Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clínicos EEES: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos teóricos:
1. Dar a coñecer a terminoloxía básica que se utiliza na disciplina e na área de Produción Animal en ruminantes.
2. Transmitirlle ao alumno a coordinación e a aplicación dos coñecementos fisiolóxicos e as necesidades dos animais ruminantes e, xa que logo, as instalacións, condicións ambientais e manexo máis idóneos para que a cría e a explotación dos animais útiles para o home fagan posible a viabilidade, rendibilidade e crecemento da empresa gandeira.
Habilidades:
3. Ofrecer a infraestrutura informativa suficiente para que o futuro veterinario poida responder as demandas actuais dos gandeiros, encamiñadas a mellorar a calidade dos produtos pecuarios obtidos.
Actitudes:
4. Proporcionarlle ao alumno un concepto integrador das distintas disciplinas da Produción Animal, para potenciar a formación dunha mentalidade na que o coñecemento do medio rural e a súa protección guíen a súa conduta profesional.
5. Desenvolver unha actitude crítica e non dogmática da capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas das explotacións gandeiras e o asesoramento aos seus titulares.
Contidos
RUMINANTES: Comprende o estudo de cada un dos subsectores máis relevantes das especies de ruminantes: vacún de leite, vacún de carne, ovino e caprino. En cada un destes subsectores contémplanse as razas explotadas e aptitudes; censos e producións; características xerais dos aloxamentos, material e útiles; manexo da alimentación, reprodución, etc.; hixiene das instalacións e dos animais. Ademais, analízanse os índices reprodutivos e produtivos máis relevantes
TEMA 1 (6 horas).- Produción de vacún de leite: censos e producións. OCM do sector vacún de leite. Base animal. Sistemas de explotación. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución. Lactación e rutina de muxidura. Control leiteiro. Manexo e Código de boas prácticas agrarias. Índices reprodutivos e produtivos
TEMA 2 (4 horas).- Produción de vacún de carne: censos e producións. OCM do sector vacún de carne. Base animal. Sistemas de explotación. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución e manexo da vaca de crianza. Tipos de bovinos de abasto. A canal bovina. Rendementos produtivos. O vacún de lide
TEMA 3 (3 horas).- Produción de ovino: censos e producións. OCM do sector ovino. Base animal. Sistemas de explotación. Tipos de produción: leite, carne, la, esterco. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución e manexo. Índices reprodutivos e produtivos
TEMA 4 (3 horas).- Produción de caprino: censos e producións. OCM do sector caprino. Base animal. Sistemas de explotación. Tipos de produción: leite, carne, pel. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución e manexo. Índices reprodutivos e produtivos
TEMA 5 (1 hora).- Produción doutros ruminantes de interese zootécnico: produción doutros bóvidos (bisontes, búfalos, cebús, etc.), cérvidos (alces, cervos, corzos, gamos, etc.) e camélidos (camelos, llamas, etc.): área de situación, sistema de produción e índices produtivos máis destacables
Xeral
Caravaca, FP.- 2003.- Bases de la produción animal. SP. Universidad de Sevilla.
Squires , E.R.J. 2006. Endocrinología animal aplicada. Ed, Acribia, Zaragoza.
Younie, D., Wilkinson, J. M. 2004 Ganadería ecológica. Principios, consejos prácticos, beneficios. Ed. Acribia. Zaragoza.
Bovinos de leite
Bovis: monografía bimestral
Álvarez, P.J. -.2008.- Gestión técnica de granjas de vacuno lechero. P. Univ. León
Philips, C.J.C.- 2003.- Principios de produción bovina. Acribia. Zaragoza.
Vandenberghe, N. et al. 2004. Manual para a análise técnica-económico de xestión de explotacións de gando vacún de leite en Galicia. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. USC.
Bovinos de carne
Philips, C.J.C.- 2003.- Principios de produción bovina. Acribia. Zaragoza.
Daza Andrada, A. 2014.-Vacuno de carne con criterios económicos. Editorial Agrícola Española. Madrid
Dodsworth, L-2000 – Sistemas de explotación de ganado vacuno de carne. Ed. Academia SL. León.
ASOPROVAC, MARM – 2007 – Guía de prácticas correctas de higiene: vacuno de cebo. MARM,
Ovinos
Daza, A.- 2002.- Mejora de la productividad y planificación de las explotaciones ovinas. Ed. Agrícola Española. Madrid.
Sañudo, C. – 2009- Ovinotecnia:producción y economía en la especia ovina. Univ. Zaragoza.
Ovis: monografía bimestral
Caprinos
Daza, A.- 2004.- Ganado caprino: produción, alimentación y sanidad. Ed. Agrícola Española. Madrid.
Pardos L., Rodríguez L., Ruiz A., Sánchez M. y Alcalde M.J.. 2014. -Manual de gestión técnico económica de explotaciones ovinas y caprinas. Editorial Agrícola Española. Madrid.
CCAE, MARM – 2007 - Guía de prácticas correctas de higiene: caprino de leche y carne. MARM,
Competencias
Ao finalizar o curso, o alumno debe:
- Ser capaz de identificar as necesidades dos animais nos distintos sistemas produtivos e as instalacións, condicións ambientais e de manexo máis axeitadas para a cría e explotación do gando de renda en condicións óptimas, tanto desde o punto de vista animal como no da viabilidade, rendibilidade e crecemento da empresa gandeira.
- Ter capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas das explotacións gandeiras e o asesoramento aos seus titulares para un melloramento do manexo e un incremento da calidade dos produtos pecuarios.
- Estar habituado á adquisición e á utilización crítica das fontes bibliográficas (libros, revistas especializadas, bancos de datos, enderezos de internet, etc.)
Competencias de acordo á Memoria do Grao en Veterinaria da USC
Xenéricas
(GVUSC)
GVUSC01 Capacidade de aprendizaxe e adaptación
GVUSC02 Capacidade de análise e síntese
GVUSC03 Coñecementos xerais sobre a área de traballo
GVUSC05 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
Disciplinares
(CEDVUSC)
CEDVUSC03 Cría, mellora, manexo e benestar dos animais
CEDVUSC10 Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana
CEDVUSC11 Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente
CEDVUSC14 Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio
Profesionais
(D1VUSC)
D1VUSC02 Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe
D1VUSC09 Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución dos problemas obstétricos
D1VUSC11 Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización
D1VUSC15 Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas do ámbito veterinario nun contexto de sostibilidade
D1VUSC17 Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias
Académicas
(CEAVUSC)
CEAVUSC01 Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a
CEAVUSC02 Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade
CEAVUSC03 Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC04 Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a
CEAVUSC08 Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente
Transversais
(CTVUSC)
CTVUSC02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analiza-la dunha forma crítica
CTVUSC03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CTVUSC04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e escueta
CTVUSC05 Habilidade no manexo das TICs
CTVUSC07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Escenario 1.
Programa teórico:
Impártense 17 sesións de 50 minutos de duración cada unha. Desenrólase no primeiro cuadrimestre de acordo os horarios aprobados en Xunta de Facultade para cada curso académico. Os últimos 10 minutos de cada sesión dedícanse a sintetizar o tema tratado, a fixar os conceptos expostos e a resolver as posibles dúbidas suscitadas, así como a comprobar de maneira sucinta con preguntas orais aleatorias, o grao de comprensión por parte dos alumnos do tema explicado.
Poderase invitar a colaboradores externos para impartir algunha conferencia.
Programa práctico:
o Visita activa 1: Visita explotación de vacún de leite: Recoñecemento e utilización do material e utensilios gandeiros; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; estudo de parideiras.
o Visita activa 2: Visita explotación de vacún de carne: Recoñecemento e utilización do material e utensilios gandeiros; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; estudo de parideiras.
o Visita activa 3: Visita explotación de ovino/caprino: Recoñecemento e utilización do material e utensilios gandeiros; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; determinación cuantitativa e cualitativa da curva de lactación; estudo de parideiras
En cada explotación visitada, o alumno poderá observar as características construtivas e dimensionado das instalacións; o control medio ambiental; a hixiene, limpeza e bioseguridade das instalacións; o manexo xeral dos animais levado a cabo polos operarios da explotación, incluído o manexo da alimentación; os programas sanitarios e de profilaxise, etc. En todas as explotacións, dadas as medidas de bioseguridade das mesmas e en cumprimento das normativas de benestar animal vixentes, as visitas faranse baixo un estrito control e sen perturbar o hábitat do animal, procurando ocasionar a menor incidencia posible sobre o animal e a súa contorna.
En cada visita os alumnos deberán completar un guión previamente elaborado polos profesores responsables da materia, no que se analizará as características máis relevantes da explotación visitada, determinando os parámetros produtivos da mesma. Estes traballos prácticos permiten ao alumno un contacto directo coa explotación e a observación da situación real da mesma, analizando a súa problemática e iniciándolles nunha das posibles saídas profesionais do grao como é o asesoramento técnico e económico das explotacións gandeiras. Así mesmo, a elaboración destes traballos desenvolverá no alumno a técnica de pensamento crítico e fomentará o traballo e a dinámica de grupos.
Prácticas laboratorio/aula informática 1, 2 e 3: Procura e tratamento da información técnica de páxinas de interese WWW. relacionada coa materia. Análise técnica económica de explotacións de gando vacún, ovino e caprino na súa dobre aptitude produtiva. Ensinásese ao alumno para calcular e interpretar os parámetros produtivos/económicos das distintas especies estudadas. (10 horas)
Estas prácticas complementarase cunha memoria elaborada polo alumno co realizado na mesma
Titorías:
Adicaranse duas horas a titorías, fundamentalmente de carácter presencial ainda que poderán programarse titorias virtuais respetando as franxas horarias que figuran no horario 20-21
A presencialidade nas aulas, seminarios e granxas (incluíndo os traslados a estas granxas) para docencia expositiva e práctica combinarase coa aplicación de medidas de bioseguridade (hidroxel, obligatoreidade de mascarilla cando non sea posible garantir a distancia mínima de seguridade).
Toda a docencia levarase a cabo con apoio das TIC e con emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia.
*NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DE ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MODIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS.
A avaliación final do alumno basearase nun exame que inclúe a materia impartida en clases teóricas así como nas sesións prácticas (de campo e de laboratorio). Así mesmo, será obligatoria a presentación dos traballos realizados nas sesións prácticas, que servirán como preparación desta materia para o exame.
É requisito imprescindible para superar o exame obter unha puntuación igual ou superior ao 50 %. Deberase aprobar tanto a parte impartida nas sesións teóricas como prácticas separadamente.
-A nota do exame suporá un 60 % na calificacion final da materia
- A realización de traballos, supostos prácticos, presentacións e a asistencia ás prácticas e seminarios un 40%
*NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DE ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MODIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS.
TRABALLO PRESENCIAL AULA
(10x Nº ECTS)
TRABALLO PERSONAL DO ESTUDIANTE
(15x Nº ECTS)
Clases maxistrais 17 Estudo individual 42.5
Prácticas de laboratorio 3 Elaboración de memorias de prácticas 8
Visitas activas 16
Prácticas de ordenador 7
Resolución de casos/problemas 8
Presentacions orales 6
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas 2 Realización de exames 3
Total horas de traballo presencial 45 Total horas de traballo persoal do estudante (15xNº ECTS) 67.5
Total horas de o/a estudante 112,5
- Asistir ás clases con regularidade
- Intentar comprender e razoar a estrutura e o funcionamento dunha explotación gandeira e non só memorizar uns datos para repetir nun exame.
- Facer uso continuado e apropiado das titorías, non recorrendo a elas unicamente nos momentos previos ao exame.
- Ter disposición para recoller e absorber toda a información que van recibir nas súas visitas ás explotacións gandeiras, para o que se require unha gran capacidade de observación e grandes doses de curiosidade.
- Realizar os traballos encargados ao longo do curso, sen atafegos para o final.
PLAN DE CONTINXENCIAS NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO AOS ESCENARIOS 2 OU 3
-Metodoloxía da ensinanza:
Escenario 2 (distanciamento):
•Clases expositivas impartidas síncrona e telemáticamente mediante Ms Teams ou calquera outra plataforma deseñada e aprobada para tal fin. As clases telemáticas complementaranse co emprego sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia.
• Traballo práctico autónomo presencial en grupos reducidos e supervisado polo profesor. O tempo de presencialidade en prácticas de laboratorio/aula informática poderá ser reducido ata un 50%, en función das recomendaciones sanitarias, de modo que permita potenciar as medidas de distanciamento e se manteñan as mismas franxas horarias e actividades para cada grupo. No caso de reducción de presencialidade, esta será complementada con sesións telemáticas.
As visitas a granxa (en grupos reducidos en calquera dos escenarios) poderán manterse na programación ou ser substituidas en todo ou en parte por visitas virtuais e seminarios prácticos en función das recomendación sanitarias oficiais así coma as procendentes das propias granxas.
En todas as prácticas (incluindo os traslados as granxas), serán de obrigada aplicación, e reforzaranse, as medidas hixienico-sanitarias en función das recomendacións sanitarias do momento (hidroxel, obligatoreidade de mascarilla cando non sexa posible garantir a distancia mínima de seguridade, etc.).
• Estudo independiente de cada alumno.
• Titorías, únicamente telemáticas.
Escenario 3 (peche de instalacións):
• Clases expositivas impartidas telemáticamente mediante Ms Teams, Skype, Zoom ou calquera outra plataforma deseñada e aprobada para tal fin. As clases telemáticas complementaranse co empreo sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia.
• Docencia práctica de forma virtual, mantendo os horarios programados e empregando como apoio a Aula Virtual da materia, así como Ms Teams e outras plataformas institucionais habilitadas. Neste caso as visitas a granxas serán substituídas por visitas virtuais e seminarios prácticos pero manteránse os contidos das prácticas de laboratorio/aula informática.
• Estudo independiente de cada alumno.
• Titorías, únicamente telemáticas.
- Sistema de avaliación
Escenario 2 (distanciamento):
- Asistencia regular ás sesións expositivas telemáticas síncronas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame e necesario asistir o 100% das sesións prácticas, incluíndo o traballo presencial e o realizado virtualmente a través das plataformas institucionales habilitadas.
- O exame final da materia expositiva (60% da nota final) realizarase de forma telemática síncrona, ainda que si a normativa sanitaria o permitise, esta proba poderá realizarse presencialmente, adoptando as medidas hixiénico-sanitarias pautadas.
- A avaliación continua da actividade práctica (40% da nota final) realizarase mediante a combinación de probas e tarefas presenciais e/ou telemáticas, tanto síncronas como asíncronas. E necesario obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) en cada parte (expositiva e prácticas) para proceder a calcular a nota media final. Como se mencionou, a asistencia ás sesiones prácticas e obligatoria.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Manteránse ou implementaranse aas medidas hixienico-sanitarias en función das recomendaciones sanitarias do momento (hidroxel, obligatoreidade de mascarilla cando non sexa posible garantir a distancia mínima de seguridade, etc.).
Escenario 3 (peche de instalacións):
- Asistencia regular ás sesións expositivas telemáticas e obrigatoria ás actividades prácticas virtuais programadas. Para poder realizar o exame e necesario asistir o 100% das sesións prácticas, e completar todas as tarefas e probas virtuais a través das plataformas institucionais habilitadas.
- O exame final da materia expositiva (60% da nota final) realizarase de forma telemática síncrona.
- A avaliación continua da actividade práctica (40% da nota final) realizarase mediante probas e tarefas telemáticas, tanto síncronas como asíncronas. E necesario obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) en cada parte (expositiva e prácticas) para proceder a calcular a nota media final. Coma se mencionou, a asistencia ás sesións prácticas virtuais e obrigatoria.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ignacio Garcia Lara
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Teléfono
- 982822402
- Correo electrónico
- ignacio.garcia.lara [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Alejandro Fernandez Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- alejandro.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ramiro Antonio Fouz Dopacio
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ramiro.fouz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ruth Rodríguez Bermúdez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ruth.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
16:00-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
16:00-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
18.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
18.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
18.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
05.07.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
05.07.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |