Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os fundamentos do método epidemiolóxico como núcleo esencial da Saúde Pública.
- Coñecer e aplicar os criterios de causalidade en Epidemioloxía e Ciencias da Saúde.
- Coñecer as claves da análise epidemiolóxica: deseños; medidas de frecuencia, medidas de efecto; identificación de nesgos (de selección, de información, de confusión).
- Coñecer os fundamentos dos estudos de probas diagnósticas, tanto na súa validez coma na súa reproducibilidade.
- Coñecer e saber aplicar os fundamentos da Demografía como ciencia auxiliar da Epidemioloxía e da Saúde Pública: identificación é análise das poboacións, tanto estática como dinámica.
- Saber interpretar unha publicación científica.
- Saber planificar, co deseño axeitado, un estudo epidemiolóxico.
- Coñecer as principais ferramentas de síntese da literatura científica, a revisión sistemática e o metaanálise.
PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS (12 temas)
Bloque 1. Introdución
Tema 1. Historia da saúde pública e a epidemioloxía. Concepto de saúde e enfermidade. Cadea epidemiolóxica e introducción á causalidade.
Bloque 2. Demografía
Tema 2. Demografía Estática e Demografía Dinámica
Tema 3. Indicadores sanitarios e enquisas de saúde.
Bloque 3. Deseño de estudos epidemiolóxicos.
Tema 4. Medidas de frecuencia, efecto e impacto.
Tema 5. Ensaios clínicos.
Tema 6. Estudos de cohortes.
Tema 7. Estudos de casos e controis
Tema 8. Estudos transversais
Tema 9. Nesgos.
Bloque 4. Estudos de probas diagnósticas.
Tema 10. Pruebas diagnósticas
Bloque 5. Síntese da evidencia científica.
Tema 11. Revisións sistemáticas da literatura científica. Guía PRISMA
Tema 12. Metaanálise. Guía MOOSE
PROGRAMA DE SEMINARIOS PRÁCTICOS.
Seminario 1. Estandarización de taxas.
Seminario 2. Medidas de frecuencia.
Seminario 3. Medidas de efecto e impacto.
Seminario 4. Diseño de estudos.
Seminario 5. Pruebas diagnósticas
Seminario 6. Lectura crítica de estudos científicos.
Bibliografía básica e complementaria
Ildefonso Hernández-Aguado y Blanca Lumbreras Lacarra. Manual de Epidemiología y Salud Pública para Grados en Ciencias de la Salud. Ed Panamericana. ISBN 9788491101734. 2018. 420 páxinas.
Ahlbom A, Alfredssom L, Alfven T. Fundamentos de epidemiología. 9ª ed. Siglo XXI de España Eds. Madrid, 2007.
Argimón JM, Jiménez J. Métodos de investigación aplicados a la atención primaria de salud. Ed Doyma. Barcelona, 1991.
Argimón JM, Jiménez J. Métodos de investigación clínica y epidemiológica. 2ª Ed. Ediciones Harcourt. Madrid, 1999.
Ashton J. La Nueva Salud Pública. Ed Masson. Barcelona, 1990.
Hulley SB, Cummings SR. Diseño de la investigación clínica. Un enfoque epidemiológico. Ed. DOYMA. Barcelona, 1993.
Institut Universitari de Salut Pública de Catalunya. La epidemiología y sus apellidos. Promociones y Publicaciones Universitarias, S.A. Barcelona, 1995..
Last JM, Ed. A dictionary of Epidemiology. International of Epidemiology Association. Oxford University Press. Oxford, 1983.
Martínez Navarro F et al. Salud Pública. MacGraw-Hill-Interamericana. Madrid, 1997.
Norell S. Diseños de estudios epidemiológicos. Siglo XXI de España Eds. Madrid,1994.
Rothman KJ. Epidemiología Moderna. Diaz de Santos. Madrid, 1987
Rothman KJ. Epidemiology: An introduction. Oxford University Press, 2002.
Método Epidemiológico. Instituto de Salud Carlos III. http://www.isciii.es/ISCIII/es/contenidos/fd-publicaciones-isciii/fd-do… 2009.
Competencias
O alumno deberá estar en condicións de deseñar un estudo epidemiolóxico, manexar os instrumentos de medida epidemiolóxica e discutir as relacións de variables coa visión crítica dos métodos aprendidos ao longo do curso. Debe ser capaz de interpretar un estudo de probas diagnósticas
No escenario 1, nas sesións de docencia expositiva, o profesorado exporá os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Tamén se resolverán algúns problemas tipo, de xeito que o alumnado poida traballar nos exercicios ou problemas que se plantexen. Sobre o material para o seguemento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá de material docente complementario. A docencia terá lugar nas aulas establecidas na programación docente da Facultade de Medicina. As tutorías estarán destinadas ó seguemento do aprendizaxe do alumnado.
No escenario 2, manteranse presenciais as clases expositivas e interactivas sempre e cando se cumpran as condicións requeridas. Se non fose posible impartir as clases expositivas en aula grande, pasarían a ser non presenciais. O material da asignatura estará dispoñible no Campus Virtual e ademáis os alumnos terán docencia virtual a través da plataforma Microsoft Teams da USC ou por outros medios virtuais que estableza o profesorado da asignatura. Se non fose posible manter presenciais os seminarios, pasarían a ser non presenciais.
No escenario 3, toda a docencia sería non presencial. Os medios empregados neste caso serían os xa expostos no escenario 2.
En tódolos escenarios os alumnos poderán plantexar dúbidas de forma presencial (se a situación o permite) ou virtual, neste último caso de forma síncrona ou asíncrona cos profesores da asignatura.
IMPORTANTE: O peso do exame pode ser do 70 ou do 100% en función dos escenarios de docencia. O peso da avaliación continua pode ser do 30 ou do 0% en función dos escenarios de docencia.
A avaluación será a seguinte para a primeira oportunidade.
Exame: A adquisición dos coñecementos impartidos nas distintas clases será avaliado mediante unha proba escrita de tipo test, con 60 preguntas. Para superar a materia será preciso superar esta proba escrita. Para superar a proba escrita será preciso obter o 70% ou máis dos puntos posibles. O peso da devandita proba escrita poderá representar entre un 70 e un 100% da nota final, dependendo dos escenarios de docencia.
Avaliación continua: podería representar ata un 30% da nota final, sempre que se supere a proba escrita:
Poderase computar a asistencia ás clases expositivas e aos seminarios interactivos. Poderase facer un test ó final dos seminarios ou das clases expositivas presenciais ou através da aula virtual.
O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo) será o mesmo que o que se empregase na convocatoria anterior.
Para obter a nota final sumaranse as notas do examen e a avaliación continua sempre que se supere a proba do examen. Se non e así a nota final será a nota obtida no examen, cero si non hai nota de examen e sí de avaliación contínua.
Para a segunda oportunidade poderase empregar o mesmo sistema de cualificación empregado na primeira oportunidade ou sustituirse o exame tipo test por un exame oral con algún dos profesores da asignatura, que terá o mesmo peso na avaliación que o examen tipo test. Neste caso manterase a nota acadada na avaliación continua, no caso de que se fixera dita avaliación ó longo do curso.
Tres horas semanais, coa revisión da teoría dada en clase así como a realización dos problemas xa resoltos nas prácticas e algúns novos semellantes que constan, resoltos, en varias das obras recomendadas.
Asistencia ás clases, tanto teóricas como prácticas, e dedicación a reler a materia o tempo semanal recomendado. Consulta, ampliando os temas, das obras recomendadas, dúas ou tres básicas, e asistencia de cando en vez ás titorías. Comprensión absoluta dos exercicios propostos nos seminarios.
Tal e como se comentou anteriormente, existe un plan de continxencia no caso de que a docencia e a avaliación non pidan ser presenciais. Dito plan de continxencia contempla dous escenarios (escenarios 2 e 3) a maiores do escenario estándar de docencia presencial (escenario 1).
Nos escenarios 2 e 3 varían a metodología docente e a avaliación respecto ó escenario 1, e quedan do seguinte modo:
Escenario 2. Metodoloxía docente e avaliación.
No escenario 2, manteranse presenciais as clases expositivas e interactivas sempre e cando se cumpran as condicións requeridas. Se non fose posible impartir as clases expositivas en aula grande, pasarían a ser non presenciais. O material da asignatura estará dispoñible no Campus Virtual e ademáis os alumnos terán docencia virtual a través da plataforma Microsoft Teams da USC ou por outros medios virtuais que estableza o profesorado da asignatura. Se non fose posible manter presenciais os seminarios, pasarían a ser non presenciais. O material tamén estará dispoñible no Campus Virtual e ademáis os alumnos poderán usar o campus para plantexar calquera dúbida.
A avaliación queda especificada no apartado correspondente e poderá ser cunha proba tipo test máis avaliación continua, con pesos variábeis en función dos escenarios. O tipo test poderá pesar entre un 70 e 100% e a avaliación continua, de ser o caso, poderá pesar entre un 30 e un 0%.
Na segunda oportunidade poderia substituirse o tipo test por exame oral, mantendo o peso outorgado a avaliación continua na primeira convocatoria.
Escenario 3. Metodoloxía docente e avaliación.
No escenario 3, toda a docencia sería non presencial. Os medios empregados neste caso serían os xa expostos no escenario 2.
A avaliación terá as mesmas características que as comentadas no escenario 2 e con máis detalle no apartado específico de avaliación dos coñecementos.
En tódolos escenarios os alumnos poderán plantexar dúbidas de forma presencial (se a situación o permite) ou virtual, neste último caso de forma síncrona ou asíncrona cos profesores da asignatura.
Juan Miguel Barros Dios
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 981950095
- Correo electrónico
- juanm.barros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Agustin Montes Martinez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812271
- Correo electrónico
- agustin.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Ruano Raviña
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812267
- Correo electrónico
- alberto.ruano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Monica Perez Rios
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812277
- Correo electrónico
- monica.perez.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 8 |
Martes | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 7 |
Mércores | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 8 |
Xoves | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 7 |
08.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
08.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
08.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
08.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
08.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
08.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
08.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
08.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
08.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
08.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
28.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
28.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
28.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
28.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |