Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92.5 Horas de Titorías: 0.5 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 27 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as características morfolóxicas e fisiolóxicas básicas dos distintos microorganismos de interese na Microbiología, de tal forma que poidan comprender os aspectos máis específicos da materia
Comprender a importancia dos mecanismos de control dos microorganismos e os principais métodos para realizalo, con especial atención aos de maior interese na Odontoloxía.
Coñecer os fundamentos do sistema de defensa do hospedeiro. Composición e activación da respuesta inmunitaria
Entender as enfermidades infecciosas como o resultado da interacción dos microorganismos co hospedeiro e os principais mecanismos de patoxenia das enfermidades infecciosas
Coñecer a etioloxía, patoxenia e tratamento antimicrobiano das principais enfermidades infecciosas da cavidade oral.
Coñecer e comprender os fundamentos da terapia antimicrobiana e os principais mecanismos de resistencia dos microorganismos fronte á quimioterapia.
Obter unha visión xeral dos microorganismos como axentes causais de enfermidades sistémicas e coñecer a súa repercusión na o saúde bucodental.
Coñecer os principios básicos de inmunología necesarios para comprender as diversas respostas do sistema inmune humano.
Tema 1: Introdución a Microbioloxía
Concepto de Microbioloxía. Introdución histórica. Niveis de organización celular. Principais grupos de microorganismos. Metodoloxía microbiolóxica: aspectos básicos da microscopia. Tinguiduras dos microorganismos. O estudo das poboacións microbianas: o cultivo dos microorganismos
DURACIÓN: 0,5 clases
Tema 2: Morfoloxía da célula bacteriana
Tamaño e forma bacteriana. Estrutura da célula bacteriana. Elementos obrigados: parede celular: tipos e estrutura, formas sen parede. A membrana citoplasmática e mesosomas. O citoplasma bacteriano. Ribosomas. O nucleoide bacteriano e o xenóforo. Elementos facultativos. Glicocálix: cápsula e limos. Apéndices: flaxelos, fimbrias e pilli. Material xenético extranuclear: os plásmidos. Gránulos citoplasmáticos. As formas de resistencia: endosporas e esporoxénese
DURACIÓN: 2 clases
Tema 3: O metabolismo bacteriano e a súa regulación
A nutrición bacteriana e os seus tipos. O transporte de nutrientes nas bacterias. Reaccións de mantemento: a obtención quimiotrofa de enerxía: respiración e fermentación. A fosforilación oxidativa e o transporte electrónico. Metabolismo anaeróbico: tipos de fermentación anaeróbica. Respiración anaerobia. Xeración do poder redutor. Biosíntese: gliconeoxénese, síntese de aminoácidos e nucleótidos. Polimerización e ensamblaxe: síntese de polisacáridos. Replicación e transcrición. Síntese de proteínas en procariotas. Formación da parede bacteriana Integración de catabolismo e anabolismo: vías anaplerópicas. Regulación da actividade enzimática polo produto final: alosterismo. Regulación da síntese proteica: os operóns. Indución, represión e atenuación enzimática. Outros mecanismos de regulación
DURACIÓN: 2 clases
Tema 4: O crecemento e desenvolvemento bacteriano
A división celular nas bacterias: tipos. Factores de crecemento bacteriano: factores de nutrición e ambientais. Fases do crecemento bacteriano e a súa determinación. Medios de cultivo
DURACIÓN: 1 clase
Tema 5: Control do crecemento bacteriano (I). Axentes químicos e físicos
Terminoloxía e métodos de ensaio. Principais axentes físicos de control dos microorganismos. Principais axentes químicos para o control dos microorganismos. Valoración dos axentes de control. Principais métodos de control en Odontoloxía
DURACIÓN: 1 clase
Tema 6: Control do crecemento bacteriano (II). Antibióticos e quimioterápicos
Definicións. Clasificación de antibióticos e quimioterápicos. Mecanismos de acción. Resistencias aos antibióticos. Medida da susceptibilidade microbiana. Os antibióticos en Odontoloxía
DURACIÓN: 1 clase
Tema 7: Xenética bacteriana
Variabilidade bacteriana. Variacións fenotípicas e xenotípicas. Mutación e mutaxénese. Recombinación xenética: transformación e transdución. A sexualidade nas bacterias: conxugación bacteriana. Os transposóns.
DURACIÓN: 1 clase
Tema 8: Características xerais dos virus e outras formas infecciosas simples
Morfoloxía e estrutura dos virus. A xeración de novas partículas virais: multiplicación viral. Os virus temperados e a lisoxenia. Terapia antiviral. Viroides e prións
DURACIÓN: 1,5 clases
Tema 9: Os microorganismos eucariotas
A célula eucariótica. As algas microscópicas. Os protozoos. Fungos: estrutura, tipos morfolóxicos e reprodución
DURACIÓN: 1 clase
Tema 10: Os ecosistemas microbianos. O sistema ecolóxico bucal
Os ecosistemas microbianos. Tipos de asociacións entre organismos. A flora normal. O sistema ecolóxico bucal
DURACIÓN: 1 clase
Tema 11: Relación parasito-hospedeiro: Introducción á Inmunoloxía
Relación hospedador parásito. Introducción a la inmunología
Principios da defensa inmunitaria. Tipos de defensa: innata e adaptativa. Elementos da defensa inmunitaria: células, tecidos, antíxenos e outras proteínas do sistema inmunitario. As células da inmunidade innata e as súas actividades. Fagocitose. O complemento e a sua actividade. Inmunidade humoral: maduración, activación e actividade efetora dos linfocitos B. Inmunidade celular: maduración, activación e actividad efetora dos linfocitos T. Efectos dos mecanismos de defensa sobre os microorganismos. Reaccións de hipersensibilidade e autoinmunidade. Inmunización.
DURACIÓN: 5 clases
Tema 12: Infección e enfermidade
Definicións: patoxenicidade e virulencia. A defensa fronte as infecciones: antíxenos microbianos. Efectos dos mecanismos de defensa sobre os microorganismos. Reaccións de hipersensibilidade e autoinmunidade. Inmunización Factores de virulencia e patoxenicidade bacteriana. Patoxenia das infeccións virais. Modelos de infección. Transmisión das enfermidades infecciosas
DURACIÓN: 3 clases
Tema 13: Introdución á taxonomía microbiana
Concepto de especie en Microbioloxía. Nomenclatura. Tipos de clasificación bacteriana. Clasificación dos virus. Métodos de identificación microbiana: probas de identificación. Principais bacterias e virus de interese sanitario
DURACIÓN: 1 clase
Tema 14: Principais bacterias relevantes na patoloxía oral.
Estreptococos orais. Outras Posibacteria: Outros cocos Gram(+) Lactobacillus, Eubacterium, Togobacteria: Veillonella y Selenomonas. Actinobacteeria: Actinomyces, Corynebacterium, Propionibacteriu, Bifidobacterium y Rothia. Negibacteria: Bacterias G(-) aerobias e facultativas: Eikenella, Campylobacter, Capnocytophaga e Aggrgatibacter (Actinobacillus). Bacterias anaerobias, Porphyromonas, Prevotella, Tannerella, Bacteroides, Fusobacterium
DURACIÓN: 1 clase
Tema 15: A placa bacteriana dental
Aspectos xerais da anatomía do dente. Mecanismos de adherencia das bacterias aos tecidos bucais. A placa bacteriana: composición e estrutura. Formación e maduración da placa dental. O sarrio dental
DURACIÓN: 1 clase
Tema 16: A carie dental
A carie dental: definición e descrición clínica. Etioloxía da carie dental: principais bacterias implicadas. Patoxenia da carie dental
DURACIÓN: 1 clase
Tema 17: A enfermidade periodontal
Clasificación da enfermidade periodontal. Etioloxía da enfermidade periodontal crónica. Patoxenia da enfermidade periodontal crónica. Outras enfermidades infecciosas do periodonto: xenxivites agudas (herpética, do embarazo, G.U.N.A. estreptocócica), periodontite agresiva (localizada e xeneralizada) e o absceso periodontal. Periimplantite.
DURACIÓN: 2 clases
Tema 18: Infeccións dos tecidos pulpares e periapicais
Etioloxía das alteracións pulpares: microorganismos implicados e vías de entrada. Patoxenia e control das infeccións pulpares e periapicais. Complicacións das infeccións bucodentais
DURACIÓN: 1 clase
Tema19: Outras infeccións da cavidade oral
Infeccións focais con orixe oral: concepto, vías de diseminación e principais patoloxías
Infeccións da glándulas salivares. Pericoronite. Halitose. Principais infeccions virais da caviade oral: xenxivoestomatite herpética, herpanxina, enfermidade man-boca-pé, parotidite vírica, condiloma e verrugas por papilomavirus.Hepatites virais. Infección polo virus da inmunodeficiencia humana Candidosis oral: patoxenia, clínica e tratamento. Outras infeccions micóticas de interese odontolóxico: Histoplasmosis, aspergilosis y criptococosis Protozoos parásitos da cavidade oral.
DURACIÓN: 2 clases
Tema20: Principais microorganismos de interese nas patoloxías sistémicas
Bacterias penetrantes extracelulares: cocos pióxenos G(+) (Staphylococcus, Strepctococcus), cocos e bacilos pióxenos G(-) (Neisseria, Bordetella, Haemophylus), bacterias entéricas (Enterobacteriaceae, Campylobacter y Helicobacter); pseudomonadales (Pseudomonas, Legionella). Outras bacterias extracelulares (Listeria, Brucella). Bacterias similares aos fungos (Actinomycetaceae, Mycobacterium). Bacterias toxixénicas (Bacillus, Clostridium, Corynebacterium, Vib rio). Anaerobios non esporulados (Bacteroides, Fusobacterium). Espiroquetas (Treponema, Borrelia). Ricketssias, Chlamydias y Micoplasmas. Virus ARN: Picornavirus, Togavirus, Reovirus, Ortomixovirus y Paramixovirus. Retrovirus oncóxenos Virus ADN: Papovavirus, Adenovirus, Herpesvirus y Poxvirus. Infestacións por helmintos
DURACIÓN: 2 clases
Bibliografía básica e complementaria
TEXTOS XERAIS RECOMENDADOS
“Microbiología oral 2ª ed” Liébana y otros. MacGrawHill-Interamericana
“Microbiología Estomatológica. Fundamentos y guía práctica3ª Ed”. Negroni. Panamericana
TEXTOS RECOMENDADOS PARA A INMUNOLOXÍA BÁSICA
“Inmunología básica: Funciones y trastornos del sistema inmunitario 6ª Ed". ABBAS, A.K.; LICHTMAN, A.H.; PILLAI, S. Elsevier España, 2020.
"Inmunología celular y molecular 9ª Ed." ABBAS, A.K., LICHTMAN, A.H. y PILLAI, S. Elsevier España, 2018
"Inmunología: Biología y patología del sistema inmunitario 4 Ed.". REGUEIRO, J.R., LOPEZ, C., GONZÁLEZ, S., MARTÍNEZ, E. Editorial Médica Panamericana, 2010
TEXTOS APLICABLES Á PARTE XERAL E SISTEMÁTICA
“Microbiología Médica 8ª ED.” Murray, Rosenthal y Pfaller. Elsevier-Mosby
“Microbiología” Walker. McGraw-Hill Interamericana.
“Microbiología Médica” Mims, Playfair, Roitt, Wakelin y Williams. Harcourt-Brace Mosby.
"Introducción a la Microbiología 12ª Ed Tortora, Funke, Case. Panamericana
TEXTOS ESPECÍFICOS DE MICROBIOLOXÍA BUCAL
“Infecciones orofaciales. Diagnóstico y Tratamiento” Bascones y Manso. Ediciones Avances
“Caries”. Thylstrop y Fejerstov. Doyma.
“Periodontologia Clínica” Carranza. Interamericana.
“Bases Biológicas de la Caries Dental”. Menaker. Salvat
ARTIGOS DE REVISIÓN OU DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DE INTERESE
En moitos temas inclúese unha bibiografía específica en revistas de divulgación científica de calidade como "Investigación y Ciencia" ou "Mundo Científico".
ALGUNHAS PAXINAS WEB DE INTERESE
http://www.microbelibrary.org Mantida pola American Society of Microbiology Interesante colección de imaxes e esquemas
http://www.geocities.com/CapeCanaveral/3504/gallery.htm. Boa colección de cultivos e mostras clínicas.
http://www.dsmz.de/microorganisms/bacterial_nomenclature.php Mantida pola coleccion Alemana de cultivos. Actualiza nomes de xéneros e especies microbianos
http://www.freemedicaljournals.com/htm/esp.htm Permite o acceso a diversas publicacions médicas gratuitas. Boa páxina para facer búsquedas bibliográficas.
A aprendizaxe da materia de Microbioloxía e Inmnuloxia proporcionaralle ao alumno un coñecemento do mundo microbiano importante para o seu desenvolvemento profesional tanto no ámbito do control da infección cruzada coma no diagnóstico e tratamento de moitas patoloxías bucodentais. Igualmente o alumno estará familiarizado co funcionamento so sistema inmunitario e será capaz de recoñecer o seu papel na defensa fronte as infeccións e potencialmente patoxénico na hipersesibilidade.
Ao finalizar o curso o alumno será capaz de diagnosticar e avaliar a progresión das enfermidades infecciosas da cavidade oral e comprender a utilidade das medidas hixiénicas para o control de moitas patoloxías orais. Finalmente será capaz de avaliar as opcións de terapéutica antibiótica ou farmacolóxica no tratamento da infeccións, ben como único tratamento ou como coadxuvante doutras accións terapéuticas en odontoloxía restauradora ou reparadora.
Como proxección nos seguintes cursos da licenciatura obterá unha base de coñecemento que lle facilitará a mellor comprensión doutras materias posteriores como a parte de enfermidades infecciosas de Patoloxía Médica, a Patoloxía e Terapéutica dental ou a Periodoncia e a Odontoloxía Preventiva e Comunitaria
Como ganancia engadida o curso suscitarase intentando sempre unha visión científica do mundo cotián, buscando sempre exemplos da vida diaria para a mellor comprensión dos fundamentos científicos da Microbioloxía.
Coñecer as ciencias inmunolóxicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
Clases teóricas:
O contido da materia desenvolverase a través de clases teóricas duns 50 minutos de duración con apoio de diverso material audiovisual (proporcionaráselles aos alumnos copia impresa da maioría do material utilizado). Sempre se intentará promover a participación dos alumnos na discusión daqueles aspectos da materia de maior relevancia ou dificultade de comprensión, intentando en calquera caso que estas participacións non sexan demasiado concretas e abundantes como para atrasar significativamente o desenvolvemento da clase sen achegar solucións a problemas xerais.
É moi recomendable levar a materia "ao día" posto que os conceptos explicados en temas anteriores son o soporte necesario para avanzar na explicación da materia de forma comprensible.
Nun escenario 2 de COVID-19 complementaríase a asistencia intermitente ás clases presenciais con materiales da aula virtual e outros sistemas de docencia telemática como TEAMS ou outra ferramenta que proporcione a USC.
Nun escenario 3 de confinamento e imposibilidade de impartir clases presenciais, a docencia impartiríase de forma telemática por TEAMS ou outra ferramenta fornecida pola USC, complementadas cos materiais da aula virtual
Aula Virtual:
Existe un aula virtual da materia.Nela proporase a realización de traballos, realizaranse probas en liña de avaliación continua unha vez finalizada a exposición de cada tema ou bloque temático. Neste espazo colgaranse os guións e obxectivos dos diferentes temas explicados así como a maioría do material audiovisual. De particular relevancia é a existencia dun foro de tutorías no que se promove que sexan os propios alumnos os que participen na resolución das dúbidas expostas polos seus compañeiros, sempre baixo a supervisión do profesor.
En caso dos escenarios 2 e 3 se COVID ampliaranse os contidos docentes con maior información complementaria
Clases prácticas:
Desenvolveranse no laboratorio de Microbioloxía durante unha semana, de tal forma que os alumnos poidan comprender o desenvolvemento secuencial das técnicas microbiolóxicas e poidan traballar con material obtido por eles mesmos, mellor que con cultivos proporcionados polo profesor. Pretendese cos alumnos "crean" na existencia dos microorganismos e realicen as principais ténicas microbiolóxicas e inmunolóxicas que soportan o funcionamento dos equipos automáticos do laboratorio clínico. Os alumnos adquiren a prática necesaria para o manexo do material estéril e das técnicas de traballo aséptico.
No caso de escenarios 2 e 3 de COVID, as prácticas que non se poidan realizar no laboratorio substituiranse por vídeos e seminarios on line sobre os temas de prácticas
A avaliación realizarase mediante una proba final e a avaliación continua dos alumnos pola súa participación e actitude durante as clases teóricas e prácticas. Será de especial relevancia a participación nos foros do aula virtual
Proba final (70% da nota total)
No caso de que as condicións do desenvolvemento da docencia na Facultade permítano realizaranse probas de control a metade do cuadrimestre antes da realización do exame final. Estas proba permiten a liberación de materia para a convocatoria ordinaria. O peso dos contidos do programa no exame sera proporcinal ao número de creditos impartidos.
A presentación a calqueira de estas probas considerarase como alumno presentado (figurara nas actas coa calificación obtida, nunca como "Non Presentado"
A proba final consta de:
Preguntas test (P.E.M) (aprox 60)
Puntúa o 65% da nota de exame
Cinco posibles respostas
Só unha resposta correcta
Non puntúa negativo
No caso de realización telemática da proba final, as pregúntas test puntuarán negativo (-0,33 cada contestación errónea), manténdose o 60% da puntuación máxima para ser avaliado positivamente. O resto de criterios non variarán
Preguntas curtas
Para contestar da maneira máis resumida posible
Preguntas curtas (P.C.)(entre 10-15)
Puntúa entre o 25 e o 35% do total do exame (segundo haxa ou non tema)
Para contestar no menor espazo posible
Valorarase a capacidade de resumir e relacionar conceptos
Tema de desenvolvemento ou pregunta xeral (non sempre)
Puntú, no seu caso, o 10 % da nota do exame
Valórase a capacidade de relacionar diversos aspectos da materia e da mesma con outras materias
Probas de avaliación continua (30 % da nota final)
Realizaranse fundamentalmente mediante o aula virtual, aínda que poden realizarse algunhas probas sorpresa durante o desenvolvemento das clases teóricas
valoración que o profesor faga da participación activa nas clases teóricas e prácticas e moi especialmente nos foros do aula virtual. É determinante para a Matrícula de Honra
Requisitos para aprobar a materia
Só avaliarase positivamente a aqueles alumnos que superen os seguintes criterios de exclusión:
Exame 60% de acertos nas P.E.M. e >30% da puntuación nas P.C.
Probas de avaliación continua >50% realizadas (independentemente da nota obtida)
Obter un mímimo do 35% da puntuación nos contidos impartadidos polos diferentes profesores
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisicón de cualificacións”
A nota final pode ser correxida al alza segundo criterios homoxéneos establecidos polos profesores pola aplicación dun único algoritmo a totalidade do alumnado
Unha aproximación ao tempo de estudo e traballo dedicado á materia pode ser a de 4 horas por cada clase teórica (a duración de cada tema inclúese no programa).
É aconsellable que se teña cursado no Bacharelato a materia de Bioloxía posto que se non moitos dos conceptos básicos para a comprensión da materia poden resultar totalmente descoñecidos.
É moi recomendable levar a materia "ao día" posto que os conceptos explicados en temas anteriores son o soporte necesario para avanzar na explicación da materia de forma comprensible.
A duración dos temas indicada en contidos pódese ver levemente modificado coa evolución da docencia.
Plan de continxencia:
Nun escenario 2 de COVID-19 complementaríase a asistencia intermitente ás clases presenciais con materiales da aula virtual e outros sistemas de docencia telemática como TEAMS ou outra ferramenta que proporcione a USC.
Nun escenario 3 de confinamento e imposibilidade de impartir clases presenciais, a docencia impartiríase de forma telemática por TEAMS ou outra ferramenta fornecida pola USC, complementadas cos materiais da aula virtual
En caso dos escenarios 2 e 3 se COVID ampliaranse os contidos docentes da aula virtual con maior información complementaria.
No caso de escenarios 2 e 3 de COVID, as prácticas que non se poidan realizar no laboratorio substituiranse por vídeos e seminarios on line sobre os temas de prácticas
No caso de realización telemática da proba final, as pregúntas test puntuarán negativo (-0,33 cada contestación errónea), manténdose o 60% da puntuación máxima para ser avaliado positivamente. O resto de criterios de avaliación non variarán
Estefania Maria Salome Mendez Alvarez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812210
- Correo electrónico
- estefania.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mª Concepcion Sainz Rivadulla
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- mconcepcion.sainz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rafael Seoane Prado
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881812365
- Correo electrónico
- rafael.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
Xoves | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Salón de Actos |
10.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
10.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
07.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
07.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |