Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 91 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 21 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Histoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Observar e describir seccións dos diversos órganos, procedendo sempre do xeral (visión a pequeno aumento) ao específico e buscando similitudes e diferenzas entre as diversas mostras examinadas. A descrición debe levarse a cabo metodicamente e con obxectividade, utilizando sempre a linguaxe científica apropiada.
2. Identificar as técnicas histolóxicas empregadas en cada caso, sinalando os seus fundamentos.
3. Recoñecer os distintos órganos e as súas células constituíntes, tanto desde o punto de vista da microscopia óptica como electrónica.
4. Relacionar a macroscopía coa morfoloxía óptica, esta última coa ultraestrutura, e todo isto coa función.
5. Relacionar a estrutura microscópica co substrato a través de técnicas histoquímicas e inmunohistoquímicas.
6. Diferenciar órganos normais doutros patolóxicos. Empregaranse preferentemente neste caso preparacións con áreas normais contiguas a zonas patolóxicas, de forma que o estudante poida orientarse máis facilmente.
PROGRAMA TEÓRICO
UNIDADE TEMÁTICA 1.- SISTEMA CIRCULATORIO
TEMA 1.- Sistema circulatorio. Corazón
TEMA 2.- Arterias e capilares
TEMA 3.- Anastomose arteriovenosas. Veas. Vasos linfáticos. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 2.- SANGUE E MEDULA ÓSEA
TEMA 4.- Sangre
TEMA 5.- Medula ósea
TEMA 6.- Hematopoese. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 3.- SISTEMA INMUNITARIO
TEMA 7.- Sistema inmunitario. Timo
TEMA 8.- Ganglio linfático
TEMA 9.- Bazo. MALT. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 4.- SISTEMA RESPIRATORIO
TEMA 10.- Sistema respiratorio. Fosas nasais. Nasofarinxe
Tema 11.- Larinxe.
Tema 12.- Traquea e bronquios principais.
TEMA 13.- Pulmón. Pleura. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 5.- SISTEMA DIXESTIVO
TEMA 14.- Sistema dixestivo. Cavidade oral
TEMA 15.- Dente e odontoxénese
TEMA 16.- Glándulas salivares
TEMA 17.- Farinxe. Esófago
TEMA 18.- Estómago
TEMA 19.- Intestino delgado
TEMA 20.- Intestino groso
TEMA 21.- Fígado
TEMA 22.- Vesícula e vías biliares
Tema 23.- Páncreas exócrino. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 6.- SISTEMA ENDÓCRINO
TEMA 24.- Sistema endócrino. Glándula pineal
TEMA 25.- Hipófise
TEMA 26.- Tiroides. Paratiroides
TEMA 27.- Suprarrenal. Paraganglios
TEMA 28.- Páncreas endócrino
TEMA 29.- Sistema neuroendócrino difuso. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 7.- SISTEMA URINARIO
TEMA 30.- Sistema urinario. Ril
TEMA 31.- Vexiga e vías urinarias. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 8.- SISTEMA REPRODUTOR
TEMA 32.- Sistema reprodutor masculino. Testículo
TEMA 33.- Condutos excretores. Glándulas anexas. Pene
TEMA 34.- Sistema reprodutor feminino. Ovario
TEMA 35.- Trompa. Útero
TEMA 36.- Placenta
TEMA 37.- Vaxina. Xenitais externos. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 9.- PEL E MAMA
TEMA 38.- Pel e anexos cutáneos
TEMA 39.- Mama. Introdución á Patoloxía.
UNIDADE TEMÁTICA 10.- ÓRGANOS ESPECIAIS DOS SENTIDOS (adIantarase a súa explicación)
TEMA 40.- Ollo. Túnicas externas, medios refrinxentes e anexos
TEMA 41.- Retina
TEMA 42.- Oído e órgano do equilibrio. Introdución á Patoloxía.
PROGRAMA PRÁCTICO
PRÁCTICA 1.- Aparello circulatorio / Sangue
PRÁCTICA 2.- Médula ósea / Sistema inmunitario
PRÁCTICA 3.- Laboratorio: Técnica inmunohistoquímica
PRÁCTICA 4.- Aparello respiratorio
PRÁCTICA 5.- Aparello dixestivo I.- Cavidade oral
PRÁCTICA 6.- Aparello dixestivo II.- Tubo dixestivo
PRÁCTICA 7.- Aparello dixestivo III.- Glándulas anexas / Órganos especiais dos sentidos
PRÁCTICA 8.- Sistema endócrino
PRÁCTICA 9.- Aparello urinario. Aparello reproductor masculino
PRÁCTICA 10.- Aparello reproductor feminino / Mama
PRÁCTICA 11.- Pel
Bibliografía básica
- Wheater. Histología Funcional. Young, O'Down, Woodford. 6ª ed. Elsevier, 2014.
- Histología Básica. Junqueira, Carneiro. 12ª edición. Ed. Panamericana, 2015.
- Stevens y Lowe. Histología Humana. Lowe, Anderson. 5ª edición. Elsevier, 2020.
Bibliografía complementaria
- Histología y Biología Celular. Introducción a la anatomía patológica. Kierszenbaum, Tres. 5ª ed. Elsevier, 2020.
- Ross. Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. Pawlina. 7ª ed. Wolters Kluwer, 2015.
- Atlas de Inmunohistoquímica. Caracterización de células, tejidos y órganos normales. Martín-Lacave, García-Caballero. Ed. Díaz de Santos, 2012.
- Atlas de Histología. Microscopía óptica y electrónica. Inés Martín-Lacave, José C. Utrilla Alcolea, José M. Fernández-Santos y Tomás García-Caballero. Editorial Universidad de Sevilla, 2020.
O estudante debe terminar o curso estando capacitado para:
1. Recoñecer microscopicamente os distintos órganos humanos e as súas células integrantes.
2. Realizar unha técnica inmunohistoquímica.
DOCENCIA TEÓRICA:
O profesor explicará o tema co apoio de esquemas e imaxes dixitais, que irá intercalando ao longo da exposición. A ensinanza será homoxénea en tódolos grupos: cada profesor explica os mesmos temas en tódolos grupos.
Para a nota final terase en conta a asistencia con aproveitamento as clases expositivas.
DOCENCIA PRÁCTICA:
Realizarase unha práctica semanal de 2 horas/grupo.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
Cada estudante realizará a súa propia preparación inmunohistoquímica.
PRÁCTICAS MICROSCÓPICAS:
Trátase de observar, describir e recoñecer os distintos órganos e as súas células constituíntes.
Ao comezo de cada práctica, proxectaranse imaxes microscópicas dixitais obtidas das distintas preparacións histolóxicas da práctica. O profesor explicará as imaxes ou chamará os estudantes para que sexan eles os que as describan. Complementariamente utilizarase o sistema EduClick, que permitirá a autoevaluación dos estudantes. O final de cada práctica discutiranse casos que inclúan imaxes normais adxacentes a outras patolóxicas co obxetivo de que o estudiante aprenda a diferencialas.
Unha vez descritas as imaxes, procederase ao estudo microscópico das preparacións histolóxicas e á observación macroscópica e seccións dos órganos. O profesor resolverá no microscopio de cada estudante as dúbidas que vaian xurdindo. As dúbidas xerais serán aclaradas proxectando as preparacións nun microscopio dotado de circuíto pechado de televisión. Fóra do horario de prácticas, a aula de microscopios permanecerá sempre á disposición dos estudantes para a revisión das preparacións.
Para un axeitado desenvolvemento das prácticas é imprescindible que os estudantes preparen previamente a práctica por medio dun atlas de Histoloxía. A tal fin, o calendario das prácticas farase público ao comezo de cada curso.
A asistencia a prácticas e obrigatoria. Os estudiantes repetidores que xa fixeran previamente estas mesmas prácticas poden optar por repetilas ou non.
ESCENARIO 1 (normalidade adaptada):
A docencia dás clases expositivas e interactivas será preferentemente presencial. As titorías serán preferentemente virtuais. Abriráse unha aula virtual e un foro de titorías para dúbidas específicas do temario. Para a realización de actividades en remoto empregaranse as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física):
A docencia das clases expositivas e interactivas será presencial con quendas alternas na aula, e remota empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams). Habilitarase unha aula virtual e un foro de titorías na aula virtual para dúbidas específicas do temario. As titorías serán preferentemente virtuais.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física):
A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams). Habilitarase ademais un foro de titorías na aula virtual para resolver dúbidas.
TEORÍA:
Exame tipo test de 40 preguntas de elección múltiple (4 respostas posibles e só unha válida), no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,333 puntos).
PRÁCTICAS:
Exame tipo test de identificación de órganos e células presentados en láminas a color. O examen consta de 20 preguntas de elección múltiple (4 respostas posibles e só unha válida), no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,333 puntos).
CUALIFICACIÓNS:
A nota obterase da suma do resultado das partes teórica e práctica. Os niveis serán os seguintes: aprobado, 5; notable, 7; sobresaliente, 9. As matrículas de honra (5%) outorgaranse ás mellores puntuacións por riba de 9,0.
ESCENARIO 1 e ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física):
As probas finais terán carácter presencial. A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de asistencia. Tamén poderán realizarse para a avaliación continua os recursos e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
ESCENARIO 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física):
As probas finais realizaranse empregando recursos que garantan a identidade do alumno e o carácter persoal da realización da proba. No caso de que o alumno non dispoña dos medios técnicos que garantan a súa identificación e a realización individual da proba, esta realizarase de modo oral. A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de participación e realización de actividades en remoto empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais semanais: 2-3 horas teóricas e 2 horas prácticas
Horas estudo/semana: 4-5 horas
Preparación do exame final: 45 horas
Exame: 60 min.
É imprescindible que os estudantes preparen semanalmente o tema que se tratará na práctica. Este pequeno esforzo de traballo continuado fará as prácticas máis áxiles e atractivas, incrementando o rendemento académico, e tamén permitiralle ao estudante levar a materia ao día e resolver dúbidas directamente co profesor.
PLAN DE CONTINGENCIA
METODOLOGÍA DOCENTE
ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física):
A docencia das clases expositivas e interactivas será presencial con quendas alternas na aula, e remota empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams). Habilitarase unha aula virtual por materia e foro de titorías na aula virtual para dúbidas específicas do temario. As titorías serán preferentemente virtuais e habilitarase un foro de titorías na aula virtual para dúbidas específicas do temario.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física):
A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams). Habilitarase ademais un foro de titorías na aula virtual para resolver dúbidas.
AVALIACIÓN
ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física):
As probas finais terán carácter presencial. A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de asistencia. Tamén poderán realizarse para a avaliación continua os recursos e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
ESCENARIO 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física):
As probas finais realizaranse empregando recursos que garantan a identidade do alumno e o carácter persoal da realización da proba. No caso de que o alumno non dispoña dos medios técnicos que garantan a súa identificación e a realización individual da proba, esta realizarase de modo oral. A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de participación e realización de actividades en remoto empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Maria Rosalia Gallego Gomez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812399
- Correo electrónico
- mrosalia.gallego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Alberto Gomez Segade
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812298
- Correo electrónico
- luisalberto.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Tomas M. M. Garcia-Caballero Parada
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- tomas.garcia-caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Bautista Cuevas Alvarez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812269
- Correo electrónico
- jb.cuevas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucia Garcia-Caballero Perez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- ext 12400
- Correo electrónico
- lucia.garcia.caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marina Gándara Cortés
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- marina.gandara.cortes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Francisco Javier Caneiro Gómez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Martes | |||
08:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Mércores | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Xoves | |||
08:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Venres | |||
08:30-09:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 9 |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
26.05.2021 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
28.06.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
28.06.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
28.06.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
28.06.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |