Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 120 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 52 Clase Interactiva: 100 Clínicos EEES: 25 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O alumno deberá adquirir coñecementos e competencias sobre diagnóstico, prognóstico e tratamento protésico do paciente parcial e totalmente desdentado, tecnoloxía protésica, técnicas coadxuvantes en periodontopatías, fisiopatoloxía da articulación craniomandibular e da oclusión dentaria, diagnóstico, prognóstico e tratamento das alteracións oclusais, prótese bucal, técnicas de laboratorio, natureza e aplicación clínica dos materiais de uso en prótese.
I. INTRODUCIÓN E XENERALIDADES
Lecc. 1: Concepto de prótese dental (PD). Ramas da PD. Organización do curso. Plan de ensino da materia. Horario. Orde interna. Obxectivos. Avaliacións. Bibliografía xeral.
Lecc. 2: Orixe e desenvolvemento histórico da PD.
Lecc. 3: Topografía de cranio e cara de interese en PD. Organización morfo-funcional do aparello mastigatorio dende o punto de vista da PD.
Lecc. 4: Impresións en PD.
Lecc. 5: Modelos dentais.
Lecc. 6: Articuladores: concepto, tipos e fins.
Lecc. 7: Arcos faciais: concepto, tipos e fins.
Lecc. 8: O paciente en PD. Historia clínica xeral e específica. Diagnóstico e plan de tratamento protésico/oclusal.
II. FISIOLOXÍA DA OCLUSIÓN E DA ATM
Lecc. 9: Concepto de oclusión. Compoñentes estruturais do aparato mastigatorio que interveñen na oclusión.
Lecc. 10: Desenvolvemento da oclusión humana durante o crecemento.
Lecc. 11: Biodinámica condilar. Posicións condilares. Relación céntrica.
Lecc. 12: Biodinámica mandibular. Análise dos movementos mandibulares - Posición de repouso/espazo libre inter-arcadas. Capacidade de movemento.
Lecc. 13: Determinantes oclusais. O equilibrio oclusal de Gisy. Quinta de Hanau. Fórmula de Thielemann. Oclusión balanceada en céntrica e en excéntrica.
Lecc. 14: Tipos de oclusión (O.)Teorías da oclusión.
Lecc. 15: Exame oclusal. Métodos e técnicas.
Lecc. 16: Rexistro de traxectorias condíleas. Rexistros intraorais. Rexistro de posicións excéntricas. Métodos de rexistro extraorais.
Lecc. 17: Métodos de rexistro da dinámica mandibular.
Lecc. 18: Bases para a programación individual do articulador.
Lecc. 19: Funcións principais do aparato mastigatorio e as súas implicacións na rehabilitación oclusal e/ou prostodóntica.
III. PRÓTESE TOTAL REMOVIBLE
UNIDADE DIDÁCTICA 1.
Lecc. 20: Concepto e xeneralidades de prótese total removible. Propiedades xerais da prótese completa.
Lecc. 21: Diagnóstico en prótese total.
UNIDADE DIDÁCTICA 2.
Lecc. 22: Impresións no totalmente desdentado. Impresións finais: obxectivos.
Lecc. 23: Encofrado e positivado da impresión funcional.
Lecc. 24: Placas base: Tipos e obxectivos. Rodetes de rexistro e transferencia.
UNIDADE DIDÁCTICA 3.
Lecc. 25: Diagnóstico das traxectorias condíleas do paciente desdentado total.
Lecc. 26: Montaxe de dentes en prótese total removible I. Selección dos dentes artificiais.
Lecc. 27: Montaxe de dentes en prótese total removible II. Leis do equilibrio oclusal.
Lecc. 28: Confección dos patróns das próteses totais.
Lecc. 29: Tipos e métodos de procesado.
Lecc. 30: Remontaxe da prótese total. Tallado selectivo no articulador dental.
UNIDADE DIDÁCTICA 4.
Lecc. 31: Instalación da prótese total removible no paciente desdentado total.
Lecc. 32: Problemas, mantemento e aproveitamento na prótese total.
Lecc. 33: Prótese inmediata.
Lecc. 34: Sobredentaduras. Pilares naturais e óseo-integrados.
IV. PRÓTESE PARCIAL REMOVIBLE (PPR)
UNIDADE DIDÁCTICA 1.
Lecc. 35: O paciente parcialmente desdentado.
Lecc. 36: Biomecánica dos tipos habituais de PPR.
Lecc. 37: Elementos da PPR e a súa función.
Lecc. 38: Outros elementos da PPR e a súa función.
UNIDADE DIDÁCTICA 2.
Lecc. 39: Toma de decisión do plan de tratamento protésico en PPR.
Lecc. 40: Análise dos modelos de estudo.
UNIDADE DIDÁCTICA 3.
Lecc. 41: Preparacións dentarias sobre piares de PPR.
Lecc. 42: Impresións finais en PPR. Obxectivos e técnicas. Modelo “mestre”.
Lecc. 43: Re avaliación e deseño final da PPR.
Lecc. 44: Confección da PPR: estrutura metálica. Fases de laboratorio: aliviado do modelo mestre. Duplicado do modelo mestre. Encerado do patrón do esqueleto da PPR.
Lecc. 45: Confección da PPR: estrutura metálica. Fases de laboratorio: coado. Rematado do esqueleto metálico.
Lecc. 46: Fase clínica. Proba en clínica do esqueleto metálico.
Lecc. 47: Impresión secundaria das cadeiras.
Lecc. 48: Fase de laboratorio. Montaxe equilibrada dos dentes “no anatomic”. Encerado das selas. Procesado. Rematado.
Lecc. 49: Instalación da PPR en clínica.
Lecc. 50: Problemas post-inserción.
PROGRAMACIÓN PRÁCTICA
1. PRÁCTICAS PRECLÍNICAS:
• Introdución á clínica e ao laboratorio de Prótese
• Tecnoloxía protésica. - Prótese completa e parcial removible
• Clínica simulada. - Prótese completa e parcial removible
2. PRÁCTICAS CLÍNICAS, dedicadas a rexistros oclusais e próteses removible.
Básica:
Planas, P. Rehabilitación Neuro-0clusal (RNO). Ediciones Científicas y Técnicas. Barcelona, 1994.
Geering AH. Kundert M. Atlas de Protesis Total y sobredentaduras. Ediciones Científicas y Técnicas D.L. Barcelona, 1993.
Rahn A, Ivanhoe JR, Plummer KD. Prótesis Dental Completa. Editorial Panamericana. Buenos Aires, 2011
B. Carr, G. P. Mc Givney, D T. Brown.McCraquen PROTESIS PARCIAL REMOVIBLE Elsevier Mosby 2006.
McNeill C. Fundamentos científicos y aplicaciones prácticas de la oclusión. Ed. Quintessence. Barcelona, 2005.
Complementaria:
Ash M, Ramfjord SP. Oclusión Funcional.Ed Interamericana. México, 1984.
Ash M. Oclusión. Mc Graw-Hill Interamericana. México, 1997
Borel SC, Schittly J, Exbrayat J. Manual de prótesis parcial removible. Ed. Masson. Barcelona, 1985.
Dos Santos J. Oclusión: Principios y conceptos. Ed. Mundi. Buenos Aires, 1987.
Mallat E. La prótesis parcial removible en la práctica diaria. Ed. Labor SA. Barcelona, 1986.
Öwall B, Käyser AF, Carlsson GE. Odontología Protésica. Principios y estrategias terapéuticas. Ed. Mosby/Doyma libros
S.A. Madrid, 1997.
Pessina E, Bosco M, Vinci AM. Articuladores y arcos faciales en Prótesis Odontológica y Gnatología. Ed. Masson S.A. Barcelona, 1995.
Phillips RW. La ciencia de los materiales dentales de Skinner. Ed. McGraw-Hill. Tercera ed. México, 1993.
Posselt U. Fisiología de la Oclusión y Rehabilitación. Ed. Jims. Barcelona, 1973.
Rhoads JE, Rudd KD y Morrow RM. Procedimientos en el laboratorio dental. Tomos I, cap. 2; II, 1 y III, 2. Ed. Salvat. Barcelona, 1988.
Saizar P. Prostodoncia Total. Ed. Mundi Buenos Aires, 1972.
- Poder elaborar modelos diagnósticos, montarlos no articulador e avaliar rexistros oclusais.
- Poder avaliar adecuadamente a función dinámica, sensitiva e motora do aparello estomatognático.
- Realizar unha exploración oclusal básica, estática e dinámica, do aparato estomatognático.
- Lograr capacidade para identificar e diagnosticar as necesidades protéticas, funcionais e estéticas do paciente, en planificar un tratamento adecuado e en establecer en que grao estes requirimentos poden ser alcanzados mediante próteses removible.
- Poder recoñecer os signos que indican que o tratamento será complexo, saber tomar as medidas adecuadas para afrontalo ou remitilo ó profesional adecuado.
- Saber planificar e deseñar dun modo eficaz próteses removibles completas e parciais así como na realización de estas técnicas cando sexa pertinente e no uso de materiais e aparatoloxía adecuados.
- Coñecer o deseño, técnica e sistemática dos procedementos de laboratorio empregados na elaboración de próteses parciais e completas así como poder realizar os axustes e modificacións precisos tanto na clínica como no laboratorio.
- Saber realizar e rexistrar, na ficha apropiada, un exame completo odontolóxico, periodontal, das mucosas e das demais estruturas da boca.
- Saber identificar a localización, extensión e grao de actividade da patoloxía dental e periodontal, xunto cas súas posibles repercusións na saúde, función e estética do paciente.
- Poder aplicar tratamentos baseados no evidencia.
- Saber informar ós pacientes sobre a natureza e severidade das doenzas e alteracións das estruturas que presente, proporcionándolles as opcións e expectativas reais do tratamento mediante próteses removible parcial o completa.
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe do programa formativo adecuarase ás tipoloxías e necesidades dos estudantes.
O ensino da programación teórica realizarase fundamentalmente mediante a técnica docente clásica de lección maxistral.
Os seminarios e as clases teórico-prácticas complementarán a docencia do programa teórico.
Fomentarase o desenvolvemento da aprendizaxe independente. É dicir, procurarase que haxa un bo nivel de participación dos alumnos. Por isto, darase un papel apropiado aos traballos en grupo e ás correspondentes presentacións orais.
A metodoloxía docente no programa práctico buscará tamén o desenvolvemento da aprendizaxe autónoma. O papel do profesorado será o de guiar o alumno na aplicación práctica dos conceptos teóricos adquiridos previamente. Buscarase a motivación do estudante cara á Prótese Dental e unha especial atención aos aspectos de ergonomía, coidado e precisión nos procedementos realizados.
Tamén se terá en conta o uso creativo de tecnoloxías e os avances en tecnoloxía da información.
Velarase por un axeitado cumprimento das titorías. A atención e guía ao estudante e a accesibilidade e dispoñibilidade dos profesores serán condicións necesarias para a calidade da docencia.
Impartirase un curso virtual de apoio aos contidos prácticos.
O ÁMBITO COGNOSCITIVO será medido mediante a realización DUN EXAME PARCIAL E UN FINAL ESCRITOS.
As probas organizaranse do seguinte xeito:
Unha proba escrita tipo PRAC e/o unha proba tipo test.
Unha proba escrita, de resposta libre e longa, dun tema do bloque temático que se avalía.
A proba parcial escrita, de carácter liberatorio para os alumnos que acaden a lo menos un 7, realizarase o final do primeiro cuadrimestre e incluirá a materia impartida durante o primeiro cuadrimestre.
Polo que respecta os ÁMBITOS SENSITIVO-MOTOR E AFECTIVO, se realiza a avaliación continuada.
A asistencia ás clases, teóricas e prácticas, será obrigatoria e requisito para superar a materia.
Debe superarse a parte práctica na convocatoria de xuño.
O alumno debe participar activamente no curso virtual da materia.
É imprescindible superar independentemente os contidos teóricos e prácticos, xa que se o alumno non superase un deles non alcanzaría o apto na disciplina.
A cualificación final obtense coa suma das cualificacións parciais dos bloques teórico e práctico.
A influencia de cada bloque na cualificación final será:
Cualificación bloque teórico: 50 %
Cualificación bloque práctico : 50 %
Tempo de estudo e traballo persoal:
Estudo: Unha hora e media por cada lección teórica. 90 horas.
Titoría: Unha hora e media presencial cada cuadrimestre por alumno para a aclaración de dúbidas previas aos exames e media hora do alumno previa á titoría para a preparación das súas dúbidas.
Preparación de seminarios: Doce horas por alumno.
Preparación de exames: Unha hora de reforzo por cada lección teórica (60 horas), 3 horas para a consulta de bibliografía, 6 horas para a integración de conceptos E 3 horas para a realización dos exames (un exame de hora e media por cuadrimestre).
Acudir ás titorías.
Participar activamente nas sesións e curso virtual(clases teóricas, seminarios e sesións clínicas).
Repasar semanalmente os coñecementos adquiridos. O tempo que se lle debe dedicar á materia está en función do aproveitamento e da comprensión que se obteña nas clases.
Realizar de forma voluntaria probas de avaliación.
Consulta da bibliografía recomendada e exposición nas titorías das dúbidas que lles poidan xurdir.
Utilizar os apuntamentos de clase só como meros guións orientadores.
De acordo coas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso 2020-2021, a continuación establécese un plan de continxencia para os escenarios 2 e 3 con criterios para adaptar a metodoloxía e o sistema de avaliación da ensinanza.
Escenario 1: Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
A docencia expositiva e interactiva (incluídas as prácticas) será presencial. Seguiranse as medidas de protección que recomende a USC
Ata un 25% das prácticas da materia poderán ser preclínicas de tipo virtual.
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben poderanse
programar titorías por vía telemática.
Avaliación. As probas finais terán carácter presencial.
Plan de Continxencia
Escenario 2: Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Docencia expositiva e interactiva
a) A docencia expositiva realizarase total ou parcialmente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos. O centro definirá a distribución da docencia presencial e virtual.
b) Na docencia interactiva combinarase a presencialidade física e telemática, garantindo para a primeira un mínimo do 50% das horas prácticas da materia.
c) Os horarios programados manteranse independentemente do mecanismo docente empregado.
Titorías. Serán por vía telemática.
Avaliación. As probas finais terán preferentemente carácter telemática.
Escenario 3: Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos.
Os horarios programados manteranse independentemente do mecanismo docente programado.
As prácticas impartiranse en modalidade completamente virtual.
Titorías. Exclusivamente por vía telemática.
Avaliación. As probas finais, de ser o caso, terán carácter telemática.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Este plan poderá desenvolverse sempre e cando se dispoña dos medios necesarios para elo.
Maria Jesus Jose Mora Bermudez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812349
- Correo electrónico
- mariajesus.mora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Luis Da Silva Dominguez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812349
- Correo electrónico
- xoseluisda.silva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Urbano Alejandro Santana Mora
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- urbano.santana.mora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Pablo Ignacio Varela Centelles
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- pabloignacio.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 3 |
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | - | Odontoloxía-Box 2.1 |
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | - | Odontoloxía-Box 2.10 |
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | - | Odontoloxía-Box 2.2 |
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | - | Odontoloxía-Box 2.3 |
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | - | Odontoloxía-Box 2.4 |
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | - | Odontoloxía-Box 2.5 |
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | - | Odontoloxía-Box 2.6 |
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | - | Odontoloxía-Box 2.7 |
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | - | Odontoloxía-Box 2.8 |
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | - | Odontoloxía-Box 2.9 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Odontoloxía-Laboratorio Fantomas |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Odontoloxía-Laboratorio Xeral Prótesis |
14.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
14.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
03.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
03.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
15.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
15.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |