Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 6 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Anatomía Patolóxica
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Aprender a valorar a relación risco/beneficio dos procedementos diagnósticos e terapéuticos.
. Coñecer as características dos tecidos nas diferentes situacións de lesión, adaptación e morte celular.
. Coñecer os mecanismos básicos da inflamación aguda e crónica e as súas manifestacións morfolóxicas.
. Descrición das alteracións do crecemento celular.
. Introdución á anatomía patolóxica dos diferentes aparatos e sistemas.
. Saber como obter e procesar unha mostra biolóxica para o seu estudo mediante os diferentes procedementos diagnósticos.
Tema 1: Adaptación e lesión celular reversible
. Hipertrofia e hiperplasia
. Atrofia
. Metaplasia e displasia
. Mecanismos de lesión celular
Tema 2: Lesión celular irreversible:
. Necrose
. Apoptose
. Tema 3:Alteraciones subcelulares e envellecemento celular:
. Acúmulos intracelulares
. Calcificación patolóxica
. Envellecemento celular
Tema 4: Inflamación aguda
. Patróns morfolóxicos
. Mediadores químicos
Tema 5: Inflamación crónica
. Características morfolóxicas
. Inflamación granulomatosa
. Consecuencias sistémicas da inflamación
Tema 6: Reparación tisular
. Renovación tisular, rexeneración e reparación
. Natureza e actuación dos factores de crecemento. Células madre
. Mecanismos de sinalización do crecemento celular
. A curación de feridas
. Aspectos patolóxicos da reparación
Tema 7: Trastornos hemodinámicos
. Edema
. Hiperemia e conxestión
. Hemorraxia.
Tema 8: Hemostase e trombose. Embolismo.
. Hemostase e trombose
. CID
. Embolismo
Tema 9: Infarto. Shock.
. Definición e tipos de infarto
. Concepto e tipos de shock
. Manifestacións morfolóxicas do shock
Tema 10:
. Arquitectura do xenoma humano
. Xenes e enfermidade humana
. Trastornos mendelianos
Tema 11:
. Trastornos multixenéticos complexos
. Trastornos cromosómicos
. Trastornos monogénicos de herdanza non clásica
. Diagnóstico molecular das enfermidades xenéticas
. Marcadores de polimorfismos e diagnóstico molecular
. Análise molecular das alteracións genómicas
. Alteracións epixenéticas
Tema 12
. Resposta inmunitaria normal: inmunidade innata e adaptativa
. Hipersensibilidade
. Enfermidades autoinmunes.
Tema 13
. Rexeitamento de transplantes tisulares
. Inmunodeficiencias primarias
. Inmunodeficiencias secundarias: SIDA
. Amiloidose
Tema 14: Conceptos básicos das neoplasias
. Nomenclatura e definición
. Características das neoplasias benignas e malignas
. Diferenciación e anaplasia
. Velocidade de crecemento: Células madre no cancro
. Invasión local e metástase
Tema 15: Epidemioloxía do cancro
. Incidencia do cancro
. Envellecemento e cancro
. Predisposición xenética ao cancro
. Factores predisponentes non hereditarios
Tema 16: Bases moleculares do cancro
. Alteracións esenciais para a transformación maligna
. Autosuficiencia nos sinais de crecemento: Oncoxenes
. Insensibilidade aos factores de inhibición e escape da senescencia: Xenes supresores tumorais
. Evasión da apoptose
. Capacidade proliferativa ilimitada: Telomerasas
. Angiogénesis
. Invasión e metástase
. Alteracións cromosómicas asociadas ao cancro
. Cambios epixenéticos e cancro
Tema 17: Carcinogénesis
. Base molecular da carcinogénesis secuencial
. Axentes carcinoxénico e as súas interaccións celulares
. Defensa inmunitaria fronte ás neoplasias: Antíxenos tumorais
Tema 18: Diagnóstico de laboratorio do cancro
. Marcadores tumorais
. Perfil molecular das neoplasias
. Gradación e estadiaje das neoplasias
Tema 19: Aspectos anatomo-patolóxicos básicos das enfermidades infecciosas
. Categorías de axentes infecciosos e técnicas especiais para a súa identificación
. Espectro de respostas inflamatorias á infección
. Estudo específico dos procesos infecciosos máis relevantes:
Infeccións víricas
Infeccións bacterianas
Micose
Parasitose
Tema 20: Patoloxía ambiental
. Axentes tóxicos ambientais
. Lesións por drogas terapéuticas e de abuso (reaccións adversas)
. Lesións por axentes físicos (mecánicos, térmicos, eléctricos e radiacións ionizantes)
Tema 21: Trastornos nutricionais
. Malnutrición enerxético-proteica. Déficits vitamínicos
. Anorexia e bulimia
. Obesidade
Tema 21: Enfermidades da infancia
. Anomalías conxénitas
. SIDS
. Tumores benignos e malignos da infancia
Libros:
- Baldwin, e cols. Wheater's Review Of Histology And Basic Pathology.Churchill Livingstone 2009.
- Kumar VK, Abbas AK, Fausto N, Mitchell R. Robbins. Patoloxía humana. 8ª edición. Elsevier. Madrid, 2008.
- Kumar VK, Abbas AK, Fausto N. Robbins e Cotran. Patoloxía Estrutural e Funcional. 8ª edición. Elsevier. Madrid, 2010.
- Oliva H. Esquemas de Anatomía Patolóxica Especial. I. Ergon. Madrid, 2004.
- Pardo FJ. Anatomía Patolóxica. Mosby/Doyma. Madrid, 1997.
- Pérez Tamayo R, López Corella E. Principios de Patoloxía. Panamericana, 2007.
- Rubin E, Strayer DS. Rubin's Pathology: Clinicopathologic Foundationsof Medicine. 5 th edition. Lippincot Williams and Wilkins, 2008.
- Rubin E, Gorstein F, Schwarting R, Rubin R. Rubin: Patoloxía Estrutural: Fundamentos Clinicopatológicos en Medicina. 4ª edición. McGraw-Hill. Madrid, 2006.
- Stevens A, Lowe JS, Scott I. Core pathology: with student consultonline access. Mosby. St Louis, 2008.
- Stevens A, Lowe J. Anatomía Patolóxica. 2ª edición. EdiciónsHarcourt. Madrid, 2001.
Atlas:
- Curran RC, Crocker J. Curran's atlas of histopathology. 4ª edición.Harvey Miller, 1999.
- Klatt EC. Robbins e Cotran. Atlas de Anatomía Patolóxica. Elsevier, 2007.
- Stevens A, Lowe JS, Young B. Wheater. Histopatología básica: Atlas e texto en cor. 4ª edición. Elsevier. Madrid, 2003.
- Valores profesionais, actitudes e comportamentos éticos:
. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
. Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo
- Fundamentos científicos da medicina:
. Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
. Habilidades clínicas:
. Establecer o diagnóstico, prognóstico e tratamento, aplicando os principios baseados na mellor información posible e en condicións de seguridade clínica.
- Manexo da información:
. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral coma escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
. Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
. Manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
- Análise crítica e investigación:
. Desempeñar a actividade profesional cun punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
. Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
. Ser capaz de formular hipótese, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
. Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
- Clases maxistrais:
A docencia expositiva farase na forma de clases teóricas do tipo lección maxistral de 50 minutos de duración, presenciais o virtuais dependendo do deseenrolo do curso. Facilítase un esquema previamente ao desenvolvemento da clase co fin de facer máis cómodo o seguimento desta e a toma de notas por parte dos alumnos. Ademais, servirá de guía á hora do estudo nos textos correspondentes. É de grande utilidade a aula virtual como medio para distribuír este tipo de material entre os alumnos, que poden obtelo en calquera momento.
- Docencia interactiva:
A docencia interactiva levarase a cabo na aula de prácticas e consistirá no estudo personalizado e discusión co profesor de seccións histolóxicas procedentes de casos reais, seleccionados pola súa utilidade docente. Habitualmente, trátase de exemplos típicos das lesións comentadas nas clases teóricas. Nela encóntranse dispoñibles 42 microscopios binoculares e coleccións de preparacións representativas dos temas previamente indicados. Existe, ademais, un sistema de proxección de vídeo adaptado a un dos microscopios, permite tanto que realizar a descrición das lesións de forma máis dinámica coma resolver dúbidas ou problemas xerais dos alumnos durante a observación persoal ao microscopio.
- Titorías:
Colaboran na solución individualizada de problemas que xurdan durante o proceso de aprendizaxe. Poden empregarse para a resolución de dúbidas ou para a presentación de traballos individualizados ou en grupos.
Método de avaliación:
80% da nota: Proba final obxectiva, escrita ou oral, que poderá ter diferentes formatos e realizarase de forma presencial ou virtual segundo as condicións de desenvolvemento da docencia ao longo do curso.
20% restante: Avaliación continua ao longo do curso mediante a realización de diferentes probas presenciais ou virtuais, sobre materia explicada e con especial atención ao contido práctico.
Traballo persoal (Horas)
- Estudo individual: 30
- Revisión de material de apoio: 12
- Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 6
- Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 1
É aconsellable insistir na necesidade de asistir regularmente ás clases teóricas, prácticas e titorías, de por si obrigatorio, independentemente de que se realice control de asistencia. As clases maxistrais serven deguion á hora de estudar a materia e facilitan a aproximación a unha materia ata ese momento descoñecida. As clases prácticas familiarizan o estudante coa morfoloxía dos procesos que se describiron previamente nas clase maxistrais e é moito máis doado facelo a través do microscopio e coa axuda do profesor que coa simple axuda de atlas. Estes resultan, pola contra, útiles para o repaso dos coñecementos adquiridos previamente.
Igualmente, o estudo con regularidade dende o inicio do curso en lugar de concentralo nas últimas semanas.
Estes aspectos, aínda que ben coñecidos e aceptados, non adoitan ser tidos en conta polos alumnos. Nun sistema de avaliación continua, como o que se propón, son de especial importancia.
No caso de suspender a materia na primeiro convocatoria é necesario examinarse de todo o seu contido novamente. Non é necesaria a repetición das prácticas na convocatoria de Xullo aínda que é aconsellable a das titorías, que deberá axustarse ás posibilidades do profesor. Para formular o estudo de novo é importante coñecer en que aspectos se fracasou co fin de realizar un esforzo especial neles. Evidentemente, a avaliación continua non é posible e manterase a valoración obtida na primeira convocatoria se o alumno así o fai constar expresamente. Pola contra, o seu valor repartirase proporcionalmente entre o exame e a realización de novos traballos. O exame teórico terá as mesma características que o realizado na convocatoria anterior. Igualmente, o estudo con regularidade dende o inicio do curso en lugar de concentralo nas últimas semanas.
Estes aspectos, aínda que ben coñecidos e aceptados, non adoitan ser tidos en conta polos alumnos. Nun sistema de avaliación continua, como o que se propón, son de especial importancia.
Maximo Francisco Fraga Rodriguez
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Teléfono
- 881812364
- Correo electrónico
- maximo.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Manuel Suarez Peñaranda
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- jm.suarez.penaranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-13:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLE_04 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
20:30-21:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Martes | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 6 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
20:30-21:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Mércores | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLE_04 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
20:30-21:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Xoves | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLE_04 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
20:30-21:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Venres | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 3 |
13:30-14:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 6 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
20:30-21:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
15.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 9 |
25.06.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
25.06.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
25.06.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
25.06.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |