Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Histoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Observar e describir seccións de diversos tecidos, procedendo sempre do xeral (visión a pequeno aumento) ao específico, e buscando similitudes e diferenzas entre as diversas mostras examinadas. A descrición debe levarse a cabo metodicamente e con obxectividade, utilizando sempre a linguaxe científica axeitada.
2. Identificar as técnicas histolóxicas empregadas en cada caso, sinalando os seus fundamentos.
3. Recoñecer as distintas estirpes celulares e tecidos, tanto desde o punto de vista óptico como ultraestrutural.
4. Relacionar a macroscopía coa morfoloxía óptica, esta última coa ultraestrutura, e todo isto coa función.
5. Relacionar a estrutura microscópica co substrato a través de técnicas histoquímicas, inmunohistoquímicas e de hibridación in situ.
6. Distinguir tecidos euplásicos doutros proplásicos ou retroplásicos, identificando os cambios ocorridos.
7. Diferenciar tecidos normais doutros patolóxicos (empregaranse preferentemente neste caso preparacións con áreas normais contiguas a zonas patolóxicas, de forma que o estudiante poida orientarse máis facilmente).
PROGRAMA TEÓRICO
UNIDADE TEMÁTICA 1.- A HISTOLOXÍA HUMANA
Tema 1.- Introdución á Histoloxía Humana
UNIDADE TEMÁTICA 2.- TECIDO EPITELIAL
Tema 2.- Tecido epitelial. Epitelios de revestimento
Tema 3.- Epitelios glandulares. Introdución á patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 3.- TECIDO CONXUNTIVO E DE SOSTÉN
Tema 4.- Tecido conxuntivo. Compoñentes
Tema 5.- Variedades do tecido conxuntivo. Tecido adiposo
Tema 6.- Tecido cartilaxinoso
Tema 7.- Tecido óseo. Osificación. Articulacións. Introdución á patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 4.- TECIDO MUSCULAR
Tema 8.- Tecido muscular. Tecido muscular liso
Tema 9.- Tecido muscular estriado esquelético
Tema 10.- Tecido muscular estriado cardíaco. Introdución á patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 5.- TECIDO NERVIOSO
Tema 11.- Tecido nervioso. A neurona.
Tema 12.- Sinapse
Tema 13.- Neuroglía e microglía
Tema 14.- Fibra nerviosa e nervio periférico
Tema 15.- Meninxes. Ventrículos. Plexos coroideos. Vasos do sistema nervioso central
Tema 16.- Citoarquitectura rexional. Introdución á patoloxía
PROGRAMA PRÁCTICO
Práctica 1.- Procesamento de mostras. Tecido epitelial I: Epitelios de revestimento.
Práctica 2.- Técnicas especiais. Tecido epitelial II: Epitelios glandulares
Práctica 3.- Artefactos técnicos. Tecido conjuntivo I: compoñentes.
Práctica 4.- Microscopía electrónica. Tecido conjuntivo II: variedades e tecidos esqueléticos.
Práctica 5.- Laboratorio: técnica de Masson. Tecido muscular.
Práctica 6.- Tecido nervioso.
Bibliografía básica:
- Wheater. Histología Funcional. Young, O'Down, Woodford. 6ª ed. Elsevier, 2014.
- Histología Básica. Junqueira, Carneiro. 12ª edición. Ed. Panamericana, 2015.
- Stevens y Lowe. Histología Humana. Lowe, Anderson. 5ª edición. Elsevier, 2020. (Dispoñible na busc.usc.es 4ª edición 2015)
Bibliografía complementaria:
- Ross. Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. Pawlina. 7ª ed. Wolters Kluwer, 2015.
- Histología y Biología Celular. Introducción a la anatomía patológica. Kierszenbaum, Tres. 5ª ed. Elsevier, 2020.
- Atlas de Inmunohistoquímica. Caracterización de células, tejidos y órganos normales. Martín-Lacave, García-Caballero. Ed. Díaz de Santos, 2012.
- Atlas de Histología. Microscopía óptica y electrónica. Inés Martín-Lacave, José C. Utrilla Alcolea, José M. Fernández-Santos y Tomás García-Caballero. Editorial Universidad de Sevilla, 2020
O estudante debe rematar o curso estando capacitado para:
1. Tinguir os cortes con técnicas de rutina.
2. Utilizar axeitadamente o microscopio binocular.
3. Recoñecer microscopicamente os distintos órganos humanos e as súas células integrantes.
- DOCENCIA TEÓRICA:
O profesor/a explicará o tema co apoio de imaxes dixitais ou esquemas por medio do ordenador. Ensinanza homoxénea nos dous grupos: cada profesor explica os mesmos temas en ambos os grupos.
- DOCENCIA PRÁCTICA:
Realizarase unha práctica semanal de 2 horas/grupo.
Prácticas de laboratorio: cada estudiante realizará as técnicas histolóxicas que serán anunciadas o comenzo do curso.
Prácticas microscópicas: trátase de observar, describir e recoñecer microscópicamente as diferentes células e tecidos, tanto mediante microscopia óptica como electrónica. Ao comezo de cada práctica, proxectaranse imaxes microscópicas obtidas das distintas preparacións histolóxicas da práctica. O profesor explicará as imaxes ou chamará os estudantes para que sexan eles os que as describan. En cada práctica se mostrarán imáxenes de mostras patolóxicas relacionadas co tema da práctica para favorecer a discusión. Complementariamente utilizarase o sistema EduClick, que permitirá a autoevaluación dos estudantes. Unha vez descritas as imaxes, procederase ao estudo microscópico das preparacións histolóxicas. O profesor resolverá no microscopio de cada estudante as dúbidas que vaian xurdindo. As dúbidas xerais serán aclaradas proxectando as preparacións nun microscopio dotado de circuíto pechado de televisión. Para un axeitado desenvolvemento das prácticas é imprescindible que os estudantes preparen previamente a práctica por medio dun atlas de Histoloxía. A tal fin, o calendario das prácticas farase público ao comezo de cada curso. Fóra do horario de prácticas, a aula de microscopios permanecerá sempre á disposición dos estudantes para a revisión das preparacións. A asistencia a prácticas e obrigatoria. Os estudiantes repetidores que xa fixeran previamente estas mesmas prácticas poden optar por repetilas ou non.
ESCENARIO 1 (normalidade adaptada):
A docencia dás clases expositivas e interactivas será presencial. As titorías serán tanto presenciais como virtuais. Abriráse unha aula virtual e un foro de titorías para dúbidas específicas do temario. Para a realización de actividades en remoto empregaranse as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física):
A docencia das clases expositivas e interactivas será fundamentalmente presencial con quendas alternas na aula, e remota empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams). Habilitarase unha aula virtual e un foro de titorías na aula virtual para dúbidas específicas do temario. As titorías serán preferentemente virtuais.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física):
A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams). Habilitarase ademais un foro de titorías na aula virtual para resolver dúbidas.
TEORÍA
Test de 40 preguntas de elección múltiple con resposta única (4 respostas posibles e só unha válida) no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
PRÁCTICAS
Exame test de identificación de células e tecidos presentados en láminas en color. O exame consta de 20 preguntas de elección múltiple con resposta única (4 respostas posibles e só unha válida), no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
CUALIFICACIÓNS
A nota obterase da suma do resultado das partes teórica e práctica. Os niveis serán os seguintes: aprobado, 5; notable, 7; sobresaliente, 9. As matrículas de honra (5%) outorgaranse ás mellores puntuacións por riba de 9,0.
ESCENARIO 1 (normalidade adaptada) e ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física):
As probas finais terán carácter presencial. A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de asistencia. Tamén poderán realizarse para a avaliación continua os recursos e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
ESCENARIO 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física):
As probas finais realizaranse empregando recursos que garantan a identidade do alumno e o carácter persoal da realización da proba (observación da proba con Teams e restricción do acceso a mesma mediante unha chave). No caso de que o alumno non dispoña dos medios técnicos que garantan a súa identificación e a realización individual da proba, esta realizarase de modo oral. A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de participación e realización de actividades en remoto empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais semanais: 2 horas teóricas + 2 horas prácticas
Horas de estudo semanal: 4 h
Preparación do exame final: 20 h
Exame: 60 minutos
É imprescindible que os estudantes preparen por un atlas o tema que se tratará na práctica. Este pequeno esforzo de traballo continuado fará as prácticas máis áxiles e atractivas, incrementando o rendemento académico, e tamén permitiralle ao estudante levar a materia ao día e resolver dúbidas directamente co profesor.
PLAN DE CONTINGENCIA
METODOLOGÍA DOCENTE
ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física):
A docencia das clases expositivas e interactivas será fundamentalmente presencial con quendas alternas na aula. 50% da docencia presencial e 50% remota empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams). Habilitarase unha aula virtual por materia e foro de titorías na aula virtual para dúbidas específicas do temario. As titorías serán preferentemente virtuais e habilitarase un foro de titorías na aula virtual para dúbidas específicas do temario.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física):
A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams). Habilitarase ademais un foro de titorías na aula virtual para resolver dúbidas.
AVALIACIÓN
ESCENARIO 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física):
As probas finais terán carácter presencial. A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de asistencia. Tamén poderán realizarse para a avaliación continua os recursos e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
ESCENARIO 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física):
As probas finais realizaranse empregando recursos que garantan a identidade do alumno e o carácter persoal da realización da proba (observación da proba con Teams e restricción do acceso a mesma mediante unha chave). No caso de que o alumno non dispoña dos medios técnicos que garantan a súa identificación e a realización individual da proba, esta realizarase de modo oral. A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de participación e realización de actividades en remoto empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Maria Rosalia Gallego Gomez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812399
- Correo electrónico
- mrosalia.gallego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Alberto Gomez Segade
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812298
- Correo electrónico
- luisalberto.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Tomas M. M. Garcia-Caballero Parada
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- tomas.garcia-caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Bautista Cuevas Alvarez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812269
- Correo electrónico
- jb.cuevas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucia Garcia-Caballero Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- ext 12400
- Correo electrónico
- lucia.garcia.caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marina Gándara Cortés
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- marina.gandara.cortes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Francisco Javier Caneiro Gómez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Martes | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Xoves | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 9 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
12.12.2020 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 4 |
02.07.2021 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
02.07.2021 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
02.07.2021 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
02.07.2021 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |