Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 4 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as causas xerais das enfermidades e os mecanismos patoxenéticos relacionados coas mesmas. Entre estas causas (Etioloxía) e mecanismos (Patoxenia) das enfermidades inclúense os de base xenética, os ambientais e a interacción de ambos. Inclúense tamén as causas, mecanismos e formas dalgunhas manifestacións clínicas principais, especialmente as dúas que máis frecuentemente motivan consulta médica (dor e febre).
Temario das Clases Expositivas:
1.- Presentación. Conceptos: enfermidade, signo, síntoma, síndrome, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, lesión, clínica, diagnóstico, tratamento, profilaxe, Patoloxía, Propedéutica.
2.- Abordaxe clínico das enfermedades xenéticas. Mutaxénese (1).
3.- Abordaxe clínico das enfermedades xenéticas. Mutaxénese (2).
4.- Abordaxe clínico das enfermedades xenéticas. Mutaxénese (3).
5.- Enfermidades mendelianas e de herdanzamitocondrial. Enfermidades complexas. Cromosomopatías (1).
6.- Enfermidades mendelianas e de herdanzamitocondrial. Enfermidades complexas. Cromosomopatías (2).
7.- Mecanismos epixenéticos da enfermidade.
8.- Consello xenético. Principios de terapia xénica.
9.- Mecanismos xerais polos que os axentes químicos producen enfermidade. Concepto de tóxico.
10.- Mecanismos xerais polos que os axentes físicos producen enfermidade (1).
11.- Mecanismos xerais polos que os axentes físicos producen enfermidade (2).
12.- Mecanismos xerais polos que os axentes infecciosos producen enfermidade (1).
13.- Mecanismos xerais polos que os axentes infecciosos producen enfermidade (2).
14.- Mecanismos xerais polos que os axentes infecciosos producen enfermidade (3).
15.- Inmunodeficiencia. Concepto, formas xerais e consecuencias patolóxicas (1).
16.- Inmunodeficiencia. Concepto, formas xerais e consecuencias patolóxicas (2).
17.- Mecanismos xerais de dano tisular de causa inmunolóxica. Concepto e formas de hipersensibilidade (1).
18.- Mecanismos xerais de dano tisular de causa inmunolóxica. Concepto e formas de hipersensibilidade (2).
19. Autoinmunidade e tolerancia.
20.- Rechazo e tolerancia de trasplantes.
21.- Inflamación: formas, mecanismos, manifestaciones clínicas xerais (1).
22.- Inflamación: formas, mecanismos, manifestaciones clínicas xerais (2).
23.- Febre: etiopatoxenia e manifestacions clínicas. Aa febre como parte do síndrome de resposta inflamatoria sistémica. Hipertermia e hipotermia.
24.- Causas e mecanismos de producción de dor. Formas xerais de dor.
25.- Mecanismos de diferenciación e proliferación celular anormal. Crecemiento neoplásico e desarrollo de metástasis (1).
26.- Mecanismos de diferenciación e proliferación celular anormal. Crecemiento neoplásico e desarrollo de metástasis (1).
27.- Mecanismos xerais polos que as neoplasias producen manifestacions clínicas (1).
28.- Mecanismos generales polos que as neoplasias producen manifestacions clínicas (2).
29.- Mecanismos moleculares e celulares do envellecemento. Concepto de enfermedad dexenerativa. Manifestacions xerais da enfermidade no ancián (1).
30.- Mecanismos moleculares e celulares do envellecemento. Concepto de enfermedad dexenerativa. Manifestacions xerais da enfermidade no ancián (2).
Temario das Clases Interactivas:
1.- Caso clínico: enfermidade de base xenética
2.- Caso clínico: enfermidade por tóxico
3.- Caso clínico: enfermidade infecciosa
4.- Caso clínico: enfermidade de base inmunitaria
5.- Caso clínico: enfermidade neoplásica
6.- Caso clínico: enfermidade no ancián
Introducción a la Medicina Clínica (autor FJ Laso, editorial Masson-Salvat). Texto moi adecuado para o estudo da chamada Patoloxía Xeral, cuxa primeira parte (etioloxía e patoxenia xerais) corresponde a esta materia (Bases da Enfermidade).
The Merck Manual. Disponible de modo gratuito en: https://www.merckmanuals.com/professional. Utilidade como consulta de entidades nosolóxicas específicas.
Obxectivo principal: Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco (Etioloxía) que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade, así como os mecanismos que levan á mesma (Patoxenia).
Obxectivo secundario: Iniciación ao coñecemento da estrutura dunha historia clínica e ao razoamento clínico.
Docencia expositiva: Nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os aspectos teórico-prácticos principais dos contidos. A docencia poderá apoiarse en casos clínicos-tipo. De cada un dos temas indicarase un documento que conteña en maior detalle os coñecementos do tema que é necesario coñecer. Devandito documento poderá ser un capítulo dos libros arriba mencionados ou outros, ou ben outro documento de fácil acceso e do nivel adecuado para un alumno de segundo curso do Grao en Medicina.
Docencia interactiva: As sesións de docencia interactiva terán o formato de “caso pechado” (historia clínica con exploración física e algúns resultados de probas complementarias) para que discutan, tutelados polo docente, o posible diagnóstico final. Aproveitaranse estes casos clínicos para completar a mensaxe sobre a etiopatogenia das enfermidades, á vez que se inicia ao alumno na estrutura dunha historia clínica e no razoamento clínico.
No caso de escenarios que impidan ou limiten a docencia presencial (escenarios 2 e 3 do plan de continxencias da USC para a pandemia COVID-19), as clases expositivas e interactivas poderanse de modo telemático, utilizando as plataformas dispoñibles.
Tutorías: Estarán destinadas a solucionar as dúbidas dos alumnos.
A adquisición de coñecementos das clases e o estudo individual das lecturas recomendadas serán avaliadas mediante unha proba escrita, que será preciso superar para aprobar a materia. Dita proba escrita será a base de "preguntas-tema", preguntas “tipo test” (preguntas con respostas predeterminadas, a elixir entre elas unha válida) cun número amplo de preguntas, ou ben una combinación de ambas. No caso do "test", cada pregunta acertada sumará un punto e cada pregunta contestada erroneamente restará un terzo de punto, sendo necesario obter unha puntuación superior ao 50% do total posible de puntos para superar a proba. O peso da devandita proba escrita constituirá o 90% da nota final.
Avaliación continua (poderá representar o 10% da nota final, sempre que se supere a proba escrita): Poderase computar a asistencia a seminarios e clases expositivas. As faltas reiteradas de asistencia as clases expositivas ou interactivas poderá ser motivo de exclusión do exame escrito. Nalgúns casos realizarase un mini-test ao final dos seminarios ou das clases expositivas. Poderase avaliar a participación destacada neses seminarios, a realización de traballos previos ou posteriores en relación cos mesmos, e a participación do conxunto do grupo. O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo) será o mesmo que na de Xuño.
No caso de escenarios que dificulten ou limiten a avaliación presencial, a avaliación telemática consistirá nun número amplo de preguntas "test", rápidas e directas, sen penalización por erros, sendo necesario obter unha puntuación superior ao 70% do total de puntos posibles para superar a proba. Para circunstancias de dificultade de acceso ou determinadas cualificacións altas poderase considerar o exame oral. A avaliación continuada terá o mesmo peso mencionado, a menos que a docencia presencial non puidese desenvolverse, nese caso non terá consideración.
Nesta materia, o alumnado conta cunhas 24 horas de docencia presencial (unhas 16 horas de docencia expositiva e unhas 8 horas de docencia interactiva). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario dedicar ao estudo ao redor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
En relación á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a preparación e revisión da clase.
A asistencia ás clases expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia. A lectura dos documentos recomendados para cada tema tamén é imprescindible para superar a materia. Así mesmo, o alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado, especialmente aquelas relacionadas coas clases interactivas, para superar con éxito a materia.
Plan de continxencias:
No caso de escenarios que impidan ou limiten a docencia presencial (escenarios 2 e 3 do plan de continxencias da USC para a pandemia COVID-19), as clases expositivas e interactivas impartiranse de modo telemático, utilizando as plataformas dispoñibles. Nos mesmos escenarios, a avaliación telemática consistirá nun número amplo de preguntas "test", rápidas e directas, sen penalización por erros, sendo necesario obter unha puntuación superior ao 70% do total de puntos posibles para superar a proba. Para circunstancias de dificultade de acceso ou determinadas cualificacións, poderase considerar o exame oral. A avaliación continuada terá o mesmo peso mencionado, a menos que a docencia presencial non puidese desenvolverse, nese caso non terá consideración.
David Araujo Vilar
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Teléfono
- 881815426
- Correo electrónico
- david.araujo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Arturo Gonzalez Quintela
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- arturo.gonzalez.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Álvaro Hermida Ameijeiras
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- alvaro.hermida [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 6 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 6 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
Martes | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_04 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 3 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_04 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 3 |
Xoves | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_04 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 6 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
Venres | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 6 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 6 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 3 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 9 |
08.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
02.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
02.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
02.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
02.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |