Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Presentar algunhas das variables, estruturas e procesos que están a incidir no comportamento das persoas.
2. Poñer de manifesto a relevancia do contexto na explicación do comportamento.
3. Explicar algunha das estruturas e procesos cognitivos que están a incidir na percepción da realidade e no comportamento social.
4. Mostrar o carácter distintivo do nivel de análise psicosocial para analizar o comportamento humano.
Contidos Teóricos:
1. Introdución: a ciencia da persoa e a sociedade.
2. Percepción de persoas e explicación das súas accións.
3. Cognición social.
4. Estereotipos.
5. O Self.
6. Natureza das actitudes.
7. Cambio de actitudes.
Contido para as sesións interactivas:
1. Importancia da situación para a análise da conduta humana.
2. Explicando o comportamento (atribución causal).
3. Consecuencias das actitudes negativas.
4. Medida das actitudes.
5. Comunicación e persuasión.
6. Aplicando a psicoloxía social á vida diaria.
Manual Básico:
Sabucedo, J.M. y Morales, J. F. (2015). Psicología Social. Madrid: Editorial Médica Panamericana (Disponible en su versión electrónica en https://www.medicapanamericana.com/mx/libro/psicologia-social-sabucedo-…)
Outras referencias para utilizar:
International Journal of Social Psychology. https://www.tandfonline.com/toc/rrps20/current
Journal of Personality and Social Psychology. https://www.apa.org/pubs/journals/psp/
Outros manuais:
Morales, J.F. (2007). Psicología Social. Madrid: McGraw Hill.
Moya, M., & Rodríguez-Bailón, R. (2011). Fundamentos de Psicología Social. Madrid: Pirámide.
Hogg, M. y Vaughan, G.M. (2010). Psicología Social. Madrid: Editorial Médica Panamericana
Competencias específicas da titulación ás que contribúe a materia:
- Coñecer as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
- Coñecer as leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
- Coñecer os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
- Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
- Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
- Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
- Axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía.
Competencias específicas da materia:
- Que o alumnado coñeza e comprenda a influencia da interacción e dos elementos contextuais no comportamento.
- Que o alumnado comprenda o carácter distintivo do nivel de análise psicosocial para analizar o comportamento humano.
- Que o alumnado coñeza e comprenda o funcionamento dos procesos psicosociais básicos e a súa incidencia no comportamento.
- Fomentar a adquisición de valores de respecto e igualdade, desde o estudo dos estereotipos e a discriminación.
Combinaranse as seguintes metodoloxías:
Sesións expositivas. Nelas farase fincapé nos contidos relevantes para cada tema teórico, co apoio de tecnoloxías existentes na aula.
Sesións interactivas. Estas actividades salientarán o traballo en grupo para fomentar tanto a discusión sobre a problemática psicosocial como para ampliar o coñecemento que se expón nas sesións teóricas. Nestas sesións comprobaranse as destrezas na aplicación de conceptos relevantes para a disciplina, así como a capacidade de análise e reflexión crítica.
Tanto as sesións expositivas como interactivas farán uso de distinto material (audiovisual e escrito) para profundar nas habilidades de achegamento ao material psicosocial publicado e resaltar a importancia do contexto na configuración do comportamento humano. Segundo o caso, darase información sobre respostas e réplicas de experimentos clásicos de psicoloxía social, seguidos de comentarios e resultados actuais relevantes sobre esas temáticas, e de casos da vida cotiá onde estas se manifestan.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver observacións)
Parte teórica:
Faranse avaliacións periódicas (tipo test), así como diversas probas na aula para comprobar coñecementos por cada tema impartido, así como un exame final, en data aprobada por Xunta de Facultade. Para aprobar a materia é requisito aprobar esta parte da avaliación. A nota nesta parte supoñerá o 60% da cualificación final do/a estudante.
Parte interactiva:
Requírese unha asistencia mínima a 5 das sesións interactivas programadas. A súa avaliación, que suporá un 40% da cualificación final, farase en función da asistencia ás sesións e ao traballo desenvolvido nas mesmas. Requiren tanto traballo individual como grupal.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver observacións)
O/a estudante debe dedicar un total de 150 horas, das cales 51 serán presenciais e 99 serán de traballo máis personalizado.
Plan de continxencia
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, e algúns dos mesmos poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia.
No caso de que sexa necesaria a semi-presencialidade ou a virtualidade completa, os contidos teóricos e prácticos impartiranse no mesmo horario asignado en situación de presencialidade, pero a través de Teams.
Igual que presencialmente, farase unha avaliación continua das tarefas propostas nas sesións interactivas e de probas tipo test da parte teórica.
No caso de que as probas obxectivas non se poidan realizar presencialmente, realizaranse de forma telemática a través do campus virtual e nunha situación tipo exame na que o alumnado deberá estar conectado ca súa cámara a través de Teams. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións dependendo das circunstancias sanitarias.
Mauro Lucio Rodriguez Casal
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813765
- Correo electrónico
- mauro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Gómez Roman
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813796
- Correo electrónico
- cristina.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:10 | GRUPO B (L-Z) | Galego | Aula 7 |
17:20-18:30 | GRUPO A (A-J) | Galego | Aula 2 |
Martes | |||
16:00-17:10 | GRUPO B (L-Z) | Galego | Aula 7 |
17:20-18:30 | GRUPO A (A-J) | Galego | Aula 2 |
24.05.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 1 |
24.05.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 1 |
24.05.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 2 |
24.05.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 2 |
24.05.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 3 |
24.05.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 3 |
24.05.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 7 |
24.05.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 7 |
07.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 1 |
07.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 1 |
07.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 2 |
07.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 2 |
07.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO A (A-J) | Aula 3 |
07.07.2021 09:30-12:00 | GRUPO B (L-Z) | Aula 3 |