Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 47 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública, Psiquiatría
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Unha vez superada a materia, o estudante debe:
1. Poder integrar os coñecementos adquiridos nesta área cos adquiridos noutros campos
2. Comprender o proceso aditivo tanto a nivel do individuo como a nivel social para poder executar unha intervención profesional eficaz
3. Alcanzar a destreza mínima necesaria para poder realizar o diagnóstico e o tratamento, así como para definir os obxectivos da intervención
4. Coñecer os recursos sociosanitarios existentes, a súa dispoñibilidade e esixencias para a súa utilización nos casos diagnosticados
5. Ser capaz de avaliar criticamente os informes e a literatura sobre adiccións dende a óptica do modelo bio-psico-social
6. Ter desenvolvido un tema de investigación relacionado coas drogodependencias
7. Manexar eficazmente a comunicación sobre as adiccións tanto fóra como dentro do marco da entrevista clínica
Descritores: O Contexto Sociocultural do Consumo de Drogas, Marco Legal e Política Asistencial.Neurobioloxía da Adicción. Patoloxía, Diagnóstico e Tratamento das adiccións ás diversas sustancias. A relación médico-paciente no paciente drogodependente. A investigación en Drogodependencias.
O desenvolvemento do temario está organizado en 11 temas a desenvolver nas clases expositivas, organizados en dous bloques temáticos: un correspondente ás drogas ilegais e mailo alcohol e outro correspondente ao tabaco.
Bloque I
Tema 1. Conceptos xerais. Contexto sociocultural das adiccións. Epidemioloxía. Marco legal e política asistencial
Tema 2. Etioloxía e etiopatoxenia das adiccións
Tema 3. Patoloxía, diagnóstico e tratamento da adicción ao alcol
Tema 4. Patoloxía, diagnostico e tratamento de sustancias ilegais
Tema 5. Aspectos xerais do tratamento das adiccións. A prevención en adiccións
Tema 6. Adiccións sen sustancias. A comorbilidade
Bloque II
Tema 7. Tabaquismo. Evolución histórica. Compoñentes tóxicos do fume do tabaco. O fume ambiental de tabaco.
Tema 8. Problemas de saúde asociados ao consumo de tabaco.
Tema 9. Epidemioloxía do tabaquismo.
Tema 10. Diagnóstico e actitude terapéutica do tabaquismo.
Tema 11. Prevención e control do tabaquismo.
O programa de clases interactivas inclúe 5 seminarios.
Seminario 1. Traballo práctico con supostos clínicos encamiñados a familiarizarse cos conceptos básicos traballando con supostos clínicos
Seminario 2. A investigación en condutas aditivas
Seminario 3. Presentación do traballo fin de curso
Seminario 4. Visionado dun documental sobre tabaquismo con posterior debate.
Seminario 5 . Casos clínicos: diagnóstico do fumador e actitude terapéutica. Manexo do cooxímetro
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Manual de adicciones para médicos especialistas en formación. Ed. Cesar Pereiro Gómez. Socidrogalcohol
- Miguel Barrueco, Miguel Ángel Hernández y Miguel Torrecilla. Manual de Prevención y tratamiento del tabaquismo. 4ª Ed. EUROMEDICE. 2009 (Texto de referencia básico para o bloque de tabaquismo)
- David Simpson. Los Médicos y el Tabaco: El Gran Reto de la Medicina. Tobacco Control Resource Centre. 2000.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Informe OMS sobre la epidemia mundial de tabaquismo, 2008: Plan de medidas MPOWER. OMS. 2008. (Accesible en: http://whqlibdoc.who.int/publications/2008/9789243596280_spa.pdf)
- Becoña, E. MONOGRAFÍA TABACO. Adicciones, Vol. 16, suplemento 2 (2004)(Accesible en: http://www.pnsd.msc.es/Categoria2/publica/pdf/tabaco.pdf).
Competencias dá titulación ás que contribúe a materia (segundo Orde ECI/332/2008):
1. Recoñecer os elementos esenciais da profesión médica, incluíndo os principios éticos, as responsabilidades legais e o exercicio profesional centrado no paciente.
2. Comprender a importancia de tales principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención ao segredo profesional.
3. Saber aplicar o principio de xustiza social á práctica profesional e comprender as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
4. Desenvolver a práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas e cultura, dentro dos principios éticos e legais.
5. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
6. Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
8. Coñecer e recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións.
12. Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
13. Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
14. Realizar un exame físico e unha valoración mental.
15. Ter capacidade para elaborar un xuízo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razoada.
16. Recoñecer e tratar as situacións que poñen a vida en perigo inmediato e aqueloutras que esixen atención inmediata.
17. Establecer o diagnóstico, prognóstico e tratamento, aplicando os principios baseados na mellor información posible e en condicións de seguridade clínica.
18. Indicar a terapéutica máis adecuada dos procesos agudos e crónicos máis prevalentes, así como dos enfermos en fase terminal.
19. Expor e propor as medidas preventivas adecuadas a cada situación clínica.
21. Escoitar con atención, obter e sintetizar información pertinente acerca dos problemas que afectan ao enfermo e comprender o contido desta información.
22. Redactar historias clínicas e outros rexistros médicos de forma comprensible a terceiros.
23. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
24. Establecer unha boa comunicación interpersoal que capacite para dirixirse con eficiencia e empatía aos pacientes, aos familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
25. Coñecer e recoñecer os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
26. Asumir o seu papel nas accións de prevención e protección ante enfermidades, lesións ou accidentes e mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
27. Recoñecer o seu papel en equipos multiprofesionais, asumindo o liderado cando sexa apropiado, tanto para a subministración de coidados da saúde, como nas intervencións para a promoción da saúde.
28. Obter e utilizar datos epidemiolóxicos e valorar tendencias e riscos para a toma de decisións sobre saúde.
29. Coñecer as organizacións nacionais e internacionais de saúde e as contornas e condicionantes dos diferentes sistemas de saúde.
30. Coñecementos básicos do Sistema Nacional de Saúde e de lexislación sanitaria.
31. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
34. Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
35. Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
36. Ser capaz de formular hipótese, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
37. Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Competencias específicas dá materia:
Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións das distintas drogas sobre a estrutura e función do corpo humano. Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento das adiccións. Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica. Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante. Realizar un exame físico e unha valoración mental. Ter capacidade para elaborar un xuízo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razoada. Recoñecer e tratar as situacións que poñen a vida en perigo inmediato e aqueloutras que esixen atención inmediata. Establecer o diagnóstico, prognóstico e tratamento, aplicando os principios baseados na mellor información posible e en condicións de seguridade clínica. Escoitar con atención, obter e sintetizar información pertinente acerca dos problemas que afectan ao enfermo e comprender o contido desta información. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación. Establecer unha boa comunicación interpersoal que capacite para dirixirse con eficiencia e empatía aos pacientes, aos familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
ESCENARIO 1 fronte á pandemia COVID-19: Toda a actividade docente é presencial
Clases expositivas: Exporanse os obxectivos docentes e os conceptos fundamentais do programa. Utilizarase material audiovisual. O profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación dos alumnos.
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia
Clases interactivas: A sesión de seminario será moi activa e participativa asumindo o profesor o papel de introdutor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo.
ESCENARIO 2 fronte á pandemia COVID-19: A docencia expositiva é non presencial, a docencia interactiva presencial.
A docencia expositiva seguirá o mesmo formato que no escenario 1 pero realizándose de forma síncrona a través da ferramenta TEAMS, no mesmo horario que estaba programado para as clases presenciais.
No Bloque II ao final de cada tema realizarase un ha proba de autoavaliación na aula virtual da materia a modo de seguimento da adquisición dos coñecementos por parte dos alumnos.
A docencia interactiva impartirase da mesma forma que no escenario 1.
A titorización realizarase por medios telemáticos: a individual mediante o correo electrónico e a grupal mediante o foro da aula virtual.
ESCENARIO 3 fronte á pandemia COVID-19: Toda a actividade docente é non presencial
A docencia expositiva seguirá o mesmo formato que no escenario 1 pero realizándose de forma síncrona a través da ferramenta TEAMS, no mesmo horario que estaba programado para as clases presenciais.
No Bloque II ao final de cada tema realizarase un ha proba de autoavaliación na aula virtual da materia a modo de seguimento da adquisición dos coñecementos por parte dos alumnos.
Os seminarios realizaranse de forma telemática ben de forma síncrona a través da ferramenta TEAMS ou ben de forma asíncrona mediante documentos que o alumno deberá analizar e sintetizar na aula virtual.
A titorización realizarase por medios telemáticos: a individual mediante o correo electrónico e a grupal mediante o foro da aula virtual.
ESCENARIO 1
Terase en conta a avaliación continuada, valorando a participación nas clases expositivas, o traballo individual nos seminarios e a capacidade de interacción co grupo.
A avaliación do alumno farase en función dos bloques do programa e terá que superar cada bloque para aprobar a materia:
Bloque I:
- Exame escrito de contidos teórico-prácticos: 70%
- Avaliación dos seminarios: 30%
Alternativamente:
- Traballo programado polo profesor: 70%
- Avaliación dos seminarios: 30%
Avaliación na segunda oportunidade: Manterase o mesmo sistema que na primeira oportunidade.
Bloque II:
- Exame escrito de contidos teórico-prácticos: 70%
- Avaliación dos seminarios: 30%
ESCENARIOS 2 e 3
Se a proba final non se pode realizar de forma presencial consistirá nunha proba oral realizada por videoconferencia de forma síncrona mediante a ferramenta TEAMS.
O resto do sistema de avaliación para o bloque I manterase como no escenario 1. Para o bloque II:
- Exame escrito de contidos teórico-prácticos: 70%
- Avaliación dos seminarios: 20%
- Autoavaliacións realizadas polos alumnos na aula virtual: 10%
Avaliación na segunda oportunidade: Manterase o mesmo sistema que na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais:
- Expositivas: 14
- Seminario: 12
Horas non presenciais:
- Estudio e lectura de textos básicos e complementarios: 29
- Realización dos traballos propostos: 20
Total horas de dedicación: 75
- Ter cursada e superada a materia Psiquiatría. É conveniente coñecer as grandes síndromes médicas.
- Asistencia regular ás clases expositivas e ás interactivas.
- Manter unha actitude participativa durante as clases, especialmente durante as clases interactivas.
- Lectura dos textos recomendados.
Plan de Continxencia
Adaptacións aos posibles escenarios debido á situación epidemiolóxica pola COVID-19:
METODOLOXÍA DA ENSINANZA :
ESCENARIO 1: Toda a actividade docente é presencial
ESCENARIO 2: A docencia expositiva é non presencial, a docencia interactiva presencial. A titorización realizarase por medios telemáticos: a individual mediante o correo electrónico e a grupal mediante o foro da aula virtual.
ESCENARIO 3: Toda a actividade docente é non presencial. A titorización realizarase por medios telemáticos: a individual mediante o correo electrónico e a grupal mediante o foro da aula virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
ESCENARIOS 2 e 3: Se a proba final non se pode realizar de forma presencial consistirá nunha proba oral realizada por videoconferencia de forma síncrona mediante a ferramenta TEAMS. O resto do sistema de avaliación manterase como no escenario 1. No bloque II incluiranse as autoavaliacións realizadas polos alumnos na aula virtual en cada tema impartido.
Agustin Montes Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812271
- Correo electrónico
- agustin.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Garcia Mahia
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- mcarmen.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Homero Indalecio Carrera Machado
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- hindalecio.carrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aulario-Aula 1 |
Xoves | |||
13:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aulario-Aula 1 |
27.05.2021 16:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
27.05.2021 16:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |
08.07.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
08.07.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |