Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Psiquiatría
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
a) Apreciar a imbricación dos factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais na xénese do malestar psicolóxico no doente nas dúas etapas extremas do ciclo vital, infancia-adolescencia e idade avanzada-senectude e o seu peculiar modo de expresión en forma de enfermidades mentais.
b) Profundizar en recoñecer, diagnosticar e orientar o manexo dos trastornos psiquiátricos na idade avanzada desde a perspectiva do médico de atención primaria.
c) Empregar as estratexias de comunicación adecuadas co doente nestas etapas
do ciclo vital.
1. Bases conceptuais e metodolóxicas da Psiquiatría da infancia e a Adolescencia. As claves do enfermar psíquico infantil.
2. Peculiaridades da exploración, do diagnóstico e os principios xerais do tratamento na clínica psiquiátrica do neno e do adolescente. A Psiquiatría da Infancia e a Adolescencia nas clasificacións internacionais de enfermidades mentais.
3. Coñecementos xerais da etiopatoxenia, sintomatoloxía clínica, diagnóstico e diagnóstico diferencial, prognóstico e tratamento dos trastornos psiquiátricos mais frecuentes na infancia e na adolescencia:
Trastornos do desenvolvemento: Trastornos da aprendizaxe. Trastornos do espectro autista.
Problemas psiquiátricos nos nenos con Atraso Mental
Trastornos por déficit de Atención e hiperactividade
Trastornos da conduta
Trastornos de ansiedade
Trastorno obsesivo-compulsivo
Trastorno reactivo do vínculo
Trastornos afectivos: A depresión na infancia e na adolescencia. O trastorno bipolar
Trastornos da conduta alimentaria
Trastornos Somatomorfos
Trastornos por tics motores e T. de Tourette
Enurese e Encoprese
Esquizofrenia de inicio na infancia e adolescencia
Trastorno por abuso de sustancias na infancia e adolescencia
4. Urxencias psiquiátricas na infancia e adolescencia. A conduta suicida: prevención, avaliación
e tratamento.
5. Principios básicos de Psicofarmacoloxía e Psicoterapia na infancia e adolescencia.
6. Aspectos biolóxicos, psicolóxicos e sociais do envellecemento. Peculiaridades da avaliación psicopatolóxica na persoa maior. Avaliación Integral. Avaliación funcional. Instrumentos de avaliación e factores socioculturais.
7. O Deterioro Cognoscitivo e os seus determinantes bio-psico-sociais.
8. Trastornos afectivos maiores e y menores. Factores estresantes da idade avanzada. Prevención do suicidio.
9. Hipocondría e outras manifestacións neuróticas na persoa maior. Trastornos de personalidade.
10. A carga do coidador de doentes psicoxeriátricos: Detección, apoio e prevención.
11. Organización da asistencia en Psiquiatría Xeriátrica. Marcos normativos. Contextos asistenciais. Saúde Mental e Dependencia. A saúde mental nas residencias de persoas maiores.
12. A atención psicoxeriátrica baseada en necesidades.
13. Aspectos éticos e legais relacionados coa saúde mental e a idade avanzada. Vellismo/Edadismo/Axeismo. Maltrato. Avaliación da competencia.
Bibliografía Básica
1. Soutullo Esperón, C.; Mardomingo Sanz, M.J. Manual de Psiquiatría del Niño y del Adolescente. Editorial Médica Panamericana. 2010.
2. Wiener, J. M.; Dulcan, M. K. Tratado de Psiquiatría de la Infancia y la Adolescencia. Ed. Masson.2006
3. Agüera L, Martín-Carrasco M, Cervilla J. Psiquiatría Geriátrica. Barcelona: Masson Elsevier, 2006.
4. SEPG Sociedad Española de Psicogeriatría. Sánchez M, Agüera L, Martín M, de Azpiazu P, Olivera J, Mateos R. Guía Esencial de Psicogeriatría. Madrid: Editorial Médica Panamericana, 2011.
Bibliografía Complementaria
1. Os Manuais recomendados en Psiquiatría: respectivos capítulos de psiquiatría da Infancia da Adolescencia.
2. OMS. Organization of Care in Psychiatry of the Elderly: a technical consensus statment. (Doc.: WHO / MSA / MNH / MND / 97.3). Geneva: World Health Organization; 1997. (Traducción española en: Revista de Psicogeriatría 2001; 1(2).
3. OMS. Psychiatry of the Elderly: a consensus statement. (Doc.: WHO / MNH / MND / 96.7). Geneva: World Health Organization; 1996. (Traducción española en: Revista de Psicogeriatría, 2001; 1(2).
4. Jacoby, Robin and Oppenheimer, Catherine, editors. Psychiatry in the elderly . Oxford: Oxford University Press, 2002.
5. Serna de Pedro, Inmaculada de la. La Vejez desconocida : una mirada desde la biología a la cultura. Madrid: Diaz de Santos, 2003.
6. Sociedad Española de Psiquiatría y Sociedad Española de Psicogeriatría. Consenso Español sobre demencias Depósito Legal M-42831-2005. Barcelona: SANED 2005; 53-88. [Capítulos sobre asistencia a las demencias y sobrecarga del cuidador]. Disponible online: http://www.sepg.es/actividades/consenso.php
7. Vega, JL y Bueno, B (1996). Desarrollo Adulto y Envejecimiento. Editorial Síntesis, Madrid.
a) Propoñer un plan de abordaxe individualizado dos trastornos mentais nas fases extremas do ciclo vital, desde a perspectiva do médico de familia, especificando as estratexias de intervención posibles para a mellor resolución do problema: detección, contención e derivación a dispositivos de saúde mental subespecializados (infanto-xuvenil, psicoxeriatría).
b) Desenvolver actitudes e habilidades de traballo interdisciplinar na atención á saúde
mental dos nenos, adolescentes e persoas de idade avanzada, e no apoio os seus
respectivos familiares/coidadores, principalmente no marco da atención primaria.
Docencia Expositiva: 15 horas.
Docencia Interactiva Seminario: 10 horas
Titoría: 3 horas.
Poderán levarse a cabo Prácticas de Campo en centros xerontolóxicos, condicionado a dispoñibilidade de financiamento mediante o Programa de Prácticas de Campo (USC).
En función da situación sanitaria, a metodoloxía docente pode sufrir cambios que permitan adaptarse a escenarios de docencia semipresencial ou ensinanza en remoto, tal como se recolle no Plan de Continxencia.
A asistencia a todas as actividades docentes presenciais é obrigatoria.
A avaliación dos contidos farase mediante un exame único nas datas oficiais. Formato do exame: preguntas tipo test, correspondentes a todo o temario. O punto de corte para aprobar será o 65% das respostas correctas do total.
A avaliación das actividades interactivas será realizada polo profesor que imparta a materia, sendo criterios comúns: asistencia, interese mostrado, participación e avaliación dos exercicios solicitados.
A nota final obterase pola suma das notas obtidas nas dúas partes da materia: 40% corresponderá a los contidos teóricos e 60% á parte práctica.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía da avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptarse a escenarios de docencia semipresencial ou telemática, tal como reflíctese no Plan de Continxencia.
Horas presenciais:
15 horas docencia expositiva
10 horas de seminario
3 horas de titorías
Horas non presenciais:
1 hora / semana para teoría (15 horas)
20 horas para traballos prácticos
8 horas de preparación do exame final
Avaliación: 2 horas
Volume de traballo persoal: 73 horas
1. Asistir regularmente as clases e participar nas actividades interactivas
2. Utilizar os materiais guía que se faciliten ao comezo do curso académico
3. Revisar os propios apuntamentos
4. Realizar lecturas da bibliografía básica como mínimo, e si fose preciso, da complementaria
5. Anotar e elaborar as dúbidas teóricas e prácticas
6. Utilizar as titorías para resolver as dúbidas.
7. Realizar os traballos prácticos que indique o profesor dentro dos prazos sinalados.
8. Nun contexto de incerteza derivada da situación sanitaria, cobra maior importancia, si cabe, o levar a materia ao dia.
O programa e metodoloxía docente preséntanse o primeiro dia de clase e permanencerán publicados no Campus Virtual da asignatura.
MEDIDAS ESPECÍFICAS PLAN DE CONTINXENCIA CURSO 2021-22
En virtude dos establecido pola USC no Plan de Continxencia para o Desenvolvemento da Docencia no Curso 2021-22, establécense as seguintes medidas específicas para cada escenario:
1. Escenario 1 (normalidade adaptada; sen restricións á presencialidad física)
a. Docencia
A docencia das clases expositivas e interactivas de seminario será presencial.
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, aínda que poderán realizarse parcialmente de forma virtual (a través das ferramentas do campus virtual).
b. Avaliación
Avaliación continua formativa con proba final complementaria, esta última de carácter presencial.
2. Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidad física)
a. Docencia
A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de forma virtual, utilizando neste último caso as ferramentas e plataformas institucionais, con mecanismos síncronos.
A docencia interactiva de Seminario poderá ser mixta, cun mínimo do 50% das horas en formato presencial, e tamén se realizará de forma telemática empregando as ferramentas e plataformas institucionais.
Manteranse os horarios programados de docencia expositiva e interactiva independentemente da modalidade de docencia que se utilice.
As titorías serán preferentemente telemáticas.
b. Avaliación
Avaliación continua formativa con proba final complementaria, esta última preferentemente presencial.
3. Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir a docencia con presencialidad física)
a. Docencia
A docencia expositiva e interactiva desenvolverase de maneira exclusivamente virtual, a través das ferramentas e plataformas institucionais, e mediante mecanismos preferentemente síncronos.
As titorías realizaranse exclusivamente por vía telemática.
b. Avaliación:
Avaliación continua formativa con proba final complementaria, esta última de carácter exclusivamente telemático.
Para os tres escenarios, a entrega de traballos e informes, individuais ou en grupo, realizarase a través do campus virtual.
Nos tres escenarios, para os casos de realización fraudulenta de tarefas ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa da USC de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Angela Juana Torres Iglesias
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Teléfono
- 881812435
- Correo electrónico
- angelajuana.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Raimundo Mateos Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Teléfono
- 881812314
- Correo electrónico
- raimundo.mateos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aulario-Aula 1 |
02.06.2022 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
02.06.2022 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |
30.06.2022 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
30.06.2022 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |