Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 62 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 4 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Uroloxía, Medicina
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquisición dos coñecementos necesarios en prevención, diagnóstico, tratamento e prognóstico, de pacientes con enfermidades renais e do aparello xenitourinario.
DEFINICIÓN DAS MATERIAS A ESTUDO
NEFROLOXÍA
Especialidade da Medicina Interna, que ten por obxecto o estudo da estrutura e función renal, tanto na saúde como na enfermidade, e que constitúen o contido da mesma que en síntese é:
a)Prevención, diagnóstico e tratamento das enfermidades do ril e vías urinarias, tanto primarias como secundarias, en todas as idades.
b) Estudo daqueles procesos xerais que poden ter a súa orixe nun mal funcionamento renal (Hipertensión arterial, trastornos hidroelectrolíticos, etc.,).
c) Coñecemento, aplicación práctica e desenvolvemento dunha serie de técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento (probas funcionais, técnicas de biopsia renal, técnica dialíticas, transplante renal etc.).
Por tanto a especialidade de Nefroloxía, como a maioría das especialidades médicas, non pode ter uns límites demasiado precisos, engarzándose no resto da patoloxía humana.
UROLOXÍA
Especialidade medico-cirúrxica que se ocupa do estudo, diagnóstico e tratamento das afeccións médicas e cirúrxicas do aparello urinario e retroperitoneo, en ambos os sexos e do aparto xenital masculino, sen límite de idade, motivadas por padecimientos conxénitos, traumáticos, sépticos, metabólicos, obstructivos e oncolóxicos.
TEMARIO DE NEFROLOXIA
Tema 1. Clasificación das enfermidades renais. Valoración clínica e para-clínica do paciente renal. Análise de ouriños: sedimento e proteinuria.
Tema 2. Estudo da función renal: probas de función glomerular e tubular. Ecuacións estimativas do filtrado glomerular. Técnicas de imaxe en nefroloxía: radioloxía e ecografía. Isotópicos. Biopsia renal.
Tema 3. Alteracións da hidratación. Distribución e composición dos espazos e líquidos corporais.
Tema 4. Hipertensión arterial no paciente con enfermidade rrenal crónica. Aspectos epidemiolóxicos. Tratamento. Consideracións especificas dos fármacos antihipertensivos no paciente nefrolóxico.
Tema 5. Insuficiencia renal aguda I. Concepto. Etioloxía e Fisiopatoloxía. Tipos: prerrenal, intrínseca ou parenquimatosa e postrenal ou obstructiva.
Tema 6. Insuficiencia Renal Aguda II. Clínica e diagnóstico diferencial. Complicacións, prevención e tratamento.
Tema 7. Glomerulopatías. Patoxenia das lesións renais. Aspectos inmunolóxicos xerais. Grandes síndromes glomerulares: síndrome nefrótico, síndrome nefrítico.
Tema 8. Glomerulopatías primitivas I. Glomerulonefrite por lesións mínimas. Glomeruloesclerosis segmentaria e focal. Glomerulonefrítis membranosa.
Tema 9: Glomerulopatías primitivas II. Glomerulonefrítis membranoproliferativa. Glomerulonefrítis mesangial IgA-Enfermidade de Berger. Etiología e tratamento.Glomerulonefrítis postinfecciosa.
Tema 10. Glomerulonefrite rapidamente progresivas. Patoxenia e diagnóstico.
Team 11. Vasculite. Síndrome de Goodpasture.
Tema 12. Glomerulonefrite asociadas a enfermidades sistémicas I. Disproteinemias e Neoplasias.
Tema 13. Glomerulonefrites asociadas a enfermidades sistémicas II. Lupus eritematoso sistémico e enfermidades inflamatorias crónicas.
Tema 14. Nefropatía Diabética I. Estadíos evolutivos. Fisiopatoloxía.
Tema 15. Nefropatía Diabética II, Curso clínico. Prevención e tratamento.
Tema 16. Enfermidades vasculares do ril: Concepto e clasificación. Nefroangioesclerose benigna e maligna. Enfermidade isquémica renal. Enfermidade ateroembólica. Trombose de arteria renal e vea renal. Síndrome Hemolítico-Urémico e Púrpura Trombótica-Trombocitopénica.
Tema 17. Nefropatías Túbulo-intersticiales e refluxo.
Tema 18. Nefropatías hereditarias.
Tema 19. Enfermidade renal crónica I. Definición. Fisiopatoloxía e Factores de progresión. Hiperfiltración.
Tema 20. Enfermidade renal crónica II. Tratamento conservador, prevención e enlentecimiento da progresión.
Tema 21. Tratamento substitutivo renal: Hemodiálise, Diálese Peritoneal e Transplante Renal.
Tema 22. Síndrome cardio-renal.
Tema 23. O ril no ancián. Aspectos funcionais. Afectación glomerular e túbulo-intersticial.
Tema 24. Xenética e ril.
SEMINARIOS DE NEFROLOXÍA
Seminario 1: Estudo e enfoque diagnóstico do enfermo renal.
Seminario 2: O doente con insuficiencia renal crónica. Terapias substitutivas.
TEMARIO UROLOXÍA
TEMA 1. INTRODUCIÓN Á UROLOXÍA. TEMARIO HISTORIA. O PACIENTE E O DIAGNÓSTICO
1.Uroloxía. Definición. Especialidade médico-cirúrxica.Programa teórico e prácticas. Exames. Fontes de información. Bibliografía
2.Historia da uroloxía: endoscopia urinaria, transplante renal, urodinamia, litotricia. Novas tecnoloxías.
3.O paciente urolóxico. Exame clínico e semioloxía uroxenital. Exploracións complementarias.
TEMA 2. ANOMALÍAS CONXÉNITAS E DO DESENVOLVEMENTO DO SISTEMA GENITOURINARIO.
1.Anomalías renais, caliciais, piélicas e ureteraais: de número, volume, forma, posición, estrutura, abocamento. Refluxo vesico-ureteral. Anomalías vasculares.
2.Anomalías vesicales e do uraco: agenesia, hipoplasia, duplicidade, tabicamiento, extrofia vesical. Anomalías uretrales: agenexia, duplicidade, canles accesorias, atresia, megauretra, divertículos, válvulas uretrais, epispadias e hipospadias.
3.Anomalías do aparello xenital masculino. Testículo: número, situación. Anomalías do epidídimo: de localización, fusión. Anomalías do escroto: bilobulado, hipertrofia escrotal, hipoplasia. Anomalías do pene: axenesia, duplicidade, torsión, pene combo e fimose.
TEMA 3. TRAUMATISMO DO TRACTO XENITOURINARIO
1.Etioloxía, clasificación, fisiopatoloxía, procedementos diagnósticos.
2.Do ril, dos vasos renais e ureterais.
3.Vesicais e uretrais. Dos xenitais externos: escroto, testículo e pene.
4.Falsa vía. Iatroxenia. Complicacións e secuelas.
5.Aspectos terapéuticos dos traumatismos xenitourinarios
TEMA 4. INFECCIÓNS XENITOURINARIAS
1.Xeneralidades. Axentes infecciosos. Vías de diseminación. Resistencia do hóspede. Virulencia do xerme, e valoración da resposta ao tratamento. Diagnóstico: Urocultivo. Outros métodos rápidos de diagnóstico e de localización da infección.
2.Clasificación: complicadas e non complicadas. Recidiva, recaída. Infección no neno, na muller e o ancián. Sepse de orixe urológica. Gangrena escrotal.
3.Infeccións renais: Pielonefrite, Pielonefrite xantogranulomatosa, Pionefrose e infeccións perirrenais. Infeccións ureterais. Infeccións vesicais e uretraos. Infeccións prostáticas. Infeccións testiculares: orquite e epididimitos.
4.Infeccións secundarias e parasitose: tuberculose xenitourinaria, SIDA e Uroloxía. Bilharziasis.
TEMA 5. UROPATÍA OBSTRUCTIVA
1.Concepto e fisiopatología da uropatía obstructiva do tracto urinario superior. Anuria. Oliguria. Cólico renal.
2.Hidronefrose: concepto, clasificación, formas, clínica, evolución, complicacións, diagnóstico, prognóstico e tratamento. Hidrouréter, Divertículos. Enfermidades estenosantes do uréter: intrínsecas e extrínsecas. Fibrose retroperitoneal.
3.Concepto e fisiopatoloxía da uropatía obstructiva do tracto urinario inferior.
Retención aguda e retención crónica de ouriños. Estenose uretral: clasificación, clínica, diagnóstico e tratamento. Pólipos uretrales.
TEMA 6. LITIASE URINARIA
1.Epidemioloxía. Etiopatoxenia, clasificación e formas. Factores de risco na formación de cálculos urinarios. Localización e características. Medios diagnósticos.
2.Metabolismo do calcio. Metabolismo do ácido oxálico. Litiase inducida por infección. Cistinuria-xantinuria. Formación de cálculos de ácido úrico. Nefrocalcinose e litoxénese. Inhibidores e promotores da formación de cálculos. Cristaluria. Litiase inducida por infección.
3.Tratamento: médico, cirúrxico, endourolóxico, litotrícia por ondas de choque.
TEMA 7. TRANSPLANTE RENAL E PATOLOXÍA VASCULAR RENAL.
1.Transplante renal. Antecedentes históricos. Normativa legal. Indicacións e contraindicacións. Extracción e conservación de órganos. Doante vivo e doante cadáver. Nefrectomía en doante vivo e cadáver. Implante: vía de acceso, anastomose arterial, venosa e urinaria. Resultados e complicacións. Xenotrasplante.
2.Hipertensión de orixe renal. etiopatoxenia, clínica, diagnóstico e tratamento.
TEMA 8. INCONTINENCIA URINARIA E DISFUNCIÓNS VESICOESFINTERIANAS.
1.Control nervioso da micción. Ciclo miccional. Vexiga neuróxena. Etioloxía e diagnóstico. Estudos urodinámicos. Incontinencia urinaria. Cistopatías. Fístulas vesicais.
2.Tratamento: médico, cirúrxico, rehabilitador. Complicacións.
TEMA 9. ENFERMIDADES RETROPERITONEAIS:
1.Tumores suprarrenaIs. Tumores benignos e malignos. Incidentaloma.
2.Insuficiencia suprarrenal e síndromes de hiperfunción adrenocortical Hiperplasia e tumores da cortiza suprarrenal.
3.Aspectos diagnósticos e cirúrxicos.
4.Tumores da medula suprarrenal: feocromocitoma e neuroblastoma
5.FibrosE retroperitoneal.
TEMA 10 ANDROLOXIA: FERTILIDADE E FUNCIÓN SEXUAL
1.Alteracións da reprodución masculina: infertilidade. Avaliación clínica, analítica e biopsia testicular. Criptorquidia. Varicocele. Fertilidade e cancro. Contracepción masculina. Tratamentos. Reprodución asistida.
2.Alteracións da erección: Impotencia ou disfunción eréctil, etioloXía e diagnóstico. Tratamento: psicosexual, erectóxenos orais, sistemas mecánicos, próteses.
3.Priapismo, induración plástica dos corpos cavernosos. Estudo e tratamentos.
4.Trastornos da exaculación: clasificación, sistemática de estudo, diagnóstico diferencial e tratamento
TEMA 11. PATOLOXÍA XENITAL ADQUIRIDA
1.Etioloxía, clasificación, clínica, diagnóstico, evolución, prognóstico e tratamentos
2.Fimose e parafimose. Hipospadias. Balanitis. Incurvación de pene. Priapismo.
3.Hidrocele, hematocele, quiste de cordón. Espermatocele.
4.Torsión testicular. Varicocele.
5.Enurese.
TEMA 12 TUMORES DO PARENQUIMA RENAL
1.Masas renais: Etioloxía, clasificación, clínica, diagnóstico, evolución e prognóstico.
2.Tumores benignos: adenoma, oncocitoma, angiomiolipoma. Pseudotumores, quistes, tumores inflamatorios.
3.Tumores malignos: metastáticos e primitivos: adenocarcinoma.
4.Aspectos terapéuticos dos tumores renais.
TEMA 13. TUMORES DE UROTELIO: VEXIGA E VIAS URINARIAS
1.Diagnóstico, prognóstico e tratamento dos tumores da pelvis renal, uréter, vejiga e uretra.
2.Carcinoma de células transicionales. Adenocarcinoma. Carcinoma escamoso.
3.Cistitis intersticial. Cistitis hemorrágicas. Cistitis por BCG. Malacoplaquia, amiloidosis, cistitis por fístulas, cistitis xantogranulomatosa, endometriosis.
TEMA14. TUMORES DO APARELLO XENITAL MASCULINO
1.Tumores do testículo: clasificación, clínica, diagnóstico e tratamento. Marcadores. Seminomatosos e non seminomatosos. Radioterapia e quimioterapia. Fertilidade.
2.Tumores do Pene: clasificación, clínica, diagnóstico e tratamento. Tumores premalignos. Carcinoma escamoso.
3.Tumores do escroto: clasificación, clínica, diagnóstico e tratamento.
TEMA 15. HIPERPLASIA BENIGNA DE PROSTATA
1.Importancia clínica. Etiopatoxenia, clínica, diagnóstico. PSA.
2.Tratamento: médico, instrumental e cirúrxico. Complicacións e secuelas.
3.Prevención.
TEMA 16. TUMORES MALIGNOS DE PROSTATA
1.Importancia clínica. Screening e diagnóstico precoz. PSA.
2.Adenocarcinoma de próstata. Etiopatoxenia, tipos e clasificación clínica. Estadiaxe.
3.Modalidades terapéuticas. Cirurxía, radioterapia, vixilancia activa.
SEMINARIOS DE UROLOXÍA
Seminario 1: manejo de la hematuria en urgencias y atención primaria. criterios de ingreso.
Seminario 2: Manejo de escroto agudo y uropatia obstructiva aguda en urgencias.
Bibliografía en enfermidades urinarias.
* Wein, AJ et al . Campbell-Walsh Urologyia (11 ed ) Elsevier 2016.
* Anthony R. Mundy, AR et al. The Scientific Basis of Urology. 3ª ed. Informa Healthcare, 2010
* Albala DM, Morey AF, Gomella LG, Stein JP. Oxford American Handbook of Urology. Oxford University Press. 2011
* Gomella LG The 5-minute Urology Consult (3 ed). Wolters Kluwer. , 2013
* Series MEDICINE 11ª serie. Barcelona, Elsevier, 2011-2015.
* Macfarlane. Urology (5ªed).Lippincott. W& W, 2013
* Kellogg Parsons, Eifler, Han. Handbook of Urology. Wiley Blackwell, 2014
* Hanno, Malkowicz, Wein. (2º ed) Penn Clinical Manual of Urology.Saunders 2014
* Reynard,Brewster, Biers. Oxford Handbook of Urology. 3º ed. Oxford University Press. 2013
* Weber CG. Clinical Urology. (Clinical Medicine Series book 5)). kindle edition. 2017
* Broseta, Budia, Burgués, Lujan. Urologiá Práctica. Elsevier. 4º ed. 2016.
Referencias electrónicas
http://www.aeu.es/home_aeu.asp Asoc. Esp. Urología.
http://www.ont.es Organización Nacional de Trasplantes
http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/medlineplus.html
Información en ingles y español. US NLM y NIH
http://www.uicc.org/. Unión Internacional Contra el Cáncer
http://www.uroweb.org. Asociación Europea de Urología
http://www.uroportal.net recursos urológicos variados
http://www.cochrane.es/Castellano/. Medicina basada en la evidencia.
http://www.urologyhealth.org Información urológica en inglés
http://www.auanet.org/. Asociación Urológica Americana
Bibliografía especializada Nefroloxía
* “Nefrología Clínica”. L. Hernando. Edit. Panamericana
* “Manual de Nefrología Clínica” J. Botella García. Edit. Masson.
* Nefrología al día” V. Lorenzo Sellarés y J.M. López Gómez. Grupo Editorial de la SEN.
Bibliografía xeral de Nefroloxía
* “Principios de Medicina Interna” Harrison . Edit Mac Graw Hill
* “Medicina Interna” Farreras Edit. Harcourt.
* "Cecil Loeb". Medicina Interna.
* Farreras. Medicna Interna
* Rodes Texidor, Guardia Massó. Medicina Interna. Editorial Masson.
Bibliografía "online"
COMPETENCIAS DE NEFROLOXÍA
A Nefroloxía é unha actividade eminentemente hospitalaria e o seu tres principais campos son:
1) Nefroloxía Clínica
2) Diálese
3) Transplante renal
O alumno obterá a capacidade para poder valorar os seguintes aspectos da materia:
- Valoración e corrección das alteracións hidroelectrolíticas.
- Coñecemento das grandes síndromes renais e en especial da Insuficiencia Renal Aguda e Crónica (etioloxía, diagnóstico e tratamento).
- Coñecer os fundamentos do tratamento substitutivo da función renal (Diálese e Transplante).
- Diagnosticar os procesos glomerulares e tubulointersticiales tanto primitivos como secundarios (incluídas as nefropatías conxénitas e hereditarias).
- Valorar aspectos epidemiolóxicos e fisiopatolóxicos da Hipertensión Arterial, xunto co diagnóstico das complicacións cardiovasculares e co coñecemento dos métodos actuais na prevención e o tratamento da Hipertensión Arterial.
O obxectivo institucional é formar médicos xerais para que logren tres condiciones xenéricas: orienten adecuadamente ao paciente, teña seguridade nos seus actos e non cometa iatroxenia. Para iso podemos considerar que dentro da Nefroloxía o alumno debe adquirir os seguintes coñecementos:
Coñecementos
* Valoración da situación nefrolóxica elemental do paciente e incorporala á súa valoración global.
* Diagnosticar correctamente as urxencias nefrolóxicas.
* Diagnosticar e tratar correctamente os procesos nefrolóxicos habituais na práctica xeral.
* Diferenciar procesos urolóxicos e nefrolóxicos.
* Consultar ao especialista en Nefroloxía.
Área de coñecementos
* Coñecemento das principais síndromes e entidades nefrolóxicas.
* Epidemioloxía e importancia socioeconómica das enfermidades renais.
Habilidades
* Técnicas de recollida de ouriños e cateterismo vesical.
* Toma correcta da tensión arterial.
* Técnicas de reposición da volemia.
* Interpretación das técnicas de imaxe en Nefroloxía.
* Presenciar a práctica da biopsia renal percutánea e diferentes tipos de diáleses.
* Facer a historia clínica e exploración completa. Discutilas co seu titor e xerarquizar con lóxica a solicitude de probas complementarias.
* Participar en seminarios e sesións.
* Saber recompilar e utilizar a bibliografía.
Área afectiva
* Espírito científico con afán de superación e inquietude
* Humildade para recoñecer as súas deficiencias e erros
* Espírito de traballo en equipo
* Capacidade para relacionarse e comprender á enfermo
* Enteireza e capacidade para afrontar as situacións difíciles e duras
* Compromiso coas situacións sociais
Docencia expositiva: nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os aspectos teóricos principais do temario, apoiándose en presentacións multimedia. De cada un dos temas indicásese un documento que conteña en maior detalle os aspectos do tema tratados na sesión expositiva
De acordo ó o documento Directrices docencia 2020-2021, contémplanse os seguintes escenarios que afectan á metodoloxía da ensinanza:
Escenario 1 (normalidade adaptada): A docencia expositiva e interactiva serán fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
Escenario 2 (distanciamiento): A docencia presencial convivirá coa virtual.As actividades docentes presenciais desarrollaranse na modalidade de ensinanza on-line na medida do posible na plataforma de “AulaVirtual”.
Distinguense dous tipos de ensinanza on-line, a docencia asíncrona e síncrona. A docencia asíncrona é aquela docencia que levamos a cabo mediante carga de material docente, comunicación mediante foros…. A docencia síncrona é a docencia que se imparte en tempo real mediante videoconferencia, chat...
Escenario 3 (peche das instalacións): A docencia será completamente de carácter virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos.
Se corrixen e modifican os criterios en base ao acordo entre o Equipo Reitoral e Equipo Decanal, do 8 de novembro de 2019:
A avaliacion será por medio de unha proba escrita, preferentemente tipo test (preguntas curtas con respostas predeterminadas a elexir unha delas), con un número amplo de preguntas que oscilará entre 1 y 2 preguntas por tema del programa. Cada unha das preguntas acertadas engadirá un punto a calificación e cada unha das respostas erroneas restará un terzo de punto. Sera necesaria unha puntuación igual ou superior o 50% do total de preguntas para superar a proba. O peso desta proba suporá o 90% da calificación final.
A avaliación continua suporá un certo porcentaxe da nota final, sempre que se houbese superado os exames teóricos. Nesta avaliación continua se tendra en conta a asistencia as clases e seminariso e as contestacions as preguntas orales ou escritas que podidan realizarse durante as clases e seminarios.
La avaliación extraordinaria de xullo terá una estrutura semellante a á ordinaria.
De acordo ó o documento Directrices docencia 2020-2021, contémplanse os seguintes escenarios que afectan ó sistema de avaliación:
Escenario 1 (normalidade adaptada): Con carácter xeral, as probas finais serán de carácter presencial.
Escenario 2 (distanciamiento): Con carácter xeral, incentivarase a avaliación continua formativa combinada con probas finais. As probas finais, poderán ser de carácter presencial ou telemático segundo as circunstancias e tratando na medida do posible optar por probas de carácter individual (oral ou escrita) e optimizando as medidas que garantan os criterios de validez e equidade das probas asi como fiabilidade dos resultados acadados.
Escenario 3 (peche das instalacións): Non existirán probas finais presenciais, sendo posibles soamente as de carácter telemático.
Nesta materia, o alumnado conta cunhas 40 horas de docencia presencial expositiva (24 de nefroloxía e 16 de uroloxía). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario dedicar ao estudo ao redor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
A asistencia ás clases expositivas é fundamental para o seguimento e superación da materia. A lectura dous documentos recomendados para cada tema é tambien imprescindible para superar a materia. Así mesmo, o alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado, especialmente aquelas relacionadas coas clases interactivas, para superar con éxito a materia na súa totalidade.
De acordo ó o documento Directrices docencia 2020-2021, contémplanse os seguintes escenarios que afectan á metodoloxía da ensinanza:
Escenario 1 (normalidade adaptada): A docencia expositiva e interactiva serán fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
Escenario 2 (distanciamiento): A docencia presencial convivirá coa virtual.As actividades docentes presenciais desarrollaranse na modalidade de ensinanza on-line na medida do posible na plataforma de “AulaVirtual”.
Distinguense dous tipos de ensinanza on-line, a docencia asíncrona e síncrona. A docencia asíncrona é aquela docencia que levamos a cabo mediante carga de material docente, comunicación mediante foros…. A docencia síncrona é a docencia que se imparte en tempo real mediante videoconferencia, chat...
Escenario 3 (peche das instalacións): A docencia será completamente de carácter virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos.
De acordo ó o documento Directrices docencia 2020-2021, contémplanse os seguintes escenarios que afectan ó sistema de avaliación:
Escenario 1 (normalidade adaptada): Con carácter xeral, as probas finais serán de carácter presencial.
Escenario 2 (distanciamiento): Con carácter xeral, incentivarase a avaliación continua formativa combinada con probas finais. As probas finais, poderán ser de carácter presencial ou telemático segundo as circunstancias e tratando na medida do posible optar por probas de carácter individual (oral ou escrita) e optimizando as medidas que garantan os criterios de validez e equidade das probas asi como fiabilidade dos resultados acadados.
Escenario 3 (peche das instalacións): Non existirán probas finais presenciais, sendo posibles soamente as de carácter telemático.
Antonio Jose Mera Varela
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- antoniojose.mera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Angel Blanco Parra
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Uroloxía
- Teléfono
- 981951308
- Correo electrónico
- miguelangel.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Álvaro Hermida Ameijeiras
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- alvaro.hermida [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Rafael Alonso Valente
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- rafael.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Bernardo Sopeña Perez-Argüelles
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- bernardo.sopena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Candido Diaz Rodriguez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Correo electrónico
- candido.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
Martes | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
Mércores | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
Xoves | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 7 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 8 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 9 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
21.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 4 |
30.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
30.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
30.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
30.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |