Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 38 Clase Interactiva: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer o comportamento dos equilibrios ácido-base e dos sistemas de tamponamento do organismo humano.
- Coñecer as propiedades e funcións das principais biomoléculas constituíntes do organismo humano.
- Coñecer o metabolismo xeral dos glícidos, lípidos, aminoácidos, nucleótidos e acedos nucleicos.
- Coñecer o metabolismo dos fosfatos e do calcio, así como os procesos de calcificación de tecidos duros.
- Coñecer os procesos bioquímicos básicos implicados na saúde dental.
INTRODUCIÓN. Introdución á Bioquímica e Bioloxía Molecular. Bioquímica Odontolóxica. Biomoléculas: características químicas e estruturais.
A AUGA. Estrutura e propiedades da auga. A auga nos seres vivos. Actividade iónica da auga. Ácidos e bases. Disolucións reguladoras do pH.
GLÍCIDOS. Glícidos: concepto e clasificación. Monosacáridos e derivados dos monosacáridos. Disacáridos. Polisacáridos. Proteoglicanos e glicoproteínas.
LÍPIDOS. Lípidos: características estruturais e clasificación. Ácidos graxos. Lípidos complexos. Lípidos simples. Lipoproteínas.
PROTEÍNAS. Aminoácidos: propiedades. Estrutura das proteínas. Pregamento das proteínas. Proteínas de interese biolóxico.
ENZIMAS. Encimas: características e clasificación. Catálises e cinética encimática. Inhibición e regulación da actividade encimática.
VITAMINAS, MINERAIS E OLIGOELEMENTOS. Vitaminas: clasificación e funcións. Vitaminas liposolubles. Vitaminas hidrosolubles. Efectos das deficiencias de vitaminas nos tecidos orais. Minerais e oligoelementos.
BIOENERXÉTICA E METABOLISMO INTERMEDIARIO. Relacións termodinámicas e compostos de alto nivel enerxético. Ciclo do os ácidos tricarboxílicos. Cadea de transporte electrónico e fosforilación oxidativa. Inhibidores do transporte electrónico e axentes desacoplantes.
METABOLISMO DE GLÍCIDOS. Glicólise e a súa regulación. Destinos metabólicos do piruvato e fermentación láctica. Incorporación doutros monosacáridos á vía glicolítica. Ruta das pentosas fosfato. Gliconeoxénese e a súa regulación. Glicoxenólise e glicoxenoxénese. Control do metabolismo do glicóxeno.
METABOLISMO DE LÍPIDOS E LIPOPROTEÍNAS. Metabolismo de ácidos graxos e a súa regulación. Metabolismo de lípidos complexos e a súa regulación. Metabolismo de lípidos simples: prostaglandinas e tromboxanos. Metabolismo do colesterol e a súa regulación. Metabolismo de lipoproteínas.
METABOLISMO DE AMINOÁCIDOS. Degradación de proteínas e recambio proteico. Reaccións comúns ao metabolismo de aminoácidos: transaminación e desaminación oxidativa. Uroxénese e formación de glutamina. Aminoácidos glicoxénicos e cetoxénicos. Metabolismo de aminoácidos específicos.
METABOLISMO DOS NUCLEÓTIDOS. Características estruturais e funcións dos nucleótidos. Metabolismo de nucleótidos: purínicos e pirimidínicos.
REPLICACIÓN DO DNA. Estrutura e características do DNA. Replicación: síntese do DNA. Mutacións e mecanismos de reparación do DNA.
SÍNTESE DO RNA: TRANSCRICIÓN. Estrutura e características dos RNA. Síntese do RNA. Procesamento do RNA despois da transcrición. Regulación da transcrición.
SÍNTESE DE PROTEÍNAS: TRADUCIÓN. O código xenético. Síntese de proteínas. Modificacións postraducionales das proteínas.
TECNOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE. PCR, clonación, secuenciación e outras técnicas.
BIOQUÍMICA BUCODENTAL BÁSICA. Metabolismo do calcio e do fósforo. Estrutura e composición química do dente. Bioquímica da saliva. Película adquirida e placa dental. Bioquímica da carie. Bioquímica do flúor. Requisitos mínimos dos dentífricos.
Bibliografía básica:
Libros en versión electrónica accesibles a través da biblioteca da USC (Access Medicina; McGraw Hill):
-Trudy McKee, James R. McKee. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida, 5e. México, D. F. McGRAW-HILL INTERAMERICANA EDITORES, S.A. de C. V. 2014.
-Victor W. Rodwell, David A. Bender, Kathleen M. Botham, Peter J. Kennelly, P. Anthony Weil. Harper Bioquímica ilustrada, TRIXÉSIMA PRIMEIRA EDICIÓN. Ciudad de México. McGRAW-HILL/INTERAMERICANA EDITORES, S.A. de C.V. 2018.
-Adriana María Salazar Montes, Ana Soledad Sandoval Rodríguez, Juan Socorro Armendáriz Borunda. Biología Molecular. Fundamentos y aplicaciones en las ciencias de la salud, 2e. México, D. F. McGRAW-HILL/INTERAMERICANA EDITORES, S.A. DE C.V. 2016
Bibliografía complementaria:
-VOET D., VOET J.Q., PRATT C.W. “Fundamentos de Bioquímica. La vida a nivel molecular”. 4º edición. Editorial Médica Panamericana, 2016.
-Ronner P. “Netter. Bioquímica esencial”. Primera ed. Barcelona: Elsevier; 2019.
-TYMOCZKO J.L., BERG J.M. y STRYER L. "Bioquímica: Curso básico". Editorial Reverté, Barcelona, 2014.
-FEDUCHI E., ROMERO C., YÁÑEZ E., BLASCO I., GARCÍA-HOZ C. "Bioquímica. Conceptos Esenciales". 2º edición. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2015.
-LOZANO J.A., GALINDO J.D., GARCÍA-BORRON J.C., MARTÍNEZ-LIARTE J.H., PEÑAFIEL R., SOLANO F. "Bioquímica y Biología Molecular para Ciencias de la Salud". 3º edición. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2005.
-BAYNES J.W., DOMINICZAK M.H. "Bioquímica Médica". 5º edición. Barcelona: Elsevier España S.L.U. 2019.
-Meisenberg G, Simmons WH. "Principios de Bioquímica Médica". Cuarta ed. Barcelona: Elsevier; 2018.
-LIEBERMAN M., MARKS A.D., PEET A. “Marks Bioquímica médica básica : un enfoque clínico”. 5º edición. Barcelona. Wolters Kluwer , 2018
Competencias específicas
- Coñecer a bioquímica na que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia bucodental.
- Ter coñecemento dos procesos moleculares fundamentais do aparello estomatognático e estar familiarizado cos mesmos referidos ao resto do corpo humano.
Competencias xerais
- Promover a aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
- Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
- Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia bucodental.
- Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparello estomatognático, a nivel molecular, nas distintas etapas da vida.
- Coñecer os procesos xerais da enfermidade, as alteracións metabólicas e as desordes xenéticas.
- Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información biomédicas para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
- Coñecer do método científico e ter capacidade para valorar os coñecementos establecidos e a información nova.
- Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Docencia expositiva
A docencia expositiva está concibida a fin de potenciar a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Nas clases teóricas o profesor exporá e explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, axudando aos alumnos a que alcancen os obxectivos da materia. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia (USC virtual), así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, este ensino terá as seguintes características:
Escenario 1: docencia presencial
Escenario 2: docencia presencial combinada con virtual, utilizando as ferramentas corporativas para estes fins ( Teams, Campus Virtual, etc.)
Escenario 3: docencia virtual (síncrona ou asíncrona), utilizando as ferramentas corporativas para estes fins (Teams, Campus Virtual, etc.)
Docencia interactiva
Realizaranse seminarios sobre temas relacionados cos contidos teóricos da materia. O profesor guiará e orientará ao estudante no proceso de aprendizaxe. Neste ensino utilizarase o encerado, medios audiovisuais e o espazo virtual da materia (USC virtual), así como outros medios que o profesor considere oportunos para facilitar o ensino.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, este ensino terá as seguintes características:
Escenario 1: os seminarios serán de carácter presencial.
Escenario 2: os seminarios serán de carácter presencial combinado con virtual.
Escenario 3: os seminarios serán de carácter virtual (síncrono ou asíncrono).
Titorías
Esta actividade utilizarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Nesta actividade farase uso de medios audiovisuais, ordenadores, espazo virtual da materia (USC virtual) e outros medios que o profesor considere oportunos.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, as titorías terán as seguintes características:
Escenario 1: presencial, sen descartar a conveniencia de realizalas de forma virtual, utilizando para este último caso as oportunas ferramentas corporativas ( Teams, Campus Virtual, etc.)
Escenario 2: fundamentalmente de carácter virtual.
Escenario 3: de carácter virtual( síncrono ou asíncrono).
Nos tres escenarios manterase operativa unha aula virtual ao dispor do alumnado, mantendo así mesmo canles de comunicación directa, para titorías, foros e sesións virtuais.
Realizarase un exame final, que representará o 80% da nota final. Este exame final será de tipo test e/ou preguntas curtas, abarcando todos os aspectos relacionados cos contidos da materia. O alumno deberá demostrar no exame un coñecemento adecuado de cada unha das parte da materia. Así mesmo, realizarase unha avaliación continua, que representará o 20% da nota final, e que poderá consistir en controis periódicos da aprendizaxe e grao de participación nas distintas actividades realizadas. Ademais os alumnos que o desexen poderán realizar como parte da avaliación continua un exame parcial da metade da materia, que representa o 40% da nota final (se o superan o exame final contaría un 40% da nota final e consistiría só na outra metade da materia). Por tanto para estes alumnos a avaliación continua representará un 60% da nota final.
Alumnos que non realicen o exame parcial: Tendo en conta que o exame final achega un máximo de 8,0 puntos e a avaliación continua un máximo de 2,0 puntos, para superar a materia será necesario obter no exame final unha nota mínima de 3,6 puntos e que coa suma da avaliación continua alcancense os 5,0 puntos. Isto significa que á nota do exame final sumaráselle a nota correspondente á avaliación continua, só cando no exame final alcanzáronse os 3,6 puntos. A nota alcanzada na avaliación continua só terá vixencia na convocatoria en curso.
Alumnos que realicen o exame parcial: Tendo en conta que o exame final achega un máximo de 4,0 puntos e a avaliación continua un máximo de 6,0 puntos, para superar a materia será necesario obter no exame final unha nota mínima de 1,8 puntos e que coa suma da avaliación continua alcancense os 5,0 puntos. Isto significa que á nota do exame final sumaráselle a nota correspondente á avaliación continua, só cando no exame final alcáncense os 1,8 puntos. A nota alcanzada na avaliación continua só terá vixencia na convocatoria en curso.
Nos escenarios previstos para o curso 2020-2021, as avaliacións terán as seguintes características:
Escenario 1: como forma de avaliación utilizarase unha proba final presencial, combinada cunha avaliación continua formativa (presencial e telemática)
Escenario 2: como forma de avaliación utilizarase preferentemente unha proba final telemática, combinada cunha avaliación continua formativa de carácter telemático
Escenario 3: como forma de avaliación utilizarase unha proba final telemática, combinada cunha avaliación continua formativa telemática
Nos casos nos que se detecte a realización fraudulenta de exercicios e probas de avaliación, aplicarase o que recolle a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do alumno: 60 horas
Traballo persoal do alumno: 90 horas
Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
Para rematar, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
Antonio Juan Pazos Castelos
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816056
- Correo electrónico
- antonioj.pazos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramon Soto Otero
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812210
- Correo electrónico
- ramon.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
Martes | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
25.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
25.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
25.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Salón de Actos |
05.07.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
05.07.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |