Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 52 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Microbioloxía, Dermatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Micoloxía Médica é a rama da Medicina que estuda as enfermidades causadas por fungos. Ditas enfermidades son moi frecuentes, e o seu interese abarca todas as especialidades da Medicina. Ademais diso, son responsables de cadros moi graves en pacientes inmunodeprimidos.
Os fungos son un grupo de organismos o suficientemente diferentes do resto dos seres vivos para ser considerados como un reino independente, o que implica mecanismos patogénicos peculiares, e dificultades no seu manexo terapéutico . Moitas das súas especies son capaces de causar enfermidades no home por diversos mecanismos. Ademais dos envelenamentos e intoxicacións por inxestión de basidiomicetos (cogomelos), estes inclúen a invasión de tecidos por estes patógenos, e, a provocación de respostas inmuno-alérxicas no hóspede.
Nesta materia, preténdese que os alumnos aprendan a identificar as enfermidades fúngicas superficiais, subcutáneas e sistémicas máis habituais no noso país, así como as micosis de importación. Procesos, todos eles cada vez máis frecuentes na actualidade, polo aumento de circunstancias favorecedoras, como son as situacións de inmunosupresión, inmigración desde países nos que as micosis exóticas son endémicas, etc. Aprenderán os cadros clínicos, as súas claves diagnósticas, baseadas na clínica e, nos datos de laboratorio, as peculiaridades da súa epidemiología e do tratamento médico, e en ocasións cirúrxico, que requiren devanditos cadros.
PROGRAMA DE MICOLOXÍA MÉDICA
1. Xeneralidades, taxonomía, semiología e patogenia
2. Micosis Superficiais e cutáneas:
a. Da porción extrafolicular do pelo (pedras) e Tinea nigra
b. Pitiriasis versicolor , enfermidades por Malassezia.
c. Consideracións sobre as Dermatofitosis e Candidiasis, patogenia, etiología e clínica especial. Dermatomicosis.
3. Profundas locorregionales:
a. Formando tubérculos, quistes e gomas:
i. Esporotricosis
ii. Tubérculos e ulceras eu- (hialo- e feohifo-) micóticos.
iii. Quistes e Micetoma eumicótico.
b. Verrucosas, papilomatosas e queloidianas:
i. Cromomicosis
ii. Rinosporidiosis
iii. Lobomicosis
4. Sistémicas (Granulomatosas ou supurativas de comezo mucoso, cutáneo ou pulmonar):
a. Por fungos oportunistas:
i. Hialohifomicosis (Fusarium, Aspergillus, etc.).
ii. Feohifomicosis: (Alternariosis, Ulocladium, etc.).
iii. Zigomicosis (Mucor, Absidia, etc.).
b. Por fungos dimorfos:
i. Criptococosis
ii. Paracoccidioidomicosis
iii. Penicilinosis
iv. Blastomicosis
v. Coccidioidomicosis
vi. Histoplasmosis
5. Terapéutica
6. Micotoxicosis
Micoloxía clínica. Guillermo Quindós Andrés (dispoñible na Biblioteca da Facultade de Medicina)
Versión electrónica: http://tienda.elsevier.es/micologia-clinica-pb-9788490225943.html
Deberá ter coñecementos teóricos da micoloxía xeral e en especial das especies capaces de causar enfermidades infecciosas.
Coñecer como se realiza unha historia clínica orientada á patoloxía fúngica, que conteña toda a información relevante. Para iso deberá saber escoitar con atención, obter e sintetizar información acerca dos problemas que afectan ao enfermo, e comprender o contido desta información, para redactar a historia clínica de forma comprensible.
Recoñecer, e saber describir, os principais cadros clínicos, manexo de especímens pra cultivo, procedementos rutineiros de identificación no laboratorio, valoración adecuada dos resultados obtidos, elección do tratamento oportuno para cada caso, e, seguimento adecuado dos pacientes.
1. Cada tema teórico expoñerase en 45-50 minutos. Os minutos restantes dedicaranse a resolver dúbidas ou aclarar conceptos.
2. Os alumnos elaborarán cuestionarios sobre os temas explicados, e estes discutiranse nos días sinalados. Na discusión, incidirase na presentación clínica das diferentes síndromes e/ou procesos máis comúns.
3. Prácticas de laboratorio nos dispoñibles nos Departamentos de Dermatoloxía na Facultade de Medicina, e Microbioloxía, integrándose na práctica rutineira. O obxectivo é que sexan capaces de realizar unha identificación presuntiva, elixir os procedementos de laboratorio adecuados para cada caso, e identificar os patóxenos máis comúns na práctica diaria. Se, por cuestións de horarios, non fose posible realizar estas prácticas, serán substituídas por seminarios prácticos
A avaliación da aprendizaxe realizarase mediante avaliación continuada.
Valoraranse a asistencia a clases, o traballo individual, procura de contidos na web, orixinalidade e rigor dos cuestionarios realizados.
Facilitaranse as cualificacións obtidas ao final das horas lectivas. No caso de que os alumnos desexen mellorar, poderán optar a un exame que constará dunha proba teórica de 20-30 preguntas. De realizar o exame, a cualificación final obterase mediante a suma dos resultados da avaliación continuada e o exame unha proporción 6:4 sobre un total de 10, debendo obter 5 puntos no total pra obtelo aprobado.
Os exames realizáranse nas convocatorias oficiais.
Ademais do tempo adicado á asistencia ás clases teóricas (10 horas) e prácticas (4 horas), o tempo que cada alumno deberá adicar ó estudo da materia, dependerá do seu interese e capacidade. Deberíase reservar polo menos 1 hora cada día para o estudo do explicado nas clases teóricas e prácticas.
As horas de preparación das avaliacións dependerán da capacidade do alumno. Terase en conta a participación nas clases e prácticas
Asistencia ás clases teóricas e prácticas, e participación activa nelas. Debe afacerse a establecer unha sistemática integrando resultados de laboratorio e datos clínicos para chegar a un diagnóstico.
En previsión de posibles escenarios, establécense as seguintes disposicións na metodoloxía de ensino e no sistema de avaliación:
Escenario 2: Se a situación xeral de saúde require a interrupción do desenvolvemento de actividades expositivas, seminarios ou prácticas clínicas presenciais, estas actividades presenciais serán substituídas por actividades teórico-prácticas no campus virtual empregando os recursos dispoñibles do campus virtual. e sesións en equipo en calquera momento do curso, dado que xa se está contemplando un método de avaliación continua a través de probas no campus virtual, aumentarase o número destas probas e constituirán o 50% da nota final. A avaliación final levarase a cabo de xeito presencial, graduada co paso do tempo para que se respecten as necesidades de redución da capacidade das instalacións.
Escenario 3. Se non se puidera realizar docencia presencial desde o comezo do curso académico, a metodoloxía telemática xa explicada realizarase ao longo de todo o curso, e todalas probas serán telemáticas, pero cunha proporción da avaliación continua do 75% na avaliación total e do 25% para as probas telemáticas da avaliación final. .Todo isto farase sempre que se dispoña dos medios materiais axeitados a cada caso.
Benito Jose Regueiro Garcia
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881812255
- Correo electrónico
- benito.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Manuel Pereiro Ferreiros
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Dermatoloxía
- Teléfono
- 881812250
- Correo electrónico
- manuel.pereiro.ferreiros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 4 |
21.05.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
21.05.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |
08.07.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
08.07.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |