Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 10 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1.- Coñecer a documentación necesaria para organizar e xestionar unha clínica odontolóxica
2.- Coñecer a lexislación que afecta ás clínicas dentais
3.- Ser capaz de planificar unha clínica odontolóxica tipo
4.- Comprender a xestión de recursos humans e materiais dunha clínica dental
5.- Dominar a comunicación efectiva cos doentes e o personal da clínica
6.- Coñecer os principios e fundamentos da xestión, planificación e marketing nunha clínica odontolóxica
PROGRAMACIÓN TEÓRICA
1.- Introducción á Planificación e Xestión da Clínica Odontolóxica: Conceptos xerais, objectivos e interés profesional da organización, xestión e marketing dental. Ética e Deontoloxía dentais. Aspectos legais na clínica odontolóxica.
2.- O doente-cliente: Tipos, a primera visita, información, comunicación, atención. Valor do Cliente: concepto. Captación e Fidelización dos doentes-cliente. Resolución de reclamacións, xestión de crisis.
3.- Xestión e Planificación da Clínica Odontolóxica: Planificación e plan de negocio. Plan económico financieiro. O equipo: liderado, dirección, organización de R.R.H.H., proceso de selección, formación e motivación. Estructura, ubicación e deseño da clínica odontolóxica. Calidade de servizo e creación de valor: satisfacción e prezo. Xestión por procesos e calidade asistencial.
4.- Marketing da Clínica Odontolóxica: Plan estratéxico: estudo de mercado, xeneralidades do marketing sanitario, segmentación e posicionamento. Marca e imaxen. Marketing de servizos. A clínica dental como empresa de servizos. Publicidade.
PROGRAMACIÓN SEMINARIOS
1.- Organización de citas e ficheiros. Programas informáticos de xestión integral. Distribución das tarefas.
2.- Aspectos legais na apertura dunha clínica dental (LOPD, documentación, residuos sanitarios, licenza de apertura, centro sanitario, seguro de responsabilidade profesional e outros).
3.- Marketing interno e externo. Posicionamento no mercado, creación de imaxe / logotipo de marca. Conferencias promocionais.
4.- Marketing online e offline.
Corral, I., Itza, F., Martí, J.F. (2007). Organización, gestión y calidad en la clínica dental. ERGÓN Ediciones, Barcelona.
Echarri, P., Fernández, J.M., Geli, J., Mesenguer, J.R. (2006). Marketing para la clínica odontológica. (1ª parte y 2ºparte). Ed. Nexus médica. Barcelona.
Hernández, A., Martínez, J.M. (2014). Marketing Sanitario. Evolución-Revolución. Business Marketing School, ESIC Editorial, Madrid.
Morchón, P. (2017). El camino hacia el éxito de tu clínica dental. Ed. Quintessence, S.L. España. Barcelona.
Sáez, F. (2011). Cómo crear y gestionar tu consulta. S.P.A.,S.L. Madrid.
Utrilla, M., Viñals, P., Carralero, I. (2011). Gestión en Odontología. Bellisco Ediciones Técnicas y Científicas, Madrid.
Utrilla, M. (2010). Manual de contabilidad en Odontología. BELLISCO Ediciones.
Young, L.B., O´Toole, C.R., Wolf, B. (2015). Communication skills for dental health care providers. Ed. Quintessence Publishing Co, Inc. Quitessence books.
Okuji, M. (2010). Dental practice: get in the game. Winning bussiness strategies for new dentists. Quintessence Publishing Co, Inc. Quintessence Books.
Roig Jornet, P. (2018). Odontología Slow. Gestión hacia la excelencia. Ed. Quintessence, S.L. España. Barcelona.
ENLACES WEB DE INTERESE
Consello Xeral de Dentistas. Organización colexial de dentistas de España http://www.colegiodedentistas.com/
Dental Economics. Revista de publicación periódica http://www.dentaleconomics.com/index.html
http://www.infomed.es/.
As competencias básicas e xerais (CG 01-09 /17,18,20,30) e as específicas (CMIII. 08,11,13,14,18,19, 21-23) recollidas na memoria do título de Grao en Odontoloxía da USC.
As competencias transversais: capacidade de análise e síntese, resolución de problemas, toma de decisións, capacidade crítica e autocrítica, traballo em equipo, habilidades nas relacións interpersonais, fomentar a calidade asistencial, capacidade de adaptación as novas situacións.
Na parte teórica os contidos serán impartidos polo profesorado da materia mediante clases expositivas co apoio do campus virtual para achega de documentación para o estudo ( documentos .doc e .pdf, presentacións .ppt, vídeos ou enlaces web) e os tests de autoevaliación da materia. Na parte práctica aplicaránse de forma práctia os coñecementos adquiridos, esta docencia será impartida na clínica odontolóxica con doentes e nos seminarios interactivos programados. Nas tutorías o profesorado atenderá persoalmente de forma individual ou en grupo o alumnado para orientalos no estudo da materia e resolver as dúbidas e comentarios planteados na docencia teórica e práctica da materia.
Haberá unha avaliación continua, valorando a asistencia e participación do alumno/a nas clases e sesións interactivas (25% da nota final)e dos contidos das clases interactivas (25% da nota final) do tipo de test de opción múltiple e de pregunta curta.
A valoración e control da asistencia as actividades presenciais realizarase segundo a NORMATIVA DE ASISTENCIA A CLASE NAS ENSINANZAS ADAPTADAS AO EEES aprobada no Consello de Goberno da USC o 25 de marzo de 2010. Realizarase unha proba escrita final dos contidos teóricos (50% da nota final) e dos contidos das clases interactivas (25% da nota final) do tipo de proba de opción múltiple e preguntas curtas.
O disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das notas aplicarase en relación coa realización de exercicios/traballos académicos ou probas fraudulentas.
O alumno dedicará 45 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, dedicando aproximadamente 15 horas á preparación das sesións interactivas e preto de 10 horas para ler textos e documentos recomendados.
Ter cursado materias con prácticas clínicas constitúe unha recomendación ainda que a memoria do título de grao non recolle ningún prerrequisito para cursar a materia. Aconséllase aos estudantes asistir e participar activamente nas clases teóricas e prácticas, recomendase revisar e documentarse sobre os aspectos teóricos tratados nas sesións expositivas/interactivas previas.
Durante o curso académico recoméndase consultar diariamente o correo electrónico institucional (@rai.usc.es) e o Campus Virtual da materia para participar nas sesións de Teams e webtutorías e realizar as tareas indicadas o que permitirá o control e seguimento da participación activa para a avaliación final.
É recomendable dispor de coñecementos informáticos e ofimáticos previos.
Maria Mercedes Gallas Torreira
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812354
- Correo electrónico
- mercedes.gallas.torreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
10.01.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
10.01.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
26.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
26.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |