Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 11 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Entender as bases celulares da reprodución e do desenvolvemento humano e dos factores implicados nas súas alteracións
- Comprender que a diversidade celular xorde como consecuencia dunha especialización celular, a cal é o resultado dunha expresión diferencial e controlada dos seus xenes
- Saber aplicar a metodoloxía correcta á hora de observar e resolver problemas de desenvolvemento embrionario
- Interpretar imaxes do desenvolvemento embrionario e da organoxénese
I. Contidos Expositivos (17h)
BLOQUE TEMÁTICO I. Introducción ao desenvolvemento do ser humano (1h)
Tema 1. Introducción á Embrioloxía
Significado da Embrioloxía. A Embrioloxía ao longo da historia. Últimos avances na Embrioloxía
BLOQUE TEMÁTICO II. Bioloxía humana da reproducción (4h)
Tema 2. Gametoxénese
Ooxénese e maduración folicular. Control hormonal da ooxénese. Espermatoxénese. Maduración das células xerminais masculinas. Espermioxénese. Control hormonal da espermatoxénese
Tema 3. Fecundación
Transporte e capacitación dos gametos. Ciclo ovárico e ovulación. Fases da fecundación. Corpo lúteo e corpo branco.
BOQUE TEMÁTICO III. Bioloxía celular e molecular do desenvolvemento (2h)
Tema 4. Mecanismos celulares do desenvolvemento
Potencialidade celular. Determinación e diferenciación celular. Control da determinación celular. Indución celular.
Tema 5. Mecanismos moleculares do desenvolvemento
Control xenético da determinación celular. Epixenética. Procesos moleculares do desenvolvemento. Regulación da expresión xénica: factores de transcrición. Procesos de sinalización celular: moléculas sinal e moléculas receptoras. Mecanismos de adhesión e migración celular.
BLOQUE TEMÁTICO IV. Bioloxía humana do desenvolvemento (10h)
Tema 6. Primeira semana do desenvolvemento: Segmentación e embrioxénese
Características do cigoto. Segmentación e formación da mórula. Formación da blástula. Implantación do blastocisto. Implantacións anormais. Propiedades do desenvolvemento dos embrións en segmentación.
Tema 7. Segunda semana do desenvolvemento: o embrión bilaminar
Disco embrionario bilaminar. Evolución da implantación durante a segunda semana. Formación da cavidade amniótica. Formación do saco vitelino. Modificacións do citotrofoblasto e sincitiotrofoblasto. Aparición do mesodermo extraembrionario.
Tema 8. Terceira semana do desenvolvemento: gastrulación
Gastrulación. Disco embrionario trilaminar. Formación da notocorda e neurulación. Derivados das tres follas xerminativas. Diferenciación dos somitos. Formación da alantoides. Sistema cardiovascular. Evolución das vellosidades placentarias.
Tema 9. Evolución da cuarta á octava semana de desenvolvemento: organoxénese
Organoxénese. Incurvamento do embrión. Evolución dos somitos. Evolución das vesículas encefálicas. Desenvolvemento das extremidades. Desenvolvemento dos arcos branquiais e bolsas farínxeas. Formación da cara. Desenvolvemento de sistemas.
Tema 10. Evolución da novena semana ata o nacemento: período fetal
Crecemento fetal. Fisioloxía fetal. Parto.
Tema 11. Placenta e anexos fetais
Placenta e membranas fetais: estrutura, función e circulación placentaria. Cavidade amniótica. Saco vitelino. Alantoides. Cordón umbilical. Técnicas de valoración do desenvolvemento e diagnóstico prenatal. Parto.
II: Contidos Interactivos
1. Seminarios (3h)
Seminario 1. Técnicas de reproducción asistida
Seminario 2. Teratoloxía. Embarazos de xemelgos
Seminario 3. Investigación Biomédica con embrións.
Prácticas de laboratorio (8h)
Práctica 1. Ooxénese
Estudo microscópico de células xerminais femeninas.
Práctica 2-3. Espermatoxénese
Estudo microscópico de células xerminais masculinas. Seminograma: concentración, vitalidade e movilidade dos espermatozoides.
Práctica 4. Fecundación
Estudo das fases da fecundación e as diferentes etapas do desenvolvemento.
Práctica 5. Desenvolvemento embrionario: A segmentación, blastulación e gastrulación. Estudo microscópico de preparacións de mórula, blástula e gastrula de rá. Interpretación de imáxenes.
Práctica 6. Diagnóstico da idade embrionaria e fetal
Determinación da idade fetal: parámetros métricos e morfolóxicos. Estudo microscópico de preparacións de embrións/fetos
Práctica 7. Placenta e cordón umbilical
Estudo macroscópico e microscópico de cordón umbilical e placenta
Práctica 8. Casos clínicos
Anomalías do desenvolvemento relacionadas con casos clínicos
Bibliografía básica
Carlson BM. Embriología humana y biología del desarrollo. 5ª ed. Madrid: Elsevier; 2014.
Flores V. Embriología Humana: bases moleculares y celulares de la histogénesis, la morfogénesis y las alteraciones del desarrollo. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2015.
Sadler TW. Langman. Embriología médica. 14ª ed. Madrid: Lippincott, Williams & Wilkins Wolters Kluwer Health; 2019.
Moore KL, Persaud TVN, Torchia MG. Embriología clínica. 11ª ed. Madrid: Elsevier; 2020.
Moore KL, Persaud TVN, Torchia MG. Antes de Nacer: Fundamentos de embriología y anomalías congénitas. 9ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2017.
Bibliografía complementaria
Alberts, B. Bray D, Lewis J, Raff M, Roberts K, Watson J. Biología molecular de la célula. 6ª ed. Barcelona: Omega; 2016.
Arteaga-Martínez M, García Peláez MI. Embriología Humana y Biología de Desarrollo. 2ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2017.
Matsumura G, England MA. Embriología, representaciones gráficas. Barcelona: Mosby, Doyma; 1996.
Paniagua R. Biología Celular y Molecular. 4ª ed. Madrid: Mc Graw-Hill; 2017.
Webster S, de Wreede R. Embriología, lo esencial de un vistazo. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2013.
XERÁIS
CG 5 - Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
CG 6 - Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
CG 7 - Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
CG 9 - Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
CG 23 - Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
CG 31 - Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
CG 36 - Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
CG 37 - Adquirir a formación básica para a actividade investigadora
ESPECÍFICAS
CEMI.12 - Desenvolvemento embrionario e organoxénese
CEMI.18 - Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
CEMI.20 - Recoñecer con métodos macroscópicos, microscópicos e técnicas de imaxe a morfoloxía e estrutura de tecido, órganos e sistemas
En clases expositivas explicaranse os contidos teóricos do programa co apoio de imaxes e a orientación bibliográfica adecuada.
Nas clases prácticas e seminarios o alumnado desenvolverá, analizará e comprobará os contidos das clases expositivas e adquirirá competencias no campo das habilidades e destrezas propias da materia. Empregaranse técnicas de traballo cooperativo.
Utilizarase a aula Virtual da materia e nela habilitarase un foro público de titorías.
Adaptacións metodolóxicas nos diferentes escenarios:
Escenario 1: normalidade adaptada
A docencia das clases expositivas e interactivas será presencial. As clases prácticas impartiranse nos laboratorios da Facultade de Medicina. Para a realización da algunhas actividades farase uso de ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 2: distanciamento
Combinarase a docencia presencial e en remoto a fin de aplicar as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. Para iso empregaranse as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3: peche das instalacións
A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
A avaliación dos contidos das clases expositivas representará o 70% da cualificación e a avaliación dos contidos das clases interactivas representará o 30% da cualificación final da materia.
A avaliación realizarase de forma continua (30% da nota) valorando deste xeito o traballo diario do alumno ao longo do curso e mediante unha proba final complementaria á avaliación continua (70% da nota).
• A avaliación continua baséase na realización de diferentes actividades, que serán programadas e anunciadas no campus virtual. A realización das devanditas actividades será tanto presencial como telemática. A actitude e participación do alumno tamén será valorada.
• A proba de avaliación final consistirá en exame con preguntas tipo test de opción múltiple e resposta única e/ou cuestións breves.
Son requisitos para superar a materia:
• Obter un 50% na avaliación da docencia expositiva e un 50% na avaliación da docencia interactiva
• A asistencia ás clases interactivas (80%) ou a realización das actividades correspondentes nos Escenarios 2 e 3.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
Adaptacións da avaliación aos diferentes escenarios:
Escenario 1: normalidade adaptada e Escenario 2: distanciamento
As probas finais serán presenciais. Para a avaliación continua poderanse utilizar os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3: peche das instalacións
As probas finais levarán a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba. No caso de que non se dispoña dos medios técnicos que garantan o cumprimento destas premisas recorrerase a unha proba final oral. A avaliación continua realizarase mediante a realización de actividades en remoto empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
3 créditos ECTS, calculando 25 horas por crédito (presenciais e non presenciais) temos un total de 75 horas que se distribuen da seguinte maneira:
Clases expositivas: 17h
Clases interactivas de laboratorio: 8h
Seminarios: 3h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 1h
Realización de exames: 1h
Estudo individual: 35h
Elaboración de memorias/traballos: 10h
Total horas de traballo presencial: 30h
Total horas de traballo persoal do estudiante: 45h
Utilización das notas de clase e os textos de Embrioloxía. Realización de debuxos das estruturas e as súas relacións. Visualización dos vídeos recomendados. É importante levar a cabo unha aprendizaxe activa dos coñecementos que se adquiren empregando esquemas organizados e realizando nexos entre os coñecementos propios e os novos. Os recursos bibliográficos poderán ser utilizados na súa versión en papel (escenario 1) ou en modalidade dixital (escenarios 2, e 3). Ademais, recoméndase o estudo periódico da materia impartida.
Plan de continxencia:
Adaptacións da metodoloxía do ensino e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3, segundo as “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso 2020-2021” do 26 de xuño de 2020:
Adaptacións á metodoloxía do ensino:
Escenario 2: distanciamento
Combinarase a docencia presencial e en remoto a fin de aplicar as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. Para iso empregaranse as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3: peche das instalacións
A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Adaptacións á avaliación da aprendizaxe:
Escenario 2: distanciamento
As probas finais serán presenciais. Para a avaliación continua poderanse utilizar os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3: peche das instalacións
As probas finais levarán a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba. No caso de que non se dispoña dos medios técnicos que garantan o cumprimento destas premisas recorrerase a unha proba final oral. A avaliación continua realizarase mediante a realización de actividades en remoto empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Ana Maria Muñoz Patiño
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812221
- Correo electrónico
- anamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jannette Rodriguez Pallares
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815466
- Correo electrónico
- jannette.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Begoña Villar Cheda
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812299
- Correo electrónico
- bego.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Juan Andres Parga Martin
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- juan.parga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rita Valenzuela Limiñana
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- rita.valenzuela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
24.04.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
24.04.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
24.04.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
24.04.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
24.04.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
24.04.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
24.04.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
24.04.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
24.04.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
24.04.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 9 |
24.04.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
01.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
01.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
01.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
01.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |