Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 10 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1.- Coñecer a documentación necesaria para organizar e xestionar unha clínica odontolóxica
2.- Coñecer a lexislación que afecta ás clínicas dentais
3.- Ser capaz de planificar unha clínica odontolóxica tipo
4.- Comprender a xestión de recursos humans e materias dunha clínica dental
5.- Dominar a comunicación efectiva cos doentes e o personal da clínica
6.- Coñecer os fundamentos deontolóxicos da profesión
7.- Coñecer os principios e fundamentos da xestión, planificación e marketing nunha clínica odontolóxica
PROGRAMACIÓN TEÓRICA
1.- Introducción á Planificación e Xestión da Clínica Odontolóxica: Conceptos xerais, objectivos e interés profesional da organización, xestión e marketing dental. Ética e Deontoloxía dentais. Aspectos legais na clínica odontolóxica.
2.- O doente-cliente: Tipos, a primera visita, información, comunicación, atención. Valor do Cliente: concepto. Captación e Fidelización dos doentes-cliente. Resolución de reclamacións, xestión de crisis.
3.- Xestión e Planificación da Clínica Odontolóxica: Planificación e plan de negocio. Plan económico financieiro. O equipo: liderado, dirección, organización de R.R.H.H., proceso de selección, formación e motivación. Estructura, ubicación e deseño da clínica odontolóxica. Calidade de servizo e creación de valor: satisfacción e prezo. Xestión por procesos e calidade asistencial.
4.- Marketing da Clínica Odontolóxica: Plan estratéxico: estudo de mercado, xeneralidades do marketing sanitario, segmentación e posicionamento. Marca e imaxen. Marketing de servizos. A clínica dental como empresa de servizos. Publicidade.
PROGRAMACIÓN SEMINARIOS
1.- Organización de citas e ficheiros. Programas informáticos de xestión integral. Distribución das tarefas.
2.- Aspectos legais na apertura dunha clínica dental (LOPD, documentación, residuos sanitarios, licenza de apertura, centro sanitario, seguro de responsabilidade profesional e outros).
3.- Marketing interno e externo. Posicionamento no mercado, creación de imaxe / logotipo de marca. Conferencias promocionais.
4.- Marketing online e offline.
Corral, I., Itza, F., Martí, J.F. (2007). Organización, gestión y calidad en la clínica dental. ERGÓN Ediciones, Barcelona.
Echarri, P., Fernández, J.M., Geli, J., Mesenguer, J.R. (2006). Marketing para la clínica odontológica. (1ª parte y 2ºparte). Ed. Nexus médica. Barcelona.
Hernández, A., Martínez, J.M. (2014). Marketing Sanitario. Evolución-Revolución. Business Marketing School, ESIC Editorial, Madrid.
Morchón, P. (2017). El camino hacia el éxito de tu clínica dental. Ed. Quintessence, S.L. España. Barcelona.
Sáez, F. (2011). Cómo crear y gestionar tu consulta. S.P.A.,S.L. Madrid.
Utrilla, M., Viñals, P., Carralero, I. (2011). Gestión en Odontología. Bellisco Ediciones Técnicas y Científicas, Madrid.
Utrilla, M. (2010). Manual de contabilidad en Odontología. BELLISCO Ediciones.
Young, L.B., O´Toole, C.R., Wolf, B. (2015). Communication skills for dental health care providers. Ed. Quintessence Publishing Co, Inc. Quitessence books.
Okuji, M. (2010). Dental practice: get in the game. Winning bussiness strategies for new dentists. Quintessence Publishing Co, Inc. Quintessence Books.
Roig Jornet, P. (2018). Odontología Slow. Gestión hacia la excelencia. Ed. Quintessence, S.L. España. Barcelona.
ENLACES WEB DE INTERESE
Consello Xeral de Dentistas. Organización colexial de dentistas de España http://www.colegiodedentistas.com/
Dental Economics. Revista de publicación periódica http://www.dentaleconomics.com/index.html
http://www.infomed.es/.
As competencias básicas e xerais (CG 01-09 /17,18,20,30) e as específicas (CMIII. 08,11,13,14,18,19, 21-23) recollidas na memoria do Grao en Odontoloxía da USC.
Os estudantes reciben clases expositivas, participan nos seminarios interactivos e nas tutorías (en grupo ou individuais).
A información referida a os escenarios 2 e 3 figura no apartado X.- Observacións.
Haberá unha avaliación continua, valorando a asistencia e participación do alumno/a nas clases e sesións interactivas (20% da nota final). Haberá unha proba final escrita de contidos teóricos (60% de nota final) e dos contidos das clases interactivas (20% da nota final) do tipo de test de opción múltiple e de pregunta curta.
A información referida a os escenarios 2 e 3 figura no apartado X.- Observacións.
O alumno dedicará 45 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, dedicando aproximadamente 15 horas á preparación das sesións interactivas e preto de 10 horas para ler textos e documentos recomendados.
Ter cursado materias con prácticas clínicas constitúe unha recomendación ainda que a memoria do título de grao non recolle ningún prerrequisito para cursar a materia. Aconséllase aos estudantes asistir e participar activamente na clase, recomendase revisar e documentarse sobre os aspectos teóricos tratados nas sesións expositivas/interactivas previas.
Durante o curso académico, e moi especialmente nos escenarios 2 e 3 recoméndase consultar diariamente o correo electrónico institucional (@rai.usc.es) e o Campus Virtual da materia para participar nas sesións de Teams e webtutorías e realizar as tareas indicadas o que permitirá o control e seguimento da participación activa para a avaliación final.
ESCENARIO 2: Realizaránse todas as actividades formativas previstas no escenario 1. A docencia expositiva será preferentemente non presencial. As actividades en grupos (docencia interactiva) realizaránse de maneira presencial pero con aforos reducidos ao 70 %, de maneira que os grupos con participantes activos, os alumnos con problemas de conexión terán presencialidade e os alumnos participantes pasivos ou alumnos pertencentes a grupos de risco de forma telemática sincrónica. As tutorías serán preferentemente telemáticas e concertaránse previa cita por correo electrónico co profesor/a.
A proba de avaliación final realizaráse presencialmente nun aula que asegure a distancia mínima de 1.5 metros entre alumnos/as coas medidas de protección individuais aprobadas nos protocolos de seguridade post-COVID.
ESCENARIO 3. Realizaránse todas as actividades formativas previstas no escenario 1 con docencia non presencial. A docencia expositiva e interactiva será mediante as canles oficiais da USC cumprindo coa LOPD: Microsoft Teams (no equipo “Planificación&GestiónClínicaOdontológica) e o Campus Virtual da materia. As tutorías serán telemáticas únicamente, e concertaránse previa cita por correo electrónico co profesor/a.
A avaliación do curso académico como consecuencia da suspensión da docencia presencial seguirá o método de avaliación mixto ou combinado: presencialidade (física ou telemática con rexistro de actividade na plataforma Teams), avaliación continua (actividades individuais e nivel de participación) e proba final. Realizarase unha avaliación da asistencia (ata o estado de alarma) e das actividades programadas (exercicios e tarefas programadas). A proba final escrita realizarase a través da plataforma Teams ou Microsoft Forms en tempo real e consistirá nun examen tipo test e pregunta curta. No tempo máximo dunha hora desde o inicio, as respostas deberán ser subidas nun documento .pdf ao campus virtual ou o correo electrónico do coordinador da materia. En caso de problemas na conexión no momento da realización da proba, o alumnado afectado deberá comunícalo o coordinador por tfno rexistrando documentalmente os problemas. En tal caso o alumnado afectado una vez solucionados os problemas de conexión recibirán una proba escrita alternativa con preguntas diferentes nas mesmas condicións que o resto do alumnado. As porcentaxes de valoración para avaliación manteránse valorando a asistencia e participación do alumno nas clases e sesións interactivas (20% da nota final); a proba final escrita de contidos teóricos (60% da nota final) e dos contidos das clases interactivas (20% da nota final).
Este plan de contingencia se desarrollará si se dotan de los medios tecnológicos y materiales necesarios al profesorado para su ejecución.
Maria Mercedes Gallas Torreira
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812354
- Correo electrónico
- mercedes.gallas.torreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
20.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
20.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
30.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
30.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |