Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 75 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 13 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Psiquiatría
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O ALUMNO DEBE DE:
1. RECIBIR información sobre o concepto de Psiquiatría e das diferentes tendencias existentes no seu seo.
2. COÑECER a importancia básica dos aspectos psíquicos do ser humano para o logro dun adecuado estado de saúde ou, polo contrario, como xeradores de patoloxía psiquiátrica.
3. COÑECER A PSICOPATOLOXÍA, sintomatoloxía básica dos T. mentais e UTILIZAR a linguaxe psiquiátrica básica e as técnicas elementais de exploración psiquiátrica.
4. IDENTIFICAR os Trastornos Psiquiátricos, as súas causas, características clínicas, evolución prognóstico e tratamento.
5. IDENTIFICAR os Trastornos Psiquiátricos que se presentan nos enfermos somáticos (ambulatorios e ingresados)
6. SER CAPAZ DE AVALIAR a resposta asistencial necesaria (urxente , ambulatoria, de internamento) ante un enfermo mental
6. COÑECER os diferentes dispositivos de atención á Saúde Mental (intra e extrahospitalarios) e as características do traballo en equipos multidisciplinares que dan respostas á demanda psiquiátrica (médica e psicosocial) ou que configura a intervención psiquiátrica na comunidade.
PRIMEIRA UNIDADE TEMÁTICA
1. Introdución conceptual e histórica acerca da Psiquiatría e perspectivas de evolución e futuro
SEGUNDA UNIDADE TEMÁTICA
2. Peculiaridades da exploración psiquiátrica: Entrevista/Historia Clínica, Psicometría, exploración médica complementaria
3. Coñecemento básico das actuais clasificacións das enfermidades mentais
4. Coñecementos básicos de Psicoaptoloxía: A sintomatoloxía psiquiátrica
TERCEIRA UNIDADE TEMÁTICA
5. Coñecementos xerais da Etiopatoxenia, manifestacións clínicas, exploracións necesarias, diagnóstico clínico e diagnóstico diferencial, así como propostas de tratamento dos trastornos psiquiátricos máis frecuentes:
Trastornos orgánico cerebrais con sintomatoloxía psiquiátrica: demencia, delirium
Trastornos somáticos con factores etiolóxicos psicosociais: T. psicosomáticos
Trastornos relacionados co consumo de alcol e outras substancias
Trastornos psicóticos
Trastornos afectivos
Trastornos neuróticos, de adaptación e por estrés
Trastornos da Personalidade e do control dos impulsos
Urxencias Psiquiátricas
CUARTA UNIDADE TEMÁTICA
6. Coñecementos básicos de posibles intervencións preventivas e do actual desenvolvemento da Asistencia Psiquiátrica no eido específico da Psiquiatría comunitaria
A) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1. BAÑOS, R.M.; PERPIÑÁ. C.: Exploración Psicopatológica. Editorial Síntesis; 2004
2. EGUILUZ, I.; SEGARRA, R.: Introducción a la Psicopatología. Panamericana 3ª Ed. 2012, 387 pp
3. ELKIN GD. Psiquiatría Clínica. Mexico: McGraw-Hill Interamericana; 2000. 352 p.
4. GELDER MG, Geddes J, Mayou R. Oxford Psiquiatría de bolsillo. Madrid: Marbán; 2007. 470 p.
5. HALES ER, Yudofsky SC. Tratado de Psiquaitría Clínica. Amsterdam: Elsevier; 2009. 1664 p
6. MOORE DP, Jefferson JW. Psiquiatría Médica. Madrid: Elsevier; 2005. 544 p
7. ORTUÑO F. Lecciones de Psiquiatría. Buenos Aires. Editorial Médica Panamericana; 2010. 644p
8. RUBIO Valladolid. Fundamentos de Psiquiatría. Bases científicas para el manejo clínico. Editorial Médica Panamericana, 2015
9. SADOCK BJ, Sadock VA. Kaplan & Sadock Sinopsis de Psiquiatría (10ª ed.). Barcelona : Wolters Kluwer; 2008. 1470 p.
10. SADOCK BJ. Kaplan & Sadock Manual de Bolsillo de Psiquiatría Clínica. Barcelona: Wolters Kluwer; 2007. 474 p.
11. VALLEJO RUILOBA J. Introducción a la psicopatología y la psiquiatría, (7ª ed). Barcelona: Elsevier Masson; 2011. 648 p.
B) BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. GELDER M,LÓPEZ-IBOR JJ,ANDREASEN N.Tratado de Psiquiatría.Barcelona: Ars Médica; 2003. 3v.
2. GOLDBERG D (Edición en castelán de Cervilla Ballesteros J) Manual Maudsley de Psiquiatría Práctica. Madrid. Ed. Arán 2000
3.GOLDBERG, D P., LINDA GASK, AND R. K. MORRISS. Psychiatry in Medical Practice. Hove, East Sussex [England]: Routledge, 2008
4.GOLDMAN HH. Psiquiatría General. México: Manual Moderno; 2001. 698 p.
5.SIMS A. Síntomas mentales: introducción a la psicopatología descriptiva. Madrid: Triacastela; 2008.495p
5. TALBOT JA y otros. DSM-IV. Tratado de Psiquiatría. Barcelona: Masson; 200. 2v.
6. VALLEJO RUILOBA J & LEAL CERCÓS, C. Tratado de psiquiatría. Barcelona: Ars Médica; 2011. 1196 p.
7. VÁZQUEZ-BARQUERO JL (Editor). Psiquiatría en Atención Primaria. Madrid: Aula Médica; 2007. 970 p.
8. VÁZQUEZ F, OTERO P, BLANCO V, TORRES A. Terapia de solución de problemas para la depresión: una breve guía práctica en grupo. Madrid: Alianza Editorial; 2015.
9. VÁZQUEZ F, OTERO P, TORRES A, ARROJO M. Deja atrás la depresión y alcanza la felicidad. 2016. Madrid: Pirámide.
1. Realizar correctamente unha historia clínica psiquiátrica e propoñer as medidas exploratorias
2. Identificar a sintomatoloxía predominante, a través da realización dunha exploración psicopatolóxica
3. Elaborar un diagnóstico inicial: diagnóstico sindrómico
4. Discutir e argumentar as diferentes posibilidades diagnósticas e realizar un diagnóstico diferencial
5. Propoñer e argumentar un diagnóstico definitivo
6. Propoñer e xustificar as diferente medidas terapéuticas que se van instaurar incluíndo a avaliación de derivación á asistencia especializada.
7. Informar o enfermo e/ou á súa familia cando fose procedente (previa avaliación do caso) en termos claros, comprensibles e non iatróxenos
DOCENCIA EXPOSITIVA: 46 horas ó longo do prieiro cuadrimestre do curso. Técnicas de clase maxistral dinámica apoiadas con técnicas audiovisuais pertinentes e nas que se farán as propostas xerais das diferentes temáticas. A Asistencia ás clases é obrigatoria.
DOCENCIA INTERACTIVA: Estruturada en grupos de prácticas (4 horas) e Seminarios (10 horas). Técnicas de traballo grupal na que se utilizan casos clínicos procedentes de filmacións, e documentación bibliográfica, e se desenvolve a actividade exploratoria, diagnóstica e de proposta terapéutica. A asistencia as prácticas e seminarios é obrigatoria.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía docente pode sufrir cambios que permitan adaptarse a escenarios de docencia semipresencial ou ensinanza en remoto, tal como se recolle no Plan de Continxencia.
A avaliación dos contidos realizarase a través dun exame único nas datas oficiais. O exame final realizarase polo método de test con preguntas correspondentes a todas as Unidades Temáticas conxuntamente. O punto de corte para aprobar é 65% de respostas correctas.
É obrigatoria a asistencia ás partes expositivas e interactivas da materia.
A avaliación das actividades interactivas realizarase de acordo cos criterios establecidos polo profesor de cada grupo, sendo criterios comúns: asistencia, interese mostrado, participación e avaliación dos exercicios entregados.
A nota final obterase pola suma das notas obtidas nas dúas partes da materia: a)parte teórica e *b)parte interactiva, cada unha das cales deberá aprobarse de forma independente. O 60% dá nota final obterase da avaliación dos contidos teóricos, o 40% restante pola avaliación da parte interactiva.
Cando o alumno só aprobe a parte teórica ou a interactiva, dita parte aprobada gardarase durante o curso académico seguinte para facilitar que o alumno supere a outra parte (de non facelo, en convocatorias sucesivas deberá cursar ambas partes do programa formativo da materia).
En función da situación sanitaria, a metodoloxía da avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptarse a escenarios de docencia semipresencial ou telemática, tal como reflíctese no Plan de Continxencia.
Horas presenciais:
1. 46 horas teóricas
2. 15 horas interactivas
3. 2.5 horas de titorías
Horas non presenciais:
1. 3 horas de teoría/semana (30 horas)
2. 28 horas para traballos prácticos derivadas da docencia interactiva
3. 12 horas de preparación final do exame
Horas de avaliación: 2 horas
Total volume do traballo en horas: 134.5
1. Asistir regularmente ás clases teóricas e participar no debate final de casos clínicos.
2. Utilizar o material Guía e os casos clínicos que se proporcionan ao comezo do curso académico.
3. Revisar as propias anotacións.
4. Complementar coa lectura da Bibliografía básica, como mínimo, e, se fose preciso, coa complementaria.
5. Elaborar a resolución de casos progresivamente, segundo se vaia impartindo a materia.
6. Elaborar dúbidas teóricas e teórico prácticas.
7. Utilizar a titoría para resolver as dúbidas.
8. Completar a revisión teórica e o caso clínico correspondente unha vez resoltas as dúbidas.
9. Nun contexto de incerteza derivada da situación sanitaria, cobra maior importancia, si cabe, o levar a materia ao dia.
O programa e metodoloxía docente preséntanse o primeiro dia de clase e permanencerán publicados no Campus Virtual da asignatura.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 1 (normalidad adaptada)
A docencia será fundamentalmente presencial. A avaliación será presencial. As tutorías serán presenciais ou por procedementos telemáticos.
Escenario 2 (distanciamiento)
Reducirase a docencia presencial ao 50% e se complementará con docencia telemática, síncrona e asíncrona, utilizando o Campus Virtual, Microsoft Teams e demás instrumentos docentes dispoñibles.
As Presentacións dos profesores relativas os distintos temas do programa estarán dispoñibles no Campus Virtual da materia. Debido a inseguridade creada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán traballarse de forma autónoma por parte estudante, o cal será debidamente informado a través de él Campus Virtual da materia.
As titorías serán principalmente por procedementos telemáticos.
Realizarase avaliación continuada e avaliación final. A avaliación final, de ser posible, será presencial.
Escenario 3 (peche de centros)
Toda a docencia realizarase de forma telemática, síncrona e asíncrona.
Realizarase avaliación continuada e avaliación final. A avaliación será non presencial.
Nos tres escenarios, a entrega de traballos e informes realizarase a través do Campus Virtual.
Nos tres escenarios, para os casos de realización fraudulenta de tarefas ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa da USC de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Angela Juana Torres Iglesias
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Teléfono
- 881812435
- Correo electrónico
- angelajuana.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Raimundo Mateos Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Teléfono
- 881812314
- Correo electrónico
- raimundo.mateos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mario Paramo Fernandez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Vidal Millares
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- maria.millares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Manuel Arrojo Romero
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- manuel.arrojo.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Lucia Del Rio Casanova
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- lucia.delrio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Homero Indalecio Carrera Machado
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- hindalecio.carrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Elvira Bermudez Vazquez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- mariaelvira.bermudez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ignacio Gómez-Reino Rodríguez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- ignacio.gomez-reino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aulario-Aula 1 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán, Galego | Aulario-Aula 2 |
Martes | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aulario-Aula 1 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Aulario-Aula 2 |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_05 | Castelán | Aulario-Aula 2 |
Mércores | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aulario-Aula 1 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Aulario-Aula 2 |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_06 | Castelán | Aulario-Aula 2 |
Xoves | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aulario-Aula 1 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán, Galego | Aulario-Aula 2 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aulario-Aula 1 |
Venres | |||
12:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aulario-Aula 1 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Aulario-Aula 2 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aulario-Aula 1 |
25.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 1 |
25.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 2 |
25.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
25.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |
25.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Biblioteca - Aulario Roberto Novoa |
25.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Hospital-Aula 1 |
25.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Hospital-Aula 2 |
25.02.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula Magna |
26.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 1 |
26.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 2 |
26.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
26.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |
26.06.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula Magna |