Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 120 Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 44 Clase Interactiva: 76 Clínicos EEES: 46 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. O alumno deberá adquirir os coñecementos teóricos imprescindibles sobre as ciencias básicas nas que se basea a periodoncia.
2. Ter coñecementos adecuados sobre as características do periodonto, en canto á anatomía, función e fisioloxía das súas diferentes estruturas tanto en situación de saúde coma de enfermidade.
3. Baseado en criterios científicos, escoller e efectuar os procedementos e manobras clínicas e de laboratorio, fundamentais para o establecemento dun diagnóstico periodontal individualizado para cada paciente e rexistrar e interpretar a información necesaria para lograr ese diagnóstico.
4. Establecer un prognóstico, en función do diagnóstico alcanzado, e os plans terapéuticos axeitados para cada caso.
5. Demostrar os coñecementos teóricos, clínicos e tecnolóxicos suficientes e necesarios para efectuar a prevención e tratamento da patoloxía periodontal.
6. Comportarse na súa relación co paciente dacordo cos principios deontolóxicos.
PROGRAMA TEÓRICO
TEMA 1. Anatomía do periodonto
1.1. Anatomía macroscópica
1.2. Anatomía microscópica: enxiva. Cemento radicular. Ligamento periodontal. Óso alveolar. Histoloxía
TEMA 2. Etioloxía das enfermidades periodontais
2.1. Placa bacteriana
2.2. Microbioloxía da enfermidade periodontal
2.3. Factores coadxuvantes
2.4. Trauma oclusal
TEMA 3. Patoxenia da enfermidade periodontal
3.1. Histoloxía da xenxivite
3.2. Mecanismo patoxénico da enfermidade periodontal
3.3. Inmunoloxía na enfermidade periodontal
3.4. Xenética das enfermidades periodontais
TEMA 4. Epidemioloxía da enfermidade periodontal
TEMA 5. Diagnóstico da enfermidade periodontal
5.1. Diagnóstico clínico
5.2. Diagnóstico radiolóxico
5.3. Diagnóstico microbiolóxico
5.4. Diagnóstico inmunolóxico e bioquímico
TEMA 6. Clasificación das enfermidades periodontais
TEMA 7. Xenxivite
TEMA 8. Periodontite
8.1. Periodontite I.
8.2. Periodontite II.
8.3. Periodontite como manifestación de enfermidades sistémicas.
TEMA 9. Plan de tratamento na enfermidade periodontal
9.1. Fase hixiénica
9.2. Fase correctiva
9.3. Fase de mantemento
TEMA 10. Tratamento non cirúrxico da enfermidade periodontal
10.1. Hixiene oral. Motivación. Profilaxe
10.2. Antimicrobianos
-Antisépticos
-Antibióticos
10.3. Axuste oclusal
10.4. Raspado e alisado
-Fundamentos do tratamento periodontal non cirúrxico
-Instrumentación periodontal
-Instrumentación periodontal avanzada
TEMA 11. Introdución á cirurxía periodontal
11.1. Preoperatorio
11.2. Coidados postoperatorios
11.3. Introdución ó tratamento cirúrxico. Tipos de cirurxía periodontal
11.4. Cicatrización nos distintos tipos de cirurxía
TEMA 12. - Planificación e tratamento cirúrxico avanzado do paciente con infección periodontal
TEMA 13. - Rexeneración tisular guiada
13.1. Principios biolóxicos da rexeneración en periodoncia e implantes
13.2. Biomateriais
13.3. Rexeneración tisular guiada (métodos barreira)
13.4. Factores de crecemento e proteínas derivadas do esmalte (EMDOGAIN)
TEMA 14. - Cirurxía plástica periodontal
14.1. Aumento xenxival: dimensións xenxivais e saúde periodontal. Recesión do tecido xenxival. Procedementos para o aumento xenxival. Cicatrización tras os procedementos de aumento xenxival
14.2. Recubrimento radicular: procedementos de recubrimento radicular. Técnicas cirúrxicas para o tratamento da recesión xenxival. Cicatrización do tecido xenxival tras a aplicación das distintas técnicas
TEMA 15.- Medicina periodontal
TEMA 16.- Fase de mantemento do paciente periodontal e do paciente portador de implantes
16.1. Fase de mantemento do paciente periodontal
16.2. Fase de mantemento do paciente portador de implantes
TEMA 17.- TRATAMENTOS INTERDISCIPLINARES
17.1. Lesións endo-periodontais
17.2. Tratamentos orto-periodontais
17.3. Tratamentos perio-prótese
PROGRAMA PRÁCTICO
1. Introdución á clínica periodontal
1.1. Historia xeral
1.2. Historia odontolóxica
1.3. Historia periodontal
1.4. Instrumental cirúrxico e non cirúrxico
2. Índices. Profundidade de bolsa. Nivel de inserción. Mobilidade. Furcacións
3. Diagnóstico. Probas complementarias. Plan de tratamento
4. Raspado e alisadura radicular sobre simuladores dentais
5. Confección de historia periodontal, serie radiográfica, técnicas de hixiene, profilaxe.
6. Tratamento periodontal
6.1. Realización da fase hixiénica en pacientes periodontais e asistencia á fase cirúrxica
6.2. Realización da fase de mantemento en pacientes periodontais
6.3. Realización da fase de mantemento en pacientes portadores de implantes
7. Realización de suturas en cirurxía periodontal
8. Recoñecemento do instrumental cirúrxico.
Libros:
- Clinical Periodontology and Implant Dentistry, 2 Volume Set, 6th Edition
Niklaus P. Lang (Editor), Jan Lindhe (Editor) Wiley-Blackwell
- Atlas De Periodoncia. Rateitschack . Editorial Salvat, Año 1991.
- Carranza - Newman. Periodontología Clinica. Editorial Mc Graw - Hill Interamericana. 8va. Edición 1998.
- Bascones,A. Periodoncia Básica .Ed. Avances. Madrid. 1992.
Revistas:
- American Academy of Periodontology. World Workshop in Periodontics. Annals of Periodontoly. 1996; 1: 1-947.
- European Federation of Periodontology. 4th European Workshop on Periodontology. Periodontal Practice. J Clin Periodontol 2002; 29 (suplement 3): 1-233.
- Proceedings of the World Workshop on the Classification of Periodontal and Peri‐Implant Diseases and Conditions. Co‐edited by Kenneth S. Kornman and Maurizio S. Tonetti. 2018
- Treatment of Stage I‐III Periodontitis – The EFP S3 Level Clinical Practice Guideline. Journal of Clinical Periodontology, May 2020.
Realizar tratamentos básicos da patoloxía bucodental en pacientes de tódalas idades. Os procedementos terapéuticos deberán basearse no concepto da invasión mínima e nun enfoque global e integrado do tratamento buco-dental.
Para o establecemento do devandito diagnóstico e plan de tratamento, o dentista debe adquirir as seguintes competencias:
- tomar e interpretar radiografías e outros procedementos baseados na imaxen, relevantes na práctica odontolóxica.
- determinar e identificar os requisitos estéticos do paciente e das posibilidades de satisfacer as súas inquedanzas.
Para o establecemento dun adecuado tratamento o dentista debe ser competente en:
- prescribir apropiadamente os fármacos, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e repercusións sobre outros órganos
- aplicar técnicas de anestesia loco-rexional
- tratar tanto farmacolóxica, como cirúrxicamente os procesos inflamatorios iniciais dos tecidos periodontais e/ou peri-implantarios incluindo as técnicas de instrumentación periodontal supra e sub-xenxival.
Ter coñecemento dos tratamentos periodontais avanzados.
Darase o programa teórico mediante clases maxistrais. Nos seminarios discutiranse casos clínicos adaptados ós contidos do programa así como o análise e solución de problemas de forma interactiva entre alumnos e profesor. Nas prácticas de laboratorio e clínicas aplicaranse de forma práctica os coñecementos adquiridos. Evaluación de problemas. Unha vez que o profesor plantexe os aspectos fundamentais de cada problema (patoloxía) na clase, os alumnos organizados en grupos deberán analizar (avaliar os aspectos mais importantes de cada patoloxía) durante o seu tempo de traballo personal, mediante a búsqueda e o análise da bibliografía apropiada e coa axuda e supervisión dun tutor. O análise dos problemas presentarase de novo na clase polos alumnos y discutiranse os resultados. Nas tutorías o profesor atenderá persoalmente ós alumnos para orientalos e resolve-las dudas que estes plantexen.
-Avaliación continuada: Valorarase ó longo do curso, tanto no traballo presencial como persoal, a participación e a adquisición de coñecementos, actitudes e destrezas necesarias para obter as competencias previstas.
-Probas escritas teórico-prácticas (ó final de cada semestre) onde o alumno demostrará os seus coñecementos teóricos e a súa capacidade para interpretar, comprender e resolver os problemas tratados ó longo do programa. (60% da nota final)
Avaliación das prácticas clínicas segundo os seguintes criterios (40% da nota final)
1. Ergonomía
2. Hixiene e esterilización
3. Trato co paciente
4. Capacidade de confección do plan de tratamento
5. Coñecemento e manexo do instrumental
6. Coñecemento das distintas técnicas
7. Destreza operatoria
Estudo individual: 100 horas
Elaboración de memorias de prácticas: 10 horas
Elaboración de traballos PBL: 30 horas
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 20 horas
Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 20 horas
A asistencia ás clases expositivas e interactivas é fundamental para o seguemento e superación da materia. O estudo dos documentos recomendados para cada tema tamén se considera imprescindible para superar a materia. Asimesmo os alumnos deberán seguir as indicacións do profesorado e estudar diariamente os conceptos tratados nas clases.
Juan Blanco Carrion
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812415
- Correo electrónico
- juan.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Pilar Batalla Vázquez
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- mpilar.batalla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Antonio Liñares Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- antonio.linares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Yago Leira Feijóo
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- yago.leira.Feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Sara Borrell
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 4 |
12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 4 |
09.01.2023 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
09.01.2023 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
22.05.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
22.05.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
10.07.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
10.07.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |