promoción da saúde e prevención da enfermidade nos ámbitos individual, familiar e comunitario; dende unha visión do laboratorio clínico-bioquímico (LS01).
• Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita, con pacentes e usuarios nun centro profesional no que exerza (LS08).
Competencias transversais.
Entre as posibles competencias transversais a desenvolver dáselle máis importancia as seguintes:
• Habilidades de xestión da información (CI08).
• Resolución de problemas. (CI09)
• Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas (CP05)
• Habilidade para o traballo autónomo (CS08).
A metodoloxía plantexa catro elementos formativos:
A) Clases Expositivas. Son sesións de 55 min de duración que se impartirán axustadas ó calendario e horarios aprobados polo Centro. Pensadas para ser impartidas polo profesar na aula có apoio de proxeccións, que se han de poñer a disposición do estudantado.
Os estudantes participa siguindo as explicacións, plantexando as suas dúbidas, e tamén respondiendo individualmente, nun tiempo limitado, a alguhna pregunta plantexada que xurda da explicación da sesión ou dalgunha sesión anterior. Para respostar permítese o acceso ás suas notas de clase propias que non se podrán compartir, e as respostas entregaranse en formato oral, escrito ou dixital, segúndo se estableza en cada caso.
B) Clases interactivas. Son sesións na aula de 55 minutos, axustadas ó calendario e distribución organizados polo Centro académico.
Nelas o profesor expón a contextualización dun tema a través dun claso clínico e datos analíticos, cos que se plantexan problemas e preguntas de interpretación. Algunha destas preguntas, ou outras similares hanse de responder individualmente e entregalas para ser evaluadas, no mesmo proceder que nas clases expositivas.
C) Clases prácticas de laboratorio: Pensadas como unha actividade presencial nas instalacións dos laboratorios de prácticas que usa ó Departamento de Bioquímica na Facultade de Farmacia, axustaranse o calendario e distribución elaborado polo Centro.
Nelas o profesor relaciona a práctica coo correspondente tema de teoría e pode recabar dos alumnos a resposta oral a cuestrtión que xa debeu haber estudado previamente no tema, e que sendo unharesposta correcta é puntuable.
Os alumnos disporán de resumos dos protocolos de realización de cada unha das prácticas.
No último día de cada turno de prácticas desenvolverase unha proba de avaliación práctica executada de modo individual na que se pide reproducir, recoñecer e levar a cabo o procedemento analítico recollido no protocolo do que se acompañe, así como saber interpretar a información xenerada. Para a proba disporase un tempo aproximado de 10-15 minutos.
D) Tutorías de pizarra. Concebidas como sesións para clarexar dúbidas sobre os contidos teóricos ou prácticos, en grupos reducidos nun escenario presencial na aula. Están planificadas no calendario docente do Centro.
Tamén serven para atender individualmente ó alumno que a solicite ante as dificultades que poida atopar no estudo dun tema ou si busca saber cómo mellora-lo rendemento académico.
A avaliación obtense de tres probas es de avaliación utilizadas solas ou en combinacións segúndo se especidica:
a) Avaliación Continua (AC) a resultas das actividades levadas a cabo presencial ou virtualmente. xenerase a partir dos puntos acadados e acumulados nas sesións Expositivas, Interactivas ou Práctica. Si a resposta fose incorrecta se retroalimentación informativa sobre o problema ou faio de formación detectado.
A calificación da materia asígnase por transformación dos puntos acumulados durante o curso nunha puntuación de 0 a 10, segundo as seguintes equivalencias: 60% dos puntos ofertados por AC= Aprobado (5.0) e o 100% dos puntos ofertados por AC= Sobresainte (10).
Os alumnos que acaden un 5.0 ou mais de AC terán a opción de mellora-la sua calificación presentándose a proba de Coñecementos Adquiridos.
b) Coñecementos Adquiridos (CA). A proba presencial consistira na resolución de casos clínicos-analíticos, para os que se plantexan diferentes cuestiones, relacionadas co coñecemento teórico, as probas ou a sua interpretación. A duración da proba estímase en 45-60 minutos i é calificable de 0 a 10.
Está concebida como unha proba alternativa á AC para os alumnos con Dispensa de Docencia (concedida polo Centro) aplicable na avaliación da 1ª-Oportunidade, e como única proba aplicable a tódolos que concurran á 2ª Oportunidade.
Excepcionalmente, poderán realizar esta proba na 1ª Oportunidade aqueles alumnos cunha calificación igual ou superior a Aprobado, 5.0 por AC, como unha opción de mellora da sua calificación final.
c) Habilidades Prácticas (HP). As habilidades de realización práctica e manexo de equipamento básico do laboratorio, maila interpretación dos resultados, avalianse cunha proba práctica, presencial e de realización individual, durante o último día do turno de prácticas. Consiste na reproducción, recoñecemento e interpretación das análises vistas e poderá utilizar os protocolos e a información dos que se acompañe. Disporá de un tempo aproximado de 10 a 15 min.
A cualificación da proba HP será APTO ou NO-Apto, e neste segundo suposto só cabe a posibilidade de recuperación na seguinte Oportunidade á que decida presentarse.
Para supera-la materia na 1ª OPORTUNIDADE hase de conseguir un APTO no bloque HP e unha calificación por AC(a) mínima de Aprobado (5.0).
Os alumnos con Dispensa de Docencia se lle esixe, igualmente, un APTO en HP (cunha antigüedade máxima de 5 años) e unha calificación de Aprobado ou superior na proba CA (b).
O estudante repetidor deberá informar por escrito ó coordinador, e sempre antes do 5 de outubro, da opción de calificación da sua elección entre duas posibilidades: Alumno de matrícula ordinaria ou alumno con Dispensa. Si non constase a sua elección en plazo calificase coa puntuación da avaliación continua como un alumno de primeira matrícula.
Na 2ª OPORTUNIDAD, a materia supérase si se conta cun APTO en HP (con unha antigüedade máxima de 5 anos) e se acadou unha calificación igual o superior á de Aprobado 5.0 na proba CA (b).
Si o alumno desta 2ª Oportunidade ten unha calificación NO-APTO na proba HP, ou a calificación de APTO supera os 5 anos de antigüedade, deberá realizar unha nova avaliación na mesma data que a proba CA e no horario que se indicará oportunamente.
En todo momento, a realización fraudulenta das actividades ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes y da Revisión de Cualificacións da Institución e recibirá a calificación Suspenso (cero).
A avaliación, segundo se describe cobre cada unha das competencias xerais e básicas, específicas e transversais nas que se da formación nesta asignatura segúndo se indica no cadro seguinte:
Proba_____________ Tipo de Competencia____ Código da Competencia___________________________
Avaliación AC................ Xeráis e básica................. CG1; CG2
..................................... Específicas....................... MF02; MF03; MF12; MF14; LS01; LS08; B01
..................................... Transversais.................... CI08; CI09; CP05; CS08
Avaliación HP................ Xeráis e básica................ CG1; CG2
..................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF12; MF14; LS01; LS08; B01
..................................... Transversais................... CI04; CI10; CP01; CS01; CS03; CS11
Proba CA ...................... Xeráis e básica............... CG1; CG2
..................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF12; MF14; LS01; LS08; B01
..................................... Transversais................... CI08; CI09; CP05; CS08
TRABALLO PRESENCIAL OU TELEMATICO SINCRÓNICO,.........HORAS
Clases expositivas en grupo grande......................................, 30
Clases interactivas en grupo reducido,.................................... 8
Tutorías en grupo muy reducido, ........................................... 3
Prácticas de laboratorio, ......................................................16
Exámenes e revisión, ........................................................... 3
Total horas traballo presencial ou en teletraballo sincrónico, .....60
TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO, OU ASINCRONICO...........HORAS
Estudio autónomo individual o en grupo, .................................66
Resolución de ejercicios virtuais non- sincrónicos , Traballos,....... 5
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador, ...................10
Orientación e resolución de dudas, ..........................................4
Preparación do traballo de laboratorio, .....................................2
Realización e revisión do examen, ............................................2
Total horas traballo personal do alumno, ..................................90
Aprender a interpreta-la información contida nas análises clínicas é como aprender un novo idioma no que o vocabulario son as diferentes probas do laboratorio que poden ter diferentes significados segundo os contextos nos que se empreguen, e a Gramática son os algoritmos e estratexias de combinación dos marcadores bioquímicos que, ó igual que as frases e párrafos, aportan unha información completa. As análises son útiles si somos quén de recoñece-la información que transmiten, e coa vista posta na solución do problema ou informar do pronóstico ou evolución do estado de saúde.
Para ter éxito coa asignatura requírese entender o "por qué?”, o "para qué?” e "o cómo?" dos marcadores bioquímicos, xa que así resultará máis doado recordar " ónde usala" e "qué información" contén.
E moi recomendable asistir e atende-las clases programadas nas distintas modalidades segundo os escenarios os que haxa que adaptase, e ir revisando a materia cada día ou, no seu defecto, cunha periodicidade semanal, por un dobre interese:
1.- Dispoñer da información necesarias para afrontalas actividades de Avaliación Contínua
2.- Identifica-los puntos que lle sexan máis problemáticos con vista a solicitar unha t¡toría presencial ou telemática.
Aconséllase, tamén, a visita frecuente ó complemento virtual da asignatura, que xunto coa plataforma MS Teans serviran de canle de comunicación entre o profesor e o alumno.
Para o estudo desta materia recoméndase ter coñecementos suficentes de Química Analítica e Técnicas Instrumentais, xunto cos de Bioquímica I e II, Inmunoloxía, Fisioloxía Humana I e II e Fisiopatoloxía.
Plan de Continxencia
A continuación detállanse as adaptacións da programación desta materia para outros escenarios distintos ó e presencialidad:
Metodología de la Enseñanza:
A) A Clase Expositiva
*Escenario-2 y Escenario-3, de semipresencialidade e non presencialidade, respectivamente, serán nun formato telemático síncrono a través de la plataforma Microsoft Teams, e axustados ó calendario e horario programado. As demáis características desta sesiones son válidas no novo formato, excepto en que se refire á recollida de respostas escritas en papel.
B) Clases interactivas
Conservan a descripción xa feita excepto nos siguientes puntos:
*Escenario-2: por tratarse de grupos pequeños podrán continuar siendo presenciales, ou chegarse a un formato mixto con alumnos presentes na aula e outros en un entorno virtual síncrono a través de Teams, e que se intercambianrán en si, nas sucesivas sesiones.
*Escenario-3: a docencia pasa a ser exclusivamente non presencial a través da plataforma Teams. As actividades de evaluación mantiene con entregas de respuestas oral ou dixitais.
C) Prácticas
Conservan as características descritas, pero se modifican capacidades e formatos:
*Escenario-2: Reducen a capacidade a un máximo de 10 estudantes, áncluso a presencialidada poidera ser reducida a un 50%, pero as sesións rematarian de forma telemática síncronas para calculos e interpretaciones.
*Escenario-3: Exclusivamente telemáticas por lo que las prácticas adaptanse ó uso de simuladores, vídeos e o emprego de resultados simulados para realiza-las interpretaciones e cálculos.
D) Tutorías
*Escenario-2: Conservan a presencialidade xa descrita na programación, polo feito do tamaño reducido do grupo.
*Escenario-3: desenvolvese nun fomato telemático síncrono, a través de Teams, ou excepcionalmente asincrono por medio de mensajes no Chat de Teams o pola mensaxería do Campus Virtual.
Sistema de Avaliación:
Mantense o mesmo en calquera dos escenario, en cuanto a que se empregan as mesmas tres probas de avaliación, e cos mesmos requisitos e criterios. Con todo, as diferencias focalizanse no desenvolvemento da proba de Coñecementos Adquirido, que necesariamente varía de un modo presencial a telemático segundo o tipo de recomendación das Autoridades Sanitarias ou Académicas e que poidan afectar a esa proba. Así, nos diferentes escenarios prevese:
*Escenario-2: A proba de Coñecementos Adquirido manterá o caracter presencial, respetando as recomendacións e indicacións que se implanten, chegando a realizarse turnos de examen organizados por grupos de clase expositiva, si o esixien as condicions sanitarias ou as limitaciones de espacio o personal.
*Escenario-3: A característica é a non presencialidade. A proba de Coñecementos Aquiridos manterá idéntico diseño pero de realización telemática no Campus Virtual. A duración mantense limitada á 60 minutod e preferentemente será síncrona có calendario e horario aprobados polo Centro.
En caso de que algún estudante perdera a conexión disporá de dous intentos de recoñexión, e si resultase imposible continuar, tra-la verificación das circunstancias, asignaraselle cita nos seguites días para realizar unha proba oral de similar estructura e de realización a través de Teams coa presenza de dous profesores da materia.
Manuel Felix Camiña Darriba
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814933
- Correo electrónico
- felix.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lisa Kay Busch
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- lisa.busch [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristina Ameneiro Quiñoy
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- cristina.ameneiro.quinoy [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Cristina De La Parte Rodríguez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- c.delaparte [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Ricardo Villa Bellosta
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815370
- Correo electrónico
- ricardo.villa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán, Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:30-17:30 | Grupo A /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:30-17:30 | Grupo A /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:30-17:30 | Grupo A /CLE_01 | Castelán, Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Castelán, Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:30-17:30 | Grupo A /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo B /CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
16:30-17:30 | Grupo A /CLE_01 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |