Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 32 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 11 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Comprensión dos seus aspectos conceptuais, do desenvolvemento dun medicamento e das bases metodolóxicas da avaliación de fármacos no ser humano (ensaio clínico, farmacovixiancia).
2. Desenvolver actitudes para a prescrición e uso racional dos medicamentos, asimilar os conceptos de seguridade, eficacia e efectividade e adquirir capacidade critica para a valoración da literatura científica relacionada coa investigación clínica de medicamentos.
3. Que o alumno comprenda que as bases da Farmacoterapia se fundamentan en coñecementos e información moi diversos sobre o diagnóstico, as características do paciente (fisiolóxicas e fisiopatolóxicas) e do perfil farmacolóxico (eficacia, efectividade e seguridade) dos tratamentos farmacolóxicos, ao obxecto de levar a cabo unha axeitada selección destes.
AVALIACIÓN DE FÁRMACOS
Tema 1. Descubrimento, desenvolvemento de novos fármacos. Ensaio Clínico.
A VARIABILIDADE NA RESPOSTA TERAPÉUTICA
Tema 2. Os factores xenéticos. Farmacoxenética e Farmacoxenómica.
Tema 3. Factores fisiolóxicos que modifican a resposta a fármacos: idade, embarazo, lactación.
enfermidade.
Tema 4. Factores patoloxicos que modifican a resposta a fármacos.
PRESCRICIÓN
Tema 5. Criterios de selección de medicamentos. Bioequivalencia. Monitorizacion. Cumprimento terapeutico. Medicina personalizada. Seguridade. Modelos de simulacion.
ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES
Tema 6. Insuficiencia cardiaca.
Tema 7. Cardiopatía isquémica.
Tema 8. Hipertensión arterial.
Tema 9. Hiperlipidemia.
APARELLO RESPIRATORIO
Tema 10. Prescrición de medicamentos en enfermidades respiratorias. Asma e EPOC.
INMUNIDADE
Tema 11. Prescrición de medicamentos en enfermidades alérxicas. Manexo da reacción anafilática.
APARELLO DIXESTIVO
Tema 12. Úlcera e enfermidades relacionadas coa secreción de ácido gástrico.
Tema 13. O vómito. Diarrea. Estreñimento.
SISTEMA NERVIOSO CENTRAL
Tema 14. Enfermidade de Parkinson.
Tema 15. Enfermidade de Alzheimer e outras demencias.
Tema 16. Trastornos da ansiedad.
Tema 17. A depresión mental. Trastorno bipolar.
HEMATOLOXÍA
Tema 18. Anemias.
Tema 19. Coagulacion da sangue.
TRASTORNOS ENDÓCRINO-METABÓLICAS. PROCESOS ASOCIADOS CO ENVELLECEMENTO.
Tema 20. Menopausa e Andropausa.
Tema 21. Manexo do doente diabético.
Tema 22. Procesos dexenerativos.
DOR
Tema 23. Tratamiento farmacolóxico da dor.
ENFERMIDADES INFECCIOSAS
Tema 24 Criterios de base para a terapia antiinfecciosa.
SEMINARIOS
SEMINARIO 1 e 2. Soporte vital Básico e Avanzado.
SEMINARIO 3. As reaccións adversas medicamentosas: Avaliación da imputabilidade e comunicacion a os sistemas de farmacovixilancia. Casos clínicos.
SEMINARIO 4. Seminario práctico sobre un caso clínico: enfermidades infecciosas.
SEMINARIO 5. Desenvolvemento dun vademecum dos principais farmacos usadas en situacións de emerxencia.
- Farmacología. H.P. Rang, M.M. Dale y J.M. Ritter. Churchill Livingstone, Madrid, 2020
- Goodman & Gilman. Las Bases Farmacológicas de la Terapéutica (Vol. I y II). 11ª edición. Ed. McGraw-Hill Interamaericana; 2007
- Flórez, Armijo, Mediavilla. Farmacología humana. 5ª edición. Ed. Masson; 2014
- Velasco, Alsásua del Valle, Carvajal, Dueñas. Farmacología Clínica y Terapéutica Médica.Ed. McGraw-Hill Interamericana; 2004
- Rodés, Carné, Trilla. Manual de Terapéutica Médica. Ed. Masson; 2002
- Bravo Díaz, Marhuenda Requena. Manual de Farmacoterapia. Ed. Elsevier; 2005
- Márquez Peiro, Valero Alcocer, Valero López. Farmacoterapia general. Ed. Formación Alcalá; 2006
- Di Piro JT, Talbert RL, Yee GC, Matzke GR, Wells BG, Michael Posey L. Pharmacotherapy. A pathophysiologic approach. Ed. McGraw-Hill; 2008
- Martindale. Guía completa de consulta farmacoterapéutica. Pharma editores; 2009.
- Bases de datos, motores de procura e índices temáticos relacionados coas Ciencias da Saúde.
- Servizo de EZproxy que permite o acceso a recursos electrónicos subscritos por BUSC e os subscritos a través do Consorcio BUGALICIA, para todos os membros da comunidade universitaria.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
- Indicar a terapéutica máis axeitada dos procesos agudos e crónicos máis prevalentes, así como dos enfermos en fase terminal.
- Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
- Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
Competencias específicas da materia:
- Valorar a relación risco/beneficio dos procedementos diagnósticos e terapéuticos.
- Interaccións e efectos adversos.
- Prescrición e fármacovigilancia.
- Saber utilizar os diversos fármacos axeitadamente.
- Redactar correctamente receitas médicas, adaptadas á situación de cada paciente e os requirimentos legais.
CLASES EXPOSITIVAS, INTERACTIVAS DE SEMINARIO E TUTORIAS
Escenario 1
- Expositiva: presencial na aula.
- Interactivas de seminario e titorías: presencial na aula.
Escenario 2
- Expositiva: docencia telemática síncrona.
- Interactivas de seminario e titorías: presencial na aula.
Escenario 3
- Expositiva: docencia telemática síncrona/asíncrona.
- Interactivas de seminario e titorías: docencia telemática síncrona/asíncrona.
Os grupos de docencia expositiva manteranse coa distribución actual debido á imposibilidade de dispoñer de máis aulas. Para organizar os grupos de interactivas de seminario e de titorías, os grupos expositivos fracciónanse, dependendo do curso, en dous ou tres grupos; en calquera caso, o número de alumnos é sempre inferior a 50.
AVALIACIÓN CONTINUADA (representará o 30 % da cualificación final)
- Avaliación continuada de coñecementos e participación en clase ao longo do curso (representará o 20% da cualificación final).
- Seminarios (representará o 10% da cualificación final): realízarase unha avaliación continuada de competencias específicas a través da tutorización do traballo que o estudante realice a proposta do profesor. É obrigatorio a asistencia a todos os seminarios para poder superar a materia.
EXAME FINAL (representará o 70 % da cualificación final):
O exame tipo test será con catro opcións de resposta e só unha verdadeira. Por cada resposta errónea descontarase 0,33 das respostas acertadas. É necesario a obtención dunha cualificación igual ou maior a 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. O alumno deberá superar polo menos o 25% da cualificación correspondente á materia de cada profesor. En caso contrario non se fai media coa outra parte. Na convocatoria de Julio, o tipo de exame e a puntuación para aprobar a materia será igual que na convocatoria anterior.
- Presenciais: 27 horas distribuídas en 18 horas expositivas, 5 horas de docencia interactiva, 2 horas de tutorias e 2 horas de avaliación.
- Traballo persoal do alumno: 48 horas.
- Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
- Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
- Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
- Por último, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 1 (normalidade adaptada):
Docencia: a docencia das clases expositivas e interactivas de seminario será fundamentalmente presencial. as titorías poderán ser presenciais, e virtuais (a través das ferramentas do campus virtual).
Avaliación: avaliación continua formativa con proba final complementaria presencial.
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física):
Docencia: a docencia expositiva e interactiva poderá ser nun 50% presencial, e tamén se realizará de forma telemática empregando as ferramentas e plataformas institucionais, con mecanismos síncronos e asíncronos. As titorías serán preferentemente virtuais.
Avaliación: avaliación continua formativa, con proba final complementaria preferentemente presencial.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física):
Docencia: a docencia expositiva e interactiva desenvolverase de maneira exclusivamente virtual, a través das ferramentas e plataformas institucionais, e mediante mecanismos síncronos e asíncronos. As titorías realizaranse exclusivamente por vía telemática.
Avaliación: avaliación continua formativa con proba final complementaria, de carácter exclusivamente telemático.
Para os tres escenarios, a entrega de traballos e informes realizarase a través do campus virtual.
Nos tres escenarios, para os casos de realización fraudulenta de tarefas ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa da USC de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ma Del Pilar Fernandez Rodriguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881812401
- Correo electrónico
- mdelpilar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Freire-Garabal Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881812248
- Correo electrónico
- manuel.freire-garabal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aulario-Aula 4 |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aulario-Aula 4 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aulario-Aula 4 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aulario-Aula 4 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aulario-Aula 4 |
24.01.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 1 |
24.01.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 2 |
24.01.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
24.01.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |
24.01.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula Magna |
23.06.2022 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 1 |
23.06.2022 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 2 |
23.06.2022 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
23.06.2022 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |
23.06.2022 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula Magna |