Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ampliación dos coñecementos básicos de Xenética con especial énfase en Xenómica e as metodoloxías de análises necesarias para desenvolver estudos e aplicacións específicos de interese nas Ciencias Veterinarias.
Aplicar mediante módulos específicos e casos de estudo os coñecementos adquiridos en metodoloxías xenómicas en ámbitos específicos das Ciencias Veterinarias, como a clínica, produción e xestión de recursos naturais.
As actividades interactivas permitirán achegar ao estudante á resolución de problemas e experimentación no ámbito das aplicacións da xenómica ás Ciencias Veterinarias, así como debater sobre o seu interese e repercusións sociais
Tema 1. Estrutura e funcionamento dos xenomas (3 horas)
Organización dos xenomas eucarióticos. Familias génicas. Repeticións en tándem e dispersas. Elementos transponibles. O xene eucariótico. Regulación xenética. Regulación en procariotas e eucariotas.
Tema 2. Análise do ADN recombinante (3 horas)
Encimas de restrición. Secuenciación de ADN. Reacción en cadea da polimerasa ( PCR). Análise por blotting. Clonación de ADN e librerías xenéticas. Tipos de librerías. Sondas xenéticas.
Tema 3. Análise xenómica (3 horas)
Secuenciación de xenomas: de Sanger a " Next Generation Sequencing" ( NGS). Genotipado por secuenciación ( GBS): identificación e genotipado de marcadores xenéticos a gran escala. Mapas físicos e mapas xenéticos. Identificación QTL. Análise de asociación xenómica GWAS. Xenómica comparada. Xenómica funcional: transcriptómica e epigenómica.
Tema 4. Enxeñería Xenética (2 horas)
Transferencia génica en animais e vexetais. Organismos transxénicos e clónicos. Edición xenómica: a tecnoloxía CRISPR/ CAS
Tema 5. Aplicacións á Medicina clínica e forense (4 horas: 3 t + 1 s)
Patróns de herdanza das enfermidades. Diagnóstico preimplantacional e diagnóstico prenatal. Enfermidades complexas: aproximacións xenéticas. Cancro: perfís moleculares e terapia. Xenética forense. TRABALLOS TEÓRICO PRACTICOS: Base xenética de enfermidades en pequenos e grandes animais. Novas tecnoloxías de predición e diagnóstico.
Tema 6. Aplicacións á mellora xenética animal (6 horas: 4 t + 2 s)
Trazabilidad xenealóxica. Mapas xenéticos de alta densidade: minería xenética e xenes candidatos. Selección asistida por marcadores. Selección xenómica. TRABALLOS TEÓRICO PRACTICOS: A base xenética dos caracteres produtivos e a súa aplicación para a mellora das producións.
Tema 7. Análise do microbioma: aplicacións (4 horas: 3 t + 1 s)
Metodoloxías NGS para a análise da diversidade do microbioma. Metagenoma e metatranscriptoma. Importancia do microbioma en clínica e produción. TRABALLOS TEORICO PRACTICOS: Caracterización do microbioma en relación con caracteres de interese produtivo.
Tema 8. Aplicacións á xestión e conservación da biodiversidade (5 horas: 4 t + 1 s)
Recursos xenéticos: Diversidade, estrutura e sustentabilidade. Xenética da conservación. Explotación sostible de poboacións naturais. Xestión e recuperación de especies ameazadas: o problema das poboacións pequenas.
TRABALLOS TEÓRICO PRACTICOS: Análise e xestión de diversidade xenética de poboacións salvaxes e cultivadas, programas de cría e conservación.
PROGRAMA PRÁCTICO
Práctica.1. IDENTIFICACIÓN DE INDIVIDUOS TRANSXÉNICOS MEDIANTE PCR E SECUENCIACIÓN EN PEIXE CEBRA (3 horas)
Práctica 2. ANÁLISE DE PARENTESCO E A súa APLICACIÓN NUN PLAN DE MELLORA XENÉTICA (4 horas)
Bibliografía básica
- BROOKER R.J. 1999. Genetics. Analysis and Principles. Benjamin Cummings. California.
- BROWN T.A. 1999. Genomes. BIOS Scientific Publishers Ltd, Oxford.
CHARLES, T.C., LILES, M.R. &, SESSITSCH A. 2018. Functional Metagenomics: Tools and Applications. ISBN-13: 978-3319870960
- GRIFFITHS A.J.F., MILLER J.H. SUZUKI D.T., LEWONTIN R.C. & GELBART W.M. 2002. Genética (7ª ed.). McGraw-Hill Interamericana.
- HARTL, D.L. Y JONES, E.W. 2002. "Essential Genetics: A Genomic Perspective". (3ª Ed.). Jones and Bartlett Publishers. Sudbury, Massachusetts.
- IZQUIERDO M. 2014. Ingeniería Genética y Transferencia Génica (2ªEd.) Pirámide, Madrid.
- JÍMENEZ-MONTERO, J. A. 2014. La revolución genómica en la mejora genética animal: su implementación en el vacuno lechero. ISBN-13: 978-8449113994
- KLUG, W.S. Y CUMMINGS, M.R. 2002. Essentials of Genetics (4ª Ed.). Prentice Hall Inc., New Jersey.
- NAGARAJAN, M. 2017. Metagenomics: Perspectives, Methods, and Applications (1st Ed).
- NICHOLL D.S.T. 2002. An Introduction to Genetic Engineering. Cambridge University Press. Cambridge.
- NICHOLAS, F. W. 2009. Introduction to Veterinary Genetics (3ª Ed.). Wiley-Blackwell
- PRIMROSE S.B., TWYMAN R.M. & OLD R.W. 2003. Principles of genome analysis and Genomics. (3ª ed.) Blackwell Science Ltd, Oxford.
- SNYDER, M. 2016. Genomics and Personalized Medicine: What Everyone Needs to Know. Oxford University Press.
- STRACHAN, T. Y READ, A.P. 1999. Genética Molecular Humana. Ediciones Omega. Barcelona.
- TAMARIN R.H. 1996. Principios de Genética. Ed. Reverté. Barcelona.
- THOMPSON J.N., HELLACK J.J., BRAVER G. & DURICA D.S. 1997. Primer of Genetic Analysis: A Problems Approach. (2ª ed.). Cambridge University Press, Cambridge.
Bibliografía complementaria
- BROWN, T.A. 2008. Genomas. 3ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- FAO. 2010. Breeding Strategies for Sustainable Management of Animal Genetic Resources (Fao Animal Production and Health Guidelines).
- MCPHERSON, M.J. & MOLLER, S. 2006. PCR. 2nd ed. New York: Taylor & Francis.
- SMITH, J.E. 2009. Biotechnology. 5th ed. Cambridge: Cambridge University Press.
Competencias Xenéricas
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC07. Habilidade para traballar en un contexto internacional.
GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades
Competencias Disciplinares
CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
CEDVUSC 04. Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
CEDVUSC 12. Principios da Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Control de Calidade dos alimentos elaborados e Seguridade Alimentaria.
Competencias Profesionais
D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 09. Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución de problemas obstétricos.
D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Académicas
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente
Competencias Transversais
CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Toda a docencia impartirase de xeito presencial (Escenario 1: Normalidade adaptada) siguindo as medidas hixiénico-sanitarias que sexan obligatorias (hidroxel, uso da mácara,…) seguindo o horario aprobado polo centro. Para as sesión prácticas os alumnos/as deberán asistir obrigatoriamente con bata de laboratorio. A asistencia a todas as actividades será obrigatoria, controlándose cunha listaxe de asistencia.
DOCENCIA EXPOSITIVA
Para o grupo completo, trataranse os contidos específicos de cada un dos temas do programa. O desenvolvemento dos contidos farase con axuda dunha presentación PowerPoint, específica para cada tema, xunto con transparencias, vídeos, animacións, encerado e calquera outro material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se estuden.
DOCENCIA INTERACTIVA
Prácticas de laboratorio: Contan cun guión específico que o profesor presentará ao comezo da práctica ao grupo de estudantes. A realización das prácticas farase en grupos de 2 persoas. Ao terminar cada práctica os estudantes completarán e entregarán un cuestionario específico que o profesor avaliará.
SEMINARIOS PRÁCTICOS
- Resolución dos boletíns de problemas. Os estudantes dispoñerán dun boletín de problemas de complexidade crecente e relacionados cos conceptos tratados, parte resolveranse nas clases de seminarios.
- Elaboración de traballos monográficos nos que se presenten aplicacións específicas da xenética e a xenómica á produción animal, á clínica veterinaria e á tecnoloxía de alimentos. A presentación/defensa do devandito traballo será na aula ao grupo completo cunha duración de 15 minutos.
TITORÍAS EN GRUPO
Resolución, discusión e presentación de problemas e casos prácticos propostos polo profesor.
Do mesmo xeito que o resto das materias do Grao en Veterinaria, o sistema de avaliación da materia Xenética e Xenómica Aplicada ás Ciencias Veterinarias non pretende determinar exclusivamente o nivel de coñecementos dos contidos específicos que da disciplina ten un estudante. O método de avaliación deseñouse tamén para coñecer se este adquiriu algunhas das competencias que figuran na memoria do Grao en Veterinaria e que están asociadas a esta materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
https://www.usc.gal/export9/ sites/ webinstitucional/gl/web/descargas/20_06_26_Directrices-docencia-2020-2021.pdf
ESTUDANTADO DE PRIMEIRA MATRÍCULA
O sistema de avaliación (Escenario 1: Normalidade adaptada) combina a avaliación continua (30% de la nota) y un exame ou proba final (70% restante). Este sistema aplicarase para todas as oportunidades/convocatorias.
A avaliación continua de cada estudante farase de xeito presencial e estará baseada por igual nos resultados que obteña nos controis parciais, a resolución de problemas e casos prácticos que debar responder, considerarase tamén a súa asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Ademais, os alumnos/as presentarán un traballo monográfico sobre temas suxeridos polo profesor que expoñerán ao resto dos alumnos/as presencialmente e que será avaliado para a súa nota final.
O exame final será presencial.
Nota: Os alumnos/as con dispensa da materia, avaliaranse cun único exame final que supoñerá o 100% da nota final.
ESTUDANTADO REPETIDOR
Para a súa cualificación combínase tamén a avaliación continua e un exame final.
A avaliación continua supoñerá o 30% da nota final e corresponderase coa puntuación deste apartado que o estudante obtivese no curso en que se matriculou por primeira vez. O 70% restante corresponderá á nota da proba final. A metodoloxía que se empregue será a mesma que se aplique aos alumnos/ as de primeira matrícula.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
- Exame escrito dos contidos do programa (Teoría, prácticas e seminarios): 70% da puntuación final.
- Elaboración e presentación dun seminario: 20% da puntuación final.
- Asistencia e participación: 10% da puntuación final.
Horas presenciais: 38
Horas expositivas: 25
Seminarios de encerado: 5
Prácticas de laboratorio: 7
Titorías en grupo: 1
Horas non presencais: 37
Total volumen de traballo: créditos ECTS 3.0
Considérase que o alumno/a debe dedicar ao redor de 20 horas de estudo individual, máis 12 horas á resolución de problemas e casos prácticos, e 2 horas á revisión bibliográfica. Por último, engádense outras 2 horas para a realización dos exames.
Para mellorar a eficacia na consecución dos obxectivos da materia recoméndase ao alumno/a:
Asistir ás clases e realizar tódalas prácticas de laboratorio.
Facer uso das titorías.
Consultar polo menos parte da bibliografía proposta.
Resolver problemas adicionais aos propostos nos boletíns.
Participar nas clases: consultas, formulación de dúbidas, etc…
PLAN DE CONTINXENCIA
De acordo ao Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22 aprobado polo Consello de Goberno o día 30 de abril de 2021, proponse o seguinte plan de continxencia:
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2: Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física).
- Clases expositivas, seminarios e titorías: Toda esta a docencia pasará a ser telemática e utilizaranse as ferramentas institucionais proporcionadas pola USC, tanto o Campus Virtual como a plataforma MS Teams. Esta docencia manterá os mesmos horarios que a docencia presencial. Como ferramenta para a comunicación co estudantado (titorías, novidades ou consultas relacionadas coa materia) empregarase a ferramenta foro da USC Virtual. Excepcionalmente utilizarase o correo electrónico institucional. A asistencia controlarase mediante listaxes de alumnos/as
- Clases prácticas: As prácticas para realizar realizaranse de forma presencial preparándose módulos dun máximo de 7 alumnos/as. Antes de ir ao laboratorio, os alumnos/ as deberán ver a sesión titorial relacionada que estará depositada na aula virtual.
Escenario 3: Peche das instalacións
- Clases expositivas, seminarios, titorías e clases prácticas: A totalidade da docencia abordarase de forma telemática aplicando a metodoloxía detallada para o Escenario 2 e mantendo tamén os horarios programados polo centro. Temos preparado un vídeo para a realización da práctica por vía telemática.
Sistema de avaliación
ESTUDIANTADO DE PRIMERA MATRÍCULA
O sistema de avaliación combina a avaliación continua (30% de la nota) e un exame ou proba final (70% restante), para ambos escenarios:
Escenario 2: Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física).
Parte da avaliación continua terá en consideración a participación do alumno/a na práctica presencial a realizar. Para o resto da docencia, que será esencialmente telemática, valorarase a participación nas sesións de MS Teams, a actividade significativa nos foros da aula virtual, así como a resolución e entrega de boletines de problemas e casos prácticos. Os alumnos/as presentarán un traballo monográfico sobre temas suxeridos polo profesor que expondrán ao resto dos alumnos/as presencial ou telemáticamente e que será avaliado para a súa nota final.
A proba final será presencial. Se, chegado o caso, as disposicións sanitarias non o permitisen, o exame farase de xeito telemático mediante o uso de MS Teams.
Escenario 3: Peche das instalación
Tanto a avaliación continua, a práctica, a presentación do alumno/a e a proba final realizaranse de forma telemática nos termos avanzados para o Escenario 2.
ESTUDANTADO REPETIDOR
Para a súa cualificación combínase tamén a avaliación continua e un exame final. A avaliación continua supoñerá o 30% da nota final e corresponderase coa puntuación deste apartado que o estudante obtivese no curso en que se matriculou por primeira vez. O 70% restante corresponderá á nota da proba final. A metodoloxía que se empregue será a mesma que se aplique aos alumnos/ as de primeira matrícula.
Escenario 2: Distanciamento e Escenario 3: Peche das instalacións
Tanto a avaliación continua (30%) como a proba final (70%) realizaranse nos termos estipulados para o estudantado de primeira matrícula.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificaciones.
https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…
Paulino Martinez Portela
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- paulino.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Belén Gómez Pardo
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 982822428
- Correo electrónico
- belen.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Vera Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 982822426
- Correo electrónico
- manuel.vera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paula Rodriguez Villamayor
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- paularodriguez.villamayor [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Laila Al Soufi Novo
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- laila.alsoufi.novo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario de Xenética |
25.05.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 |
29.06.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario de Xenética |