Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer o propósito da rehabilitación psicosocial, o seu alcance en distintos ámbitos, e os seus problemas e limitacións.
2. Saber identificar deterioracións, discapacidades, e minusvalías.
3. Coñecer o proceso de reforma psiquiátrica e a política asistencial actual.
4. Coñecer as distintas áreas sobre as que se pode intervir en rehabilitación.
5. Coñecer a nivel básico e xeral os instrumentos máis adecuados para cada área de intervención.
6. Coñecer a nivel básico e xeral os procedementos adecuados para realizar propostas de intervención.
7. Coñecer e aplicar a normativa ética propia da profesión e da investigación psicolóxica.
PROGRAMA TEÓRICO
BLOQUE I: Aspectos conceptuais e procedimentais.
TEMA 1. Concepto de cronicidade e características relacionadas.
TEMA 2. Reforma psiquiátrica e política asistencial.
TEMA 3. Fundamentos da rehabilitación psicosocial.
TEMA 4. Avaliación funcional e planificación da intervención en rehabilitación.
BLOQUE II. Áreas implicadas na rehabilitación dos pacientes con trastornos mentais crónicos.
TEMA 5. Actividades da vida diaria.
TEMA 6. Rehabilitación cognitiva.
TEMA 7. Manexo da medicación e prevención de recaídas.
TEMA 8. Adestramento en habilidades sociais.
TEMA 9. Papel da familia e da rede de apoio no proceso de rehabilitación psicosocial.
TEMA 10. Rehabilitación laboral.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
- Afondando na esquizofrenia.
- A reforma psiquiátrica.
- A importancia da planificación en rehabilitación psicosocial.
- Intervención en AVD.
- Taller de adestramento cognitivo.
- Examinando a familia e a rede de apoio.
- Deseño de PIR para caso clínico.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA
Bibliografía Básica:
Pastor, A., Blanco, A. y Navarro, D. (Coords.) (2010). Manual de rehabilitación del trastorno mental grave. Madrid: Síntesis.
Rodríguez, A. (Coord.) (1997). Rehabilitación psicosocial de personas con trastornos mentales crónicos. Madrid: Pirámide.
Bibliografía Complementaria:
Abad, A., Arroyo, J.L., Blanco, M. y otros. (2000). Rehabilitación psicosocial y apoyo comunitario de personas con enfermedad mental crónica: programas básicos de intervención. Madrid: Consejería Servicios Sociales Comunidad de Madrid.
Aldaz, J.A. y Vázquez, C. (Comps.) (1996). Esquizofrenia: fundamentos psicológicos y psiquiátricos de la rehabilitación. Madrid: Siglo XXI.
Anthony, W., Cohen, M. & Farkas, M. (1994). Psychiatric Rehabilitation. Boston: Center Psychiatric Rehabilitation.
Arias, P., Camps, C., Cifre, A. y otros (2002). Rehabilitación psicosocial del trastorno mental severo. Situación actual y recomendaciones. Madrid: Asociación Española de Neuropsiquiatría.
Bedell, J.R. (Ed.) (1993). Psychological assessment and treatment of persons with several mental disorders. New York: Taylor & Francis.
Bernardo, M. (2004). Qué sabemos de la esquizofrenia. Guía para pacientes y familiares. Barcelona: Ars médica.
Corrigan, P.W., Mueser, K., Bond, G. & Drake, R. (2008). Principles and practice of psychiatric rehabilitation. New York: Guilford Press.
Fernández, J., Touriño, R., Benítez, N. y Abelleira, C. (Eds.) (2010). Evaluación en Rehabilitación Psicosocial. Valladolid: FEARP.
Kuipers, E., Leff, J. y Lam, D. (2004). Esquizofrenia. Guía práctica de trabajo con las familias. Barcelona: Ed. Paidós.
Liberman, R.P. (1993). Rehabilitación integral del enfermo mental crónico. Barcelona: Martínez Roca.
Pratt,C.W., Gill, K.J., Barrett, N.M. & Roberts, M.M. (2006). Psychiatric Rehabilitation. London: Elsevier.
Competencias específicas da titulación:
Coñecer e comprender...
1. As funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
2. Os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-.
Saber...
3. Identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica.
4. Promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria.
5. Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
6. Definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados.
7. Transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
8. Elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
9. Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
Competencias específicas da materia:
1. Coñecer e comprender a natureza da rehabilitación e os seus principios para aplicalos á atención de persoas con problemas de saúde mental de longa duración nunha contorna comunitaria.
2. Coñecer a realidade asistencial e social que rodea ás persoas con alteracións mentais crónicas.
3. Coñecer as distintas áreas desde as que se pode intervir en rehabilitación para propiciar un funcionamento autónomo.
4. Ser capaz de identificar habilidades, déficits e recursos dos usuarios.
5. Saber seleccionar e administrar os instrumentos máis pertinentes segundo as distintas áreas de avaliación.
6. Ser capaz de formular propostas para un plan de rehabilitación individualizado.
- As clases expositivas serven para introducir e guiar o desenvolvemento dos diferentes temas do programa. Preséntanse co apoio dos medios audiovisuais dispoñibles nas aulas. As presentacións dos temas realízanse sobre material dispoñible para os estudantes a partir de diferentes capítulos de libros de texto que constituen a bibliografía básica da materia.
- As clases interactivas complementan os contidos teóricos e consisten na elaboración de comentarios críticos sobre textos, sesións de debate dos seminarios, casos clínicos, exercicios, vídeos e outras actividades.
- Como apoio á materia, estará disponible para todos os alumnos unha aula virtual no Campus Virtual da USC.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de ensino telemáticos ou de semipresencialidade (ver Observacións).
* Avaliación da materia:
- Avaliación de teoría: O exame final consistirá nunha proba obxectiva tipo test (con cuatro opcións de resposta) e coincidirá coa data que fixe o Decanato. Ten un peso na nota final dun 70%.
- Avaliación de prácticas: O 30% da nota global da materia corresponde á parte interactiva. En concreto, a asistencia ás prácticas, así como as tarefas realizadas durante as clases interactivas, supoñen un 20% da nota final. Se avaliará, así mesmo, a participación e a realización doutros exercicios e/ou traballos (comentarios críticos de lecturas, intervención en debates, participación en aula virtual,...), representado estas actividades un 10% da nota global da materia. Para superar a materia o/a estudante debe entregar, polo menos, a metade das tarefas plantexadas nas sesións interactivas, así como un informe sobre determinadas lecturas que se considerará obrigatorio.
* Cálculo de notas:
A cualificación obtida na proba obxectiva, correspondente á parte teórica, equivale ao 70% da nota. O 30% restante corresponde á asistencia a prácticas e á realización das diferentes actividades, tanto no laboratorio como no Campus Virtual. Para que a puntuación obtida nas prácticas e actividades compute na cualificación final, o/a estudante ten que lograr polo menos un 4,5 (sobre 10) no exame.
Para superar a asignatura requírese que o sumatorio das puntuacións ponderadas obtidas no exame final e nas prácticas/actividades alcance un mínimo de 5 sobre 10.
* En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A materia consta de 4,5 créditos, o que corresponde a un total estimado de 112,5 h de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
- Asistencia a actividades presenciais (docencia, avaliación): 40,5 h.
- Traballo non presencial: 72 h. Este deberá distribuirse na elaboración de informes de prácticas (aprox. 9 h), preparación previa das clases (aprox. 3 h) e a lectura e estudo de materiais (aprox. 60 h).
Para o bo aproveitamento da materia o/a estudante debería ter coñecementos de procesos básicos, de psicopatología e de neuropsicología.
Plan de continxencia:
* Metodoloxía da ensinanza: Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, que será debidamente informado/a á través do Campus Virtual da materia. En caso de requirirse docencia telemática (tanto expositiva como interactiva) poderán empregarse as ferramentas Teams (para docencia síncrona) e o Campus Virtual (para docencia asíncrona). As actividades levadas a cabo a través do Campus Virtual serán obxecto de seguimento, realizando unha programación das entregas, controlando o nivel de participación do alumnado e outorgando unha cualificación ás diferentes tarefas que se expoñan.
* Sistema de avaliación en escenarios 2 (docencia semipresencial) ou 3 (docencia en remoto):
A ratio teoría/práctica na nota final do/a alumno/a sufrirá unha lixeira modificación: se no escenario 1 a ratio era 70/30, en escenario 2 e 3 será 60/40.
- Avaliación teórica: O exame final terá lugar telemáticamente coa ferramenta Cuestionario do Campus Virtual. Consistirá nunha proba obxectiva de 30-40 ítems e dúas opcións de resposta (verdadeira / falsa). Realizarase de xeito síncrono na data establecida polo Decanato (nos casos de probas fraudulentas aplicarase o disposto na "Avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións"). Esta proba obxectiva ten un peso na nota final do 60%.
- Avaliación de prácticas: As actividades relacionadas coas sesións interactivas, os comentarios críticos das lecturas e os traballos propostos a través da aula virtual, pesarán un 40% se estamos en escenarios de ensino semipresencial ou telemático (2 ou 3). Nestas circunstancias, as tarefas interactivas realizadas anteriormente no escenario 1 (presencial) terán o mesmo peso que as tarefas realizadas e entregadas a través do Campus Virtual nos escenarios 2 ou 3.
Maria Jose Santiago Mariño
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813775
- Correo electrónico
- mariajose.santiago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:10-13:00 | Grupo B (M-Z) | Castelán | Aula 11 |
13:10-14:00 | Grupo A (A-L) | Castelán | Aula 10 |
Venres | |||
12:10-13:00 | Grupo B (M-Z) | Castelán | Aula 11 |
13:10-14:00 | Grupo A (A-L) | Castelán | Aula 10 |
18.12.2020 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 1 |
18.12.2020 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 1 |
18.12.2020 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 5 |
18.12.2020 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 5 |
18.12.2020 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 6 |
18.12.2020 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 6 |
18.12.2020 16:30-18:30 | Grupo A (A-L) | Aula 7 |
18.12.2020 16:30-18:30 | Grupo B (M-Z) | Aula 7 |
10.06.2021 12:30-15:00 | Grupo A (A-L) | Aula 8-F |
10.06.2021 12:30-15:00 | Grupo B (M-Z) | Aula 8-F |
10.06.2021 12:30-15:00 | Grupo A (A-L) | Aula 9-F |
10.06.2021 12:30-15:00 | Grupo B (M-Z) | Aula 9-F |