Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clínicos EEES: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Co estudo da materia Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria pretendemos que o/a estudante acade os seguintesobxectivos:
- Coñecer o concepto de lesión e diferencialo de alteración postmortem.
- Adquirir un coñecemento claro dos grandes grupos lesionais (distrofias, disciclias, inflamacións, alteracións do crecemento e tumores) e dos caracteres morfolóxicos (macroscópicos e microscópicos) que serven para a súa identificación e diferenciación.
- Coñecer as causas e consecuencias dos distintos tipos de lesións.
- Comprender os mecanismos polos que se xeran as distintas lesións.
- Conseguir coñecementos básicos do método anatomopatolóxico e da terminoloxía histopatolóxica, permitíndolle describir con precisión os achádegos patolóxicos.
- Aprender a realizar un diagnóstico morfopatolóxico correcto.
CONTIDOS TEÓRICOS:
CAPÍTULO 1: XENERALIDADES
A este capítulo está previsto adicarlle 2 horas.
Tema 1. Anatomía Patolóxica. Concepto e división. Evolución histórica. Obxectivos. Métodos de estudo: a necropsia, a biopsia e a citoloxía. Planificación do curso. Bibliografía.
CAPÍTULO 2: PATOLOXÍA CELULAR E ALTERACIÓNS DO METABOLISMO
A este capítulo está previsto adicarlle 11 horas.
Tema 2. Terminoloxía da Anatomía Patolóxica. Concepto de lesión e tipos de lesións.
Tema 3. Lesión celular: causas, mecanismos xerais e manifestacións morfolóxicas.
Tema 4. A célula adaptada. Autofaxia, atrofia, hipertrofia, hiperplasia, metaplasia, outros conceptos.
Tema 5. Necrose: manifestacións morfolóxicas e evolución. Morte individual: Alteracións postmortem.
Tema 6. Apoptose: manifestacións morfolóxicas, mecanismos e importancia en Patoloxía.
Tema 7. Trastornos do metabolismo dos glúcidos e lípidos. Lipose (por alteración dos depósitos graxos e esteatose) e lipoidose.
Tema 8. Trastorno do metabolismo das proteínas: hialinose intracelular e extracelular, dexeneración fibrinoide, amiloidose, patoloxía do metabolismo dos proteidos (gota úrica) e trastornos da queratinización.
Tema 9. Depósitos de pigmentos. Depósito de pigmentos endóxenos: pigmentos hemoglobinóxenos (porfirinas, hemosiderina e bilirrubina -ictericias-), pigmentos non hemoglobinóxenos (melanina e lipofuscina). Depósito de pigmentos esóxenos.
Tema 10. Trastornos do metabolismo do calcio. Calcificacións patolóxicas: calcificación distrófica e metastásica. Litiase: concepto, tipos, formación, morfoloxía. Pseudoconcrecións.
CAPÍTULO 3: TRASTORNOS DA CIRCULACIÓN
A este capítulo está previsto adicarlle 7 horas.
Tema 11. Conxestión e hiperemia: causas, mecanismo patoxénico, características morfolóxicas e consecuencias.
Tema 12. Hemorraxia. Concepto. Etiopatoxenia. Características morfolóxicas. Clasificación e terminoloxía. Evolución dos focos hemorráxicos. Consecuencias.
Tema 13. Trombose. Concepto e xeneralidades do mecanismo da coagulación sanguínea. Etioloxía. Patoxenia. Morfoloxía. Evolución. Consecuencias.
Tema 14. Coagulación intravascular diseminada (C.I.D.). Shock ou colapso: Patoxenia, lesións e evolución.
Tema 15. Embolia. Concepto. Tipos e vías de embolización. Consecuencias da embolia.
Tema 16. Isquemia e infarto. Concepto. Causas e mecanismos. Morfoloxía. Consecuencias. Evolución. Significado clínico do infarto.
Tema 17. Edema. Concepto xeral. Intercambio de líquidos nos tecidos. Causas e patoxenia do edema. Localizacións. Características anatomopatolóxicas.
CAPÍTULO 4: INFLAMACIÓN E REPARACIÓN
A este capítulo está previsto adicarlle 9 horas.
Tema 18. Inflamación. Concepto e xeneralidades. Causas. Clasificación
Tema 19. Inflamación. Patoxenia (1). Cambios vasculares: alteración do fluxo sanguíneo e alteracións da permeabilidade vascular. Fenómenos leucocitarios: marxinación, migración, quimiotacse, fagocitose
Tema 20. Inflamación. Patoxenia (2). Mediadores da inflamación. Participación das células inflamatorias.
Tema 21. Inflamación aguda. Patróns morfolóxicos: inflamación serosa, inflamación catarral, inflamación fibrinosa, inflamación hemorráxica, inflamación purulenta, inflamación pútrida ou icorosa. Evolución da inflamación aguda.
Tema 22. Inflamación. Patróns morfolóxicos da inflamación crónica: inflamacións granulomatosas. Peculiaridades do tecido inflamatorio segundo a localización.
Tema 23. Reparación. Rexeneración. Patoloxía da cicatrización: fibrose e cirrose.
CAPÍTULO 5: INMUNOPATOLOXÍA
A este capítulo está previsto adicarlle 2 horas.
Tema 24. Reaccións de hipersensibilidade. Concepto e tipos. Manifestacións morfolóxicas e patoxenia nos procesos de hipersensibilidade máis frecuentes nos animais domésticos.
Tema 25. Enfermidades autoinmunes. Manifestacións morfolóxicas das enfermidades autoinmunes máis comúns nos animais domésticos. Inmunodeficiencias.
CAPÍTULO 6: TRASTORNOS DO CRECEMENTO E ONCOLOXÍA
A este capítulo está previsto adicarlle 4 horas.
Tema 26. Alteracións xerais do desenvolvemento. Axenesia, aplasia, hipoplasia, hamartoma, coristoma.
Tema 27. Neoplasia (I). Concepto. Clasificación e terminoloxía. A célula cancerosa.
Tema 28. Neoplasia (II). Benignidade e malignidade tumoral. Características macroscópicas e microscópicas dos tumores benignos e malignos.
Tema 29. Neoplasia (III). O estroma tumoral. A vascularización. Crecemento e metástase.
Tema 30. Neoplasia (IV). Carcinoxénese. Carcinoxénese química. Virus oncóxenos. Causas intrínsecas. Carcinoxénese física.
CONTIDOS PRÁCTICOS:
O contido teórico da materia compleméntase cunha formación práctica que terá lugar segundo o seguinte esquema:
-Nas sesións de Histopatoloxía básica (distrofias/disciclias, inflamacións I, inflamacións II e neoplasias) utilizaranse preparacións histolóxicas de casos clínicos reais, seleccionados entre os mais importantes, de cada grupo lesional. O estudante intentará resolver/diagnosticar istos casos, así como as preguntas concretas que se formulen en cada un deles.
. Distrofias/disciclias (3 horas): amiloidose/hialinose, esteatose, ictericia, necrose/apoptose, conxestión pasiva e activa, hemorraxias, trombose, infartos, edema, shock.
. Inflamacións I (3 horas): inflamación fibrino-purulenta, purulenta, non purulenta crónica, hemorráxico-necrotizante.
. Inflamacións II (3 horas): inflamación granulomatosa multifocal e difusa, piogranulomatosa, purulenta crónica.
. Neoplasias (3 horas): tumores mesenquimatosos e epiteliais benignos e malignos, mastocitoma/histiocitoma.
. “Casos misteriosos” (3 horas): citoloxía e histopatoloxía dos principais grupos de inflamacións e neoplasias.
.Na sesión de Pezas de matadoiro (3 horas) o estudante realizará a observación, descrición e diagnóstico morfopatolóxico dos distintos tipos de lesións en órganos decomisados en matadoiro.
-Práctica de encerado (1 hora): principais métodos de diagnóstico utilizados en Anatomía Patolóxica.
-Seminarios (5 horas): descrición de lesións e resolución de casos clínicos relacionados coa materia impartida ata ese intre.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
CHEVILLE, N.F. (2006). Introduction to Veterinary Pathology. 3rd Edition. Blackwell Publishing. Ames. Iowa. USA.
KUMAR, V., ABBAS, A. K., FAUSTO, N., ASTER J. (2010). Robbins and Cotran Pathologic basis of disease, 8th Edition. Saunders, Elsevier. Philadelphia.
TIZARD, I.R. (2009). Introducción a la Inmunología Veterinaria. 8ª edición. Saunders Elsevier. Barcelona.
ZACHARY, J.F. (2017). Pathologic basis of Veterinary Disease. 6th ed. Ed. Elsevier-Mosby, St. Louis. Missouri, USA.
Atlas:
KLATT, E.C. (2007). Robbins y Cotran. Atlas de anatomía Patológica. 1ª edición. Elsevier España. Madrid.
VAN DIJK, J.E., GRUYS, E., MOUWEN, J.M.V.M. (2007). Color atlas of veterinary pathology: general morphological reactions of organs and tissues. 2nd Edition. Saunders-Elsevier,Edinburgh.
Recursos en Internet:
• https://secure.vet.cornell.edu/nst/nst.asp
• http://people.upei.ca/lopez/
• http://people.upei.ca/hanna/
• http://people.upei.ca/smartinson/
• https://diogoguerra.com/resources-veterinary-pathology
• http://seapv.org/index.asp
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
DAY, M.J. & SCHULTZ, R.D. (2011). Veterinary Immunology. Principles and Practice. Manson Publishing Ltd. London. UK.
DOMINGUEZ, J.C. (2011). Inspección ante mortem y post mortem en animales de producción. Patología y lesiones. Servet.
EURELL, J.A.C. (2004). Veterinary Histology. Teton New Media.
KITT, T.H. & SCHULTZ, L.C. (1985). Tratado de Anatomía Patológica General para Veterinarios y Estudiantes de Veterinaria. Ed. Labor, Barcelona.
MEUTEN, D. J. (2017). Tumors in domestic animals. 5th Ed. Willey Blackwell.
ROBBINS S.L. (1999). Manual de Patología Estructural y Funcional. 6ª Edición. Ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
SLAUSON D.O., COOPER B.J. (2002). Mechanisms of Disease. A Textbook of Comparative General Pathology 3rd edition. Ed. Mosby, St. Louis. Missouri.
THOMSON, R.G. (2001). Anatomía Patológica General Veterinaria. Acribia. Zaragoza.
Atlas:
BLOWEY, R.W., WEAVER D.A., BLOOD, D.C. (2006). Atlas a color de enfermedades y trastornos del ganado vacuno. 2nd edition. Madrid. Elsevier.
BUERGELT, C.D.; CLARK, E. G.; DEL PIERO, F (2018). Bovine Pathology: A Text and Color Atlas. Ed. CAB
FERGUSON, H.W. (2006). Systemic pathology of fish: A text and atlas of normal tissues in teleosts and their responses in disease. 2nd Ed., Scotian Press, London, UK.
FERRER, L.M., GARCÍA DE JALÓN, J.A. & DE LAS HERAS, M. (2002). Atlas de patología ovina. Servet.
HERENDA, D. (2019). Colour Atlas of Pig Pathology and Meat Inspection. 2nd Ed. Ed. Pristine Printing
SMITH, W.J., TAYLOR, D.J. & PENNY, R.H.C. (1990). Atlas en color de patología porcina. Interamericana-McGraw-Hill. Madrid.
VEGAD, J.L. (2016). A Colour Atlas of Poultry Diseases. Ed. CBS Publishers & Distributors
Recursos en Internet:
• • http://www.uco.es/organiza/departamentos/anatomia-y-anat-patologica/atl…
• http://atlas.fmv.utl.pt/atlas/intro_geral.htm
• http://www.path.uiowa.edu/cgi-bin-pub/vs/cancer_pathology/ca_pathology…
• http://video.vet.cornell.edu/virtualvet/bovine/7.html
• http://partnersah.vet.cornell.edu/avian-atlas/
• http://fmstream.uab.es/cr-vet/necropsiaaus.html
• http://www.cfsph.iastate.edu/Enfermedades/
• http://www.cldavis.org/syllabi/archive/downloads.html?id=104
• http://cal.vet.upenn.edu/projects/pathterm2/menu.htm
• http://vetpath.wordpress.com/
• http://www.veterinariavirtual.uab.es/archivopatologia/index.php
• https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/ (publicaciones científicas)
Competencias Xerais
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
• GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares (saber):
• CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
• CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estructura e función do organismo animal.
Competencias Específicas Profesionales (saber facer, competencias a día 1):
• D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
• D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermedades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
• D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais ante e post mortem e dos alimentos destinados ao consumo humán.
• D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas Académicas (querer facer):
• CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
• CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
• CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluida, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
• CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
• CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
• CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
• CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua extranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
• CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversales
• CTVUSC 01 Capacidade para o razonamento e a argumentación.
• CTVUSC 02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
• CTVUSC 05 Habilidade no manexo de TICs.
• CTVUSC 06 Utilización de información en lingua extranxeira.
• CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Escenario 1 (normalidad adaptada):
Os/as estudantes recibirán 3 sesións expositivas semanais de Anatomía Patolóxica Xeral ó longo do segundo semestre de acordó cos horarios aprobados en Xunta de Facultade para o curso académico 2020/2021. Serán clases maxistrais co apoio das TIC e co emprego sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia, coa participación activa dos estudantes. A presencialidade nas aulas combinarase coa aplicación de medidas hixiénico-sanitarias (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial cando non sexa posible garantir a distancia mínima de seguridade,…). De xeito excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata nun 10% das horas totais da materia.
As sesións interactivas terán lugar en horario de 12 a 15 e de 15 a 18 horas na Sala de Microscopía Óptica e na Sala de Necropsias (Pavillón 3). Impartiranse prácticas de Histopatoloxía básica programadas e de observación de lesións macroscópicas de pezas de matadoiro en grupos reducidos (máximo 10 estudantes).
Cada estudante debe apuntarse, segundo a súa conveniencia, nos cuadrantes que se colocarán na plataforma virtual da USC (campus virtual de la USC).
A asistencia ás sesións interactivas é OBRIGATORIA e a avaliación será continuada, por o que non procede a dispensa de asistencia ás mesmas.
.
Cada estudante debe realizar 6 grupos de prácticas diferentes dunha sesión cada unha (Horario: de 12 a 15 ou de 15 a 18 horas)
. 1ª Pezas de matadoiro (1 sesión): Realizaranse na Sala de Necropsias (Pavillón 3) e os/as estudantes deberán ir provistos obrigatoriamente de luvas fortes de látex. Nesta sesión traballaremos con pezas frescas de matadoiro decomisadas. Poñerase especial énfase en que melloredes as vosas destrezas na descrición das lesións macroscópicas observadas e na elaboración do correspondente informe anatomopatolóxico. Os informes presentarédelos de forma oral e escrita durante dita sesión e discutiranse co/a profesor/a, facilitando a intervención do resto dos/as estudantes.
. 2ª: Distrofias/disciclias (1 sesión)
. 3ª: Inflamacións I (1 sesión)
. 4ª: Inflamacións II (1 sesión)
. 5ª: Neoplasias (1 sesión)
. 6ª: “Casos misteriosos” (1 sesión)
Estes 5 grupos de prácticas de Histopatoloxía clínica (2ª a 6ª) terán lugar na Sala de Microscopía Óptica (Pavillón 3). Nestas 5 sesións ilustraranse e completaranse os contidos teóricos da materia, por o que é aconsellable que teñan estudado os conceptos básicos relacionados coa práctica. Para iso utilizaranse casos clínico-patolóxicos reais, a través dos cales, poderán adquirir un coñecemento claro dos grandes grupos de lesións e dos caracteres morfolóxicos que serven para a súa identificación e diferenciación, utilizando a terminoloxía adecuada para describir e a linguaxe propia da histopatoloxía. Na sesión “Casos misteriosos” traballarase con citoloxías e correlacionaranse cos seus correspondentes preparacións histopatolóxicas para a adquisición das competencias básicas para o diagnóstico citolóxico clínico.
Ademáis realizarase unha práctica de encerado onde abordaremos os principais métodos de diagnóstico utilizados en Anatomía Patolóxica, así como 5 seminarios sobre casos relacionados coa materia impartida ata ese intre
Tódalas tarefas dos/as estudantes (estudo, traballos, lecturas…) serán orientadas e supervisadas polo persoal académico nas sesións de titoría presencial ou telemática.
Para o estudo autónomo, cada estudante deberá empregar a bibliografía recomendada e calquera outro material recopilado durante as clases maxistrais e as sesións prácticas.
No caso de que a situación sanitaria da rexión o requira, deberán observarse as mofificacións de metodoloxía da ensinanza que se especifican no “Plan de Continxencia” do apartado final de “observacións”.
Escenario 1 (normalidad adaptada):
-Realizarase avaliación continua do estudantado (que suporá o 50% da cualificación final). Constará de 2 partes:
1.- Avaliación continuada durante as sesión expositivas e seminarios (20% da cualificación final): recollerá o traballo persoal do/a estudante mediante a realización de exercicios escritos –programados ou non-, participación activa na aula, traballos a través do campus virtual da USC…
2.- Avaliación continuada das prácticas: Durante o desenvolvemento das prácticas, avaliarase de forma continuada mediante un sistema de rúbrica (30% da cualificación final) a actitude, aptitude, participación activa e a aprendizaxe do/a estudante ó longo das 6 sesións interactivas programadas de Anatomía Patolóxica Xeral. Importante: Mínimo obrigatorio 5/10 (ou 1,5/3).
A asistencia ás sesións prácticas e seminarios programados será obrigatoria e a súa avaliación será continuada, por o que non procede a dispensa de asistencia ás mesmas.
-Avaliación dos coñecementos teórico-prácticos (suporá un 50% da cualificación final). Constará dunha proba teórico-práctica final presencial: consistirá na resposta a preguntas que se realicen sobre o temario e o desenvolvememto das sesións expositivas mediante o sistema de formularios tipo test, de preguntas curtas, e/ou de ensaio, empregando (cando así estea indicado) os adecuados soportes gráficos. Ademais, na proba escrita incluiranse cuestións acerca dos casos das sesións interactivas. Mínimo obrigatorio 5/10 (ó 2,5/5).
NOTA FINAL= (Nota de avaliación de coñecementos teórico-prácticos x 0,5) + (Nota de avaliación continua x 0,5)
Na Aula Virtual e á entrada dla sala de prácticas, figuran as normas básicas de bioseguridade que o alumnado debe cumprir nol recinto; calquera dúbida ó respecto será solventada por o profesorado. Adicionalmente, manteranse ou implementaranse as medidas hixiénico-sanitarias en función das recomendacións sanitarias do momento (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial cando non sexa posible garantir a distancia mínima de seguridade, etc…).
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
No caso de que a situación sanitaria da rexión o requira, deberán observarse as mofificacións de sistema de avaliación que se especifican no “Plan de Continxencia” do apartado final de “observacións”.
TRABALLO PRESENCIAL:
35 horas de sesións expositivas
1 hora de prácticas de encerado
5 horas de seminarios
18 horas de prácticas clínicas
1 hora de titoría.
TRABALLO PERSOAL:
63 horas de estudo individual
4 horas de revisión bibliográfica
18 horas de resolución de casos.
3 horas de outras tarefas propostas polo profesor.
REALIZACIÓN DE EXAMES: 2 horas/exame.
- Na materia Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria empregamos de maneira regular o campus virtual da USC por o que recomendamos que os estudantes matriculados estén pendentes das modificacións que se produzan no mesmo.
- Asistencia regular ás sesións expositivas e interactivas e ás titorías.
- Utilización do material aportado por o profesorado como guía de estudo.
Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas Web, artigos científicos…
- Á espera da aprobación (por parte da Secretaría Xeral) dun criterio único de dispensa para todo o Grao en Veterinaria, na nosa materia a asistencia ás sesións interactivas e seminarios é obrigatoria e a súa avaliación será continuada, polo que non procede a dispensa de asistencia ás mesmas.
Asimesmo, recoméndase a utilización dos recursos de internet tanto básicos como complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así como aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Tamén, a través de pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html), xestionados por BUGalicia poderán realizar búsquedas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores facilitarán artículos de acceso aberto ou recomendarán a búsqueda a través de PubMed ou Google Schoolar.
Plan de Continxencia
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2 (distanciamento):
• Clases maxistrais impartidas síncrona e telemáticamente mediante Ms Teams ou calquera outra plataforma diseñada e aprobada para tal fin. As clases telemáticas complementaranse co emprego sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia.
• Traballo práctico autónomo presencial en grupos reducidos e supervisado polo profesor. O tempo de presencialidade en prácticas poderá ser reducido ata un 50%, en función das recomendacións sanitarias, de modo que permita potenciar as medidas de seguridade e se manteñan as mismas franxas horarias para cada grupo de prácticas. Neste caso, a docencia interactiva será complementada con actividades formativas telemáticas. Serán de obrigada aplicación, e reforzaranse, as medidas hixiénico-sanitarias en función da recomendación das autoridades no momento (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia de seguridade ou outras).
• Estudo autónomo de cada alumno.
• Titorías, únicamente telemáticas.
Escenario 3 (peche das instalacións):
• Clases maxistrais impartidas síncrona e telemáticamente mediante Ms Teams ou calquera outra plataforma diseñada e aprobada para tal fin. As clases telemáticas complementaranse co emprego sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia.
• A docencia interactiva desenvolverase de forma virtual, mantendo os horarios programados e utilizando como apoio a Aula Virtual da materia, así como o Ms Teams e outras plataformas institucionais habilitadas.
• Estudo autónomo de cada alumno.
• Titorías, únicamente telemáticas.
Sistema de avaliación
Escenario 2 (distanciamento):
-Realizarase avaliación continua do estudantado (que suporá o 50% da cualificación final). Constará de 2 partes:
1.- Avaliación continuada durante as sesión expositivas e seminarios (20% da cualificación final): recollerá o traballo persoal do/a estudante mediante a realización de exercicios escritos –programados ou non-, participación activa nas sesión telemáticas síncronas, traballos presenciais e realizados virtualmente a través das plataformas institucionais habilitadas
2.- Avaliación continuada das prácticas: Durante o desenvolvemento das prácticas, avaliarase de forma continuada mediante un sistema de rúbrica (30% da cualificación final) a actitude, aptitude, participación activa e a aprendizaxe do/a estudante ó longo das 6 sesións interactivas programadas de Anatomía Patolóxica Xeral. Importante: Mínimo obrigatorio 5/10 (ou 1,5/3). A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante a combinación de probas presenciais e telemáticas, tanto síncronas como asíncronas.
A asistencia ás sesións prácticas e seminarios programados será obrigatoria e a súa avaliación será continuada e non recuperable, por o que non procede a dispensa de asistencia ás mesmas.
-Avaliación dos coñecementos teórico-prácticos (suporá un 50% da cualificación final). Constará dunha proba teórico-práctica: consistirá na resposta a preguntas que se realicen sobre o temario e o desenvolvememto das sesións expositivas mediante o sistema de formularios tipo test, de preguntas curtas, e/ou de ensaio, empregando (cando así estea indicado) os adecuados soportes gráficos. Ademais, na proba escrita incluiranse cuestións acerca dos casos das sesións interactivas. Mínimo obrigatorio 5/10 (ó 2,5/5). O exame final da materia realizarase de forma telemática síncrona, aínda que se a normativa sanitaria o permitise, esta proba poderá realizarse presencialmente, adoptando as medidas hixiénico-sanitarias pautadas.
NOTA FINAL= (Nota de avaliación de coñecementos teórico-prácticos x 0,5) + (Nota de avaliación continua x 0,5)
Na Aula Virtual e á entrada dla sala de prácticas, figuran as normas básicas de bioseguridade que o alumnado debe cumprir nol recinto; calquera dúbida ó respecto será solventada por o profesorado. Adicionalmente, manteranse ou implementaranse as medidas hixiénico-sanitarias en función das recomendacións sanitarias do momento (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial cando non sexa posible garantir a distancia mínima de seguridade, etc…).
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das diferentes probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Escenario 3 (pehe das instalacións):
-Realizarase avaliación continua do estudantado (que suporá o 50% da cualificación final). Constará de 2 partes:
1.- Avaliación continuada durante as sesión expositivas e seminarios impartidos telemáticamente (20% da cualificación final): recollerá o traballo persoal do/a estudante nas sesións telemáticas síncronas e nas actividades propostas virtualmente a través das plataformas institucionais habilitadas.
2.- Avaliación continuada das prácticas: Durante o desenvolvemento das prácticas, avaliarase de forma continuada mediante un sistema de rúbrica (30% da cualificación final) a actitude, aptitude, participación activa e a aprendizaxe do/a estudante ó longo das 6 sesións interactivas programadas de Anatomía Patolóxica Xeral. Importante: Mínimo obrigatorio 5/10 (ou 1,5/3). A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante a combinación de probas presenciais en Ms Teams ou a plataforma habilitada para tal fin e telemáticas, tanto síncronas como asíncronas.
A asistencia ás sesións prácticas e seminarios programados será obrigatoria e a súa avaliación será continuada e non recuperable, por o que non procede a dispensa de asistencia ás mesmas.
-Avaliación dos coñecementos teórico-prácticos (suporá un 50% da cualificación final). Constará dunha proba teórico-práctica: consistirá na resposta a preguntas que se realicen sobre o temario e o desenvolvememto das sesións expositivas mediante o sistema de formularios tipo test, de preguntas curtas, e/ou de ensaio, empregando (cando así estea indicado) os adecuados soportes gráficos. Ademais, na proba escrita incluiranse cuestións acerca dos casos das sesións interactivas. Mínimo obrigatorio 5/10 (ó 2,5/5). O exame final da materia realizarase de forma telemática síncrona.
NOTA FINAL= (Nota de avaliación de coñecementos teórico-prácticos x 0,5) + (Nota de avaliación continua x 0,5)
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das diferentes probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Isabel Quiroga Berdeal
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- misabel.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sonia Vázquez Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- sonia.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Maria Bravo Moral
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- ana.bravo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Paula Losada Garcia
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822343
- Correo electrónico
- anapaula.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Pedro Antonio Castrillo Arias
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- pedroantonio.castrillo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Espello |
25.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
25.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
25.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
28.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
28.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |