Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46.5 Horas de Titorías: 0.5 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 10 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana, Medicina
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer as características, fontes de obtención e métodos de manipulación dos distintos tipos de células nai.
- Coñecer os fundamentos da terapia celular.
- Coñecer as aplicacións reais e potenciais da terapia celular en enfermidades humanas.
A) Clases expositivas (18 h)
Tema 1. Introdución ao concepto de células nai, terapia celular e medicina rexenerativa. Tema 2. Células nai embrionarias.
Tema 3. Células nai adultas.
Tema 4. Células nai e transferencia nuclear.
Tema 5. Células nai pluripotentes inducidas.
Tema 6. Células nai tumorais.
Tema 7. Consideracións éticas e legais da investigación con células nai.
Tema 8. Células nai neurais. Terapia celular no sistema nervioso central.
Tema 9. Células nai hematopoéticas. Transplante de proxenitores hematopoéticos.
Tema 10. Terapia celular en enfermidades hepáticas.
Tema 11. Terapia celular en enfermidades cardiovasculares: Reparación cardíaca con células nai.
Tema 12. Potencial terapéutico das células nai na diabete.
Tema 13. Terapia celular en enfermidades autoinmunes.
Tema 14. Terapia celular en inmunodeficiencias.
Tema 15. Envellecemento e células nai.
Tema 16. Células nai no tratamento do cancro.
B) Clases interactivas (8 h)
Nos seminarios (2 h) e prácticas de laboratorio (6 h) traballaranse os seguintes contidos: • Células nai mesenquimais.
• Biobancos e células nai.
• Obtención e procesamento de precursores hematopoéticos.
• Terapia celular en enfermidades neurodexenerativas.
• Terapia celular noutras enfermidades.
Os contidos poderán ser reorganizados, especialmente no escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física), para adaptalos a unha docencia completamente en remoto.
Básica
Atala A, Lanza R. (Ed.). Handbook of stem cells. Vol. 1: Pluripotent stem cells. Vol. 2: Cell biology and adult and fetal stem cells. 2ª ed. New York: Elsevier Academic Press; 2013.
Bagley RG, Beberly AT (Eds). Stem cells and cancer. Humana Press; 2009.
Davis C, Sanberg PR (Eds). Cell therapy, stem cells and brain repair. New Jersey: Springer Humana Press. 2007.
García-Olmo D, García-Verdugo JM, Alemany A, Gutiérrez-Fuentes JA (Eds.). Cell Therapy. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana; 2008.
Lanza R, Atala A (Eds.). Essentials of stem cell biology. 3ª ed. New York: Elsevier Academic Press; 2014.
Lazo PA, Sánchez-García I (Eds.). Medicina regenerativa y células madre. Madrid: Los libros de la catarata; 2010.
Rao MS, Carpenter M, Vemuri M (Eds.) Neural development and stem cells. 3ª ed. New Jersey: Springer Humana Press; 2012.
Sell S. (Ed.) Stem cells handbook. 2ª ed. New Jersey: Springer Humana Press; 2013.
Complementaria
http://www.stembook.org/
http://www.eurostemcell.org/
https://stemcells.nih.gov/info.htm
https://learn.genetics.utah.edu/content/stemcells/
Competencias básicas e xerais
CG 5 - Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
CG 6 - Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
CG 7 - Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
CG 9 - Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
CG 23 - Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
CG 31 - Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
CG 36 - Ser capaz de formular hipótese, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
CG 37 - Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Competencias específicas
CEMIV.40 - Practicar procedementos cirúrxicos elementais: limpeza, hemostase e sutura de feridas.
CEMIV.41 - Realizar procedementos cirúrxicos para a obtención e manexo de mostras biolóxicas e para a administración de fármacos.
A docencia impartirase mediante clases maxistrais e actividades interactivas. Favorecerase a participación dos alumnos e a formulación aberta de todas as cuestións que poidan xurdir. Nas clases interactivas promoverase a aprendizaxe autónoma e os alumnos traballarán de forma individual e en grupo. Realizarase un seguimento da participación e actitude do alumno nas actividades programadas durante o curso. Realizaranse titorías individualizadas para a orientación da aprendizaxe e resolución de dúbidas e habilitarase un foro público de titorías na aula virtual da materia.
Adaptacións da metodoloxía do ensino aos diferentes escenarios:
Escenario 1 (normalidade adaptada): A docencia das clases expositivas e interactivas será presencial. Para a realización de actividades específicas en remoto poderanse empregar as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física): Combinarase a docencia presencial e en remoto a fin de aplicar as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. As titorías serán preferentemente virtuais. Para a docencia en remoto empregaranse as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física): A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
A asistencia a clases expositivas e interactivas é requisito indispensable para superar a materia. Valorarase a actitude do alumno e a realización e contido das actividades programadas durante o curso. Estes aspectos consideraranse parte da avaliación continua, que supoñerá un 60% da nota final. Os alumnos poderán realizar unha proba final sobre os contidos expostos nas clases expositivas e interactivas que supoñerá un 40% da nota final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
Adaptacións da avaliación aos diferentes escenarios:
Escenario 1 (normalidade adaptada): A avaliación continua e a proba final terán carácter presencial. Para a avaliación continua poderanse utilizar os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física): A avaliación continua e a proba final terán carácter presencial. Para a avaliación continua poderanse utilizar os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física): A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de participación e realización de actividades en remoto empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams). A proba final levarase a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba.
3 créditos ECTS:
- Expositivas: 18 horas presenciais.
- Interactivas: 10 horas presenciais
- Titorías personalizadas: 1 hora.
- Exame: 1 hora.
- Traballo persoal do alumno: 45 horas.
Levar a cabo unha aprendizaxe activa dos coñecementos que se adquiren co desenvolvemento do temario, empregando esquemas organizados e realizando nexos entre os coñecementos propios e os novos. Ademais, recoméndase a participación activa nas clases, o estudo periódico e a utilización das horas de titorías. É importante que o alumno adquira conciencia da importancia da comprensión dos conceptos e dos métodos e técnicas descritas, para desenvolver destrezas para a súa aplicación fronte a problemas prácticos na súa futura vida profesional.
Adaptacións das recomendacións para o estudo aos diferentes escenarios:
Escenario 1 (normalidade adaptada), Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física) e Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física): As recomendacións para o estudo serán as mesmas para os tres escenarios. As titorías terán carácter presencial e/ou telemático e os recursos bibliográficos poderán ser utilizados en versión papel (escenario 1) e/ou dixital (escenario 2 e 3).
Plan de continxencia
Adaptacións da metodoloxía do ensino e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3, segundo as “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso 2020-2021” do 26 de xuño de 2020:
Adaptacións da metodoloxía do ensino:
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física): Combinarase a docencia presencial e en remoto a fin de aplicar as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. As titorías serán preferentemente virtuais. Para a docencia en remoto empregaranse as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física): A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Adaptacións do sistema de avaliación:
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física): A avaliación continua e a proba final terán carácter presencial. Para a avaliación continua poderán utilizarse os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física): A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de participación e realización de actividades en remoto empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams). A proba final levará a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba.
Jose Luis Labandeira Garcia
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815468
- Correo electrónico
- joseluis.labandeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Domingo Pose Reino
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- antonio.pose [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Luis Bello Lopez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- joseluis.bello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Arturo Gonzalez Quintela
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- arturo.gonzalez.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Maria Muñoz Patiño
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812221
- Correo electrónico
- anamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jannette Rodriguez Pallares
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815466
- Correo electrónico
- jannette.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Álvaro Hermida Ameijeiras
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- alvaro.hermida [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Juan Andres Parga Martin
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- juan.parga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Manuel Mateo Perez Encinas
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- manuelmateo.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
17:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
Mércores | |||
10:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
17:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 2 |
10.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
10.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
10.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
10.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
29.06.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |