Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 84 Horas de Titorías: 9 Clase Expositiva: 47 Clase Interactiva: 10 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. A Farmacoloxía pola súa metodoloxía e contido contribúe á mellor comprensión e afianzamento das bases biolóxicas da Medicina (Fisioloxía e Bioquímica) e da Patoloxía.
2. Introdución á comprensión dos mecanismos xerais de acción dos fármacos (Farmacodinamia) e do seu destino no organismo (Farmacocinética).
3. Coñecer as principais clases de fármacos en relación ao seu uso clínico e os seus efectos a nivel de tecidos, órganos ou sistemas, adquirindo un coñecemento razoable do seu perfil farmacolóxico, mecanismos de acción e reaccións adversas e as consecuencias das interaccións farmacolóxicas.
PARTE I: PRINCIPIOS XERAIS DE ACCIÓN DOS FÁRMACOS
Tema 1: Farmacoloxía. Conceptos básicos. División e importancia dende o punto de vista médica.
Tema 2: Farmacocinética: Paso dos fármacos a través das membranas biolóxicas. Vías de administración de fármacos. Absorción. Distribución.
Tema 3: Farmacocinética: Biotransformación e excreción dos fármacos.
Tema 4: Farmacocinética: Conceptos xerais. Modelos farmacocinéticos.
Tema 5: Farmacodinamia: Mecanismo de acción dos fármacos. Interacción fármaco-receptor. Curva dose resposta.
Tema 6: Reaccións adversas. Clasificación. Mecanismos de produción.
Tema 7: Interaccións farmacolóxicas. Mecanismo de produción. Interaccións con maior relevancia clínica.
PARTE II: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO AUTOGNOMO E DA PLACA MOTORA
Tema 8: Fármacos agonistas adrenérgicos.
Tema 9: Fármacos antagonistas adrenérgicos.
Tema 10: Fármacos agonistas e antagonistas colinérgicos.
Tema 11: Farmacoloxía da transmisión ganglionar. Bloqueantes neuromusculares.
Tema 12: Anestésicos locais.
PARTE III. FARMACOLOXÍA DA INFLAMACIÓN, A DOR E A FEBRE
Tema 13: Mediadores da inflamación. Dianas farmacolóxicas.
Tema 14: Fármacos analxésicos-antiinflamatorios non esteroideos.
Tema 15: Fármacos antigotosos. Fármacos antirreumáticos.
Tema 16: Fármacos analxésicos opioides.
PARTE IV: FARMACOLOXÍA DO SNC
Tema 17: Fármacos anestésicos xerais.
Tema 18: Fármacos ansiolíticos e hipnóticos.
Tema 19: Fármacos antipsicóticos.
Tema 20: Fármacos anticonvulsivantes e antiepilépticos.
Tema 21: Fármacos antidepresivos e antimaníacos.
Tema 22: Farmacoloxía dos trastornos neurodexenerativos
.
PARTE V: FARMACOLOXÍA CARDIOVASCULAR
Tema 23: Fármacos diuréticos.
Tema 24: Farmacoloxía da hipertensión arterial.
Tema 25: Fármacos útiles no tratamento da insuficiencia cardíaca.
Tema 26: Fármacos antiarrítmicos.
Tema 27: Fármacos antianxinosos.
Tema 28: Fármacos hipolipemiantes.
PARTE VI: FARMACOLOXÍA DO SANGUE.
Tema 29: Fármacos antianémicos. Factores de crecemento hematopoiético
Tema 30: Farmacoloxía plaquetaria, da coagulación e da fibrinolise.
PARTE VII: FARMACOLOXÍA DO APARATO RESPIRATORIO
Tema 31: Fármacos broncodilatadores e antiasmáticos. Mucolíticos e expectorantes. Antitusígenos.
PARTE VIII: FARMACOLOXÍA DO APARATO DIXESTIVO
Tema 32: Farmacoloxía da secreción gastrointestinal.
Tema 33: Farmacoloxía da motilidade gastrointestinal. Fármacos laxantes e antidiarreicos. Farmacoloxía do vómito.
PARTE IX: FARMACOLOXÍA DO SISTEMA ENDÓCRINO
Tema 34: Farmacoloxía da hipófise e do hipotálamo.
Tema 35: Hormonas tiroideas. Fármacos antitiroideos.
Tema 36: Farmacoloxía do metabolismo óseo e a súa regulación.
Tema 37: Farmacoloxía da diabete.
Tema 38: Hormonas da codia suprarrenal: Glucocorticoides. Mineralocorticoides.
Tema 39: Hormonas sexuais. Estróxenos e progestágenos. Andróxenos. Anticonceptivos hormonais. Farmacoloxía uroxenital.
PARTE X: FARMACOLOXÍA DOS PROCESOS INFECCIOSOS
Tema 40: Consideracións xerais sobre terapéutica antiinfecciosa.
Tema 41: Antibióticos betalactámicos.
Tema 42: Antibióticos que inhiben a síntesis de proteínas I. Aminoglucósidos. Lincosamidas,
Tema 43: Antibióticos que inhiben a síntesis de proteínas II. Macrólidos. Tetraciclinas. Cloranfenicol.
Tema 44: Quinolonas. Sulfamidas.
Tema 45: Outros antibióticos. Vancomicina. Fosfomicina. Polipeptídicos.
Tema 46: Farmacoloxía das infeccións por micobacterias. Quimioterapia antituberculosa e antileprosa.
Tema 47: Fármacos antivirais.
Tema 48: Fármacos antifúnxicos.
Tema 49: Fármacos antiparasitarios.
Tema 50: Fármacos antisépticos.
PARTE XI: NEOPLASIA E INMUNIDADE
Tema 51: Fármacos antineoplásicos.
Tema 52: Inmunosupresores e inmunomoduladores.
SEMINARIOS
Seminario 1: Uso de fármacos en situacións especiais.
Seminario 2: Redacción de prescricións médicas e elaboración dunha orde de tratamento.
Seminario 3: Deseño dun traballo de investigación de farmacoloxía.
PRÁCTICAS
Práctica 1: Simulación informática dun experimento de órgano illado para a análise das curvas dose resposta.
Práctica 2: Vías de administración de medicamentos. Dosificación e cálculo da dose prescrita.
Práctica 3: Farmacoloxía da inflamación. Video explicativo e simulación informática.
Práctica 4: Efecto de fármacos sobre a presión arterial e frecuencia cardíaca. Video explicativo e simulación informática.
Práctica 5: Accións de fármacos no Sistema Nervioso Central.
- Farmacología básica. George M. Brenner, Craig W. Stevens. Elsevier, 2019
- Farmacología. H.P. Rang, M.M. Dale y J.M. Ritter. Churchill Livingstone, Madrid, 2016.
- Farmacología Humana. J. Flórez. Masson, S.A., Barcelona, 2014.
- Farmacología básica y clínica. Velázquez. Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2018.
- Bases de datos, motores de procura e índices temáticos relacionados coas Ciencias da Saúde.
- Servizo de EZproxy que permite o acceso a recursos electrónicos subscritos por BUSC e os subscritos a través do Consorcio BUGALICIA, para todos os membros da comunidade universitaria.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica posible.
- Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
- Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
Competencias específicas da materia:
- Coñecer os principais grupos de fármacos, dose, vías de administración e farmacocinética.
- Interaccións e efectos adversos.
- Farmacoloxía dos diferentes aparatos e sistemas.
- Fármacos analxésicos, antineoplásicos, antimicrobianos e antiinflamatorios.
CLASES EXPOSITIVAS, INTERACTIVAS DE SEMINARIO E TUTORIAS
Escenario 1
- Expositiva: presencial na aula.
- Interactivas de seminario e titorías: presencial na aula.
Escenario 2
- Expositiva: docencia telemática síncrona.
- Interactivas de seminario e titorías: presencial na aula.
Escenario 3
- Expositiva: docencia telemática síncrona/asíncrona.
- Interactivas de seminario e titorías: docencia telemática síncrona/asíncrona.
Os grupos de docencia expositiva manteranse coa distribución actual debido á imposibilidade de dispoñer de máis aulas. Para organizar os grupos de interactivas de seminario e de titorías, os grupos expositivos fracciónanse, dependendo do curso, en dous ou tres grupos; en calquera caso, o número de alumnos é sempre inferior a 50.
CLASES INTERACTIVAS DE ORDENADOR
Escenario 1: 100% prácticas síncronas presenciais en aula informática e grupos de 20 alumnos.
Escenario 2: 100% prácticas síncronas presenciais en aula informática e grupos de 20 alumnos.
Escenario 3: 100% prácticas virtuais (síncronas ou asíncronas ou unha combinación de ambas as) e grupos de 20 alumnos.
AVALIACIÓN CONTINUADA (representará o 30% da cualificación final):
Avaliación continuada de coñecementos e participación en clase ao longo do curso (representará o 20% da cualificación final).
Seminarios (representará o 5% da cualificación final): realizarase unha avaliación continuada de competencias específicas a través da tutorización do traballo que o estudante realice a proposta do profesor. É obrigatorio a asistencia a todos os seminarios para poder superar a materia.
Clases prácticas (representará o 5% da cualificación final): avaliarase a adquisición dalgunhas competencias específicas. É obrigatorio a asistencia a todas as prácticas para poder superar a materia.
EXAME FINAL (representará o 70 % da cualificación final):
O exame tipo test será con catro opcións de resposta e só unha verdadeira. Por cada resposta errónea descontarase 0,33 das respostas acertadas. É necesario a obtención dunha cualificación igual ou maior a 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. O alumno deberá superar polo menos o 25% da cualificación correspondente á materia de cada profesor. En caso contrario non se fai media coa outra parte. Na convocatoria de Xullo, o tipo de exame e a puntuación para aprobar a materia será igual que na convocatoria anterior.
- Presenciais: 90 horas distribuídas en 63 horas expositivas, 21 horas de docencia interactiva, 4 horas de tutorias e 2 horas de avaliación
- Traballo persoal do alumno: 60 horas
- Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
- Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
- Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 1 (normalidade adaptada):
Docencia: a docencia das clases expositivas e interactivas de seminario será fundamentalmente presencial. as titorías poderán ser presenciais, e virtuais (a través das ferramentas do campus virtual).
Avaliación: avaliación continua formativa con proba final complementaria presencial.
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física):
Docencia: a docencia expositiva e interactiva poderá ser nun 50% presencial, e tamén se realizará de forma telemática empregando as ferramentas e plataformas institucionais, con mecanismos síncronos e asíncronos. As titorías serán preferentemente virtuais.
Avaliación: avaliación continua formativa, con proba final complementaria preferentemente telemática.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física):
Docencia: a docencia expositiva e interactiva desenvolverase de maneira exclusivamente virtual, a través das ferramentas e plataformas institucionais, e mediante mecanismos síncronos e asíncronos. As titorías realizaranse exclusivamente por vía telemática.
Avaliación: avaliación continua formativa con proba final complementaria, de carácter exclusivamente telemático. Para os tres escenarios, a entrega de traballos e informes realizarase a través do campus virtual.
Nos tres escenarios, para os casos de realización fraudulenta de tarefas ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa da USC de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Gil Longo
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814897
- Correo electrónico
- jose.gil.longo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ma Del Pilar Fernandez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881812401
- Correo electrónico
- mdelpilar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Freire-Garabal Nuñez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881812248
- Correo electrónico
- manuel.freire-garabal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Dolores Viña Castelao
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815424
- Correo electrónico
- mdolores.vina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria De Los Angeles Castro Perez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815457
- Correo electrónico
- marian.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ezequiel Alvarez Castro
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814981
- Correo electrónico
- ezequiel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Anton Leandro Martinez Rodriguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815484
- Correo electrónico
- antonleandro.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
María González Rodríguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- maria.gonzalez.rodriguez0 [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Martes | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Xoves | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Venres | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 9 |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
31.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
03.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
03.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
03.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
03.07.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |