Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 91 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 22 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Recoñecer a morfoloxía, estrutura e os aspectos funcionais do sistema nervioso central, dos órganos dos sentidos e dos pares craniais na especie humana.
- Adquirir coñecementos de neuroanatomía que permitan comprender a exploración básica do sistema nervioso normal.
- Coñecer e comprender a terminoloxía neuroanatómica para poder aplicala correctamente.
A) Clases expositivas (36h)
Bloque I. Aspectos básicos
Tema 1. Introdución ao estudo do sistema nervioso. Sistema nervioso da vida de relación e sistema nervioso autónomo. Sistema nervioso central e sistema nervioso periférico.
Tema 2. A neurona. A sinapse. A glía. Concepto de dexeneración e rexeneración no sistema nervioso.
Tema 3. Concepto de sistema motor e sistema sensitivo. Fibras motoras e sensitivas. Tipos de sensibilidade. Receptores sensitivos.
Tema 4. Organización xeral do sistema nervioso periférico. Clasificación dos nervios periféricos. Estrutura do nervio raquídeo. Aspectos xerais sobre a distribución dos nervios raquídeos. Dermatomas. Organización xeral do sistema nervioso vexetativo.
Tema 5. Introdución á exploración do sistema sensitivo e o sistema motor. Principais métodos neuroanatómicos para o estudo microscópico do SNC.
Bloque II. Morfoloxía externa do sistema nervioso central
Tema 1. Morfoloxía da medula espiñal. Configuración exterior. Relacións. Meninxes raquídeas.
Tema 2. Morfoloxía do tronco encefálico: Configuración exterior do bulbo raquídeo.
Tema 3. Morfoloxía do tronco encefálico: Configuración exterior da ponte.
Tema 4. Morfoloxía do tronco encefálico: Configuración exterior do mesencéfalo.
Tema 5. Morfoloxía do IV ventrículo e do acueduto de Silvio.
Tema 6. Morfoloxía do cerebelo. Relacións.
Tema 7. Morfoloxía do cerebro. Concepto de telencéfalo e diencéfalo. Ventrículo diencefálico.
Tema 8. Morfoloxía do diencéfalo. Tálamo. Hipotálamo. Epitálamo. Subtálamo.
Tema 9. Conformación exterior dos hemisferios. Sistema límbico. Formacións interhemisféricas. Ganglios basais.
Tema 10. Ventrículos telencefálicos.
Tema 11. Meninxes e líquido cefalorraquídeo. Barreira hematoencefálica.
Tema 12. Vascularización do encéfalo: Vascularización arterial.
Tema 13. Vascularización do encéfalo: Vascularización venosa.
Bloque III. Estrutura do sistema nervioso central
Tema 1. Estrutura da medula espiñal. Xeneralidades. Citoarquitectura.
Tema 2. Estrutura da medula espiñal: Mieloarquitectura. Vías sensitivas e motoras na medula espiñal.
Tema 3. Medula espiñal: Consideracións funcionais. Anatomía clínica da medula espiñal.
Tema 4. Tronco encefálico. Estrutura xeral do troncoencéfalo.
Tema 5. Bulbo raquídeo. Citoarquitectura e mieloarquitectura. Anatomía clínica.
Tema 6. Protuberancia. Citoarquitectura e mieloarquitectura. Anatomía clínica.
Tema 7. Mesencéfalo. Citoarquitectura e mieloarquitectura. Anatomía clínica.
Tema 8. Formación reticular do tronco encefálico.
Tema 9. Cerebelo. Xeneralidades sobre a súa estrutura e función. Citoarquitectura e mieloarquitectura.
Tema 10. Cerebelo: Conexións. Concepto anátomo-funcional. Anatomía clínica do cerebelo.
Tema 11. Diencéfalo. Generalidadades sobre a súa estrutura. Estudo anátomo-funcional do subtálamo e o epitálamo. Epífisis.
Tema 12. Tálamo: citoarquitectura e mieloarquitectura. Conexións. Concepto anátomo-funcional e anatomía clínica.
Tema 13. Hipotálamo. Citoarquitectura e mieloarquitectura. Conexións. Concepto anátomo-funcional e anatomía clínica.
Tema 14. Telencéfalo. Xeneralidades sobre a súa estrutura. Núcleos basais do telencéfalo: Estrutura; conexións; concepto anátomo-funcional e anatomía clínica.
Tema 15. Cortiza cerebral: Citoarquitectura e mieloarquitectura. Áreas funcionais da cortiza cerebral. Bases neuroanatómicas da linguaxe. Anatomía clínica.
Tema 16. Sistema límbico. Concepto. Aspectos estruturais e funcionais.
Tema 17. Anatomía clínica das vías motoras.
Tema 18. Anatomía clínica das vías da sensibilidade.
Tema 19. Anatomía clínica da vía óptica e as vías ópticas reflexas.
Tema 20. Anatomía clínica das vías da audición e as vías vestibulares.
Tema 21. Vías olfactorias e gustativas
Tema 22. Recordo do desenvolvemento embriolóxico do SNC tras o coñecemento do sistema nervioso adulto.
Bloque IV. Anatomía dos pares craniaies
Tema 1. Nervio olfactorio.
Tema 2. Nervio óptico.
Tema 3. Nervios motores oculares.
Tema 4. Nervio trixémino.
Tema 5. Nervio facial e intermediario de Wrisberg.
Tema 6. Nervio estatoacústico.
Tema 7. Nervios do grupo do vago. Nervio glosofarínxeo. Nervio neumogástrico. Nervio espiñal.
Tema 8. Nervio hipogloso.
Bloque V. Anatomía dos órganos dos sentidos
Tema 1. Recordo funcional dos órganos dos sentidos xa abordados nos bloques anteriores.
Tema 2. Sentido da visión. Globo ocular: Capa esclerocorneal. Túnica vascular: Coroides, corpo ciliar e iris. Retina. Anatomía clínica.
Tema 3. Medios refrinxentes do globo ocular. Cornea. Cristalino. Humor acuoso e corpo vítreo. Anatomía clínica.
Tema 4. Anexos do ollo: aparello motor e aparello sustentador. Aparello protector: pálpebras e sistema lacrimal.
Tema 5. Sentido da audición. Oído externo. Oído medio. Anatomía clínica.
Tema 6. Oído interno: Labirinto óseo e labirinto membranoso. Anatomía clínica.
B) Clases interactivas (22h)
- Extracción do encéfalo humano e da medula espiñal.
- Medula espiñal mediante maquetas e material de cadáver.
- Tronco encefálico mediante maquetas e material cadavérico. Estudo anatómico do IV ventrículo e do acueduto de Silvio mediante maquetas e pezas de cadáver.
- Cerebelo mediante maquetas e pezas obtidas de cadáver.
- Cerebro mediante maquetas e pezas cadavéricas.
- Estudo das meninxes endocraniais e formacións durais.
- Vascularización do sistema nervioso central.
- Pares craniais mediante maquetas e pezas de cadáver.
- Estudo anatómico do globo ocular e do oído mediante maquetas.
Os contidos serán os mesmos nos tres escenarios, aínda que poderán ser reorganizados, especialmente no escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física), para adaptalos a unha docencia completamente en remoto.
Básica
Haines DE. Principios de Neurociencia. Aplicaciones básicas y clínicas. 5ª ed. Madrid: Elsevier Saunders; 2019.
Snell R. Neuroanatomía clínica. 8ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2019.
Atlas
Gilroy AM., MacPherson BR., Ross LM., Schünke M., Schulte E., Schumacher U., Voll M., Wesker K. Prometheus. Atlas de Anatomía. 2ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2013.
Netter FH. Atlas de Anatomía Humana. 7ª ed. Madrid: Marbán. 2019.
Paulsen F., Waschke J. Sobotta. Atlas de Anatomía Humana. Volumen 3: Cabeza, cuello y neuroanatomía. 24 ed. Madrid: Elsevier; 2018.
Complementaria
Díaz-Ruiz C, Muñoz A, Rodríguez-Pallares J. Meninxes, líquido cefalorraquídeo e barreira hematoencefálica. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio científico; 2015.
García Porrero JA, Hurlé JM. Neuroanatomía humana. Madrid: Editorial Médica Panamericana, Marbán; 2014.
Jorge-Barreiro J, Castaño MT, Quintáns M, López-Martín E. Cuadernos prácticos de neuroanatomía. Tomo 1,2,3, 4; 2008.
Muñoz A, Rodríguez-Pallares J, Díaz-Ruiz C. Morfoloxía externa do encéfalo e da medula espiñal. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio científico; 2015.
Rodríguez-Pallares J, Díaz-Ruiz C, Muñoz A. Vascularización do sistema nervioso. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio científico; 2015.
Rodríguez-Pallares J, Díaz-Ruiz C, Muñoz A. Pares craneais. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio científico; 2020.
Rouvier H, Delmas A. Anatomía humana descriptiva, topográfica y funcional. Tomo 4. Sistema nervioso central, vías y centros nerviosos. 11ª ed. Madrid: Elsevier Masson, Marbán; 2005.
Competencias básicas e xerais
CG5. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
CG6. Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
CG7. Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
CG9. Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
CG23. Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
CG31. Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
CG37. Adquirir a formación básica para a actividade investigadora.
Competencias específicas
CEMI.12. Desenvolvemento embrionario e a organoxénese
CEMI.14. Coñecer a morfoloxía, estrutura e función do sistema nervioso central e periférico
CEMI.20.- Recoñecer con métodos macroscópicos, microscópicos e técnicas de imaxe a morfoloxía e estrutura de tecidos, órganos e sistemas.
CEM.22. Exploración física básica.
Nas clases expositivas, abordaranse fundamentalmente os contidos dos bloques temáticos 1, 3 e 4 do programa. Impartiranse clases maxistrais, empregando medios audiovisuais e debuxos na lousa. Promoverase a participación do alumnado. Nas clases interactivas abordaranse preferentemente os contidos dos bloques temáticos 2 e 5. Os estudantes identificarán na sala de técnica anatómica as estruturas en maquetas e preparacións de encéfalo e medula de cadáver. Nas clases prácticas promoverase a aprendizaxe autónoma e os alumnos traballarán de forma individual e en equipo, orientados polo profesorado. As notas de clase e o atlas son esenciais como material de apoio. Para a realización de calquera actividade na Sala de Técnica Anatómica será obrigatorio o uso de bata branca e luvas. Esixirase ao alumno un uso coidadoso e respectuoso do material de prácticas. Realizarase un seguimento da participación e actitude do alumno nas actividades programadas. Realizaranse titorías individualizadas para a orientación da aprendizaxe e a resolución de dúbidas e habilitarase un foro público de titorías na aula virtual da materia.
Adaptacións da metodoloxía do ensino aos diferentes escenarios:
Escenario 1 (normalidade adaptada): A docencia das clases expositivas e interactivas será presencial. Para a realización de actividades específicas en remoto poderanse empregar as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física): Poderase combinar a docencia presencial e en remoto a fin de aplicar as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. As titorías serán preferentemente virtuais. Para a docencia en remoto poderanse empregar as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física): A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Valoraranse os coñecementos teóricos e competencias adquiridas nas clases expositivas (CG5, CG7, CG9, CG31, CG37, CEMI.12, CEMI.14, CEMI.20 e CEMI.22) mediante unha proba final. O nivel de aprobado será o 50% da puntuación. É necesario aprobar este exame para superar a materia.
Os coñecementos, así como as destrezas e habilidades adquiridas nas clases interactivas (CG5, CG6, CG7, CG31, CG37 e CEMI.14) valoraranse mediante unha proba sobre o material traballado nas prácticas, que consistirá no recoñecemento de estruturas neuroanatómicas. O nivel de aprobado será o 70% da puntuación. É necesario aprobar este exame para superar a materia. A asistencia a clases interactivas é obrigatoria e requisito imprescindible para superar a materia.
Ambas as probas, teórica e práctica, representarán ata o 70% da cualificación total. Ademais, realizarase unha avaliación continua na que se terá en conta a asistencia a clase, a actitude, a realización e contido das actividades programadas durante o curso, e outros méritos achegados durante o curso. A avaliación continua representará ata un 30% da cualificación global.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
Adaptacións da avaliación aos diferentes escenarios:
Escenario 1 (normalidade adaptada): As probas finais (teórica e práctica) terán carácter presencial. Para a avaliación continua poderán utilizarse os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física): As probas finais (teórica e práctica) terán carácter presencial. Para a avaliación continua utilizaranse os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física): As probas finais (teórica e práctica) levarán a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba. No caso de que non se dispoña dos medios técnicos que garantan o cumprimento destas premisas, recorrerase a unha proba final oral. A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de participación e realización de actividades en remoto empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
6 créditos ECTS:
Horas expositivas: 36
Horas interactivas: 22
Horas de titorías: 1
Revisión exames: 1
Total de horas presenciais: 60
Estudio individual: 65
Actividades programadas: 25
Exame: 5
Total de horas non presenciais: 90
Aconséllase que o estudante utilice como referencia as notas de clase e as imaxes e esquemas que o profesor suxira como material didáctico. Debe complementar esta información coa lectura e estudo de textos suxeridos na bibliografía. Os libros e atlas son guías esenciais para a adquisición de destrezas e habilidades prácticas da materia. Aconséllase levar a materia ao día e facer uso das titorías para orientar a aprendizaxe e liquidar dúbidas.
Adaptacións das recomendacións para o estudo aos diferentes escenarios:
Escenario 1 (normalidade adaptada), Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física) e Escenario 3 ((peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física): As recomendacións para o estudo serán as mesmas para os tres escenarios. As titorías terán carácter presencial e/ou telemático e os recursos bibliográficos poderán ser utilizados en versión papel (escenario 1) e/ou dixital (escenario 2 e 3).
Plan de continxencia
Adaptacións da metodoloxía do ensino e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3, segundo as “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso 2020-2021” do 26 de xuño de 2020:
Adaptacións da metodoloxía do ensino:
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física): Poderase combinar a docencia presencial e en remoto a fin de aplicar as medidas de distanciamento social en vigor nese momento. As titorías serán preferentemente virtuais. Para a docencia en remoto poderanse empregar as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física): A docencia será exclusivamente virtual, empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Adaptacións do sistema de avaliación:
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física): As probas finais (teórica e práctica) terán carácter presencial. Para a avaliación continua utilizaranse os recursos das plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidade física): As probas finais (teórica e práctica) levarán a cabo empregando recursos que garantan a identificación do alumno, así como o carácter persoal da realización da proba. No caso de que non se dispoña dos medios técnicos que garantan o cumprimento destas premisas, recorrerase a unha proba final oral. A avaliación continua realizarase mediante o rexistro de participación e realización de actividades en remoto empregando as ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams).
Jose Luis Labandeira Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815468
- Correo electrónico
- joseluis.labandeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Elena Lopez Martin
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812310
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Muñoz Patiño
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812221
- Correo electrónico
- anamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jannette Rodriguez Pallares
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815466
- Correo electrónico
- jannette.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Diaz Ruiz
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812463
- Correo electrónico
- mdelcarmen.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
María García Garrote
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- maria.garcia.garrote [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Aloia Quijano Ocampo
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Correo electrónico
- aloia.quijano.ocampo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 6 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 3 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 9 |
12.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Castelao |
30.06.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
30.06.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
30.06.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
30.06.2021 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |